POR UNHA MAREA GALEGA


O Temple contará con actuacións especiais no vindeiro período

O Temple contará con actuacións especiais no vindeiro período. A ampliación do colexio do Graxal e o acordo con Vivepresidencia para o primeiro Centro de día para maiores, son só o comezo.

O candidato á Alcaldía, Xabier Iglesias percorrerá o barrio do Temple para explicar o seu programa, acompañado por candidatos e candidatas da zona. Esta actividade de difusión eleitoral realizarase durante toda a xornada por rúas e establecementos da zona e, xa á última hora do serán, o candidato trasladarase á Coruña para acompañar a Quique Tello no mitín central do BNG coruñés.



O mércores, dia 23 de maio, a candidatura do BNG de Cambre continuará a campaña eleitoral na zona máis urbana do Concello. A caravana eleitoral recorrerá a parroquia do Temple, onde reside o 35% da poboación municipal. O potencial desta parroquia será destacado polo candidato nacionalista como unha fortaleza e como unha oportunidade. A xuventude, 36 anos de media, da poboación, o encontrarmonos nunha zona que destaca por un comercio puxante ou, o posuir grandes posibilidades de comunicación, son, a xuizo de Iglesias, aspectos positivos que serán aproveitados para unha acción de goberno que saberá poñelas en valor.

Das políticas levadas a cabo nesta lexislatura, desde o goberno do BNG en Cambre, suliñará os importantes avances en cumprir con algunhas das demandas e reivindicacións históricas da zona. Así, o acordo con Educación para a ampliación do Colexio do Graxal, a posta en marcha dos comedores escolares e, o acordo para construir instalacións deportivas no colexio Portofaro, serán avances destacados no eido educativo.

Un impulso decidido pola igualdade será o plano de eliminación de barreiras arquitectónicas, xa comezado esta lexislatura e que ten dado como froito a instalación de elevadores no CEIP do Graxal e no Centro da terceira idade.

Como resultado da súa xestión, á fronte da Área de Benestar, resaltará como un dos logros máis importantes da lexislatura o acordo acadado coa Vicepresidencia para a construcción no Temple do que será o primeiro Centro de Día municipal para maiores, que estará operativo en 2008.

A ordenación urbanística do barrio consideráse, polo candidato nacionalista, prioritaria. Explicará a súa intención de habilitar zonas de aparcamento, de impulsar o Plano viario comarcal para conseguir que a auto-estrada conecte coa N-VI e coa estrada do Temple a Cambre, para desconxestionar a Costa da Tápia. Obter solo público para novos equipamentos como un novo centro de saúde ou a construcción de vivendas protexidas, será outro dos obxectivos.

Dentro da ordenación urbanística, Iglesias, comprometerase a aprobar un regulamento para as antenas de telefonía, que estableza as restriccións necesarias para garantir a saúde pública e eliminar a alarma social xerada.

Programa electoral
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 23-05-2007 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
E-Mail: Non aparecerá publicado
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal