POR UNHA MAREA GALEGA


Preocupación polo demora acumulada na obra da escola municipal de música
escola de música municipal de cambre
O grupo nacionalista de Cambre manifestou, a través dun comunicado aos medios, a súa preocupación pola demora acumulada na súa construcción


Segundo o contrato asinado coa empresa gañadora da subhasta, o 29 de xuño era a data de comezo das obras e en oito meses, o edificio tería que ser entregado”, manifestou o portavoz dos nacionalistas en Cambre, Xabier Iglesias, ao comprobar que a data de hoxe, case cumprido o prazo de remate, as obras están paralizadas e non se fixo máis que comezar. “Sabemos”, dixo,”que sempre hai dificultades ou contratempos non previstos. Que, as veces, imponderábeis non contemplados impiden o cumprimento dos prazos pero, neste caso, a situación chega a extremos inaceptábeis”. Referíase a que, a punto de cumprirse o prazo no que a obra tería que ser entregada non só non está rematada, senón que a empresa constructora retirou todos os seus medios técnicos da obra, cando só fixo os primeiros traballos.

Desde o BNG manifestouse unha grande preocupación porque o goberno municipal esquece as súas obrigas e parece dedicarse a outras misións que non teñen que ver co interese xeral. “Terán que explicar o porque de dedicar tanto tempo e esforzo a proxectos para favorecer a asociacións afíns de fora do municipio –en referencia á casa das ideas, ou das ocorrencias como a definiu o portavoz do BNG no último pleno- en vez de sacar adiante proxectos que estaban en marcha que contaban con financiamento asegurado e que, ademais, respondían á demanda da cidadanía de Cambre”.

Desde o BNG resaltan que este retraso acumulado non só priva dun equipamento necesario e que xa estaba programado, pon en perigo, ademais, unha parte substancial do seu financiamento. Os nacionalistas recordaron que unha parte importante da obra subvencionábase a través do Plan Proder, polo Grupo de Acción Local “Terra das Mariñas”. “Esta colaboración económica foi froito da nosa xestión á fronte da Área de Cultura no pasado Goberno e, está a punto de se perder, polo incumprimento dos prazos de execución de obra deste goberno”. Desde as filas nacionalistas tacharon de irresponsábel ao actual goberno municipal de Cambre, facendo un chamamento a traballar polos intereses da maioría e non polos de uns poucos.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre, 20 de febreiro de 2007
Categoría: Escola de Música - Publicado o 20-02-2008 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal