POR UNHA MAREA GALEGA


Pica na imaxe para ampliala

Categoría: Urbanismo - Publicado o 21-04-2011 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre mantén a primeira reunión co equipo redactor da PXOM coa previsión de dispor en abril do documento de inicio
A empresa adxudicataria comezará elaborando unha diagnose da situación do municipio e presentando o programa de traballo


Cambre, 21 Decembro 2010

Comeza a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do municipio de Cambre. O Concello mantivo hoxe a primeira reunión de traballo co equipo técnico redactor, procedente da UTE conformada pola firma madrileña Arnaiz Consultores S.L. e a santiaguesa Enxeñeiros e Arquitectos Consultores IDOM S.A., adxudicataria do servizo.

No encontro participaron os responsables do equipo redactor e por parte do Concello, responsables xurídicos e técnicos, así como o alcalde, Antonio Varela, e o primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Xabier Iglesias. A reunión serviu como primeira toma de contacto entre Concello e equipo redactor e para sentar as bases de traballo e do proceso que terminará coa entrada en vigor dun Plan Xeral.

O documento de inicio será presentado pola empresa no próximo mes de abril. Este é o compromiso que certificaron no encontro. O documento de inicio consiste nun anteproxecto do PXOM que xa conteña as liñas mestras que vai seguir o novo instrumento de planeamento.

Para iso, e como primeira fase do traballo, o equipo redactor elaborará unha diagnose da situación do municipio, a todos os niveis, desde a configuración urbanística, as infraestruturas, os equipamentos, etc. Esta diagnose levará á realización dun importante traballo de campo e a recompilación da base cartográfica necesaria, a toma de fotografías ou o contacto coa administración autonómica.

Unha vez recibido o documento de inicio, o Concello remitirallo á Consellería de Medio Ambiente que á súa vez necesitará un tempo para analizalo e remitir o documento de referencia co que o equipo redactor comezará a confeccionar o Plan Xeral.

O goberno local pretende que o instrumento de planeamento teña unha visión metropolitana e integradora na comarca


Programa de traballo
Visión metropolitana



O equipo redactor estará formado por 27 persoas de profesións como arquitectos, enxeñeiros de Camiños, xeógrafos, titulados en Ciencias Ambientais, biólogos, xeólogos, economistas, informáticos ou enxeñeiros en Telecomunicacións, entre outros, todos cunha ampla experiencia.

O contrato para a confección do PXOM ascende a 346.698,40 euros, co imposto do IVE incluído. Para o financiamento deste servizo de “suma importancia” para o progreso do municipio de Cambre, o goberno local obtivo unha subvención da Xunta de Galicia por valor de 235.049,76 euros. A contía restante procederá das arcas municipais.
O goberno local móstrase “moi satisfeito” polo inicio do proceso de elaboración dun instrumento “básico” para o crecemento e desenvolvemento urbanístico do termo. Con el, o equipo de goberno pretende garantir o avance de Cambre en materia tanto de infraestruturas, como de equipamentos, cun crecemento ordenado e respectuoso co medio ambiente.

O que ten claro o Concello é que o PXOM debe responder a unha clara visión metropolitana, que integre a Cambre na comarca da Coruña. Deberá establecer as medidas e medios necesarios para lograr unha interconexión e unha concepción metropolitana dos servizos.

O Concello tratará de axilizar “ao máximo” o proceso para que Cambre conte canto antes co Plan Xeral.

Categoría: Urbanismo - Publicado o 22-12-2010 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
O Plan Urbanístico da Coruña na rede


Revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal...máis
Categoría: Urbanismo - Publicado o 24-10-2008 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
A Lei de Vivenda: o colofón dunha política transformadora



A futura Lei de Vivenda pecha a actividade normativa desenvolvida nestes tres anos pola Consellaría que dirixe a nacionalista Teresa Táboas. Trátase dunha rigorosa planificación lexislativa para acadar o obxectivo de garantir aos galegos e galegas o acceso a unha vivenda...

[ler máis]

Categoría: Urbanismo - Publicado o 18-07-2008 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG esixe o debate urxente sobre a planificación urbanística.

Os terreos que pretenden agora urbanizar serían de protección no novo planeamento

Estase a retrasar a tramitación do PXOUM co único fin de seguir aproveitando unhas normas obsoletas e de dubidosa legalidade


[ler máis]


Categoría: Urbanismo - Publicado o 02-07-2008 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
O Alcalde comprométese a reunir á Comisión do Plan Xeral


O Alcalde convocará a Comisión informativa do Plan Xeral

Debaterá sobre as novas urbanizacións en tramitación.

[ler máis]


Categoría: Urbanismo - Publicado o 02-07-2008 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
Demandarán neste Pleno que se convoque a Comisión especial do plan xeral

Esixirán o estudo e ditame sobre operacións
urbanísticas en trámite que non pasaron
pola comisión


[ler máis]
Categoría: Urbanismo - Publicado o 23-06-2008 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
O Alcalde fai crer que comparte a xestión coa Oposición, pero o seu urbanismo vai por outro lado
Categoría: Urbanismo - Publicado o 20-06-2008 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
A Comisión Informativa especial dá o visto bo ao informe de efectos ambientais do Plan Xeral
A participación construtiva dos representantes do BNG, permite sacar adiante o documento

Irá a “Medioambiente” como paso previo a outras tramitacións do Plan



Categoría: Urbanismo - Publicado o 18-04-2008 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
Aprobada a moción sobre a cesión da parcela para a ampliación da escola do Graxal

A moción foi apoida por todos os grupos municipais de Cambre, agás o PSOE. Polo que fica sen efecto o convenio urbanísitco asinado polo Alcalde.

Durante o debate o G.M. do BNG admitiu a proposta do G.M. do PP para que tamén se estuden outras alternativas á expropiación do terreo.

Moción
Categoría: Urbanismo - Publicado o 15-03-2008 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
O Pleno de Cambre debatera anulación convenio urbanístico



Solicitan que se expropie a parcela e se impida edificio en zona verde


Unha vez máis son cuestionadas as políticas urbanísticas do Alcalde socialista de Cambre. Esta vez, os nacionalistas, presentaron, para a súa aprobación no pleno do xoves, unha moción na que propoñen a anulación do convenio urbanístico firmado polo Alcalde cos propietarios da parcela obtida para a ampliación do Colexio do Graxal.

Desde o BNG afirman que é mentira que esa parcela saia gratis. “non se trata dunha cesión gratuíta, é a cambio de meter un edificio nunha zona verde do barrio”, afirmou o portavoz nacionalista, Xabier Iglesias. Comentou, ademais, que no caso de que se produza un retraso na aprobación do Plan xeral, ou de que non se recoñezan as condicións conveniadas o Concello deberá indemnizar aos propietarios.

A xuízo do BNG, isto non é máis que hipotecar a facenda pública de próximos gobernos. “Se é necesario agora, débese pagar agora”, afirmaron as fontes do BNG, en referencia a que a falla de patrimonio municipal do solo en Cambre é da exclusiva responsabilidade deste Alcalde que nin soubo, nin quixo, facer un urbanismo pensando no interese xeral.

Para os nacionalistas resulta de todo punto de vista inadmisíbel que agora se pretenda parchear a situación coa concesión dun novo negocio urbanístico. O máis grave de todo, dixeron, é que se non o impedimos construirase un edificio nunha zona verde do Graxal. “Cambre non pode pagar ese prezo, non podemos renunciar ao pouco espazo libre que queda e, non podemos permitir que se cometa tal fraude cos veciños que adquiriron as súas vivendas mirando a un espazo público que agora verían convertido en ladrillo”. Para o BNG, ademais, o edificio proxectado condenaría á sombra permanente ás instalacións escolares.

O pleno debaterá, neste sentido, que se anule o convenio urbanístico, que se declare a protección sobre a zona verde e, que se pague aos propietarios o valor da parcela incluíndo unha partida nos orzamentos municipais.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre, 25 de febreiro de 2008
moción
Categoría: Urbanismo - Publicado o 25-02-2008 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
O PSOE de Cambre permite un edificio de sete plantas nunha zona verde do Graxal
parcela no Graxal
Iso debe ser o que entende o Alcalde por “humanización do entorno urbano"



O BNG de Cambre denunciou mediante un comunicado de prensa a política urbanística do Alcalde socialista cambrés. Manifestaron, fontes nacionalistas, que non só non fai os deberes aos que se comprometeu, de sacar adiante o Plan Xeral, senón que as últimas medidas tomadas acrecentan o deterioro e o caos na ordenación existente.

Facían referencia á autorización, mediante un convenio urbanístico, a que se poda construír un edificio de sete plantas nunha zona cualificada como verde na actual normativa urbanística.
É un auténtico fraude e a demostración de que o Alcalde de Cambre está ao servizo de intereses particulares”, comentou o portavoz nacionalista, Xabier Iglesias, facendo referencia a que non sabía que explicación lle ían dar desde o goberno local aos veciños que compraron as súas vivendas na rúa Álvaro Cunqueiro, na parte traseira do CEIP do Graxal, cando vexan que se levanta un edificio de sete plantas nun solar que estaba clasificado como zona verde. Iglesias manifestou, así mesmo, que este edificio deixará na sombra perpetua ao colexio, incluíndo a súa ampliación. “Isto é o que lle preocupan os nosos cativos ao Alcalde, condénaos a un inverno permanente”.

O portavoz do BNG, recordou que xa hai máis dun ano, en decembro de 2006, cando estaba á fronte da Área de goberno competente en educación, manifestou que a súa opción pasaba pola expropiación dos terreos necesarios para ampliación do colexio e polo mantemento das zonas verdes. “Curiosamente o Alcalde só se moveu para que os propietarios puideran sacar tallada da operación”, “parecía máis interesado que ninguén en que a compensación aos propietarios non foran só os pouco máis de 400.000€ nos que se valorou a parcela necesaria para a ampliación do colexio, había que meter ladrillo”. “Como se pode comprobar, o Alcalde e o seu goberno non entenden de saturación urbana, de falta de aparcamentos, de calidade de vida para a maioría”. Os nacionalista fixeron fincapé no paradoxal de estar, no pleno de hai tres días, escoitando as presuntas intencións de humanizar o Graxal cando na realidade se comproba como a pretensión é esgotar até o paroxismo as posibilidades de negocio duns poucos, sen importar os intereses da maioría e, o que é máis grave, dos nenos e nenas que verán como o colexio ficará na sombra permanente. A contumacia deste alcalde en encher de edificacións o Temple é enfermiza, denuncian desde o BNG.

Anunciaron que no vindeiro Pleno van presentar iniciativas, que agardan que conten co respaldo dos demais grupos, para que se volva atrás nese convenio urbanístico, para que se expropie a parcela necesaria para o Colexio e, para que se impida unha nova edificación nunha zona saturada. Sobre todo, dixeron, nunha zona verde.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre,16 de febreiro de 2008
moción
Categoría: Urbanismo - Publicado o 17-02-2008 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal