POR UNHA MAREA GALEGA


O remate dos traballos no Mero deixa atrás perigos para a xente
O GM do BNG insta á súa eliminación inmediata



O remate das obras no Río Mero deixou atrás zonas mal executadas ou inacabadas. Algunhas delas con perigos para as persoas.

Grupos de rapaces, que volven a disfrutar os espazos de lecer do río, informaron ao noso Grupo Municipal de elementos perigosos nalgún dos lugares. Froito desa denuncia, os concelleiros do BNG, Laura Fernández e Xabier Iglesias, cursaron onte, domingo 15, unha visita de comprobación á zona do antigo merendeiro de Cecebre.

No que era un dos lugares de baño máis frecuentado e que agora volve a ser usado por xóvenes, pódese observar como os traballos de demolición do merendeiro deixaron ao descuberto boa cantidade de ferros que, de baixa altura e case invisíbeis, son unha auténtica ameaza para os paseantes. Sobre todo se pensamos en rapaces e rapazas que frecuentan a zona como lugar de xogo.

Os ferros son restos do peche perimetral do merendeiro que, ancorados nos cimentos do muro, poden causar accidentes graves.

Os concelleiros do BNG anunciaron que continuarán coa súas comprobacións destas obras e, neste caso, que transmitirán urxentemente este aviso para que se tomén as medidas adecuadas.

Preguntará no vindeiro Pleno municipal sobre cal foi o traballo de control que desde os Servizos Municipais se fixo da marcha e remate das obras e, para que translade á Confederación Hidrográfica estas denuncias e se resolvan de inmediato as deficiencias. Instará ao Goberno Local para que, cos seus medios, sinalice o perigo e se eviten accidentes que haxa que lamentar.

Cambre, 16 de xullo de 2007
Comentario (2) - Categoría: Río Mero - Publicado o 18-07-2007 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Felicidades rapaces. Parece que a denuncia surtiu efecto. Xa lle botaron #blgtk08#cemento enriba, non sei o que durará pero polo menos parchearon o perigo.
Comentario de Paco (18-07-2007 21:45)
2 Como se pode deixar facer unha obra tan custosa sen que o concello faga un seguimento dos traballos para impedir que exista un paseo cortado e con obstácu#blgtk08#los. ¿Que fixo Tonecho nestes nos últimos tres anos cando traballaban no río? Eu sei que só fixo fotos para a galería. Iso si que sabe facer o condenado.
Comentario de pepe (18-07-2007 23:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-Mail: Non aparecerá publicado
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal