POR UNHA MAREA GALEGA


Entrevista no Metropolitano do Candidato á alcaldía de Cambre
“O BNG conseguiu mellorar Cambre nestes catro anos de goberno”

Xabier Iglesias, é o candidato do BNG á Alcaldía de Cambre. Forma parte do goberno local sendo responsábel da Área de Cultura e Benestar social.
Diplomado en Maxisterio aínda que desde principios dos oitenta exerce como empresario-
autónomo de instalacións, actividade que suspendeu ao se dedicar esta lexislatura en exclusividade ao traballo municipal.
Ten 47 anos e é pai de tres fillos.Veciño de Cambre onde reside coa súa familia.
É concelleiro en Cambre desde 1999 e, en 2003 encabezou a candidatura do BNG.
Entra na política, moi cedo -seguramente demasiado cedo, coma el mesmo recoñeceaos 16 anos. Contacta co nacionalismo na Universidade Laboral, primeiro con organizacións de mocidade nacionalista e logo na frente nacionalista ANPG, a mesma que deu lugar ao actual BNG, do que é militante dende a súa fundación no ano 1982. Foi un dos promotores da actual organización do BNG de Cambre, hai 14 anos, e protagonista cos seus compañeiros do avance espectacular desta formación nas sucesivas eleccións municipais.
Ben, imos comezar abrindo fogo. Achéganse
xa as datas eleitorais. O BNG ten todo
listo?

- Estamos traballando en equipos para redactar o programa de goberno e simultaneamente para rematar a confección da candidatura.
Pendente da súa ratificación polo Consello Nacional do BNG, xa temos decidido na Asemblea local a composición dos primeiros 14 postos. Haberá sorpresas agradabeis, moitas caras novas na primeira liña da acción política en Cambre, homes e mulleres por igual e alternados e, algunhas persoas de grande prestixio no seu ámbito de actuación.
En próximas datas faremos a presentación.
O que sí me gustaría decir e destacar a grande receptividade que temos nas persoas coas que falamos para colaborar no programa, coa candidatura ou para a campaña.
Son moitas as achegas de ideas e o ofrecimento de colaboración. Estamos moi satisfeitos e coido que augura uns grandes resultados para o BNG e para Cambre.
- Coma se atoparon o Concello por dentro,
ao chegar por vez primeira a gobernar?

- Non houbo sorpresas. Tódo os veciños de Cambre coñecíamos perfectamente o estado do Concello e hoxe, asegúrolle, está moito mellor que no 2003. O BNG levaba moitos anos seguindo de perto a política municipal e integrados na vida social do noso Concello. Levóunos ben pouco tempo poñernos
ao frente das nosas responsabilidades.
Tiñamos os obxectivos claros e foi doado poñer
a maquinaria en marcha.
- Entrar a formar goberno orixinou problemas de adaptación dentro do seu equipo ou co propio partido coaligado?
- Sen dúbida, tivemos que facer un esforzo de adaptación nós mesmos - pasar da oposición ao goberno esixe cambios-. Pero para iso nos presentamos ás eleccións, para gobernar. E francamente, estou convencido de que o fixemos ben. Aí están os resultados para ver.
- Mantívose unha boa relación entre os dous partidos respectando a autonomía na xestión das áreas, así coma nos temas de carácter xeral, nestes catro anos?
- O balance xeral teño que decir que é favorábel
para os intereses dos cidadáns, que é o que importa. Coido que o que lle importa a xente é se fumos ou non capaces de xestionar ben os seus asuntos, non se Xabier Iglesias e Antonio Varela se levaron ben, ou se a relación PSOE-BNG foi cordial.
Polo demáis recoñezo que este goberno de coalición funcionou razonabélmente ben, con luzes e sombras, é certo, pero cun resultado final aceptábel.
- Qué aportou o BNG a este goberno de coalición?
- O primeiro estabilidade. Unha lexislatura cun goberno do PSOE en minoría tería sido un auténtico desastre. Non o digo desde o punto de vista dos intereses partidarios, día xente é se fumos ou non capaces de xestionar ben os seus asuntos, non se Xabier Iglesias e Antonio Varela se levaron
ben, ou se a relación PSOE-BNG foi cordial.
Polo demáis recoñezo que este goberno de coalición funcionou razonabélmente ben, con luzes e sombras, é certo, pero cun resultado final aceptábel.
- Qué aportou o BNG a este goberno de coalición?
- O primeiro estabilidade. Unha lexislatura cun goberno do PSOE en minoría tería sido un auténtico desastre. Non o digo desde o punto de vista dos intereses partidarios, dígoo desde a visión dos cidadáns que terían que sufrir a ineficacia e a parálise da administración municipal. E os nacionalistas tivemos a responsabilidade suficiente para que isto non se producira.
En segundo lugar aportamos unha grande capacidade de traballo e de renovación. Ninguén pon en dúbida en Cambre o traballo e esforzo desenvolto polo BNG no Concello. Aí están os resultados. Pero é que ademais estivemos presentes en todo, no traballo diario e nas reivindicacións veciñais . O BNG non é unha forza política que se mova só cando hai
“foto”, e as nosas xentes sábenno.
E en terceiro lugar, e non menos importante,
aportamos ideas e proxectos. Desde unha
posición política innequívoca e firme de
impulso as políticas e benestar, de defensa e promoción da nosa lígua, cultura e patrimonio e, de convertir o noso Concello nun lugar mellor cada día para convivir e criar aos nosos fillos.
Estamos ao final deste periodo e para todos é evidente que o Cambre de 2007 é mellor que o Cambre de 2003. No BNG temos a satisfacción e orgullo de ter contribuido a isto de maneira determinante desde o goberno.
- Vostede pasou de estar na oposición, a formar parte do goberno municipal, co cambio que iso supón na forma de exercer a política...
Nos traballabamos dende a oposición para que iso fose exactamentre así. Non podería ser de outra maneira: ese era o noso obxetivo.
Neste contexto, cando tantos votantes de Cambre nos dan o seu apoio, estannos a dicir que queren que gobernemos, algo que testamos tamén con posterioridade ás eleccións. Falamos con diferentes persoas para que nos deran o seu parecer e nos dixeran se estaban de acordo con que entrasemos a gobernar ou se, polo contrario, debiamos seguir facendo oposición. A opinión
foi unánime: había que entrar a gobernar. Os veciños e veciñas saben, ademais, que cando tocou exercer de oposición fixémolo de maneira constructiva, facendo propostas, aportando ideas e dando o noso respaldo a accións de goberno que nos parecían adecuadas. Non foi, polo tanto, díficil cambiar o “chip”.
- O resultado das Eleccións Municipais do 2003, supuxeron unha sorpresa polo grande avance obtido no número de votos en Cambre?
- Supuxeron unha relativa sorpresa, certamente
agradable pero tamén relativa, polo seguinte: o noso histórico eleitoral desde o ano 91, cada catro anos, foi de duplicar votos, non sabiamos con certeza que iamos duplicar outra vez, o que si tiñamos era a percepción, mellor dito a información, pola xente coa que falabamos, de que se nos valoraba coma unha formación política con espacio propio en Cambre; que tiñamos un moi bo nivel de aceptación, que estabamos para quedarnos e que o camiño á Alcaldía cada vez parecía menos complicado. Ben, chegan as eleccions do 2003, duplicamos votos outra vez, pasamos a 4 concelleiros e entramos a formar goberno. Os obxetivos cúmprense sobradamente.
- Despois destas verbas xa me deixa enriba da mesa a seguinte pregunta: con que espectativas inicia a actual campaña electoral a súa formación, o BNG en Cambre?
- Pois estamos nunha situación moi parecida á do ano 2003, de obter un grande avance, pero ademais agora partimos dunha maior presenza institucional e dunha maior experiencia e coñecimento. Desta volta o obxectivo é obter a Alcaldía e contar cunha maioría suficiente para poder exercer un goberno eficaz para beneficio dos cidadáns.
Esta posibilidade non é remota nen un simple desexo. Así nolo confirman a opinión da xente que se nos achega e, mesmo, datos de enquisas que circulan por aí e que, por certo, non as encargóu o BNG.
- Sen discutirlle esa opinión, todos os partidos poden decir o mesmo?
- Sen dúbida. O mesmo que o digo eu, todos están no seu dereito. Pero se observamos a realidade política de Cambre cunha visión imparcial podemos percibir varias cousas, ou responder a algunhas preguntas:
- Estamos ao inicio dun novo ciclo político en Cambre? -Cal é a forza política que ofrece renovación, caras novas e xente emprendedora?
- De que lado están situados os proxectos e as ideas con garantía de se cumpriren?

Non teño dúbida de que o BNG é o que ofrece esa garantía de cambio de ciclo, de renovación e de ideas. E ademáis coa experiencia práctica de que ademáis de falar e prometer, facemos.
- Hai algún asunto que destacaría da súa xestión estes catro anos?
- Como é lóxico son moitas cousas e sería inabordábel desde unha entrevista como esta. As maiores satisfaccións están nas políticas de benestar e igualdade. O esforzo realizado en conciliación laboral e familiar, programas como o Mañanceiro, a atención a nenos e nenas en campamentos urbanos nos periodos de vacacións, o apoio aos comedores escolares e as axudas directas ás familias. Multiplicar por tres o orzamento de
servizos sociais, aumentando o persoal e
construindo unha nova sede na Barcala. Fíxese
que na actualidade non hai lista de espera no servizo de atención domiciliaria nen na tele-asistencia. Programas novedosos e pioneiros como o comedor sobre rodas. A política de eliminación de barreiras arquitectónicas, os colexios rematan a lexislatura sen barreiras. O impulso ao bon labor das bibliotecas municipais. Ampliamos a X.Docampo da Barcala e creamos unha nova no Temple, “Os templarios”. A posta en funcionamento do Centro sociocultural do Graxal,
do Centro de Formación municipal no Poligono
do Espíritu Santo. Os paneis electrónicos
informativos. En fin, moitas cousas que xunto con outras que comentamos constitúen unha conta de resultados moi positiva e da que estou moi orgulloso e satisfeito. Pero, sempre o digo, queda moito por facer.
- Cales foron os seus compromisos electorais
que quedaron sen cumprir?.En que
capitulo vai o culebrón da Casa da Cultura?

- Decía antes que este goberno tivo luzes
e sombras. Tamén hai obxectivos sen cumprir e o inicio da construcción da casa da Cultura de Cambre é o máis destacado. Pero merece unha explicación. Un proxecto desta envergadura precisaba que todos fixeramos os deberes. Algúns cumprimos e outros non. Traballei cos arquitectos e o proxecto completo está nas nosas máns desde
hai un ano. Conseguín o compromiso financieiro da Deputación por 800.000 euros, o grupo nacionalista provincial puxo toda a carne no asador, e negociei coa Conselleira nacionalista Ánxela Bugallo unha achega de Cultura por 500.000 euros. Lamentabelmente estamos aínda a espera de que se concreten as promesas do Presidente Touriño e, de que, o peor de todo, se tramite dunha vez o Plan xeral de Cambre que permitiría a contrucción
nesa parcela. E iso, como todo o mundo sabe, é de competencia socialista no goberno local de Cambre. Pero non é unha queixa porque o meu compromiso, e o do BNG, é o de facer este proxecto para Cambre.
Irá máis tarde do previsto pero o faremos.
A única condición é que teñamos suficiente apoio eleitoral para ser nós quen solucionemos o problema urbanístico e rematemos a financiación.
- Queda moito por facer aínda. Cales van ser os eixos do seu programa para a próxima lexislatura?
- A xente e as políticas de benestar en sentido amplo. Estamos a punto de rematar a primeira escola infantil pública de 0 a 3 anos, e continuaremos coa dotación de prazas de infantil. Estes días está en contratación a construcción da Escola Municipal de Música que de aquí a un ano estará funcionando.
Acabamos de chegar a un acordo con Vicepresidencia para o que será o primeiro Centro de Día para os nosos maiores no Temple. Estamos, tamén, preparando o convenio coa Dirección Xeral de Xuventude para dotar de locais de ensaio gratuitos para os grupos de música de Cambre. Un montón de proxectos que están encamiñados.
Pero falaba da xente e do seu benestar e non existe tal cousa se non hai posibilidades de vivir aquí. As políticas de vivenda serán unha prioridade.
- A que se refire con prioridade en políticas
de vivenda?

- Os prezos de hoxe son inabordabeis para xóvenes e asalariados. Imos poñer só á disposición da Consellaría de Vivenda para a promoción de vivenda protexida, en venda e aluguer. Non hai benestar sen vivenda digna e sen servizos de igualdade, pero tampouco sen emprego de calidade. Imos ampliar o solo industrial no polígono e fomentar
a instalación de novas empresas.
Pero para todo iso marcámonos como obxectivo
prioritario a tramitación inmediata do Plan Xeral.
- Fálenos do Plan, semella raro non ter
nada tramitado en catro anos.

- Efectivamente. Como vosté sabe formamos en xuño de 2003 un goberno de coalición en Cambre entre o PSOE e o BNG. Repartimos as competencias de goberno e, precisamente, as de urbanismo quedaron
nas mans socialistas e tiñan, como encomenda
prioritaría, a tramitación do Plan Xeral.
O BNG dotou ao goberno da estabilidade
suficiente para que cada quen xestionara as súas áreas con tranquilidade. Nos fixémolo e aí están os resultados. Outras cousas semella que non foron tambén. Son un sorprendido máis porque aínda sabendo das dificuldades destas tramitacións, dos
cambios legais continuos e da problemática social que xenera, actuamos con responsabilidade, sen presionar e con lealdade. O resultado está á vista e por iso digo que vou asumir como tarefa prioritaria a tramitación do PXOU na nova lexislatura.
É imprescindíbel para ordenar o territorio,
para obter solo para equipamentos de benestar
e vivenda e, para financiar os investimentos.
- Non nos fala de problemas, acaso está
todo razonablemente ben?

- Ben, decía antes que hai quen ve o Concello
sumido no caos e no desastre. É un punto de vista. A min gústame falar de retos.
Creo que estou máis próximo á visión da maioría da xente que se encontra feliz por vivir aquí, que disfruta do noso contorno e da convivencia cos veciños e que vé as carencias -que as hai- como metas nas que poñer toda a ilusión para chegar. Hai unha maneira de enfocar as cousas, a pesimista
e de impotencia, a que pensa que somos vítimas
de non se sabe que poderes, e a optimista e ilusionada que quere aportar solucións e traballa para conseguilo. Aí estou xunto cos meus compañeiros do BNG, no optimismo, na ilusión e nas ganas de traballar para todos e todas.
- Cambre ten sido noticia nos últimos
anos por intervencións doutras administración,
o río Mero o AVE, que teñen xerado contestación.

- Sí, é certo, e coa presión social e a unidade
institucional conseguimos cambiar proxectos agresivos, como o inicial do río, para conseguir o que vai ser un dos mellores recorridos medioambientais de toda a área. Recuperamos un río que estaba desaparecido e maltratado, que era descoñecido, e que agora vai ser o noso pulmón natural e que o poderemos disfrutar. O do malchamado AVE e outra. Pero estou seguro que conseguiremos cambiar o proxecto entre todos. A exemplar mobilización cidadá e os apoios recibidos faranno posíbel. Desde logo desde Cambre e desde as responsabilidades que poida asumir, desde a Alcaldía, impediremos as destruccións salvaxes das
nosas mellores zonas. E ademáis vai ser unha prioridade manter o actual trazado do tren para cercanías.
Traballeremos con espíritu de cooperación, con visión de País, negociando e falando. Pero seremos firmes na defensa do noso patrimonio natural e cultural. É unha obriga que temos co noso municipio, coa comarca metropolitana onde estamos, e coa nosa Nación. E isto ten moito que ver coa
ordenación urbanística. Temos urxencia en
blindar o Concello, os seus valores patrimoniais,
medioambientais e da paisaxe para impedir futuras ameazas, e iso farémolo co Plan Xeral.
A súa vocación é a política.Coma a aquel outro político que lle cabía o estado na súa cabeza, a Xabier Iglesias, aínda que menos ambicioso, éntralle o concello de Cambre na cabeza. Ten as cualidades que precisa un bo político municipal: visión da xeografía, tanto fisica coma humana do espazo local e unha interpretación solidaria e integradora doutro espazo mais amplo, a Area
Metropolitana, da que dende moitos anos é un firme defensor. Desexámoslle moita sorte -igual que aos demais candidatos- na vindeiras eleccións municipais.

"Entrevista publicada no Entorno Metropolitano do mes de abril de 2007"
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 17-04-2007 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
E-Mail: Non aparecerá publicado
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal