POR UNHA MAREA GALEGA


O Concello de Cambre mostra a súa ‘sorpresa’ polo interese do PP nun proxecto aprobado hai xa 4 anos
Xabier Iglesias móstrase encantado da posibilidade de comparecer co tema da Escola de Música como asunto, tal como el mesmo aconsellou ao PP que solicitara no pasado pleno...

Cambre, 12 xaneiro 2011.
O primeiro tenente de alcalde de Cambre, Xabier Iglesias, móstrase ‘encantado’ coa posibilidade de efectuar unha comparecencia co asunto da Escola de Música encima da mesa. Así o manifestou publicamente no pasado pleno ordinario da corporación, celebrado o pasado 30 de decembro, ante as sucesivas preguntas do Partido Popular sobre a mencionada infraestrutura.

Iglesias respondeu á cuestión presentada por escrito polo PP sobre os criterios técnicos que determinaron a elección do proxecto da Escola de Música, pero dado que os populares continuaban na quenda de rogos e preguntas engadindo máis aclaracións non formuladas antes, o primeiro tenente de alcalde recomendou a idea da comparecencia. Agora celebra que o PP poida facerlle caso, aínda que non se entenden as súas dúbidas no canto de solicitar a comparecencia de modo formal.

O concelleiro de Obras anuncia que responderá ‘gustosamente’ a cantas preguntas formule o PP sobre a Escola de Música. Iso si, recalca que os criterios que impulsaron a elección do proxecto xa foron relatados no pleno pasado, aínda que ‘non haberá problema’ para repetir a resposta.





O Concello de Cambre atópase ‘sorprendido’ de que o PP de Cambre aborde unha cuestión dilucidada fai catro anos e que non xerou ningunha controversia no seu día no grupo popular. O goberno local pregúntase que intereses moven aos populares a desautorizar publicamente desta forma aos concelleiros do seu partido que conformaban o grupo a pasada lexislatura.

Iglesias entende que a única preocupación que existe sobre a Escola de Música, e que espera que comparta o PP, cínguese aos problemas de filtracións que impediron até agora a súa apertura e cuxa responsabilidade é exclusivamente da empresa construtora.
Categoría: Escola de Música - Publicado o 11-01-2011 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Obras da escola de música



As obras continuan, aínda que con retraso. Comezan a cubrir o que será unha grande praza sobre as instalacións.

[ver albúm]
Fotos
Categoría: Escola de Música - Publicado o 22-08-2008 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Pregunta pola paralización da Escola de Música
Unha irresponsabilidade:

O equipo de goberno herda un proxecto xa contratado, tarda un montón de meses en comenzalo e permite unha paralización dende decembro.

Dicir que a empresa se compromete a rematar en agosto paréce un intento de enganar á xente e unha irresponsabilidade.

E non é só o concello o que perde o diñeiro, tamén vaino perder o Proder, a Consellería de Medio Rural e Galiza, porque son fondos europeos que se terán que devolver.


(+ sobre a resposta no pleno)
Resposta
Categoría: Escola de Música - Publicado o 28-05-2008 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
A mala xestión do goberno municipal fará perder 300.000€ a Cambre


Mantense paralizada a obra da Escola Municipal de Música

Xa tiña que estar totalmente rematada

[ler máis]
Categoría: Escola de Música - Publicado o 21-04-2008 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
Preocupación polo demora acumulada na obra da escola municipal de música
escola de música municipal de cambre
O grupo nacionalista de Cambre manifestou, a través dun comunicado aos medios, a súa preocupación pola demora acumulada na súa construcción


Segundo o contrato asinado coa empresa gañadora da subhasta, o 29 de xuño era a data de comezo das obras e en oito meses, o edificio tería que ser entregado”, manifestou o portavoz dos nacionalistas en Cambre, Xabier Iglesias, ao comprobar que a data de hoxe, case cumprido o prazo de remate, as obras están paralizadas e non se fixo máis que comezar. “Sabemos”, dixo,”que sempre hai dificultades ou contratempos non previstos. Que, as veces, imponderábeis non contemplados impiden o cumprimento dos prazos pero, neste caso, a situación chega a extremos inaceptábeis”. Referíase a que, a punto de cumprirse o prazo no que a obra tería que ser entregada non só non está rematada, senón que a empresa constructora retirou todos os seus medios técnicos da obra, cando só fixo os primeiros traballos.

Desde o BNG manifestouse unha grande preocupación porque o goberno municipal esquece as súas obrigas e parece dedicarse a outras misións que non teñen que ver co interese xeral. “Terán que explicar o porque de dedicar tanto tempo e esforzo a proxectos para favorecer a asociacións afíns de fora do municipio –en referencia á casa das ideas, ou das ocorrencias como a definiu o portavoz do BNG no último pleno- en vez de sacar adiante proxectos que estaban en marcha que contaban con financiamento asegurado e que, ademais, respondían á demanda da cidadanía de Cambre”.

Desde o BNG resaltan que este retraso acumulado non só priva dun equipamento necesario e que xa estaba programado, pon en perigo, ademais, unha parte substancial do seu financiamento. Os nacionalistas recordaron que unha parte importante da obra subvencionábase a través do Plan Proder, polo Grupo de Acción Local “Terra das Mariñas”. “Esta colaboración económica foi froito da nosa xestión á fronte da Área de Cultura no pasado Goberno e, está a punto de se perder, polo incumprimento dos prazos de execución de obra deste goberno”. Desde as filas nacionalistas tacharon de irresponsábel ao actual goberno municipal de Cambre, facendo un chamamento a traballar polos intereses da maioría e non polos de uns poucos.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre, 20 de febreiro de 2007
Categoría: Escola de Música - Publicado o 20-02-2008 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG presenta a nova Escola de Música de Cambre

Cambre, 6 de maio 07.- Xabier Igrexas presentou o proxecto da nova Escola Municipal de Música que se construirá no Souto de Sigrás. O prazo de execución do edificio, de máis de 800 metros cadrados de superficie, é de oito meses, polo que en "xaneiro ou febreiro" estea finalizado.

A Escola estará plenamente integrado no entorno. A parte superior da construción será unha praza pública e as inmediacións do edificio contará cun aparcamiento con capacidade para uns trinta vehículos.

A nova escola estará ao pé ao actial edificio de Sementeira e contará cunha aula de 175 metros cadrados que se aproveitará, ademais de para a práctica docente, para celebrar actuacións. O proxecto presenta ademais aulas individuais con superficies comprendidas entre os 17 e os 38 metros cadrados. O novo edificio servirá para continuar coa aprendizaxe dos máis de 100 alumnos da Escola Municipal de Música de Cambre. O edil de Cultura recordou que o orzamento para a construción do centro ascende a 557.000 euros e que as obras comezarán "de inmediato".

O grupo de acción local Terra dás Mariñas financia con 256.000 euros a construción da escola de música tras asinar un convenio co Concello.
Comentario (0) - Categoría: Escola de Música - Publicado o 07-05-2007 01:23
# Ligazón permanente a este artigo
A Escola de Música de Cambre xa está contratada

Cambre, 19 de abril 07. Hoxe correspondía abrir os sobres coas ofertas das empresas para contratar a Escola de Música, o procedemento de contratación é a subhasta e o tipo de licitación 630.551,54 euros. Asi quedaron as empresas na subhasta:

ESPINA HIDRÁULICAS, SA 557.912 euros

2º UTE ALVAC, SA - TEBYCON SA 573.508,36 euros

3º OGMIOS PROYECTO, SL 580.423 euros

4º ARIAS HERMANOS CONSTRUCCIONES, SA 595.739,04 e

5º SUSO FERNÁNDEZ, SL 629.290,44 euros

6º CONSTRUCCIONES LÓPEZ CAO, SL 630.551,54 euros



Cambre, 10 de abril. Rematou o prazo, 6 empresas presentaron as súas ofertas para a construción da Escola de Música.

O próximo xoves, 19 de abril, abriran as plicar, será as 12 h. no salón de Plenos.


Cambre, 28 de febreiro. Desde hoxe está publicado no DOP da Coruña a contratación para a Escola de Música de Cambre, a cal se vai facer no Souto (Sigrás), ao pé do local onde ensaia a Banda de Música Sementeira.

O presuposto ascende a 630.551,54 euros, dividida en súas anualidades:

2007: 400.000 euros
2008: 230.551,54 euros

Prazo presentación de ofertas: 10 de abril de 2007.

O prazo de execución será de 8 meses.

Anuncio no DOP da poxa para a obra Escola de Música de Cambre

Prego de cláusulas administrativas para a contratación mediante subhasta con procedemento aberto e tramitación ordinaria da obra “Escola de Música de Cambre”


Anuncio no DOGA


Anuncio rectificación

Prazo: 26 días naturais, ata o 10 de abril de 2007.

Rectificouse a clasificación do contratista, a clasificación exixible pasa a ser a correspondente ao grupo C, subgrupo 2, categoría d).

Comentario (0) - Categoría: Escola de Música - Publicado o 28-02-2007 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal