POR UNHA MAREA GALEGA


Xerais 2008: contigo, Galiza decide !




Grazas polo teu apoio nas eleccións. Sen ti non sería posíbel. Hai no país 209.042 razóns para que Galiza sexa decisiva. [+]

Tamén podedes ver na web nacional as valoracións do resultado das Eleccións Xerais de Anxo Quintana, Portavoz Nacional do BNG, e do Coordenador Executivo, Francisco Jorquera.

Categoría: Xerais 2008 - Publicado o 11-03-2008 19:30
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados xerais 2008 en Cambre

Desde o BNG de Cambre queremos agradecer o voto e apoio dos veciños e veciñas que confiaron no BNG e como dixo Anxo Quintana: “pódolles asegurar que non se van arrepentir. Durante catro anos van ter moitas ocasións para felicitarse pola súa decisión porque comprobarán que a presenza do BNG en Madrid que eles hoxe nos outorgan cos seus votos vai ser positiva para Galiza e poderán ver representada o que foi a súa vontade e os seus desexos”.

1 comentario

Estas eleccións xerais déronlle as costas ás tecnoloxías emerxentes; disque máis de 20.000 árbores se terían salvado de dispoñer dalgún sistema electrónico de voto tal como hai xa no Brasil, en Estonia, na India ou Bélxica, por exemplo.

acta do escrutinio
acta escrutinio
Categoría: Xerais 2008 - Publicado o 10-03-2008 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Quintana:Como vaticinamos, nun resultado sen maiorías absolutas, os votos do BNG serán decisivos
Santiago de Compostela, 9 Marzo 08.- O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, fixo esta noite a valoración dos resultados eleitorais por parte do Bloque Nacionalista Galego que significan “un aumento de votos con respeito a hai catro anos, un aumento porcentual no ámbito de Galiza e no do Estado español”.


"O BNG vai ser decisivo e nós comprometémonos a que cando sexa asi, vai repercutir en beneficio de Galiza"
Valoración de Quintana
Categoría: Xerais 2008 - Publicado o 10-03-2008 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
A precampaña electoral chega a Cambre


“Francisco Jorquera intervirá este xoves nun mitin do BNG”


Mañá xoves, dia 14 de febreiro, os nacionalistas de Cambre arrancan a súa carreira electoral neste municipio.

As 20,30 da tarde, no Centro Sociocultural do Graxal, na rúa Álvaro Cunqueiro, terá lugar o primeiro dos actos que o BNG cambrés organiza cara os comicios do 9 de marzo.

Neste acto, que será presentado polo portavoz municipal do BNG en Cambre, Xabier Iglesias, participarán ademais a candidata ao Senado, Avia González, e o candidato ao Congreso e concelleiro de Rehabilitación Urbana da Coruña, Mario López Rico.

A intervención principal deste acto preelectoral correrá a cargo do cabeza de lista para o Congreso dos deputados polo BNG, Francisco Jorquera, que explicará o labor desenvolvido en Madrid polo deputados nacionalistas e, as propostas para a nova lexislatura. Fará especial mención da importancia de contarmos cunha forte representación galega en Madrid para garantir a adecuada defensa dos intereses do noso territorio e da nosa xente.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre,13 de febreiro de 2008

No Ideal Gallego:
O BNG avoga pola intermodal en San Diego como solución ao tráfico

Francisco Jorquera fixo acto de presenza en Cambre. Xunto a el estivo o portavoz local do BNG, Xabier Igrexas, que instou aos cambreses a votar ao Bloque para que salga adiante o proxecto da estación intermodal de San Diego e solucionar así o problema do transporte na área.

Candidaturas do BNG pola Coruña para o Congreso o Senado


CONGRESO DOS DIPUTAD@S


BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

1. Don Francisco Xesús Jorquera Caselas.
2. Doña Josefina Elvira Cienfuegos López.
3. Don Francisco Da Silva Bello.
4. Doña Maria Dominga Brión Sanmiguel.
5. Don Evencio Ferrero Rodríguez.
6. Doña María Socorro Cea Vázquez.
7. Don Mario Antonio López Rico.
8. Doña Mónica Góñez Silva.

Suplentes

1. Don Pablo Carlos López López.
2. Doña María Dolores Torrado Ares.
3. Don Manuel Castro Alonso.
4. Doña Mercedes Vidal Baamonde.
5. Don José Luís Novo Abraira.

SENADO

1. Don Xosé Bieito González Domínguez.
Suplente: Doña María Encarnación Muiño Fernández.
2. Doña Avia González Veira.
Suplente: Don José Manuel Tomé Fernández.
3. Doña Ana María Vérez Gómez.
Suplente: Don Xosé Ramón Farinós López.

Na provincia da Coruña foron 17 listas para o Congreso do Deputad@s e 23 listas para o Senado.

todas as listas

todas as listas
Categoría: Xerais 2008 - Publicado o 12-02-2008 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
A Executiva Nacional do BNG propón 12 mulleres e 11 homes para as listas ao Congreso dos deputados


Santiago de Compostela, 27 Decembro 07. A Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego ven de aprobar, por unanimidade dos presentes, as propostas de listas completas ao Congreso dos Deputados e ao Senado. Así, de ser aprobada a proposta nas asembleas comarcais e ratificada no Consello Nacional, ocuparían o segundo lugar da lista pola circunscrición da Coruña a edil santiaguesa Elvira Cienfuegos; en Pontevedra, a número dous sería Anxos Riveiro, portavoz do goberno municipal de Pontevedra e responsábel comarcal; por Lugo sería Severino Rodríguez, alcalde de Monforte; e en Ourense ocuparía o segundo lugar da lista a actual vicepresidenta do Parlamento Galego, Tereixa Paz.
O BNG fai unha aposta decidida con esta proposta de lista pola paridade de xénero. Así, o BNG terá 12 mulleres por 11 homes no conxunto das candidaturas ao Congreso. No tocante ao Senado, haberá 6 candidatos e 6 candidatas. (...)

Proposta Xerais 2008 da Executiva Nacional do BNG
Proposta da Executiva
BNG
Categoría: Xerais 2008 - Publicado o 28-12-2007 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal