POR UNHA MAREA GALEGA


Aprobación definitiva da vía Ártabra no treito de Cambre

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes publicou no DOGA de hoxe a resolución de aprobación definitiva do proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental.

Tivo en conta os seguintes condicionates, segundo publica na resolución:

-Modificarase a rasante rebaixando a súa cota entre os p.k. 0+900-2+200 co fin de permitir a construción dun falso túnel en Peiraio.

-Definirase un falso túnel en Peiraio (p.k. 1+600-1+710).

-Estudarase en proxecto de construción a viabilidade da execución dun falso túnel no Volteiro (p.k. 4+020-4+190).

-Garantirase o acceso ás propiedades lindantes ao trazado. Para iso, definiranse os seguintes camiños de servizo adicionais:

* p.k. 1+540-1+690 marxe dereita.
* p.k. 3+980-4+060 marxe dereita.
* Vía Cela Peiraio: p.k. 0+000-0+130 marxe esquerda.
* Vía Cela Peiraio: p.k. 0+120-0+550 marxe dereita.

-Disporanse muros nos seguintes puntos:

* p.k. 0+700-0+840 marxe dereita (protección do contorno do río Brexa).
* p.k. 1+580-1+600 marxe esquerda (protección de vivendas).
* p.k. 2+750-2+870 marxe dereita (protección de canles, altura máxima 7 m).
* p.k. 3+560-3+680 marxe dereita (protección de vivendas).
* p.k. 3+620-3+680 marxe esquerda (protección de vivendas).
* Enlace de Vigo (Ramal 1): p.k. 0+355-0+390 (protección de vivendas).

-Establecerase un paso inferior para peóns no p.k. 3+030 para dar continuidade a unha ruta peonil.

-Modificarase a tipoloxía do enlace de Peiraio, establecendo un enlace con glorieta a distinto nivel. Esta glorieta comunicarase coa estrada de Peiraio mediante unha vía bidireccional.

-O largo de pasos superiores e inferiores será ampliado ata os 12 m.

Ver a resolución
Resolución
Categoría: Vía Ártabra - Publicado o 23-04-2009 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal