POR UNHA MAREA GALEGA


O Concello de Cambre contribúe con 32.647 euros ao proxecto do Fondo Galego no Haití
- A asociación municipalista e mais o Fons Català de Cooperació cofinancian unha intervención de post-emerxencia en tres municipios da fronteira nordeste

- A iniciativa de reconstrución do tecido institucional local promove, entre outros aspectos, accións formativas para erguer casas resistentes aos terremotos

Cambre, 17 de novembro de 2010. O Concello de Cambre achegou 32.647 euros á intervención de post-emerxencia que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de pór en marcha no Haití. O proxecto permitirá, entre outras cuestións, formar preto dun cento de persoas en técnicas de construción antisísmicas e anticiclónicas con materiais tradicionais. A iniciativa, formulada canda o Fons Català de Cooperació, desenvolverase nos municipios de Carice, Vallières e Monbin Crochu, na fronteira nordeste coa República Dominicana. A entidade municipalista achega 160.000 euros procedentes de diversas administracións socias e algúns cidadáns que realizaron as súas doazóns a través da conta de emerxencia aberta tras o devastador terremoto do 12 de xaneiro.

O proxecto de apoio ao desenvolvemento local presentado polo Fondo Galego actúa en varias frontes co fin de crear capacidades rexionais para mellorar as condicións de vida da poboación en equilibrio coa natureza, e así disipar os riscos e mitigar os desastres provocados polos fenómenos naturais na illa caribeña. Trátase, en definitiva, de apoiar as institucións e ás organizacións sociais para fortalecer a súa capacidade de desenvolveren plans de acción que disipen esa vulnerabilidade, aplicando políticas para o uso e ocupación do solo e sensibilizando á cidadanía para unha axeitada xestión da terra.

Para conseguilo, dunha banda impulsarase un programa intermunicipal de concertación de políticas públicas arredor de cuestións como a ordenación do territorio, a sostibilidade ambiental, o crecemento económico e a prevención de riscos. Tamén se adaptarán os plans de estudos que afectan aos 60 alumnos do Centro de Formación Profesional de Carice de acordo aos novos retos nas disciplinas de agroecoloxía, construción local adaptada, socio-administración e economía social.

Ao mesmo tempo, construirase un centro polivalente intermunicipal que se constituirá como un espazo intercomunal para o desenvolvemento local. Erguerase con estruturas e materiais resistentes aos terremotos e os furacáns que terán en conta a recuperación do medio ambiente e o emprego de elementos tradicionais. Entre eles destacan a arxila e o bambú, principalmente a clase chamada ‘guadua’, tamén coñecida como ‘aceiro vexetal’, que está a dar excelentes resultados noutros países de tradición sísmica. De xeito paralelo impartirase un taller sobre economía social e fortaleceranse as capacidades dos produtores coa plantación de bambú e outras especies vexetais, a transformación da arxila ou a reciclaxe de materiais para a construción. A edificación resultante será un exemplo para futuras vivendas na zona e servirá como práctica para unhas 90 persoas que sairán graduadas en construción.

A iniciativa cofinanciada en Haití polo Fondo Galego de Cooperación terá aínda un cuarto resultado. Crearase un sistema de información intercomunal en base á vulnerabilidade da poboación en relación aos riscos e desastres que implicará aos comités de Protección Civil de cada un dos tres municipios. En total, calcúlase que o proxecto completo repercutirá sobre preto de 500 beneficiarias e beneficiarios que se seleccionaron tendo en conta, entre outros, criterios de equidade territorial urbano-rural e de equidade de xénero. Son institucións, organizacións locais, profesionais e estudantes, aínda que se considera que indirectamente os efectos positivos repercutirán sobre os 64.000 habitantes que suman Carice, Vallières e Monbin Crochu.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha rede que actualmente engloba a 96 Concellos e ás catro Deputacións de Galicia. Foi fundado en 1997 como un foro a través do que consensuar e concentrar os esforzos dos poderes locais galegos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Trátase deste modo de garantir unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos ambiciosos que teñan un verdadeiro impacto nos países do Sur e facilitar unha meirande sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional.

Desde a súa fundación, a asociación ten desenvolvido 135 proxectos en máis de 20 países, e organizado e editado multitude de actividades e materiais en relación aos desequilibrios existentes entre os países do Norte e do Sur. Ten garantido a presenza da solidariedade do pobo galego nas catástrofes que afectan a aqueles países do mundo con menor capacidade para as enfrontar, con proxectos de reconstrución (como os casos de Sri Lanka, despois do maremoto de 2004, Cuba, despois dos furacáns de 2008 ou Gaza, despois dos bombardeamentos israelitas de finais de 2008 e primeiros de 2009). Na actualidade mantén aberta a conta de emerxencia para a reconstrución do Haití.

Secretaría Técnica do Fondo Galego
Tel. 986 357 238
www.fondogalego.org

Categoría: COOPERACIÓN - Publicado o 22-11-2010 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
A cooperación galega sufrirá un recorte do 19,4% en 2011
Segundo informe da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, a Xunta de Galicia e o Partido Popular incumpren sistematicamente os compromisos de aumentar o orzamento destinado á loita contra a pobreza

O informe 'Unha cooperación pobre para os máis pobres' analiza o descenso que, en 2011, sufrirán estas partidas. [ler máis]
Categoría: COOPERACIÓN - Publicado o 22-11-2010 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
Gala Cómica Solidaria, sábado 10 de abril

Queremos Galego convoca concentración de urxencia contra o decretazo este mércores 7 de abril

Este mércores 7 de abril ás 16.15 diante da sede do Consello Escolar de Galiza (Rúa San Roque, 2), en Santiago de Compostela
queremosgalego

Coincidindo coa reunión do máximo órgano consultivo da comunidade educativa, na que se debaterá o proxecto do goberno



Este mércores 7 de abril ás 16.15 diante da sede do Consello Escolar de Galiza (Rúa San Roque, 2), en Santiago de Compostela


Coincidindo coa reunión do máximo órgano consultivo da comunidade educativa, na que se debaterá o proxecto do goberno




Categoría: COOPERACIÓN - Publicado o 31-03-2010 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
“Somos como compramos” Bando do Concello da Coruña a prol do comercio xusto, por Yolanda Castaño
Cando miramos únicamente ese pedaciño de tea que é o noso peto, desviamos a vista deses máis grandes toldos que serven de teito e cobixo a outros e outras, noutros lugares do mundo onde a vida é máis difícil por mor dun sistema desigual. Cando miramos por mercar un pano un par de euros máis barato, probablemente non queiramos ver que eses fíos leven impresas as pegadas dixitais dunhas mans nenas, explotadas, marxinadas, colonizadas ou infravaloradas. Coma un turbio pan para hoxe e para mañá unha fame global, transversal e conxénita.

Manifesto
Fondo Galego de Cooperación
Categoría: COOPERACIÓN - Publicado o 15-01-2010 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal