Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 17-06-2011 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
Victòria Planas: “O noso proxecto en Haití pretende mellorar a situación existente antes do terremoto”
A técnica explicou en Ames os obxectivos da iniciativa de reconstrución que impulsan o Fondo Galego de Cooperación e o Fons Català na fronteira nordeste

Baiona, 1 de marzo de 2011.-
A técnica que vén de supervisar en Haití o proxecto impulsado polo Fondo Ga¬lego de Cooperación e o Fons Català explicou onte que se trata dunha iniciativa “planificada co obxectivo de mellorar a situación que había antes do terremoto, pois as accións teñen que transformar e mellorar as condicións anteriores”. Victòria Planas relatou a súa recente estadía no país caribeño ao longo da conferencia que ofreceu en Ames, Concello socio do Fondo Galego que realizou a súa doazón á conta de emerxencia aberta tras a catástrofe.

A técnica catalá indicou que o proxecto chamado ‘Fortalecemento do desenvolvemento local sostible e inclusivo no Nordeste de Haití como resposta aos efectos do sismo do 12 de xaneiro’ estase a desenvolver nas vilas de Carice, Vallières e Monbin Crochu, na fronteira coa República Dominicana. Trátase de
O Concello de Cambre participa neste proxecto a través do Fondo Galego de Cooperación

“crear capacidades conxuntas para a prevención e a protección da poboación, diminuíndo así o grao de vulnerabilidade de cara á tempada ciclónica”, apuntou. En xaneiro de 2012 agárdase verificar os catro resultados previstos.

A formación para construír vivendas antisísmicas ou os obradorios de mulleres para elaborar filtros de auga fronte o cólera son algunhas das accións previstas

O primeiro é o establecemento dunhas normas para a prevención de riscos e desastres, ordenando o territorio, e para o control de epidemias. O segundo resultado é a adaptación de tres plans de estudos de formación profesional no Centro de Formación Profesional de Carice, con obxecto de que as novas promocións saiban xestionar convenientemente os novos recursos forestais de que se van dotar os territorios (módulo de agroecoloxía), estean capacitadas para construír vivendas resistentes a ciclóns e sismos (módulo de construción), e sexan emprendedoras (módulo de socioeconomía).

A esta formación vincúlase a terceira meta: erguer un prototipo de edificio, que será centro comunitario para os tres municipios, e que incorporará os novos criterios de construción, no ánimo de que poidan ser replicados na zona e en todo o país. Trátase dunha construción baseada no bambú e o piñeiro caribeño, materiais extraordinariamente resistentes e adaptados ao clima local, que foron os únicos que soportaron o terremoto. Son tamén materiais
Nota de prensa do Fondo Galego
Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 01-03-2011 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Ciclo Aberto Solidario 2011

Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 10-02-2011 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
Unha técnica supervisa sobre o terreo o proxecto impulsado por Cambre no Haití a través do Fondo Galego de Cooperación
O Fondo Galego e o Fons Català de Cooperació promoven na illa a prevención de riscos e a formación para construír vivendas resistentes aos terremotos

Victòria Planas informará de primeira man sobre a implementación da iniciativa tras reunirse co parceiro local e cos distintos axentes implicados na recuperación


Cambre, 13 xaneiro 2011.
O Concello de Cambre decidiu tras o terrible terremoto que asolou Haití o pasado ano colaborar económicamente coas vítimas. Por iso optou por doar un euro por habitante empadroado e abrir unha conta corrente para recabar fondos, que foron ingresados na conta do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Esta entidade e mais o Fons Català de Cooperació al Desenvolupament envían dende esta semana unha técnica ao Haití para supervisar sobre o terreo a execución do proxecto que ambas as dúas entidades están a implementar tras o sismo do ano pasado. A iniciativa promove, entre outros aspectos, a formación para a construción de vivendas resistentes aos terremotos con materiais tradicionais. Estase a levar a cabo nas vilas de Carice, Vallières e Monbin Crochu, situadas na fronteira nordeste coa República Dominicana.

A técnica Victòria Planas, que permanecerá case un mes na illa caribeña, reunirase co parceiro local, o Centro pola cultura e o desenvolvemento de Carice (SKDK), para consolidar as bases da colaboración. Manterá ademais xuntanzas con representantes do Ministerio de Planificación e Cooperación Externa, do Ministerio de Interior, da AECID e do programa das Nacións Unidas ART-GOLD. O resultado da viaxe plasmarase nun informe de seguimento e nun diagnóstico ‘in situ’ sobre os actores e as accións nun contexto de emerxencia. Para elaboralo, ademais de documentar graficamente a intervención, realizaranse entrevistas á poboación beneficiaria, autoridades locais, persoal técnico, etc.

Fortalecemento do desenvolvemento local sostible e inclusivo no Nordeste de Haití como resposta aos efectos do sismo do 12 de xaneiro’ é o título do proxecto. O Fondo Galego achega 160.000 euros



procedentes de diversas administracións socias e algúns cidadáns que realizaron as súas doazóns a través da conta de emerxencia aberta hai un ano. A proposta busca crear capacidades rexionais para mellorar as condicións de vida da poboación en equilibrio coa natureza, para o que se apoiará as institucións e as organizacións sociais.

A iniciativa actúa en varias frontes. Impulsarase a planificación intermunicipal de políticas públicas sobre a ordenación do territorio, a sostibilidade ambiental, o crecemento económico e a prevención de riscos. Actualizaranse os plans de estudos do Centro de Formación Profesional de Carice de acordo aos novos retos en materia de agroecoloxía, construción local adaptada, socio-administración e economía social. Construirase asemade un centro intercomunal con técnicas antisísmicas e anticiclónicas no que se empregarán materiais como a arxila e unha clase de bambú chamada ‘guadua’, moi resistente. A edificación resultante será un exemplo para futuras vivendas na zona e servirá como práctica para unhas 90 persoas que sairán graduadas en construción. O cuarto resultado do proxecto é a creación dun sistema de información sobre a vulnerabilidade da poboación respecto dos riscos e desastres, que involucrará aos comités de Protección Civil de cada un dos tres municipios.

O proxecto apoiado polo Fondo Galego de Cooperación beneficiará preto de 500 poboadores e poboadoras que se seleccionaron tendo en conta criterios de equidade territorial urbano-rural e de igualdade de xénero. Son institucións, organizacións locais, profesionais e estudantes, aínda que os efectos positivos repercutirán de xeito indirecto sobre os 64.000 habitantes que suman Carice, Vallières e Monbin Crochu.


O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha rede que engloba a 95 Concellos e ás catro Deputacións de Galicia. Fundouse en 1997 como un foro a través do que consensuar e concentrar os esforzos dos poderes locais galego no eido da cooperación ao desenvolvemento. Trátase deste xeito de garantir unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos ambiciosos que teñan un verdadeiro impacto nos países do Sur e facilitar unha meirande sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional.
Desde a súa fundación, a asociación ten desenvolvido 135 proxectos en máis de 20 países, e organizado e editado multitude de actividades e materiais en relación aos desequilibrios existentes entre os países do Norte e do Sur. Ten garantido a presenza da solidariedade do pobo galego nas catástrofes que afectan a aqueles países do mundo con menor capacidade para as enfrontar, con proxectos de reconstrución (como os casos de Sri Lanka, despois do maremoto de 2004, Cuba, despois dos furacáns de 2008 ou Gaza, despois dos bombardeamentos israelitas de finais de 2008 e primeiros de 2009). Na actualidade está a implementar unha intervención de post-emerxencia no Haití.

Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 14-01-2011 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Conflito no Aaiun

Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 14-12-2010 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
O cromosoma dos Dereitos Humanos

62 anos despois da súa aprobación e proclamación, nunha histórica Asemblea Xeral de Nacións Unidas no ano 1948, o mundo suspende en Dereitos Humanos.
Hoxe a noticia sería que un acusado fracaso escolar en Pedagoxía Aplicada para os Dereitos Humanos delata o pulso vital dese vello e violento planeta Terra.

A fame, a precariedade laboral, o acoso, o maltrato, a violencia, a discriminación, a censura, a inxustiza, a escravitude, a tortura, a detención arbitraria, a persecución ideolóxica, o sexismo, a falta de liberdade, a pobreza, a
negación da educación, do acceso á cultura, etc, etc, etc, son escuros vermes identificados como especies que se reproducen e medran con abafante facilidade e se resisten a engrosar a categoría de «en perigo de extinción».

Por veces, as cifras, coma un disparo, ábrennos un orificio na conciencia. Segundo datos da ONU, a metade da poboación mundial dispón, para sobrevivir, de menos de dous euros diarios, e 1.300 millóns exercitan a súa dramática
supervivencia con menos dun euro diario. Non é de estrañar, daquela, que cinco millóns de nenos e nenas morran anualmente debido á fame e á desnutrición e que 20 millóns de lactantes padezan o risco de falecer ou sufrir minusvalías.

Pero non remata aí. Hai 2.000 millóns de persoas que carecen de saneamento e de auga potable e 1.000 millóns que non teñen acceso a ela. E, en canto aos refuxiados, o pasado ano 2009 houbo, segundo o informe anual de ACNUR, 43'3 millóns de
persoas identificadas con esa condición, é dicir, 1'3 millóns máis que no ano anterior. E, por se as cifras non abondasen, cada cinco minutos prodúcese no mundo unha morte violenta.
Pero, en calquera caso, as cifras non teñen ollos, nin sentimentos, nin mans que transparenten unha vea, nin suspiran ao erguerse co mencer, nin sofren, nin tampouco se abrazan. Nin sequera teñen nome. Só informan da magnitude do escándalo. Un escándalo de tales dimensións que sobre el pende unha lapidaria lei
de silencio, non explícita, nunca escrita. Un escándalo do que ninguén se declara
cómplice pero no que, en realidade, todos temos responsabilidades.

Ás vítimas, aos desherdados da terra, asístelles todo o dereito do mundo, cando menos, a acomodarse na nosa conciencia e, desde ese acubillo, coas súas voces desesperadas e agudas, removela, axitala e espabilala. Pero non buscan
compaixón. Buscan xustiza. A compaixón, como advirte o xornalista Alfonso Armada, non avanza nas raíces da inxustiza e consagra o desastre como estado natural dalgúns territorios. E é que, como tamén dixo Eduardo Galeano, a pobreza
non está escrita nos astros nin a miseria é o froito dun escuro designio de deus.
Xa que logo, as cifras poden cambiarse. É o get up, stand up , que cantaba Bob Marley contra o apartheid en Sudáfrica.

As cifras. As cifras nin sequera teñen nome nun mundo que, en 2010, volve fracasar nesa materia troncal chamada Dereitos Humanos.
¡Cantas veces ao día somos testemuñas dese fracaso?!

Os dereitos humanos naufragaron recentemente na ollada incrédula dun mozo que respondía ao nome de Baby Hamday Buyema, asasinado no Aaiún pola policía marroquina.

Os dereitos humanos esqueceron visitar unha nena chamada Violeta, que sobrevive en Matagalpa e padece a fame, a violencia e a pobreza.
Os dereitos humanos non chegaron a atopar ao irmán de Nafissatou, un senegalés que afogou no estreito de Xibraltar. Era un deses ilegais que cantaruxan, na voz de Manu Chao, «solo voy con mi pena, sola va mi condena».

E Karen e Romina, actualmente as miñas veciñas na vila de Gondomar, descoñecían que estaban protexidas polos dereitos humanos cando hai uns anos tiveron que abandonar o seu país, Uruguai, porque a situación alí se fixo insostible
para a súa familia. Nos ollos de Dyana, unha adolescente filipina, os dereitos humanos estouparon ata desintegrarse, desasistindo a súa curta e longuísima vida de vítima de malos
tratos, reiteradamente violada e obrigada a prostituírse nas rúas de Manila.

Pero non é unha cuestión de latitudes. O secuestro dos dereitos humanos vive
día a día canda nós. Non hai máis que ler á escritora croata Slavenka Drakulic para
asistir ás úlceras do espanto europeo. Non hai máis que lembrar a Montse Labrada, muller de 43 anos, vítima da violencia de xénero, asasinada hai uns meses en Lugo polo seu home, profesor de instituto. Ou ás persoas sen teito que
aínda carecen de albergue en Vigo.

Tampouco Rasha, de doce anos, diana do fanatismo relixioso que non tolera que as mulleres poidan dedicir de seu, coñecía o significado dos dereitos humanos cando lle aplicaron esa práctica mutiladora chamada ablación.

Claro que ás veces, con certo aturdimento, negamos os dereitos en nome da liberdade, como lle pasou a Najwa Malha esa mociña á que se lle negou o acceso a un instituto de Pozuelo de Alarcón por levar, por decisión propia e exercendo a súa liberdade de criterio, un pano na cabeza.

É a confusión que nos provocan as novas sociedades globalizadas, multirraciais, multiétnicas, multiculturais, plurilingües. Pero a igualdade e a xustiza non existen se, primeiro, non se recoñece a diferenza.

Habitamos un mundo e unha época en que os problemas persoais, os problemas locais, os problemas de todos e cada un dos individuos e dos pobos son, cada vez máis, problemas do conxunto da humanidade e, por extensión, problemas de todos e cada un de nós.

¿Cara a onde camiñamos? ¿Unicamente cara a un mundo gobernado polas cifras? Pois esas mesmas cifras certifican que arredor de 350 persoas ingresan anualmente nas súas arcas particulares a mesma cantidade de diñeiro coa que viven
2.700 millóns de seres humanos.

Hai escasamente uns días, Jean Ziegler, membro do comité consultivo do Consello de Dereitos Humanos da ONU denunciaba o abandono dos compromisos
dos países máis ricos coa axuda aos países pobres e acusaba ás grandes empresas multinacionais de actuar desde o neocolonialismo financeiro, querendo impoñer o goberno das súas cifras.

O Programa Alimentario Mundial ten hoxe a metade de orzamento que hai uns anos. Pero, se as cifras pretenden gobernar o mundo, debemos trasmitir que cada cinco segundos un neno menor de dez anos morre de fame. Son nenos sen dereitos. Sen cifras. Se cadra, a explicación é que o sistema financeiro mundial non acudiu nunca a un recital de poesía a escoitar a Mario Benedeti: El sur
también existe.

Pero, se temos vontade, a poesía renacerá con ímpeto da crise financeira.

Porque se somos capaces de crer no futuro, tamén seremos quen de construílo.

Como John Lennon, asasinado hai trinta anos en Nova York, podemos imaxinar que non existe o ceo. Imaxinémolo. É doado se o intentamos.

Se somos quen de crer nos Dereitos Humanos, seremos quen de respectalos.

Non pode haber credo máis verdadeiro nin relixión máis universal.

E tamén hai que crer na utopía. Porque só se conseguen as cousas nas que se cre. E porque o respecto aos Dereitos Humanos, construídos a partir da palabra, asentan no individuo o cromosoma máis característico que identifica á nosa especie: a racionalidade.

FRAN ALONSO
Domicilio virtual de Fran Alonso
Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 12-12-2010 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
Mundo sen Guerras e sen Violencia

Xoves, 14 de Outubro ás 20:00 h
Local Sociocultural do Graxal (rúa Álvaro Cunqueiro, s/n. O Temple)

Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 08-10-2010 16:50
# Ligazón permanente a este artigo

descarga
Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 22-09-2010 21:04
# Ligazón permanente a este artigo


Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 07-05-2010 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Sesión "Experiencia sanitaria en proxectos de cooperación ao desenvolvemento" NICARAGUA

Xoves 22 de abril de 2010 ás 20:30 horas no
Centro Sociocultural do Graxal
(Rúa Alvaro Cunqueiro s/n) O Temple.
SOLIDARIEDADE GALEGA
Imparte:
ONGD SOLIDARIEDADE GALEGA

Modera:
Antón Otero Domínguez
(concelleiro de Participación Cidadá, Cooperación e Solidariedade)

Relatora:
Luz María Rey Lago
(enfermeira voluntaria de Solidariedade Galega)
Ciclo Aberto Solidario Abril
Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 16-04-2010 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
Conferencia: PALESTINA: o conflito desigual e a paliación das consecuencias

-------------Modera: -------------------___________________----------------------Participan:

Antón Otero Domínguez Concelleiro de Participación Cidadá, Cooperación e Solidariedade

Carmen Quintana Gundí Directora de proxectos do Comité Español da Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina (UNRWA)
Roberto Mansilla Blanco Analista do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI)


Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 17-03-2010 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
As Concellarías de Voluntariado e Solidariedade en Coruña, Culleredo e Cambre esixen á Xunta a gratuidade da formación para as persoas voluntarias para dar cumprimento da Lei


OS TRES RESPONSABLES MUNICIPAIS AMOSARON O SEU REXEITAMENTO AO PLAN DE FORMACIÓN VOLUNTARIADO 2010 DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO



A Coruña, 10 de marzo de 2010.

ESTA MAÑÁ TIVO LUGAR UN ENCONTRO DE TRABALLO NO CONCELLO DA CORUÑA NO QUE COORDINOUSE O TRABALLO A DESENVOLVER NO FUTURO E ANALIZAR O PLAN DA XUNTA DE GALICIA

A través deste comunicado as areas de Solidariedade e Voluntariado dos Concellos de Cambre, A Coruña e Culleredo desexan mostrar o seu malestar ante a Xunta de Galicia e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pola decisión unilateral de cobrar ás persoas voluntarias unha cota de inscrición no programa de formación de voluntariado 2010.

A Concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, mantivo unha reunión de traballo esta mañá cos concelleiros dos concellos de Culleredo, María Beatríz Pérez Mosquera, e Cambre, Antón Otero Domínguez, responsables das áreas de voluntariado nos diferentes municipios na que se coordinou o traballo a desenvolver no futuro e analizar o Plano de Formación de Voluntariado desenvolvido pola Xunta de Galicia co que ata agora viñan colaborando os distintos concellos.

No mes de xaneiro de 2010, a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, púxose en contacto cos distintos concellos para invitalos a solicitar ao ente autonómico cursos de voluntariado para desenvolver nos nosos municipios.

Unha vez feita a solicitude, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado outorgou varios cursos que serán impartidos en espazos de competencia municipal dos concellos de Cambre e A Coruña.

A sorpresa foi cando o pasado día 26 de febreiro de 2010 a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado colga na súa páxina WEB www.voluntariadogalego.org o Plan de Formación para o ano 2010 onde se reflicte que os cursos concedidos teñen un custo para cada persoa voluntaria
participante neles.

Cabe recordar que son cursos dirixidos a persoas voluntarias que precisan formación para desempeñar a súa labor solidaria, polo que cobrar pola súa inscrición nos cursos contravén o estipulado na a Lei 3/2000, do 22 de decembro de voluntariado de Galicia.

Lei 3/2000 de voluntariado regula o seguinte:

Preámbulo

A participación da sociedade civil nos asuntos de interese xeral, e máxime naquelas situacións que redunden na erradicación de situacións de discriminación, é un feito que ten cada



vez maior incidencia na comunidade, debendo considerarse participación como o recoñecemento dun dereito que efectivamente lle asiste e como unha necesidade que ten o Estado e, neste caso, a Comunidade Autónoma de Galicia para dar resposta ás necesidades da poboación.

O lexislador autonómico fundamenta a súa regulación nos seguintes puntos básicos:

a. Garantir a liberdade de traballo voluntario fronte ós obstáculos que poidan oporse o mesmo, así como favorecer o recoñecemento de esta labor a nivel social.

Artigo 6. Principios básicos.

f. A gratuidade e a proximidade, de tal forma que as actividades de voluntariado se realicen o máis cerca posible dos cidadáns e o seu medio. (a formación entendese como actividade de voluntariado).

Artigo 8. Obrigacións das entidades coas persoas voluntarias.

c. Proporcionar ás persoas voluntarias a formación específica e a orientación necesaria para o exercicio das súas actividades.

e. Cubrir os gastos das persoas voluntarias derivados do desenvolvemento da súa actividade.

f. Dotar ás persoas voluntarias dos medios e recursos apropiados para o cumprimento das súas funcións.

l. Facilitar a participación do voluntariado na elaboración, deseño, execución e avaliación dos programas nos que interveñan.

Artigo 14. Dereitos das persoas voluntarias.

c. Recibir a orientación, apoio e formación necesarios para o exercicio da súa actividade.

g. Ser reembolsadas dos gastos que poida ocasionarlles a actividade de voluntariado.

h. Dispoñer dos medios e recursos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade.

Artigo 15. Deberes das persoas voluntarias.

f. Participar nas actividades de formación establecidas pola organización.

Por todo o aquí exposto, os Concelleiros de Coruña, Culleredo e Cambre solicitan á Xunta de Galicia e máis en concreto á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a gratuidade da formación para as persoas voluntarias para dar cumprimento ao establecido na Lei 3/2000 do 22 de decembro de voluntariado de Galicia.
grupo municipal BNG da Coruña
Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 10-03-2010 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
MERCADILLO SOLIDARIO CON HAITÍ

SOS días 2 e 21 de febreiro de 2010,

organizase o mercadillo móntarase na Feira de Cambre para recadar fondos para Haití.

Será polo sistema de troco,

un donativo = un artículo

Os postos estarán estarán xestionados por persoas voluntarias do Concello de Cambre.


Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 01-02-2010 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
A axuda de Cambre a Haití destinarase ao proceso de reconstrución do país a través do Fondo Galego de Cooperación



O Concello admitirá achegas na conta bancaria habilitada ata o 28 de febreiro


A contribución económica que realizará Cambre ante a catástrofe sucedida en Haití será destinada ás tarefas de reconstrución do país centroamericano a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Tratarase da cantidade recadada na conta bancaria que se acaba de habilitar co obxectivo de solicitar fondos para axudar ás miles de persoas afectadas polo sismo.




Unha vez concluído este proceso de petitorio, o equipo de goberno remitirá o recadado ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que Cambre forma parte desde febreiro de 2004. A entidade contactou co goberno local e o resto de administracións que o compón para solicitar que as achegas a Haití se remitan conxuntamente. Otero explicou que Cambre pertence a esta institución que agrupa un bo número de concellos e deputacións galegos e que foi precisamente por iniciativa nacionalista na pasada lexislatura. “Para nós é a garantía de solidariedade eficiente e de poder controlar o destino e bo uso dos fondos enviados”, dixo.

A acción forma parte da campaña que acaba de iniciar o Concello e será coordinada pola Concellaría de Participación Cidadá, Solidariedade e Voluntariado, que dirixe o nacionalista Antón Otero, para colaborar con Haití. De feito, o goberno local destinará 23.231 euros, un euro por cada persoa empadroada no municipio, para tratar de pór o seu gran de area en combater a grave situación que atravesa o país.

A conta permanecerá aberta ata o 28 de febreiro para que os veciños que o desexen a título persoal ou de maneira colectiva poidan colaborar coa campaña de axuda. O número de conta é o seguinte:

2091-0048-97-3110000069
(Caixa Galicia)


Ademais, o Concello levará a iniciativa aos escolares cambreses, para o que se contactará cos directores dos diferentes centros. Nas aulas explicarase aos alumnos a magnitude do sucedido e tratarase de sensibilizalos sobre a necesidade de proporcionar unha colaboración inminente cos afectados. Con iso propiciarase que os nenos poidan contribuír con donativos dunha parte da súa paga á conta bancaria habilitada.

Así mesmo, Antón Otero informou de que o Alcalde xa remitiu unha carta ao presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), para lle informar da iniciativa levada a cabo en Cambre e para pedirlle que traslade ao resto de concellos a idea de destinar un euro por veciño nos orzamentos de 2010.
Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 20-01-2010 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Protesta contra os despedimentos e o recorte de servizos no Consorcio


Os traballadores e traballadoras do Consorcio Galego de Servicios Sociais teñen en grave perigo os seus postos de traballo coa conseguinte supresión dos servicios que se prestaban.












Solidaricémonos con eles engadindo a nosa sinatura: sinatura


Folleto informativo.



Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 20-11-2009 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
Primeira edición do Ciclo Aberto Solidario de Cambre

id

Unha trintena de persoas aprende a cerimonia do té saharauí



Cambre, 29 de outubro de 2009.-

A primeira edición do Ciclo Aberto Solidario de Cambre continúa penetrándose na cultura e costumes do pobo saharaui. Ao redor de 30 persoas aprenderon onte a típica cerimonia do té nunha sesión celebrada no centro sociocultural da urbanización da Barcala.

Unha cooperante da ONG Solidariedade Internacional, que colabora co Concello na organización do evento, celebrou unha cerimonia que se repite continuamente nas haimas saharauís.
A cooperante explicou que no Sahara considérase que o ritual é “como a vida mesma”. Isto débese a que o primeiro té que se consegue é “amargo como a vida”, o segundo “doce como o amor” e o terceiro “suave como a morte”.

Logo de degustar o té, os participantes visualizaron a película “Herdeiras”, rodada este mesmo ano por Ariadna Relea.

A seguinte actividade do ciclo terá lugar o xoves 5 de novembro, coa proxección doutra película e a realización dun taller de tatuaxes de henna.

O ciclo está organizado pola Concellaría de Participación Cidadá e Cooperación que dirixe o edil nacionalista Antón Otero e persegue a concienciación dos veciños e veciñas de Cambre e a súa participación solidaria diante da situación doutros pobos.

As actividades destes Ciclos Abertos Solidarios prolongaranse até a primavera.
.





Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 31-10-2009 01:00
# Ligazón permanente a este artigo

Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 22-10-2009 20:33
# Ligazón permanente a este artigo

Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 22-10-2009 20:31
# Ligazón permanente a este artigo

Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 22-10-2009 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
VIII curso básico de voluntariado






O Concello de Cambre a través da concellaría de participación cidadá, cooperación e solidariedade ven de realizar o VIII Curso básico e específico de voluntariado os pasados 03 e 04 de outubro de 2009 no Albergue de Alvarella.


Cambre, 15 de outubro de 2009

As xornadas consistiron no desenvolvemento dun curso básico de acción voluntaria destinado a persoas interesadas na acción voluntaria e a persoas voluntarias que non o tivesen feito con anterioridade. (...máis)



Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 16-10-2009 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id

id

id

id

id

foronacionalistadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





contador de visitas com


© by Abertal