POR UNHA MAREA GALEGA


Os concelleiros do BNG denuncian unha nova tala de árbores na zona de A Marisqueira ante o “pasotismo” do goberno local


Cambre, 4 de abril de 2009.- O BNG de Cambre denuncia a talla indiscriminada de árbores que se está a efectuar na zona da Barcala-A Marisqueira, no tramo de protección da canle do río Gándara. O voceiro nacionalista, Xabier Iglesias, lamenta a tala de castiñeiros e piñeiros realizada nos últimos días na zona coa que se elimina un elemento importante e rico da paisaxe.

O BNG alerta de que a actuación conta co beneplácito do Concello xa que nin para esta tala nin para o resto que se fixeron nos últimos meses en terreo rústico situado en varios puntos do municipio é necesario contar con licenza municipal, simplemente con autorización de Medio Rural. O portavoz do BNG explicou que un alto funcionario municipal recoñeceu que o Alcalde decidira prescindir da esixencia da licenza municipal para esta actividades.

O “pasotismo” do Concello nesta cuestión fai que por un lado nin defenda os intereses patrimoniais nin tampouco os intereses económicos xerais, xa que por esta actividade económica tampouco cobra ningún tipo de impostos ou taxas como si fan outros concellos, afirmaron desde o grupo municipal nacionalista.

O grave do feito para o BNG está en que ese “pasotismo” do actual equipo de goberno lle leva tamén a pasarse por alto os acordos plenarios como o da moción que presentou o grupo nacionalista- aprobada en pleno- o pasado ano na que se lle reclamaba ao Concello que atendendo ás súas competencias "sacara unha ordenanza que regulase as talas e na que se protexese dalgunha forma os valores paisaxísticos do municipio". Coa tala que se produciu estes días é patente que se está a incumprir de forma reiterada a moción, o acordo o que pon novamente de relevo "a renuncia de funcións do alcalde e de todo o seu grupo de goberno".

Ver máis imaxes

Calificación urbanística de especial proteción podedes atopala na desembocadura do río Gándara...ver

Gabinete de comunicación do grupo municipal do BNG de Cambre
Moción aprobada
Calificación urbanística no Concello de Cambre
Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 04-04-2009 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal