POR UNHA MAREA GALEGA


Reclama ao PSOE a presentación urxente da proposta de ordenanzas fiscais e prezos públicos para o vindeiro ano
O BNG reclamou do goberno socialista de Cambre a presentación urxente da proposta de ordenanzas fiscais e prezos públicos para o ano 2009. Segundo os nacionalistas, este paso é previo é necesario para enfrontar o debate dos orzamentos xerais do concello. As mesmas fontes manifestaron a vontade de chegar a acordos nestes temas: "estamos na mellor disposición para tender a man e chegar a acordos nas ordenanzas e nos orzamentos, pero é imprescindíbel que se faga en tempo, que non teñamos que agardar novamente a agosto para que o concello conte cun orzamento" , manifestou o portavoz nacionalista, Xabier Iglesias, facendo referencia ao acontecido cos orzamentos de 2008, aprobados hai apenas mes e medio.

Desde o BNG explicaron que non acudirán con posicións prefixadas nin con condicións. Manifestaron que só se debe ter en conta a situación de crise que está a afectar gravemente ás familias e, insistiron, en que novamente propoñeran que se adecue o prezo do subministro de auga para que as familias numerosas non se vexan discriminadas.
Desde o BNG explicaron que esta proposta foi defendida pola formación nacionalista o pasado ano e foi rexeitada por Psoe e PP. Agardan que este ano prime a sensibilidade coas familias e se poida correxir unha situación de discriminación. Iglesias animou ao goberno e ao resto dos grupos a que se sumen a propostas que son boas para a xente. Para os nacionalistas é fundamental que o prezo da auga se axuste ao consumo por persoa e non por domicilio como se fai neste momento. Lembraron que no pasado pleno do 25 de setembro o BNG presentou unha proposta neste sentido
Categoría: Facenda - Publicado o 30-09-2008 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal