POR UNHA MAREA GALEGA


Iglesias entregará por rexistro un informe sobre as áreas de xestión dos nacionalistas

Cambre, 10 de xuño de 2011.

Coa intención de “facilitar ao máximo” o traspaso de poderes, o primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Xabier Iglesias ten a intención de entregar hoxe por rexistro un informe de setenta páxinas sobre o estado actual das concellarías que foron responsabilidade del e dos seus compañeiros os nacionalistas Gumersinda Becerra, Laura Fernández e Antón Otero.

Ademais, neste documento tamén se detalla todo o realizado dende que en xullo de 2009, pasaron a formar parte do goberno local.

A intención do primeiro tenente de alcalde é que os novos edís que se responsabilicen destas áreas terán coñecemento das actuacións xa rematadas, á vez que terán “debidamente documentando” o estado actual das xestións.

Polo que no dossier inclúense os informes dos técnicos municipais dos departamentos.

Por apartados, no caso de Obras, sinálase que todas as actuacións do Fondo Estatal de 2010 xa foron concluídas.

Respecto dos proxectos do Plan Arume, Iglesias especifica que a pista de skate atópase en trámites de licitación; a construción dun colector na rúa de Pígara do Temple está pendente do permiso de

De esquerda a dereita, os concelleiros nacionalistas Xabier Iglesias (1º tenente de alcalde, Obras e Servizos), Laura Fernández (4º tenente de alcalde, Igualdade e participación da muller, xuventude, ocio e tempo libre), Antón Otero (Voluntariado social e participación cidadá) e Gumersinda Becerra (Turismo, Patrimonio Hº - Artístico)



Augas de Galicia; no caso do campo dá feira xa está en proceso as sondaxes arqueolóxicas, e a praza de Sobreguexe xa está recepcionada.

A maiores, as obras executadas ao longo do seu mandato, Iglesias destaca a rede viaria en Amil (financiada pola Deputación), así como a mellora dos accesos do polígono de Espírito Santo.

Entre os traballos pendentes atópase a remodelación da travesía do cemiterio de Cambre, na que quedan por executar 188.000 de 418.000 euros que custa a obra, e as sendas peonís de Cambre a Pravio están en trámite de contratación.

En Turismo e Patrimonio, área rexida por Becerra, o documento explica que se está renovando e pondo en valor o Camiño Inglés e iniciouse a tramitación dunha senda chamada “Ríos de Cambre”. Outras actuacións emprendidas foron o plan de compostaxe e o plan de sinalización do río Mero.

En Participación Cidadá, ámbito de Otero, aprobouse o regulamento de funcionamento, mentres que Fernández promoveu o primeiro plan de Igualdade de Cambre. Outro dos logros que recollen son a habilitación de salas de ensaio, o carné Omix, e a Casa dás Palmeiras.

Fonte - www.elidealgallego.com

Categoría: Comunicados - Publicado o 10-06-2011 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Os concelleiros e concelleiras nacionalistas de Cambre apelan á responsabilidade do BNG para garantir canto antes a súa substitución
Manifestan a súa sorpresa pola “pouca dilixencia” amosada pola formación, cando comunicaron o 1 de febreiro a súa intención de seren relevados


Cambre, 18 de febreiro de 2011.-
Os concelleiros e concelleiras nacionalistas representados na corporación municipal de Cambre manifestaron hoxe a súa contrariedade diante da confusión provocada por informacións manipuladas que están a aparecer.

Lembraron que “non é que o BNG lles pida que entreguen as actas” senón que foron eles quen o día 1 de febreiro, hai 18 días, se dirixiron por escrito á Responsábel Comarcal do BNG para informala da súa vontade de seren relevados nos seus postos de representación institucional. Os concelleiros indicaron que se senten sorprendidos pola pouca dilixencia en solucionar este asunto e polo interese en sementar confusión en troques de traballar coa responsabilidade que unha forza política está obrigada.

Os concelleiros insistiron en que foron eles os que tiveron a iniciativa e os que


tomaron a decisión e que agardan do BNG que axilicen a posta en marcha dos mecanismos que a lei contempla para garantir a estabilidade institucional do concello. Confirmaron ademais que tamén comunicaron formalmente ao concello o seu novo status como ‘non militantes’ para que dende a Secretaría Xeral municipal se dean as instruccións necesarias conforme á lexislación vixente.



Non permitirán que se produza un baleiro institucional e ingobernabilidade no concello de Cambre




Diante da preocupación e alarma xerada en distintos ámbitos cidadáns, aseguraron que non permitirán que se produza un baleiro institucional e ingobernabilidade no concello de Cambre, “agora é o BNG quen ten que moverse e demostrar que é unha forza responsábel centrada no interese xeral da cidadanía e non nos seus debates internos”.

Respecto do seu futuro político os catro concelleiros nacionalistas advertiron que


xa comunicaran en comparecencia pública o pasado 12 de xuño de 2010, que non ían competir por postos nas candidaturas do BNG. Polo que desmenten de maneira rotunda que o seu abandono da militancia no BNG teña algunha relación coa composición das candidaturas. “No BNG coñecen perfectamente os motivos da baixa da militancia”, dixeron os concelleiros nacionalistas, “puxémolo por escrito en carta ao Portavoz Nacional o pasado mes de decembro”.
Categoría: Comunicados - Publicado o 18-02-2011 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre, 10 febreiro 2011.
Hai algo máis de catro anos que mantemos este blog na rede. Os concelleiros e concelleiras nacionalistas no concello de Cambre iniciamos nos comezos de 2007 unha etapa de comunicación e información na ‘rede’ cuns resultados sorprendentes. O noso contador de visitas, os accesos dende os lugares máis remotos, a incidencia que os contidos do noso blog tiveron neste tempo son boa mostra do seu éxito.

No noso arquivo histórico podemos encontrar de todo referido as distintos contextos políticos que se sucederon neste tempo. Dende as posicións da nosa estadía no goberno no remate da anterior lexislatura, até xuño de 2007, á travesía pola oposición na actual corporación que durou até xullo de 2009 e, por último, a etapa de cogoberno que chega á hoxe.

Polo medio páxinas e páxinas con información e posicións políticas. Con convocatorias, con loitas e reivindicacións. Case todo o que sucedía e nos tocaba de cerca. De Cambre, de Galiza, da xente.

Até este momento baixo a imaxe corporativa da organización pola que concorremos as eleccións, o BNG. Este medio serviu tamén para transmitir a liña política xeral da organización.

Hoxe prodúcese unha nova situación. Graves acontecementos dentro do BNG. Erros incríbeis nunha forza política destas características provocaron que unha boa parte dos e das militantes do BNG en Cambre nos deramos de baixa. Entre os que estaban os catro concelleiros e concelleiras en Cambre. O día 1 de febreiro comunicouse á organización a baixa de 28 persoas pero a isto hai que sumarlle a de outro grupo importante que, un a un, o foron facendo nos últimos tempos.



Antecedentes hainos. Cabe lembrar o anuncio público dos actuais concelleiros de que non ían participar nas listas das vindeiras eleccións municipais. Anuncio feito en comparecencia pública o pasado 12 de xuño de 2010, tal e como recolleron os medios de comunicación.

A pesares do anuncio de que non se ía competir, as últimas decisións adoptadas polo BNG local e ratificadas polos órganos superiores non deixaron outra alternativa. Os feitos que consideramos inaceptábeis foron postos en coñecemento da organización por escrito e non se tiveron en consideración. Non é necesario abondar en explicacións, podemos mesmo estar errados. Pero o tempo dirá...

A partires deste momento e mentres dure a actividade municipal este blog continuará pero cos axustes técnicos e de imaxe acordes coa nova situación. Non imos eliminar os contidos anteriores, son a nosa historia e traballo. Somos nacionalistas e esa condición non se adquire cun carné. Estivemos, estamos e estaremos no compromiso coa nosa sociedade, coa cidadanía que nos apoiou e á que nos debemos.


Categoría: Comunicados - Publicado o 18-02-2011 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
Nota informativa do gabinete de comunicación do Grupo Municipal do BNG de Cambre



NOTA DE PRENSA


Grupo Municipal
do BNG de Cambre



Mércores, 29 de xullo de 2009.-

O Grupo Municipal do BNG de Cambre mostrou hoxe a súa sorpresa despois do publicado nalgúns medios de comunicación nos últimos días. Desde o Grupo rexeitouse facer declaracións ao respecto, aínda que si se mostraron dispostos a facer dúas puntualizacións: Por unha banda, destacaron que desde finais de maio, cando comezou o proceso negociador que culminou o pasado xoves coa firma do pacto de goberno có grupo socialista, a executiva local --así como a Comarcal e a Nacional-- estiveron “constantemente informadas dos pasos que daban no proceso negociador”. Finalmente, o texto definitivo do pacto tamén foi debatido e sometido á consideración da asemblea local o pasado 11 de xullo.

Por outra banda, as mesmas fontes do grupo municipal tamén indicaron que o acordo alcanzado entre o BNG e o PSOE, para formar un goberno estable en Cambre, “está estritamente enmarcado e axustado ao que marcan as directrices fixadas polo BNG” para este tipo de gobernos de coalición co Partido Socialista no actual período lexislativo 2007-2011 e sigue as directrices do acordo marco asinado.

Para rematar os responsables nacionalistas mostraron a súa sorpresa polas informacións publicadas: “Nós non temos ningunha comunicación oficial dos órganos do partido reprendendo as nosas actuacións. Todo o contrario, sentímonos totalmente apoiados e orientados”. Neste sentido, desde o Grupo Municipal aseguraron estar unicamente centrados no traballo de goberno: “Temos un duro traballo por diante e non queremos perder un minuto nesta polémica estéril. Os veciños de Cambre déronnos o seu voto para sacar adiante proxectos e solucionar os seus problemas. Iso é o que nos interesa a nós e aos nosos electores”.


Gabinete de comunicación do grupo municipal do BNG de Cambre


Categoría: Comunicados - Publicado o 30-07-2009 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
comunicado do BNG de Cambre sobre as agresións a unha concelleira
O PP de Cambre xustifica unha agresión contra unha muller, que ademais é representante da cidadanía de Cambre.


Desde o BNG condénase a agresión e a xustificación que fai o PP


Cambre, 14 de xullo de 2009.-

En declaracións efectuadas na tarde de hoxe, o portavoz do BNG en Cambre manifestou a súa sorpresa e indignación pola cobertura dada polos responsábeis populares de Cambre á agresión verbal dun candidato do PP contra unha concelleira de Cambre.

Dixo que o que todos esperarían do PP sería unha reprobación pública da actitude dun seu militante e candidato que se dedica a inxuriar a representes públicos. Feito máis grave aínda tratándose dunha muller, abusando da forza intimidatoria e dunhas prácticas machistas que tanto costa erradicar. Comentou que o normal sería que se dirixiran á concelleira para transmitir as súas desculpas e solidariedade pola acción dese militante, pero lonxe diso, desenterra as calumnias na que baseou a campaña electoral de 2007.

O portavoz nacionalista, Xabier Iglesias, manifestou a súa indignación cun PP que perdeu completamente os papeis e está instalado no "todo vale". Iglesias lembrou que en maio de 2007, en plena campaña electoral o propio presidente dos populares de Cambre, Nicolás Cubeiro, foille pedir desculpas á súa casa, en privado. "sei que non é certo e non estou de acordo co que estamos facendo", comentoulle Cubeiro naquela ocasión. Ao que, o portavoz nacionalista, respondeu que as desculpas tiñan que ser públicas e dirixidas á compañeira inxuriada, e que "en política non vale todo".

Iglesias acusou á dirección popular en Cambre e aos seus dirixentes de fomentar a crispación política e de servirse da difamación e o insulto como todo argumento político. Manifestou que é incríbel que pretendan converter a un agresor en vítima e que carguen contra unha concelleira cando exerce os dereitos de defensa que lle dá o estado de dereito, como é o de denunciar a un agresor.

Gabinete de comunicación do grupo municipal do BNG de Cambre

Categoría: Comunicados - Publicado o 15-07-2009 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Moción nacionalista en solidariedade e apoio do Pleno ao persoal e ás familias da Galescola da Barcala(Cambre)

Insta á Xunta a manter o compromiso de construción da 2ª Galescola e do Centro de Día no Temple

Cambre, 24 de marzo de 2009.- O BNG de Cambre presentou unha moción para o seu debate no Pleno do xoves, día 26, na que se propón unha declaración de solidariedade e apoio ao persoal da Galescola de Cambre e, ás familias que teñen alí os seus nenos escolarizados, diante das acusacións de deficiencias aparecidas en pasadas datas.

O BNG quere, con esta proposta, que o conxunto dos grupos políticos con representación municipal, manifesten de maneira expresa e formal a satisfacción polo bo funcionamento desta institución escolar, e que se rematen dunha vez os rumores e acusacións malintencionadas que se produciron. Os nacionalistas afirmaron que con esta proposta recollen o sentir das familias que, dixeron, amosaron desde o principio a súa satisfacción pola calidade educativa e asistencial da Galescola. Cren, ademais, que é unha boa oportunidade para que os representantes de Cambre, de todas as forzas, trasladen esta satisfacción ao persoal técnico e educativo da Galescola como recoñecemento ao seu traballo cando se está a piques de completar o seu segundo curso de funcionamento.


Ao mesmo tempo, os nacionalistas, solicitan ao Pleno que se ratifiquen os acordos deste outono, que deran lugar a un acordo co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, para a construción no Temple dunha segunda Galescola de dun Centro de Día para as persoas maiores. Desde o BNG lembraron que o Pleno municipal xa tomou no outono a decisión de ceder unha parcela nesta zona ao Consorcio e, explicaron que a pretensión con esta moción é que a nova administración galega non dea marcha atrás nun compromiso xa adquirido. Insistiron en que as prazas en educación infantil de 0-3 anos seguen a ser deficitarias en Cambre e que o Centro de Día será o primeiro equipamento destas características que tería o concello.

Gabinete de comunicación do BNG de Cambre
Categoría: Comunicados - Publicado o 24-03-2009 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG pedirá explicacións sobre a dimisión do concelleiro de Presidencia
O BNG de Cambre instará ao alcalde a que explique as repercusións que ten a dimisión do concelleiro de Presidencia para o funcionamento do goberno local

O portavoz do BNG de Cambre, Xabier Iglesias, deu a coñecer hoxe os rogos e preguntas que a súa formación fará no pleno do vindeiro xoves. Entre as iniciativas, o BNG fará un rogo no que tendo en conta a situación do goberno municipal após a dimisión dun concelleiro delegado instará ao alcalde a que explique ao Pleno as repercusións para o funcionamento do Goberno Local e a que diga como garantirá o funcionamento municipal.

Por outra banda, recordará que no pasado pleno de xaneiro, o BNG denunciou os problemas de alumeado público fronte ao colexio Portofaro. A pesar do compromiso do goberno, un mes despois sigue sen se solucionar o problema. Agora debemos engadirlle que augas negras están a aparecer na beirarrúa do edificio en obras, cos conseguintes malos olores e insalubridade. Por esa razón instará ao goberno municipal a que se corrixan estes problemas coa maior urxencia.

Ademáis o portavoz realizará unha serie de preguntas ao grupo de goberno para coñecer en qué punto se encontra o procedemento de adquisición dos terreos para o novo colexio público fronte á Barcala; cales son as razóns de que non comenzasen as obras de ampliación do colexio de O Graxal. Por último o BNG solicitará un informe sobre como están as tramitacións dos proxectos e as contratacións das obras neles incluídas.

Gabinete de comunicación do BNG de Cambre
Categoría: Comunicados - Publicado o 24-02-2009 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre os actos de violencia no pleno do día 29
Condena da escalada de violencia en Cambre

Responsabiliza ao PP de instigar e alentar a violencia por intereses políticos e particulares.

Venres, 30 de xaneiro de 2009.- O BNG de Cambre, a través do seu responsábel de comunicación, Antón Otero, pronunciouse esta tarde sobre os acontecementos vividos onte no transcurso do pleno ordinario da corporación cambresa. Otero quixo manifestar a condena máis rotunda do BNG diante da escalada de violencia que se está a xerar en Cambre provocada pola intoxicación e manipulación dos sentimentos de propietarios e familias aos que se está a enganar. Dixo, ademais, que esixen de todas as forzas políticas do concello a mesma condena deste tipo de manifestacións. “Sabemos” dixo, “que a maioría xa o fixo en diferentes momentos pero agardamos que tamén o PP se pronuncie con claridade”.

O portavoz nacionalista afirmou que non chega con lamentar, que as forzas políticas democráticas teñen que saber onde están situadas e que a cidadanía agarda que ningunha forza política ampare, alente ou xustifique este proceder. Insistiu en que por estes motivos hai forzas políticas que están ilegalizadas en aplicación da lei de partidos. “ Lamentan a violencia pero non a condenan, e iso non chega”, comentou en referencia ao que está a ocorrer en Euskadi cos agrupacións que non condenan a violencia. “Preguntámoslle ao Sr. Feijoo se se vai a pronunciar e tomar medidas no caso de que o PP de Cambre non se desmarque do alento ás prácticas violentas”, e continuou, “Gustaríanos coñecer a postura oficial do PP d Galiza e do seu candidato a presidente da Xunta sobre a actitude e actividades do presidente popular de Cambre e candidato nas listas autonómicas”, en relación ao protagonismo de Cubeiro en todos estes feitos.

Quixo remarcar que non critican que o PP estea en contra do Plan de Vivenda, “sabemos o que fixo o PP en políticas de vivenda e non esperabamos outra cousa”, dixo,”o que rexeitamos é a manipulación e o uso de calquera medio para servir aos seus obxectivos”.
Otero foi firme na afirmación de que paro o BNG non vale todo, que hai que respectar os principios democráticos e que as posicións políticas, por discrepantes que sexan teñen canles para ser expresadas sen recorrer a tales métodos. “O BNG nunca estará no desprezo á lei”, concluíu.

Ademais de acusar ao PP de estar detrás desta alteración da convivencia pacífica en Cambre, Otero lanzou outra pregunta da que esixiu explicacións públicas. Instou aos populares a que desmintan os múltiples rumores que apuntan a que un concelleiro da súa formación está axitando o descontento cidadán por un lado, e cobrando minutas como avogado a afectados na tramitación das súas alegacións. Dixo que sería moi grave que isto fora así, pois se trataría de utilización dun cargo público para xerar o seu propio negocio. “Queremos que desmintan estes rumores e que declaren que nin el nin o seu entorno se aproveitan o aproveitarán deste conflito para gañar clientes”.

No remate da súa intervención, Antón Otero, apuntou a algunhas das cuestións que están sendo manipuladas e, nomeadamente, aos prezos dos diferentes proxectos sectoriais para Cambre. Así, dixo, tiñan informado por activa e por pasiva aos propietarios de cales eran os prezos medios do valor estimado de adquisición do terreo. Comentou que no caso de Cambre o máis baixo de todos era de 85€ /m2, nunca os 4, 6, ou 8, que o PP se cansou de propagar entre os veciños afectados. Lamentou que algúns veciños prefiran crer nas mentiras do PP que nos datos e declaracións da Consellaría de Vivenda e, reiterou, o compromiso dos responsábeis de Vivenda e Solo a reunirse cos afectados cantas veces foxe preciso. “Esta mañá, así mo confirmou persoalmente o delegado provincial que , ademais me informou que, el mesmo, e a Conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, chamaron telefonicamente ao Alcalde para reiterar o ofrecemento de diálogo e colaboración con Cambre”.

Por último, Otero, expresou en nome do BNG, a súa solidariedade e apoio ao portavoz nacionalista no Concello, Xabier Iglesias, sobre o que se centraron as manifestacións máis agresivas. “Demostrouse que non había interese en escoitar argumentos nin coñecer a verdade, que por parte dalgúns só se tratou dun intento de linchamento”. E quixo aproveitar a oportunidade para agradecer, en nome da súa formación, as manifestacións de apoio e solidariedade recibidas de moitos sectores da sociedade cambresa e dos portavoces das formacións políticas coas que comparten representación na corporación. “De todas menos dunha, claro”, rematou.

BNG de Cambre
Categoría: Comunicados - Publicado o 31-01-2009 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Propostas do BNG ao pleno ordinario do xoves 29 de xaneiro de 2009

...máis
Categoría: Comunicados - Publicado o 27-01-2009 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
Moción sobre Palestina

O BNG presentará unha moción no pleno que terá lugar mañán xoves na la que proporá á corporación Local a condena a agresión militar sionista contra Gaza, reclamando o fin de calquera operación militar e do bloqueo criminal á que e estado israelí está a someter á franxa de Gaza.

Ao mesmo tempo, proporá que o concello de Cambre inste a Xunta de Galicia a que demande do goberno Español:

a)A suspender as relacións diplomáticas e económicas co Estado de Israel.
b)A paralizar calquera cooperación militar co estado de Israel.
c)A instar o cumprimento das resolucións 242 e 338 da ONU, relativas á retirada israelí dos territorios ocupados e ao dereito do pobo de Palestina ao retorno e a súa Autodeterminación nacional.
d)A promover no marco das Nacións Unidas o envío inmediato dunha misión de observación e interposición que garanta o fin da agresión e do bloqueo contra a franxa de Gaza...máis

A perda da terra dos palestinianos, 1946 - 1999 [mapa]
Moción sobre Palestina
Categoría: Comunicados - Publicado o 08-01-2009 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Auditoría enerxética do Concello de Cambre






O BNG de Cambre presentará no vindeiro pleno desta semana (xoves día 31) unha moción na que demandará a contratación dunha asistencia técnica externa para a realización dunha auditoría enerxética de todos os consumos municipais, que contemple un plano de redución e racionalización dos consumos.

[ler máis]
Categoría: Comunicados - Publicado o 28-07-2008 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre constituirá o “Consello Municipal de Deportes”
Cambre creará “Consello Municipal de Deportes”

A proposta nacionalista saíu aprobada por todos os grupos apesares da oposición do Alcalde

[ler máis]


Categoría: Comunicados - Publicado o 28-06-2008 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Os nacionalistas levarán a Pleno a creación do “Consello Municipal de Deportes”
Ao BNG parécelle imprescindíbel promover a participación das persoas que practican deporte e dos clubes, no deseño e xestión das políticas deportivas municipais.

[ler máis]

Moción
Categoría: Comunicados - Publicado o 16-06-2008 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Obra gañadora do Certame de Pintura nun corredor municipal, cun taboleiro de anuncios enriba
Certame de pinturaO BNG chama á responsabilidade na conservación da obras
de arte do patrimonio municipal.

(+)



Máis fotos do cadro maltratado
Fotos
Categoría: Comunicados - Publicado o 26-05-2008 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
O goberno de Cambre deixa a inestabilidade e debilidade para falar do escudo e a bandeira
“O BNG considera frívolo perder o tempo falando de escudos e bandeiras ”

“Cando estamos sumidos nunha crise tan grave non se pode caer na superficialidade”

(+)
Categoría: Comunicados - Publicado o 11-05-2008 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
O Alcalde debe esforzarse por coidar o mobiliario urbano e manter a calidade dos servizos públicos





Ducias de veciños diríxense ao concello denunciando o deterioro das marquesiñas da parroquia de Cecebre
Categoría: Comunicados - Publicado o 19-04-2008 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Propoñen ao Pleno a revisión de oficio do concurso de prazas de auxiliares
Visto o informe de Réxime Interior as denuncias do BNG se ven confirmadas

O grupo municipal do BNG de Cambre presentou esta mañá, no rexistro municipal, unha moción para o seu tratamento no pleno ordinario do vindeiro día 28, na que se insta á declaración de nulidade do resultado do concurso de auxiliares administrativos celebrado en agosto de 2007. Os nacionalistas propoñen a declaración de lesividade para o interese público desta resolución e, propoñen, que se inicie a revisión de oficio do proceso.

Visto o informe da unidade de Réxime interior municipal, pedido na moción aprobada no pleno de xaneiro, os nacionalistas, ven confirmadas as denuncias efectuadas en todos e cada un dos extremos. “Non entendemos a alegría do Alcalde por este informe", comentou responsábel de comunicación do BNG, Antón Otero, " cando, un por un se ratifican as denuncias que presentou o BNG”. Otero facía referencia a que neste informe o único que o funcionario xefe da área de interior afirma que foi correcto é, precisamente, o que ninguén cuestionou, a convocatoria e a tramitación. “Outra cousa é a resolución, o resultado”, dixo.

Tocante ás denuncias na aplicación das bases, Antón Otero, foi contundente: “se confirma cun informe técnico do propio concello que a determinadas persoas se lles regalou un posto de traballo público, pasando por riba dos dereitos lexítimos doutros concursantes que aportaban méritos superiores”.

Para o BNG de Cambre, estase diante dun suceso lamentábel, no que se vulneraron dereitos fundamentais das persoas no acceso ao emprego público. A responsabilidade non é técnica, non é dos membros do tribunal exclusivamente, é do concelleiro socialista que nomeou o tribunal e condicionou a súa decisión, Javier Varela Tejedor, que foi xuíz e parte neste proceso e, dun Alcalde, Antonio Varela, que demostra cada día que perdeu os papeis e que non “pinta nada neste des-goberno socialista que sufre o concello de Cambre”.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre, 23 de febreiro de 2008
Moción
Informe solicitado polo pleno
Categoría: Comunicados - Publicado o 24-02-2008 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Irregularidades nas contratacións de persoal do Concello de Cambre
Solicitan a comparecencia do 1º T.de Alcalde, D. Javier Varela Tejedor para que dea explicacións ao Pleno



O BNG de Cambre solicitou, mediante un escrito rexistrado o pasado luns, día 21, a comparecencia no Pleno Ordinario do vindeiro 31 de xaneiro, do 1º Tenente de Alcalde e concelleiro delegado de Réxime interior, o socialista D. Javier Varela Tejedor.

O motivo desta petición é para que conteste a unha serie de preguntas sobre o expediente do concurso para a dotación de prazas de auxiliares administrativos, que se celebrou o pasado mes de agosto.

Examinada a documentación deste expediente, os nacionalistas atoparon innumerábeis irregularidades que, presuntamente, alteraron o resultado final deste concurso.
Valoracións de méritos incumprindo as bases da convocatoria, non ter en conta, pola contra, méritos aportados por algún dos concursantes, adxudicación de puntos por experiencia laboral que non se demostra por ningures, diplomas ou certificados de cursos de dubidosa veracidade...son algúns exemplos da cadea de despropósitos que contén este expediente.
“Se a isto lle sumamos que este concelleiro designou como presidenta do Tribunal a unha funcionaria, subordinada súa no Concello de Culleredo e como secretaria á secretaria da alcaldía de Cambre e, ademais , que dúas das persoas que conseguiron a praza foron persoal de confianza do grupo socialista no goberno anterior e, unha delas candidata socialista nas pasadas eleccións municipais, preséntanos un panorama do que imos esixir explicacións”, afirmou o portavoz nacionalista, Xabier Iglesias.

Segundo informaron desde o grupo nacionalista de Cambre, está na súa web: www.bngcambre.org o texto completo coa solicitude de comparecencia. Ao que se pode acceder directamente a través do enlace: http://www.blogoteca.com/bngcambre/index.php?cod=30726

Gabinete de comunicación do BNG de Cambre,24 de xaneiro de 2008
Solicitude de comparecencia
Categoría: Comunicados - Publicado o 24-01-2008 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
Elaboración da ordenanza das antenas
BNG recorda que o pleno do 26 de xullo aprobou unha moción nacionalista para a elaboración dunha ordenanza de antenas


Catro meses despois continua a alarma social e a impunidade das operadoras co consentimento do goberno local


O GM do BNG de Cambre quixo saír ao paso das “supostas preocupacións” dalgunha forza política de Cambre e da habitual “manobra de despiste” do Goberno local , diante da alarma social en aumento pola instalación ilegal de antenas de telefonía móbil en diversos lugares do concello.

Os nacionalistas salientaron que xa no primeiro Pleno Ordinario da lexislatura, o 26 de xullo, presentaron unha moción que foi aprobada, na que se decidiu a elaboración desta ordenanza e, dábase un prazo de tres meses ao goberno par presentar un borrador á comisión informativa correspondente. Transcorridos xa máis de catro meses a situación sigue igual, antenas funcionando sen permiso, alarma entre os veciños e veciñas que se senten no abandono e, algunhas forzas políticas facendo o “paripé “ en lugar de cumprir coa súa obriga, que non é outra que esixir do goberno local que cumpra o mandato plenario.

Desde o BNG recórdase que é o goberno local o responsábel de controlar a disciplina urbanística e as actividades económicas no territorio municipal e tamén de elaborar as ordenanzas. Que está comprometido a presentar unha proposta para debate que regule as antena de telefonía e, que xa hai máis dun mes que venceu o prazo que lle deu o Pleno do Concello para isto.

En lugar disto os responsábeis municipais miran para outro lado, continúan coas tramitacións de antenas, sen que exista regulación e, non informan a verdade do que acontece coas distintas instalacións funcionando por todo o concello.

Se isto ocorre, manifestou o portavoz nacionalista, é tamén responsabilidade dos grupos municipais na oposición que se desentenden das súas obrigas: “ Non é de recibo que grupos políticos que ostentan a vontade maioritaria do electorado, consintan que este goberno en minoría faga o que lle pete e incumpra sistematicamente todos os acordos ”. Manifestou, así mesmo, que volverán a esixir no vindeiro Pleno do goberno o cumprimento estrito da moción aprobada en xullo e que, así, Cambre poida contar en breve prazo dun ordenanza reguladora das antenas de telefonía.

Recordou, así mesmo, que a creación dunha comisión de representantes veciñais e grupos políticos, foi unha proposta do BNG na última asemblea celebrada no Temple o pasado 30 de novembro.

Gabinete de comunicación do BNG de Cambre,7 de decembro 2007
Categoría: Comunicados - Publicado o 09-12-2007 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Dúas mocións do BNG foron aprobadas por unanimidade no Pleno de Cambre
Cambre creará un fondo de emerxencia para atender a mulleres vítimas de violencia machista


O Pleno traslada o seu recoñecemento e felicitación á Escola e Banda Sementeira polo éxito acadado no 1º Certame Galego


O último Pleno Ordinario de Cambre aprobou sendas mocións nacionalistas por unanimidade. Nunha delas tómase a decisión de crear un fondo de emerxencia para atender as necesidades máis urxentes de mulleres vítimas de violencia machista.

A concelleira nacionalista, Sindi Becerra, que presentou a moción, manifestou a súa satisfacción polo apoio unánime a esta iniciativa e, felicitou a todos os grupos municipais. Considerou que con esta decisión “Cambre ponse á altura das institucións máis activas contra a violencia machista”. “desta maneira desde Cambre damos un paso máis, mellorando os nosos instrumentos de axuda ás mulleres. Temos que ter en conta que, como administración máis próxima, somos case unha institución de primeira instancia, onde primeiro se detectan e reciben ás vítimas e, polo tanto, debemos contar con medios para poder actuar”.

Pola contra, tal como reclamaron os nacionalistas no mesmo Pleno a través dunha pregunta ao goberno local, manifestou a súa contrariedade porque o goberno deixara pasar este 25 de novembro, día internacional contra a violencia machista, sen convocar ningún acto público nin desenvolver algunha campaña de difusión e concienciación contra a violencia machista, tal como se viña facendo anos atrás e, tal como outros concellos do noso contorno si protagonizaron.

Noutra orde de cousas, o Pleno abordou asemade unha outra iniciativa nacionalista pola que se aprobou, tamén por unanimidade, o recoñecemento e felicitación da Corporación á Escola e Banda de Música Sementeira, despois de que, o pasado 23 de novembro, acadara dous primeiros premios no I Certame Galego de Bandas Populares. Xabier Iglesias, portavoz nacionalista e defensor da moción, destacou que “está felicitación inclúe a todo o colectivo da Banda, porque foi o esforzo e o traballo colectivo de todos e todas o que levou a Sementeira a este posto, directivos, mestres, alumnado e familias”. Destacou que, precisamente, o apoio que se deu a Sementeira desde o seu goberno, no anterior mandato, é o que permite que estes días comezara a construción da Escola Municipal de Música, proxecto xestionado e contratado desde a Área de Cultura e Benestar que dirixiu os pasados catro anos.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre,5 de decembro 2007
Categoría: Comunicados - Publicado o 09-12-2007 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal