|
|
|
O BNG quere impulsar a igualdade desde as 21 oficinas I+ B que creará a Xunta este ano |
|
 Ao acto acudirón varias candidatas do BNG de Cambre.
O portavoz nacional do BNG incluíu onte entre os obxectivos do programa nacionalista para as municipais a creación das vinte e unha oficinas I+B (Igualdade e Benestar) que Vicepresidencia quere poñer en marcha este ano, e para as que espera "contar coa colaboración dos concellos". Quintana realizou o anunciou no acto celebrado este sábado -6 de maio- en Santiago para explicar as bases das políticas de igualdade dos nacionalistas ante un auditorio de duascentas mulleres no que se atopaban varias das candidatas do BNG nos concellos.Tanto o vicepresidente da Xunta como a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, revisaron as medidas impulsadas desde a Vicepresidencia que, dixeron, baseáronse na "transversalidade" e nun maior protagonismo "fronte ás propostas raquíticas do PP". Quintana recordou que dos seus 315 candidaturas, 64 están encabezadas por mulleres. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|
|