POR UNHA MAREA GALEGA


FONDO DE INVESTIMENTO LOCAL: proposta BNG

A segunda fase da escola municipal de música encabeza a lista de obras proposta polo BNG

Inclúese nun total de 21 propostas que presentarán á consideración de todos os grupos de Cambre


O portavoz municipal do BNG presentou está mañá no rexistro municipal o conxunto de propostas nacionalistas para seren incluídas no Fondo especial de financiación do Estado. Acompañando a proposta o BNG solicitou do Alcalde, ademais, a convocatoria dunha Xunta de Portavoces ou dunha Comisión Informativa onde todos os grupos municipais poidan chegar a un acordo unánime sobre a proposición definitiva de Cambre.

Consulte aquí a solicitude do BNG e o listado completo coas 21 propostas........máis
Proposta
Categoría: Facenda - Publicado o 11-12-2008 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Acordos do BNG de Cambre
id




O acordo para as contas de 2008 comeza a dar resultados
...máis desde o blog de Xabier Iglesias

Terreos para o novo colexio

Parcela para a Galescola e Centro de Día
Categoría: Facenda - Publicado o 31-10-2008 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Reclama ao PSOE a presentación urxente da proposta de ordenanzas fiscais e prezos públicos para o vindeiro ano
O BNG reclamou do goberno socialista de Cambre a presentación urxente da proposta de ordenanzas fiscais e prezos públicos para o ano 2009. Segundo os nacionalistas, este paso é previo é necesario para enfrontar o debate dos orzamentos xerais do concello. As mesmas fontes manifestaron a vontade de chegar a acordos nestes temas: "estamos na mellor disposición para tender a man e chegar a acordos nas ordenanzas e nos orzamentos, pero é imprescindíbel que se faga en tempo, que non teñamos que agardar novamente a agosto para que o concello conte cun orzamento" , manifestou o portavoz nacionalista, Xabier Iglesias, facendo referencia ao acontecido cos orzamentos de 2008, aprobados hai apenas mes e medio.

Desde o BNG explicaron que non acudirán con posicións prefixadas nin con condicións. Manifestaron que só se debe ter en conta a situación de crise que está a afectar gravemente ás familias e, insistiron, en que novamente propoñeran que se adecue o prezo do subministro de auga para que as familias numerosas non se vexan discriminadas.
Desde o BNG explicaron que esta proposta foi defendida pola formación nacionalista o pasado ano e foi rexeitada por Psoe e PP. Agardan que este ano prime a sensibilidade coas familias e se poida correxir unha situación de discriminación. Iglesias animou ao goberno e ao resto dos grupos a que se sumen a propostas que son boas para a xente. Para os nacionalistas é fundamental que o prezo da auga se axuste ao consumo por persoa e non por domicilio como se fai neste momento. Lembraron que no pasado pleno do 25 de setembro o BNG presentou unha proposta neste sentido
Categoría: Facenda - Publicado o 30-09-2008 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Apoiaremos os orzamentos deste ano



[ler máis no blog de Xabier Iglesias]
Categoría: Facenda - Publicado o 07-08-2008 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
A Corporación Local aproba por unanimidade unha Auditoría enerxética do Concello
A Corporación Local aprobou por unanimidade unha proposta do BNG de Cambre na que demandaba a contratación dunha asistencia técnica externa para a realización dunha auditoría enerxética de todos os consumos municipais, que contemple un plano de redución e racionalización dos consumos.

[ler máis]
Categoría: Facenda - Publicado o 01-08-2008 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG considera “decepcionante” a proposta orzamentaria presentada polo Alcalde
O BNG considera “decepcionante” a proposta orzamentaria presentada polo Alcalde.

Insiste en ofrecer a man tendida para aprobar uns orzamentos que contemplen as prioridades da xente de Cambre

Manterán o ofrecemento de diálogo pero consideran dubidosa a disposición do goberno
socialista.


[ler máis]

Categoría: Facenda - Publicado o 12-06-2008 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Consideran un motivo de satisfacción que a Deputación manteña o compromiso de financiamento da Casa da Cultura de Cambre


As declaracións do Presidente confirmando a vixencia do compromiso acadado en 2004 abren novas expectativas que, agora, debe completar o goberno municipal de Cambre, amosándose ambicioso e non resignado.

(ler máis)
Categoría: Facenda - Publicado o 04-06-2008 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG téndelle a man ao PSOE para aprobar os orzamentos que necesita Cambre
O PSOE debe decidir entre negociar co PP ou chegar a acordos co BNG


Categoría: Facenda - Publicado o 16-04-2008 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG diante os orzamentos municipais de 2008
O portavoz nacionalista, Xabier Iglesias, ten serias dúbidas de que os orzamentos conten co apoio dos compañeiros de Venancio Salcines

O BNG de Cambre recoméndalle ao concelleiro
de Facenda que negocie os orzamentos co seu grupo de goberno (PSdeG-PSOE) antes de presentalos ao resto de partidos políticos


Categoría: Facenda - Publicado o 05-04-2008 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal