POR UNHA MAREA GALEGA


O goberno do BNG en Cambre adiántase ás políticas que quere facer o nacionalismo nos concellos

Este luns, día 30, acudín a Ourense, xunto con outros candidatos e candidatas do BNG da nosa comarca. Tratábase dun acto de presentación de "dez medidas estrela do BNG para os concellos". Un resumo, ou mellor un eixo de traballo, do que temos intención de facer a partires do 27 de maio. Imaxinade a miña satisfacción cando comprobo que algunhas delas, desas dez medidas, xa son unha realidade no noso Concello, en Cambre. Son realidade porque a acción de goberno do BNG estivo desde o principio centrada en cubrir as necesidades da xente. Porque puxemos un especial empeño en priorizar as persoas a atención as persoas dependentes e en pór en marcha medidas favorecedoras da conciliación laboral e familiar. Sei, sabemos que non está todo feito, que queda moito por andar, pero en Cambre neste camiño da igualdade e o benestar xa temos un bon treito recorrido.

Cando iniciamos esta lexislatura, aló polo verán de 2003, definimos unha folla de ruta: no ano 2007 en Cambre, os veciños e veciñas, terían que disfrutar duns servizos inexistentes nese momento. E puxémonos mans a obra. No ano 2004 comenzamos, en dous colexios, o servizo de recollida dos estudiantes desde as 7:30 horas, con almorzo opcional. É o programa "mañanceiro", hoxe consolidado en catro colexios, posibelmente chegará ao quinto no vindeiro curso, e que atende a cen nenos de infantil e primaria do noso concello. Son moitas as familias que grazas a este programa teñen un pouco máis fácil a súa vida diaria, que poden atender as súas profesións sen estar condicionadas polas obrigas familiares. Isto, que semella tan lóxico e normal non existe na grande maioría dos concellos galegos.
Pero fixemos máis cousas nesta liña. Veíamos que non só eran as xornadas escolares as que xeraban conflicto cos horarios laborais. Que faciamos cos nosos fillos neses periodos vacacionais curtos que salpican o calendario. Os días de Nadal, da Semana Santa, do mes de Xullo. Normalmente nas empresas só nos dan un mes de vacacións ao ano e, quen temos fillos, atopámonos cun auténtico conflicto neses periodos. Pois tamén desde o noso goberno puxemos en marcha medidas neste sentido. Os campamentos urbanos, combinando actividades de lecer e educativas, permiten en Cambre, atender e educar aos nosos fillos cubrindo os horarios de vacacións escolares.

Pero tamén no campo da dependencia fumos pioneiros, non en exclusiva pero sí excepcións no mapa de servizos que os concellos aportan aos seus cidadáns. Desde o ano 2005 temos en marcha un servizo de transporte adaptado para persoas con discapacidades. Facilitando a accesibilidade a servizos médicos, sociais ou a necesidades de tipo persoal antes impensábel e que en moitas ocasións as persoas que o precisaban ou as súas familias non tiñan posibilidade de conseguir. Ou puxemos en marcha un servizo de comidas a domicilio, "o comedor sobre rodas" , que neste momento beneficia a trinta usuarios e que lles permite continuar nos seus domicilios, no seu entorno e coa súa xente, se ter que marchar a unha residencia.

A partir de maio continuaremos ampliando estes servizos, creando outros novos, pero polo de pronto podemos decir con orgullo que en Cambre hai persoas, xente, máis independente que no ano 2003. Podemos decir con satisfacción que en Cambre a atención aos nenos e nenas é un pouco máis doada para as familias porque o Concello destina fondos e medios a axudar a conciliar a vida persoal e laboral. Nisto adiantámonos pero non está todo feito.

Os xóvenes, os nosos maiores, o acceso á vivenda son os retos que nos marcamos para o vindeiro periodo pero, diso continuaremos falando...

Xabier Iglesias

Cambre, primeiro de maio de 2007
Programa electoral
Comentario (3) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 01-05-2007 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Está moi ben un grao de satisfacción tan alto co traballo feito. Espero que as veciñas e os veciños de Cambre o compartan e, se é así, que vos permitan na próxima lexislatura desenvolver o voso traballo no resto das áreas de goberno, pois algún dos outros "punt#blgtk08#os estrela" dos que falas e que ate agora non foron da vosa competencia (planeamento urbanístico, rehabilitación de vivendas, regulamento de transparencia e boas prácticas en contratos e subvencións ..) están francamente moi necesitados de brillo neste concello
Comentario de AURORA CARBALLEIRA (02-05-2007 13:01)
2 Si, todo moi ben, sobre todo os oito millons e medio de pesetas do señor candidato a alcalde por apoiar a tonecho e calar en todo, mentras o sr. Arcay recalif#blgtk08#icaba as fincas da sua nai e Tonecho cobraba os reditos das suas empresas de construccion. Si non se quere ser complice, haber estado na oposicion como o PP,
Comentario de Javier Santamaria (23-05-2007 19:22)
3 Estou de acordo, os cartos que cobran non son acorde cos cidadáns de a pé, en vex de perde o tempo mirando o que cob#blgtk08#ran, tamén se pode mirar os feitos de cada quen.
O PP, ¿que criticas, que oposición?, salvo pedir farolas,...
Comentario de moita merda en cambre (23-05-2007 19:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-Mail: Non aparecerá publicado
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal