POR UNHA MAREA GALEGA


O pleno da corporación cambresa deu luz verde ao primeiro regulamento de Participación Cidadá.

O texto recibiu o aprobado de todas as formacións políticas e concelleiros non adscritos.

Cambre, 28 de maio de 2011
O documento viu a luz despois de que se celebrasen catro foros de debate, nos que participaron unha vintena de asociacións do municipio, así como de cidadáns a título individual. “Consensuouse un texto no que figuraron todas as achegas elevadas polas entidades e residentes”, apunta o concelleiro nacionalista de Participación Cidadá, Antón Otero
.
A continuación, os servizos técnicos municipais emitiron un informe xurídico da validez de todos os artigos, como paso previo e “indispensábel” antes de incluír a súa aprobación na orde do día da sesión plenaria.

A maiores, Otero destaca a “gran implicación” conseguida entre os cidadáns de Cambre para confeccionar unha norma que regula os órganos de participación do tecido asociativo e veciñal na vida municipal.

Neste sentido, desde a administración local recordan que, nun primeiro momento, programaran tres foros de debate, pero, “o interese suscitado levou a convocar un cuarto para dar coa proposta definitiva”.
Antón Otero (concelleiro nacionalista de Participación Cidadá)

Otero tamén recalca o “consenso total”conseguido entre os “veciños, asociacións, grupos políticos e Concello” para trasladar un documento común aos servizos técnicos municipais, un punto fundamental para “permitir a participación cidadá”.Fonte-www.elidealgallego.com

Categoría: PARTICIPACIÓN CIDADÁ - Publicado o 28-05-2011 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
Concello e veciños de Cambre conclúen a elaboración do primeiro Regulamento de Participación Cidadá
Os servizos técnicos municipais emitirán un informe xurídico necesario para a súa votación no pleno da corporación


Cambre, 10 febreiro 2011.
O Concello de Cambre e os veciños xa dispoñen dunha proposta do Regulamento de Participación Cidadá para darlle traslado ao pleno da corporación. Despois de catro foros de debate, nos que participaron unha vintena de asociacións do municipio e de cidadáns a título individual, acordouse un texto no que figuran todas as achegas elevadas polas entidades e residentes.

Agora, os servizos técnicos municipais deberán emitir un informe xurídico da validez de todos os artigos, como paso previo e indispensable antes de incluír a súa aprobación na orde do día dunha sesión plenaria. En canto se conte co visto e prace, o Concello levará a pleno a proposta para que Cambre conte co seu primeiro Regulamento de Participación Cidadá.



O goberno local destaca a “gran implicación” acadada no tecido asociativo de Cambre

O concelleiro de Participación Cidadá, Antón Otero, destaca a “gran implicación” conseguida entre os cidadáns de Cambre para confeccionar unha norma que regule os seus órganos de participación na vida municipal. De feito, o Concello programara tres foros de debate, pero o interese suscitado levou a convocar un carto para dar coa proposta definitiva.
Otero destaca “o consenso total” conseguido entre veciños, asociacións, grupos políticos e Concello para trasladar un texto común aos servizos técnicos municipais. O edil aplaude o ánimo por “involucrarse” na elaboración dun regulamento “clave para permitir a participación dá sociedade cambresa non devir do Concello”.



O regulamento abordará os seguintes dereitos dos cidadáns:

• Dereito a servizos públicos de competencia municipal.
• Dereito á información.
• Dereito de petición e proposta.
• Dereito de audiencia pública.
• Dereito de iniciativa popular.
• Dereito de intervención no Pleno Municipal.
• Dereito á consulta popular.
Categoría: PARTICIPACIÓN CIDADÁ - Publicado o 10-02-2011 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: PARTICIPACIÓN CIDADÁ - Publicado o 25-11-2010 16:15
# Ligazón permanente a este artigo

3º Foro de participación cidadá, sábado, 27 de novembro de 2010, de 10.00 - 13.00 h.

Lugar: Colexio de Cambre

ACTA DO 1º FORO
Acta do 1º foro
Categoría: PARTICIPACIÓN CIDADÁ - Publicado o 11-11-2010 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
2º Foro de participación cidadá, sábado, 13 de novembro de 2010, de 10.00 - 13.00 h

3º Foro de participación cidadá, sábado, 27 de novembro de 2010, de 10.00 - 13.00 h.

Lugar: Colexio de Cambre

ACTA DO 1º FORO
Acta do 1º Foro de participación cidadá
Categoría: PARTICIPACIÓN CIDADÁ - Publicado o 27-10-2010 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro coas entidades sociais que colaboran no programa “Arume”


O primeiro tenente de Alcalde e o concelleiro de Participación Cidadá presidiron a reunión na que se asinou o convenio de colaboración que dá forma ao Grupo de Acción Urbano



Cambre, 11 de febreiro de 2010.-

Un total de oito asociacións de distinto tipo forman parte do Grupo de Acción Urbano que, xunto co Concello, participan na dinamización e xestión do programa Arume que desenvolve o concello de Cambre. Este proxecto finánciao nun 70% o FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) e no 30% restante complétase co aporte municipal.

Durante a reunión o tenente de Alcalde, o nacionalista Xabier Iglesias, explicou o estado dos distintos proxectos e as actuacións de participación cidadá –inherentes ao programa- que se levaron adiante nos últimos meses. Así, informou Iglesias, desde a creación da Concellaría de Participación, que dirixe o tamén concelleiro do BNG, Antón Otero, se impulsaron diferentes reunións e encontros para a xestión de algunhas das accións do programa Arume. Así, concretou, se fixo co proceso de recollida de suxestións para incluír no concurso de ideas de reforma do Campo da Feira ou coa reunión coas entidades sociais do Temple co obxecto de precisar actuacións dentro do Plan de Humanización deste barrio. Tamén destacou as densas sesións de traballo coas asociacións e afeccionados ao skate, para o deseño da pista que se construirá nas inmediacións do campo de fútbol de Cambre.


Ademais deuse conta do estado de tramitación dos proxectos e das obras incluídas no Arume, indicando que en datas próximas iniciaranse varios dos procedementos de contratación. Referíanse á mencionada pista de skate, a actuación de rexeneración urbana en Sobreguexe-Cecebre, ou á próxima saída a contratación da obra da rede wifi.

O primeiro tenente de Alcalde destacou, neste sentido, que xa está practicamente listo o proxecto de remodelación das rúas Pígara e Padre Feijoo, no Temple, e que pronto se procederá á súa licitación. Neste punto estableceuse un interesante diálogo coas asociacións presentes, centrado na importante cantidade de obras que se van a desenvolver na zona ao longo do ano. Iglesias informou que ademais das actuacións do Arume, levaranse a cabo importantes investimentos con cargo a planes provinciais e ao FEESL, que esixiran unha coordinación estrita e unha grade colaboración cidadá. Precisamente neste aspecto, comprometeuse coas entidades a manter un contacto fluído e reunións de coordinación e información para diminuír as molestias no posíbel.

Co programa Arume investiranse uns 3,8 millóns de Euros, dos que 1 millón son de aporte municipal. O remate das actuacións está previsto en xuño de 2011.

Categoría: PARTICIPACIÓN CIDADÁ - Publicado o 13-02-2010 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello impulsa un proxecto de voluntariado para dinamizar o Camiño Inglés no Xacobeo 2010




Os participantes, en colaboración con Protección Civil, apoiarán aos peregrinos e montarán unha oficina de información da ruta







Cambre, 9 de novembro de 2009.-

O Concello de Cambre une voluntariado con turismo para pór en valor o Camiño Inglés de cara ao próximo ano santo. O goberno local acaba de deseñar o proxecto “Catuxa” co obxectivo tanto de dinamizar o traxecto do Camiño de Santiago que atravesa o municipio como de aproveitar a gran afluencia de persoas prevista para 2010 e promocionar o propio concello. Será unha iniciativa que vinculará a actuación directa de, cando menos, catro concellarías do goberno local. As áreas de Seguridade, Solidariedade, Xuventude, Turismo e Patrimonio, terán un papel destacado no funcionamento deste programa.

Así, a actuación consiste en que voluntarios cambreses apoien e asesoren aos peregrinos que se dirixen a Santiago no treito que lle corresponde ao municipio. Para iso, os participantes formarán pequenas patrullas que se distribuirán pola ruta para estar dispoñíbeis ante as posíbéis necesidades que lles xurdan aos peregrinos. Así mesmo, o Concello abrirá unha oficina de información, que atenderán os voluntarios. Estas dúas accións desenvolveranse nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, xa que no verán se producirán un maior número de desprazamentos a Santiago.

Para realizar estas tarefas, os voluntarios recibirán primeiro, no mes de maio, un curso de formación co fin de establecer o protocolo de actuación e unificar criterios. Posteriormente, en xuño, realizarán unha ruta polo Camiño Inglés para coñecer ao detalle cada quilómetro e os distintos elementos patrimoniais culturais e naturais que existen xunto á vía, para mostralos logo aos peregrinos.

O proxecto apenas suporá un pequeno desembolso para as arcas municipais. O Concello estima que o pago de indemnizacións ás persoas voluntarias por desprazarse e por manutención roldará os 4.500 euros.

idForzas de seguridade

O equipo de goberno pretende involucrar tamén na actuación ás forzas de seguridade que operan no municipio. De momento, a Concellaría de Participación Cidadá, Cooperación e Solidariedade que dirixe Antón Otero xa acordou a participación do servizo de Protección Civil. Os efectivos patrullarán dacabalo polo Camiño Inglés para atender aos peregrinos. Nas próximas datas, o goberno local manterá reunións coa Policía Local e Garda Civil co obxectivo de fixar un dispositivo de vixilancia especial para o Camiño no próximo ano.

Papel da Xunta


O concelleiro de Solidariedade, Antón Otero, e a edil de Xuventude, Laura Fernández, aproveitaron a reunión que mantiveron a pasada semana co Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, para presentar o proxecto “Catuxa” (Cambre-Turismo-Xacobeo). O dirixente autonómico aplaudiu a actuación de posta en valor do Camiño e augurou que encaixaría pefectamente coas accións dinamizadoras do Xacobeo que prepara a Xunta.

Nese mesmo encontro, os concelleiros preguntaron pola subvención económica que concede anualmente a Xunta para proxectos de acción voluntaria, dado que na última convocatoria produciuse un descenso importante e a contía concedida. Rodeiro comprometeuse a estudar os motivos polos que sucedeu a diminución da axuda.


Categoría: PARTICIPACIÓN CIDADÁ - Publicado o 09-11-2009 18:57
# Ligazón permanente a este artigo


id

id O Concello de Cambre acaba de contratar un servizo de asesoría para atender as necesidades das asociacións do municipio cos seguintes obxectivos:

Promover a creación de novas asociacións que cubran intereses non recollidos no censo actual

Ofrecer información e formación para asociadas/os para unha mellor xestión e un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles

Promover a interacción entre asociacións

Ofrecer un servizo de asesoramento naqueles aspectos que poidan ser de interese para cada asociación como subvencións, tramitacións, formación,...

Elaborar materiais e ferramentas de utilidade para o bo funcionamento interno das asociacións e un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles tanto no propio concello como no exterior

O Horario de atención a asociacións é:
Luns e mércores de 18:00 a 21:00 horas
Xoves de 10:00 a 14:00 horas
Lugar:
Oficina Municipal de Xuventude (OMIX) - detrás do Concello de Cambre

Persoa de contacto - dinamizadora asociativa:

Patricia Pena Monelos

Teléfonos: 981613170 ou 981613128 - ext. 618



Categoría: PARTICIPACIÓN CIDADÁ - Publicado o 14-10-2009 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Ten lugar a primeira reunión coas asociacións do concello


id

A presentación da concellaría de participación e o proceso de recollida de suxestión para a rehabilitación do Campo da Feira centraron os asuntos




Cambre, 10 de agosto de 2009.- Coincidindo co inicio do período de recollida de suxestións a incorporar ao proxecto de rehabilitación urbana do Campo da Feira de Cambre, celebrouse a primeira reunión coas entidades asociativas do concello. A reunión foi presidida polo primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Xabier Iglesias. Precisamente este foi un dos temas abordados no transcurso do encontro. Nel explicouse que até o día 31 deste mes recolleranse suxestións e ideas da cidadanía de Cambre e dos representantes das asociacións ao obxecto de seren incorporadas aos pregos do concurso para a rehabilitación da zona centro da capital municipal. Iglesias explicou que están habilitadas dúas maneiras de facer chegar estes aportes. Ben a través do Rexistro municipal, mediante uns formularios específicos, ou mediante o sitio web do Concello,http://www.cambre.org/, cun formulario especialmente creado para este fin.

Iglesias explicou, que era o primeiro feito desenvolvido pola Área de Participación, recentemente creada, e que se facía, precisamente, cun proxecto que ía ter unha importancia notábel no futuro desenvolvemento urbano da capital municipal.

Respecto á participación cidadá, Iglesias, comentou algún dos obxectivos da Concellaría. Apuntou que a pretensión é rematar este período lexislativo coa aprobación dun Regulamento de Participación Cidadá, elaborado por consenso entre a administración local e a rede de asociacións, que permita un cambio cualitativo e un avance nas relacións cidadáns-administración. Para iso, insistiu, serán creados instrumentos de colaboración, de difusión e de información que facilitarán o labor das entidades. Dixo que xa se estaban a dar o primeiros pasos para fornecer desde o concello con asesoramento técnico para a directivas na xestión das entidades. Comentou, así mesmo, que se comezaría de inmediato coa habilitación dun espazo dixital, vinculado á web municipal, para o servizo das distintas entidades. Insistiu na colaboración en pé de igualdade e en que se ían fomentar as relacións horizontais entre asociacións, promovendo espazos de encontro e intercambio, dotando de instrumentos de contacto e información inter-asociacións.

Manifestou, por último, o compromiso de establecer un calendario de encontros para elaborar o Regulamento de Participación, cunha próxima cita a finais de setembro, e a manter unha liña de información permanente coas asociacións.



Categoría: PARTICIPACIÓN CIDADÁ - Publicado o 11-08-2009 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal