POR UNHA MAREA GALEGA


O Concello completa a remodelación integral do Clube Náutico de Cambre, o único do golfo ártabro que practica piragüismo
A concelleira destaca a importante acción de promoción dunha práctica deportiva e sa que realiza o Clube aproveitando de forma sustentable un espazo marítimo como a ría do Burgo

Cambre, 25 Decembro 2010.
O Concello de Cambre ven de concluír a reforma da sede do Clube Náutico de Cambre, situada en O Temple, na praza da Ría, a poucos metros do emblemático Paraugas. Trátase do único club dos emprazados no denominado golfo ártabro que inclúe o piragüismo entre as modalidades que practica.

As instalacións do Clube atópanse nun local municipal, cuxo uso cedeu o Concello á entidade co obxecto de fomentar a práctica deportiva. Con todo, co paso dos anos, as dependencias fóronse deteriorando, carecendo ademais das características ideais para albergar os equipos da agrupación.

Así, a concelleira de Turismo, a nacionalista Gumersinda Becerra, decidiu presentar o proxecto de acondicionamento do clube no Grupo de Acción Costeira, do que o Concello forma parte. A actuación, incluída no plan “Xanela ao mar” foi aprobada e requiriu o investimento de 48.000 euros, dos que un 75% procederon do Grupo de Acción Costeira e un 25% das arcas municipais.

A reforma no interior do local foi integral. Os chans foron substituídos por un






pavimento antiescorregadizo e cun sistema de desaugadoiro adecuado, moi necesario polo material que se introduce, que en moitas ocasións atópase mollado ou trae restos de auga. Os baños tamén foron totalmente remodelados, adaptándose ás normas de accesibilidade.

Tamén se melloraron as duchas e creáronse vestiarios masculinos e femininos. Acondicionouse así mesmo un espazo aberto, onde se colocaron soportes para as piraguas. A obra completouse coa reforma dunha zona dedicada a ximnasio e outra dedicada a despachos.


Categoría: O Temple - Publicado o 28-12-2010 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
O Temple líbrase do histórico tapón urbanístico tras ser derribado pola Deputación a petición do Concello


O histórico tapón urbanístico do Temple foi demolido na mañá de hoxe.

Cambre, 17 de decembro 2010.-
Tratábase dun galpón que cortaba por completo a beirarrúa da CP-1706 (estrada que enlaza Cambre e O Temple) a escasos metros do emblemático Paraugas. A Deputación da Coruña, titular da vía afectada, derrubou a parte frontal da construción, que era a que obrigaba aos peóns a invadir a calzada para proseguir a marcha.

Ás 10.30 horas comezaron os traballos, que foron seguidos polo alcalde de Cambre, Antonio Varela, e o primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Xabier Igrexas, que estiveron acompañados de técnicos e enxeñeiros de ambas as institucións. En primeiro lugar, os operarios retiraron o portón do galpón e posteriormente cunha pa foron derrubando os muros que sobresaían da liña de vivendas.

Aos poucos, o tapón urbanístico fíxose cachizas e os cascallos foron retirados para facilitar o paso provisional dos viandantes sen ter que pisar a calzada. A intervención completarase cando o sector da construción renove os seus labores, a partir do 10 de xaneiro. Nesas datas, a Deputación demolerá o murete interior e procederá a urbanizar a beirarrúa para dar continuidade coa xa existente no CP-1706.
Iglesias amosábase moi satisfeito e resaltou a “substancial mellora” que se van atopar os veciños do Temple coa derriba dun “galpón pequeno que causaba unha incomodidade grande”. Neste sentido, congratulouse da garantía de seguridade viaria que suporá a continuidade da beirarrúa.

O alcalde de Cambre tamén mostrou a súa alegría pola eliminación do principal tapón urbanístico do municipio, unha petición elevada desde o Concello á Deputación. O rexedor sostivo que o acondicionamento viario para “facilitar a accesibilidade das persoas” constitúe un esforzo “primordial” para o goberno local.

A demolición foi acometida despois de que a Deputación realizase o proceso expropiatorio pertinente. Para facilitar os traballos, a Policía Local de Cambre montou un dispositivo que concluíu con mínimas incidencias no tráfico.

O Temple
Categoría: O Temple - Publicado o 17-12-2010 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
A Corporación aproba una proposta do BNG para a construcción dun aparcamento para O Temple na rúa Francisco Rodríguez
A corporación local aprobou por unanimidade a proposta presentada polo BNG de Cambre na que solicitou ao goberno local que inicie a contratación dunha asistencia técnica externa, para o estudo técnico e financeiro da construcción dun aparcadoiro soterrado no ámbito da Rúa Francisco Rodríguez, no Graxal-O Temple.

[ler máis]
Categoría: O Temple - Publicado o 01-08-2008 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
En Cambre séguese sen asumir responsabilidade algunha, a culpa é doutros




Remata sen conclusións de alcance a Xunta de
Portavoces.

O que se vai facer é parte do que o BNG propuxo en xaneiro.


[ler máis]
Categoría: O Temple - Publicado o 18-07-2008 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
O goberno local incumpre os mandatos plenarios que impedirían esta sucesión de accidentes




Unha moción nacionalista en xaneiro apostaba por medidas preventivas e contou con respaldo unánime.

Acusan ao executivo de non cumprir coas súas obrigas.

[ler máis]
Categoría: O Temple - Publicado o 17-07-2008 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Presentarán unha proposta ao pleno para a construción dun aparcadoiro soterrado no Graxal
O portavoz do BNG anunciouno durante un encontro
cos empresarios do Temple.

Iglesias comprometeuse a apoiar as reivindicacións deste colectivo.

[ler máis]
Categoría: O Temple - Publicado o 15-07-2008 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
O Temple en loita
O pasado venres, día 20, os concelleiros do BNG de Cambre acompañaron aos veciños do paseo marítimo do Graxal que denunciaban a perigosidade das beirarrúas naquel lugar. Veciñas e veciños teñen que sair á rúa diante da pasividade dun Alcalde ao que parece non preocuparlle a seguridade dos cidadáns.
Despois do accidente do 11 de xaneiro, as beirarrúas continúan intransitábeis, con zanxas abertas e con materiais e valos de obra que impiden o paso. Van case seis meses e deben estar agardando a que o problema se solucione só. Desde o BNG presentaremos unha iniciativa neste Pleno (o xoves 26) para que se arranxe a situación. Os veciños, por certo, anunciaron que continuarán cada venres coa mobilización.

Fotos da concentración e do estado da zona.
Fotos da manifestación
Categoría: O Temple - Publicado o 23-06-2008 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno extraordinario sobre O Temple. 21/05/2008
Día 21 de maio de 2008.
Hora: 20:30.

Orde do día:

1º) Informe sobre a mellora dos servizos municipais no Temple.

2º) Informe sobre as medidas propostas para mellorar a seguridade cidadá no Temple.

3º) Informe sobre as obras na rúa Tapia.

4º) Informe sobre o estado das obras que se están executando e das que se van a executar no Temple.

5º) Informe sobre as propostas de mellora do aparcadoiro no Temple.

6º) Informe sobre o estado actual das negociacións coas compañías instaladoras de antenas de telefonía móbil e sobre a ordenanza municipal reguladora.

Fotos do Graxal
Categoría: O Temple - Publicado o 16-05-2008 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: O Temple - Publicado o 29-02-2008 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Moción sobre a cesión da parcela para a ampliación do CEIP do Graxal

A dotación de novos equipamentos sociais de todo tipo é unha necesidade perentoria no noso Concello. Sobre todo en aspectos básicos como os educativos, como ter o número e calidade suficiente de prazas escolares. A permisividade e alento a construción desmedida de vivendas, sen que se acompañara da adquisición de patrimonio de solo para dotacións públicas tennos levado a unha situación de colapso.

Para remediar esta situación non serve calquera solución, sobre todo cando algunhas poden supoñer un agravamento dos problemas de saturación e falla de servizos en prazos moi próximos.

O convenio urbanístico asinado polo Alcalde para obter a cesión da parcela anexa ao CEIP do Graxal é un caso destas características. Entendemos que máis pensado para favorecer os intereses particulares dos propietarios que para velar polo interese xeral de Cambre e, sobre todo, dos veciños do contorno do colexio.

Condénase unha zona verde para autorizar un novo edificio nunha zona que non soporta unha vivenda máis. Deixarase na sombra permanente ao colexio e á súa ampliación. Cométese un fraude coas ducias de veciños que adquiriron unha vivenda en edificios que daban a un futuro parque e a un colexio. Todo, a cambio, dunha suposta cesión gratuíta que non é tal. Porque, ademais, o alcalde sabe que os prazos aos que se comprometeu non se van a cumprir, coma sempre, e a indemnización aos propietarios polo incumprimento do convenio tocaralle a outro goberno onde el non estará.

Por estes motivos o GM do BNG de Cambre propón ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:

1- Rexeitar o convenio urbanístico asinado polo Alcalde cos propietarios da parcela de ampliación do CEIP do Graxal.
2- Non admitir que se ocupen as zonas verdes con usos residenciais.
3- Iniciar o procedemento de pago da parcela aos seus propietarios, baseándose nas valoracións feitas polo arquitecto municipal, chegando ao procedemento de expropiación de non haber acordo.
5- Ordenar a correspondente modificación orzamentaria para facer fronte ao pago da parcela e, no seu caso, introducila na proposta de orzamento xeral de 2008.


Cambre, 23 de febreiro de 2008
Categoría: O Temple - Publicado o 25-02-2008 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
Malestar veciñal coas obras na Costa da Tapia
Obras costa da tapia

“As obras e o deseño da Costa da Tapia agravarán a mobilidade nesta vía ”


“Malestar veciñal diante das dificultades para os vehículos de emerxencia e pola saturación do tránsito"



Desde o grupo municipal do BNG de Cambre manifestouse a preocupación polo desenvolvemento das obras de reforma da costa da Tapia. Unha vez que comeza a tomar forma o deseño da travesía, os veciños e veciñas están moi preocupados polas solucións adoptadas. Refírense ao establecemento dunha enorme mediana que reduce as posibilidades de tránsito e, dificulta a circulación de vehículos de emerxencia. “Que vai pasar nos constantes atascos que se producen se un camión de bombeiros ou unha ambulancia quere atravesar esta vía?” comentaron os veciños aos membros do GM do BNG que na tarde de onte estiveron a comprobar o estado dos traballos. Pola súa parte, desde as filas nacionalistas, lembraron que son varios os servizos de emerxencia que teñen a súa base na propia costa da Tapia e que, constantemente, verán entorpecido o seu labor de velar pola seguridade da xente. Referíanse ao cuartel da Garda Civil e a Base de Protección civil de Cambre. Ademais do constante paso de ambulancias e outros servizos, como os bombeiros, ao non haber vías alternativas de circulación.

Para os nacionalistas o problema máis grave xa non é a eliminación de prazas de aparcamento, consecuencia dun desastroso deseño urbanístico e falla de previsión deste Alcalde, o peor é que non se resolve e se agravan as dificultades para a mobilidade dos vehículos de emerxencia. “Imaxinemos o que podería ocorrer diante dun escape de gas no barrio con esta rúa colapsada, e non é ciencia ficción, xa ocorreu hai un mes no paseo marítimo”.

As mesmas fontes do BNG de Cambre comentaron que o deseño escollido agravará os colapsos diarios desta travesía. Un vehículo avariado, un pequeno accidente, pecharán o carril de circulación e converterán nunha odisea atravesar esta rúa. “Con esta enorme mediana non quedará espazo para poderse apartar na espera dun guindastre ou, para deixar paso aos vehículos de emerxencia”.

Lembraron, os nacionalistas, que estes mesmos argumentos foron expostos por eles e por veciños do contorno nas asembleas realizadas no outono con responsábeis municipais. Prometeuse tomar nota e, agora vemos que “nada de nada. Un goberno que fai ouvidos xordos, non só ás demandas da poboación, tamén , o que é peor, aos aportes en positivo e construtivos que mellorarían o proxecto.”

Desde o BNG, recordaron, que está estrada se ten convertido nun punto neurálxico da actividade comercial e económica do contorno: bancos, cafeterías, tendas e un centro comercial moi frecuentado, que agora verán interrompido o fluxo de clientes que é a súa razón de ser.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre, 4 de febreiro de 2008
Categoría: O Temple - Publicado o 05-02-2008 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Aprobada unha moción do BNG sobre accidentes na rede de gas

Lugar do accidente do gas no Graxal

“O concello elaborará un protocolo de actuacións para casos de accidentes na rede de gas”


“Esixirá responsabilidades sobre as neglixencias detectadas"


O BNG de Cambre expresou, mediante un comunicado, a súa satisfacción porque o Pleno municipal, na maratoniana sesión do pasado 31, tivese tempo de tratar e aprobar, por unanimidade, a moción nacionalista pola que se decidiron unha serie de actuacións que redundarán en mellorar a seguridade para veciños e veciñas.

O portavoz municipal do BNG manifestou que o texto aprobado inclúe unha dura crítica ao goberno local pero que, en todo caso, o importante foi que todos os grupos apoiaron a adopción de medidas que beneficiarán aos cidadáns e aos seus bens. “Agora ao que lle toca é ao Alcalde que está obrigado a impulsar as acción necesarias para que se cumpra o acordo plenario”. A reclamación de responsabilidades ás empresas actuantes, a esixencia dunha auditoría da rede de distribución de gas á empresa propietaria e, a elaboración de protocolos de actuación para casos de emerxencia son, en resumo, os acordos adoptados.

O portavoz nacionalista anunciou que serán rigorosos en comprobar que as medidas aprobadas se cumpran con eficacia e rapidez. “Saben que somos unha oposición seria e rigorosa, facemos propostas e damos alternativas boas para a xente, pero tamén somos e seremos firmes na esixencia de que se cumpran estes acordos”.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre, 2 de febreiro de 2008moción
Moción da rede do gas
Categoría: O Temple - Publicado o 02-02-2008 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
Medidas de seguridade para o gas en Cambre.

Lugar do accidente do gas no Graxal



1ª MOCIÓN: Estabelecemento de medidas de seguridade nas instalacións de distribución de gas no territorio municipal.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O pasado 11 de xaneiro aconteceu un accidente no Graxal que puido ter gravísimas consecuencias. Afortunadamente os danos as persoas foron mínimos e os materiais sempre teñen remedio. Pero este acontecemento débenos valer para facer unha reflexión seria sobre a seguridade e os medios que poñemos para reducir ao máximo o risco. Por sorte, esta rotura dunha condución de gas, e o posterior incendio, resolveuse sen danos irreparábeis.
O sorprendente do caso non foi o accidente, o sorprendente foron as declaracións do noso Alcalde que, coma sempre, asume un papel de vítima, de agredido, de sorprendido, como se non fora o seu papel outro, o de responsábel do que no noso territorio acontece cando, como neste caso, estamos a falar de seguridade en instalacións nas que o concello tamén concede licencias.
E claro, sucederá o de sempre, que ao final os veciños cargarán contra todos os que teñen responsabilidade e, o concello como o que máis. Resultará, ao final, que todos os veciños e veciñas de Cambre teremos que pagar pola irresponsabilidade e a falla de control das nosas autoridades locais.
Podemos asumir a actitude de mirar para outro lado, de desentendérmonos, até que aconteza o que ninguén quere. Ou podemos por todos os recursos municipais para a probabilidade de accidente sexa practicamente nula.
Non é de recibo o tempo transcorrido para o corte de subministro, non é aceptábel o cúmulo de versións contraditorias, de non saber o que facer en momentos de máximo perigo.
Debemos, desde este Pleno, facer patente a nosa felicitación a todas as persoas que interviñeron para paliar os danos, a nosa policía local, protección civil, os servizos sociais municipais, bombeiros, garda civil. Mesmo a disposición de varios concelleiros e concelleiras do goberno e tamén da oposición que, desde o primeiro momento estiveron á disposición do que foxe necesario para axudar ás persoas afectadas.
Iso, que é de xustiza recoñecer, non serve para tapar a cadea de irresponsabilidades e neglixencias que puideron dar lugar a consecuencias irreparábeis. Fixémonos na prevención antes que na curación. Sobre todo cando non é o primeiro caso. Hai pouco ocorreu algo parecido na Costa da Tapia, foi un aviso pero semella que non se entendeu. Agardemos que o do 11 de xaneiro nos faga chegar ás conclusións acertadas.
Neste sentido, o grupo municipal do BNG, consideramos que se debe ter unha actitude decidida e firme por parte do goberno local para evitar no posíbel os accidentes e, desde logo, impedir que as súas consecuencias acaden cotas de traxedia. Non vale con estar “a velas vir” e, despois, botarlle a culpa a outros. Os veciños e veciñas queren un goberno que exerza e que actúe.
Por estes motivos sometemos á consideración do Pleno do concello de Cambre a aprobación dos seguintes acordos:

1- O concello de Cambre exercerá iniciativas de reclamación de responsabilidades e danos contra todos os actores neste accidente, empresa promotora das obras, empresas contratadas e sub-contratadas para a execución das obras, compañía propietaria e xestora das conducións de gas.

2- O concello de Cambre esixirá da compañía propietaria da canalizacións de gas unha auditoría técnica completa de todas as instalacións que discorren por territorio municipal, incluíndo os protocolos de seguridade imprescindíbeis para actuar en accidentes deste tipo. Nestes protocolos de seguridade e prevención deben quedar estabelecidos as actuacións a desenvolver en caso de accidentes.

3- Elaborar un protocolo de actuacións de emerxencia, relativo ás instalación de gas no Concello. Facendo especial forza nos aspectos de prevención.

4- Instruír o correspondente expediente informativo para delimitar as responsabilidades a que houbera lugar neste accidente e, trasladar á Consellaría de Innovación e Industria todos os datos a fin de que exerza o control e fiscalización sobre as empresas que actuaron neste suceso.
Categoría: O Temple - Publicado o 28-01-2008 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG esixe unha auditoria do gas

O BNG esixira que se audite toda a infraestrutura do gas en Cambre e que se establezan protocolos de seguridade


É inexplicábel a falta de control e vixiancia neste tipo de obras por parte da administración que otorga as licencias: o Concello


O GM do BNG amosou a súa moderada satisfacción porque os danos as persoas causados pola rotura da tubaria de gas no Graxal foran mínimos. “Os danos materiais sempre son subsanábeis , o importante e que as persoas non sufriran danos de consideración”, declarou o seu portavoz municipal, Xabier Iglesias, que se personou no lugar do accidente esta mañá. Trasladou a súa solidariedade aos veciños e veciñas afectadas e , fixo público o desexo do grupo nacionalista de que os operarios feridos teñan unha rápida recuperación.

Ao mesmo tempo manifestou a sorpresa polas declaracións dos responsábeis municipais, nomeadamente do Alcalde. “ Unha vez máis botando balóns fora, eludindo calquera responsabilidade” “Non é acaso o Concello o que otorga as licencias para as obras?, non hai uns técnicos municipais que deben vixiar que os traballos e obras se axusten as condicións de seguridade establecidas?, non é o concello responsábel da seguridade?, non están estas obras no entramado urbano municipal?” declarou o portavoz nacionalista.

Para os nacionalistas a orixe destas actitudes está en que o Alcalde non exerce, non manda. Simplemente se deixa levar polos acontecementos. “Non se pode estar permanentemente agardando pola sorte, e, cando isto non ocorre, botarlle a culpa aos demais”, “hai que se deixar de lamentos e actuar, gobernar, que é o que queren os cidadáns”.

Desde o BNG anunciaron que pedirán todas as explicacións sobre o acontecido, no Concello e nas demais administracións implicadas, e, que estarán apoiando sen fisuras ao goberno na demanda de responsabilidades aos causantes deste destrozo. Pero, tamén, na esixencia de medidas de prevención para que non se repita.

Os nacionalistas esixiran que o Concello audite todas as infraestruturas de subministro de gas do Concello, o seu funcionamento e os protocolos de seguridade que deberían estar establecidos. “Non é de recibo que a cidadanía de Cambre estea permanentemente na incerteza de onde saltara o próximo accidente.”

Gabinete de comunicación do BNG de Cambre,11 de xaneiro de 2008
Categoría: O Temple - Publicado o 13-01-2008 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Mellora do parque infantil do Graxal
Parque infantil do Graxal

MOCIÓN PARA A DOTACIÓN DE ARBORADO AO PARQUE INFANTIL SITUADO ENTRE AS RÚAS FRANCISCO RODRÍGUEZ E CELSO EMILIO FERREIRO NO GRAXAL



EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A construción do parque infantil situado no Graxal, entre as rúas Francisco Rodríguez e Celso Emilio Ferreiro supuxo, no seu momento, un grande avance nos equipamentos do barrio, tendo en conta ademais a numerosa poboación infantil da zona. Constituíu, ademais, un acto de recuperación dunha parcela urbana degradada e que afeaba o contorno. Xa naquel momento unha das reclamacións dos usuarios do parque era que se necesitaban zonas de sombra. Era lóxico pensar que un parque de nova construción non podía ter árbores de porte suficiente para dar sombra até pasado un tempo.

Naquel momento a reposta do goberno foi esa, non podía ser outra, pero pasados xa uns anos, os veciños usuarios do parque seguen a reclamar o mesmo, ao non terse tomado ningunha iniciativa para mellorar a dotación verde do lugar.

Son moitas as persoas usuarias do parque que reclaman esta mellora e que nos din que
resulta bastante dificultoso explicarlle a nenos e nenas pequenas que hai determinadas horas do día, cando o sol máis apreta, que non se pode xogar neste parque. Dinnos, tamén, que plantar unhas cantas arbores mellorará, tamén, o aspecto dun barrio que non destaca precisamente pola súa calidade urbana.

Considerando que está iniciativa debe ser unha das prioridades de actuación na zona, atendendo ás reclamacións e demandas veciñais e, mesmo ao recoñecemento da situación que se ten feito por responsábeis municipais, o Grupo municipal do BNG solicita do Pleno do Concello de Cambre que, considerando estas razóns, adopte os seguintes
acordos:

1- O goberno municipal encargará un proxecto de plantación de árbores no parque infantil da Rúa Francisco Rodríguez do Graxal, ben aos servizos técnicos municipais ben mediante unha asistencia técnica externa. Este proxecto deberá estar listo e entregado nun prazo de dous meses, coincidindo co Pleno ordinario do mes de novembro deste ano.

2- O proxecto contemplara os dous obxectivos mencionados: dotar de zonas de sombra distintas áreas do parque e, contribuirá á mellora da imaxe urbana da zona.

3- Habilitarase a dotación económica suficiente, ben nos novos orzamentos ou modificando os actuais, para poder acometer a reforma no vindeiro periodo invernal.



Setembro 07

Comentario (0) - Categoría: O Temple - Publicado o 25-09-2007 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal