Cambre, 5 de xuño de 2011.
Con dous anos e medio de atraso, a Escola de Música de Sigrás por fin inaugurouse onte con gran afluencia de público e un concerto ofrecido pola banda de música da Escola Sementeira. Unha rapsodia e un pasodobre dedicado ao municipio (o seu título, Calamber, é o nome antigo de Cambre segundo os historiadores do museo arqueolóxico) abriron un acto no que non faltou emoción, agradecementos e expectación por percorrer as instalacións situadas xusto debaixo do actual local da Escola Sementeira. De feito, ambos os edificios están comunicados por unhas escaleiras. Segundo o director da banda de música,
Francisco Javier Vidal , nos próximos días as aulas xa estarán ocupadas polos músicos para os ensaios das tres bandas que ten a escola Sementeira, aínda que non será ata setembro cando comece a actividade docente.
O alcalde en funcións,
Antonio Varela, recordou o ano (1978) no que se rozou unha leira na Rocha para que Sementeira comezase a súa andaina. E o primeiro
De esquerda a dereita, Francisco Javier Vidal (director da banda de música Sementeira), o nacionalista Xabier Iglesias ( primeiro tenente de Alcalde), e Ana Fernández Barros ( Presidenta da Escola de Música Sementeira)
tenente de alcalde en funcións,
Xabier Iglesias , tamén destacou a figura do fundador da escola,
Rafael Guillán. Ambos pediron que a nova corporación municipal que se forme a partir do día 11 redobre os esforzos para apoiar a cultura en Cambre e, en concreto, o compromiso co labor que desenvolve Sementeira. Pola súa banda, a presidenta da entidade,
Ana Fernández Barros, agradeceu a implicación do goberno municipal co seu proxecto e destacou o labor realizado polo seu antecesor no cargo,
Javier Mosteiro. Todos valoraron ademais o traballo realizado pola concelleira de Cultura,
Arita Prado Arcay, que moi emocionada preferiu que
Xabier Iglesias substituísea no discurso de agradecementos.
Fonte - www.lavozdegalicia.es