POR UNHA MAREA GALEGA


Quintana asegura que o BNG 'fixo unha pretemporada sobresaínte en Cambre e xa lle chegou o momento de gobernar'

O cabeza de lista, Xabier Iglesias, asegura que "este é o momento de que os veciños e veciñas escollan entre a decadencia e a eficacia"

Cambre, 27 Abril 07.- O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, participou este serán no centro cultural O Graxal, en Cambre, no acto de presentación da candidatura do BNG ás eleccións municipais, encabezada por Xabier Iglesias Oviedo.

O líder nacionalista manifestou a súa convicción de que a lista do BNG forma o "mellor equipo", e o único "preparado para que Cambre deixe de saír polo seu urbanismo nas páxinas de sucesos e saia nas de política social".

Asi, lonxe das divisións internas que ocasionan nas outras formacións as actividades inmobiliarias dos seus candidatos, Quintana destacou a cohesión da lista formada polos 23 homes e mulleres do BNG, e lembrou que xa teñen "demostrado a súa capacidade para gobernar" e lembrou as iniciativas postas en marcha desde o goberno municipal como o xantar a domicilio.

O portavoz asegurou que só a candidatura que encabeza Xabier Iglesias poderá vai facer "o que os veciños e veciñas queren, que se preocupen por protexelos, e non polos seus intereses particulares".

A este respeito, Quintana salientou o importante traballo levado a cabo polo BNG nos últimos catro anos dende a Concellaría de Benestar Social , "o que supuxo unha notábel mellora nos servizos de benestar e igualdade".

Neste sentido, salientou as propostas que lle teñen apresentado e anunciou que acaba de asinar o decreto para a subvención dun centro de día no concello e lembrou que xa está na fase de selección de persoal o proceso para abrir unha Galescola no concello coruñés.

A única candidatura en positivo

Pola súa parte, número un da lista nacionalista en Cambre asegurou na súa intervención que "este é o momento do cambio posíbel en Cambre" e insistiu en que o 27 de maio a única opción válida é o nacionalismo e advertiu de que hai que "escoller entre o continuismo e o cambio, entre a decadencia e a eficacia".

O cartel do BNG estendeuse na descrición dos 23 homes e mulleres que compoñen a lista nacionalista e asegurou que forman "un equipo que demostra capacidade, vinculados á súa xente, dialogantes, ilusionados e capacitados para gobernar este concello". Tal e como xa dixera ao presentala aos medios, Iglesias dixo da súa candidatura que "en ela, hai de todo, menos promotores inmobiliarios".

"PXOM para a cidadanía e non para os especuladores"

Ademais, Xabier Iglesias comprometeuse a que unha das súas primeiras medidas como alcalde de Cambre será aprobar un Plan Xeral de Ordenación Urbana "pensado nos intereses de todos os cidadáns, e non nos dos especuladores".

O cabeza de lista chamou tamén a atención sobre o feito de que a lista nacionalista é a única composta por persoas "que viven aquí, e con interese por que este concello vaia adiante" e contrapuxo esta situación á das listas das outras oito candidaturas "porque case todas se formaron contra alguén, contra o PP, contra o PSOE, ou contra os seus candidatos, pero a nosa é unha candidatura en positivo, e a favor de Cambre".
Programa electoral
Comentario (2) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 29-04-2007 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 por contactos que recollemos a traveso de persoas que residen no concello,parece q#blgtk08#ue hay moi boas perpec
tivas de cara as eleccions
Sorte. Unha aperta
Comentario de fernando (06-05-2007 11:23)
2 Está ben esto de saber mais sobre todas as persoas que formarán o novo equipo de goberno. É algo que s#blgtk08#ó o saber facer un bo alcalde. Este mes de maio trae bos auspicios. Celebrarémolo o 27 pola noite. :)
Comentario de Alva (06-05-2007 17:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-Mail: Non aparecerá publicado
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal