|
|
|
|
Concurso Eólico e Fotos de Barcos |
|
Concurso Eólico
e Fotos de Barcos
Anxo M. Quintana
|
|
|
|
|
| Os concelleiros e concelleiras nacionalistas de Cambre satisfeitos coa sentenza firme que condena a un militante do PP |
|
Queda demostrado que o único acoso que houbo foi a unha concelleira nacionalista
Cambre, 26 de febreiro de 2011.-
Fontes do grupo de concelleiros nacionalistas de Cambre manifestaron hoxe a súa satisfacción unha vez que o Xulgado de Instrución nº 5 da Coruña fixo ‘firme’ e inapelábel á Sentenza de 15 de xaneiro de 2009 do Xulgado de Cambre que condenaba a un militante do PP de Cambre por inxurias á súa compañeira de corporación e concelleira nacionalista Sindi Becerra. Informaron que ademais da confirmación da Sentenza o Xulgado imponlle as ‘costas’ do xuízo ao condenado.
Para os nacionalistas de Cambre remata así un longo proceso que arranca hai xusto catro anos, cando nos prolegómenos da compaña das eleccións municipais de 2007 levantouse unha ‘terríbel campaña’ de desprestixio e difamación persoal e política contra unha persoa e todo un grupo con fins claramente partidistas e vexatorios.
O actual Primeiro Tenente de Alcalde de Cambre, Xabier Iglesias, trouxo á memoria aqueles feitos que tentaron condicionar os resultados dunhas eleccións e lembrou que foi precisamente nos últimos días de campaña de maio de 2007 e, mesmo, na xornada de reflexión cando se lles deu maior eco nos medios de comunicación.
A concelleira nacionalista sindi Becerra, no centro, dirixíndose á xente durante a celebración do Día da Árbore o pasado ano.
Naquel momento, lembrou, a utilización por parte do PP foi absolutamente miserenta o mesmo que nos días posteriores cando intentaron condicionar a formación do novo goberno aproveitando unhas acusacións falsas. Os nacionalistas cambreses afirmaron que o PP está obrigado a desculparse publicamente e a tomar medidas e censurar ao militante condenado. Dixeron que resultaba patético ver como esta persoa é un dos acompañantes habituais do candidato popular á alcaldía de Cambre, tal e como se puido observar no último Pleno da corporación o pasado xoves, cando xa coñecían a sentenza, en referencia a que foi precisamente un concelleiro Popular, Felipe Andreu, o avogado defensor dese militante.
Confesaron a súa felicidade e satisfacción porque se fixera Xustiza e, sobre todo, porque quedara definitivamente sentada a verdade sobre este caso. ‘Queda demostrado que nin houbo acoso laboral e nin tan sequera denuncia presentada’, afirmaron. No mesmo sentido indicaron que só resta saber a que intereses obedecía esa funcionaria cando se dedicou a propagar a difamación, posto que a utilización política do PP e o silenzos elocuentes e cómplices doutros quedaron en evidencia.
Estudarán accións legais contra os que orixinaron e propagaron estas difamacións
|
Iglesias comentou tamén que este asunto foi utilizado na ‘guerra sucia’ interna que lles fixeron sectores da organización onde militaban, os mesmos que agora teñen o control do BNG e que chegaron a recorrer a este asunto con escritos e debates internos con total deslealdade e mala fe. Afirmaron que agardaban esta sentenza condenatoria e esclarecedora e que agora, restituída a verdade e posto cada un no seu sitio, estudarán a posibilidade de exercer accións legais contra as persoas que deron orixe ás inxurias que hoxe se demostran falsas. |
|
|
|
|
|
|
 
A viñeta do día. Por M.B.Rei-------------------___________________--------------------______________________Éche o que hai. Por López
www.galicia-hoxe.com/ -------------------___________________------------------------- ______________________ www.gznacion.com/
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| O Consorcio das Mariñas elixe unha comisión que redactara a proposta de novos estatutos |
|
SERVIRÁN PARA A NEGOCIACIÓN CO CONCELLO DA CORUÑA CARA A SÚA ENTRADA NA INSTITUCIÓN COMARCAL
Cambre, 8 de outubro de 2009.-
O pasado martes, día 6, o Pleno do Consorcio das Mariñas, deu un paso máis cara a integración do Concello da Coruña no ente supra-comarcal. Por acordo unánime entre os representantes dos 9 municipios elixiuse unha comisión de traballo que coordinará o Alcalde de Abegondo, o non adscrito Santiso Miramontes, e completan o nacionalista e Alcalde sadense, Abel López Soto e a popular e alcaldesa de Betanzos, María Faraldo.
Ademais, o Pleno, aprobou solicitar a colaboración dos servizos xurídicos da Deputación para elaborar a proposta. Lembrouse, neste punto, que a colaboración no asesoramento xurídico da institución provincial fora destacada na xénese do Consorcio no ano 2000.
Os alcaldes e representantes municipais presentes destacaron o cambio no discurso político coruñés, avaliándoo como positivo. Aínda así coincidiron na prudencia á hora de agardar polos resultados do proceso.
Xabier Iglesias, portavoz nacionalista en Cambre e que participou na xuntanza representando ao concello de Cambre na súa calidade de 1º Tenente de Alcalde, manifestou a súa coincidencia coas conclusións da reunión. Engadiu a súa satisfacción polo acordo e polas conclusións do encontro dos alcaldes da pasada semana que propiciaron esta decisión. Lembrou que no nacemento do Consorcio, o BNG expresara a súa convicción de que o novo organismo estaría incompleto sen A Coruña. Lamentou que pasaran tantos anos dándose as costas comarca e capital pero manifestou que non era momento de mirar atrás, que agora se trataba de mirar ao futuro e de poñerse a traballar para recuperar o tempo perdido. "Agardo que non quede todo en declaracións de boas intencións que supoñería unha frustración máis para cidadanía que xa comeza a estar farta de que desde as alcaldías non se teña conseguido encamiñar case nada en canto aos problemas que todos sufrimos a diario", comentou.
Sobre as competencias que debería abordar o Consorcio coa entrada da Coruña, Iglesias precisou que son varios os temas urxentes, desde o transporte e a mobilidade á xestión de todo o ciclo da auga. Tamén indicou que non se podían esquecer o Turismo, no que está en marcha un plano de actuación conxunta, ou as políticas sociais, nas que tamén existe unha colaboración estábel entre os nove concellos actuais. Aínda así, explicou, é necesaria a coordinación dos planeamentos urbanísticos, a definición das grandes bolsas de solo que se dedicarán a usos residenciais, industriais e de servizos, incluíndo os corredores de transporte e as áreas de protección medioambiental e paisaxística. "O futuro demándanos o acordo, non hai tempo que perder en debates teóricos sobre os límites da área metropolitana", dixo en referencia á discusión sobre modelos que ten transcendido nos últimos tempos, "pódese discutir se hai que chegar a máis concellos, pero desde logo non creo que ninguén poida cuestionar que os que formamos parte do Consorcio a día de hoxe e o concello coruñés, temos que ser o cerne da futura área metropolitana", concluíu.
|
|
|
|
|
|
| O Concello completa o pintado da sinalización horizontal nos cruces das parroquias de Pravio e Cela |
|
Cambre, 22 de setembro de 20009.-
O Concello de Cambre executou entre o día de onte e o de hoxe o pintado dos sinais horizontais nas interseccións da rede viaria das parroquia de Pravio e Cela que así o requirían segundo a Policía Local. A brigada municipal completou deste xeito o acondicionamento dos cruces situados nestas parroquias, como informa o concelleiro responsable de Medio Ambiente, Obras e Servizos, Xabier Iglesias. A instalación da sinalización vertical xa se acometeu no pasado mes de xuño.
No verán, os operarios tiveron que interromper os seus traballos debido á necesidade de emprender distintas melloras e reparacións nos centros de ensino do municipio, ante o comezo do curso escolar. Á súa vez foi necesario agardar a unhas condicións meteorolóxicas adecuadas, polo que se pospuxeron os traballos ata esta semana.
En total, foron 12 as interseccións que, en función de informe elaborado pola Policía Local, necesitaban de sinalización horizontal para avisar de forma correcta aos usuarios da vía. O resto, ou ben xa dispuñan dunha sinalización óptima ou ben só requirían da instalación de sinais de tipo vertical.
Agora, tan só resta por pintar algún cruzamento que se atopa en obras, polo que até que finalicen non resultará posible efectuar o pintado. É o caso, apunta o primeiro tenente de alcalde, de zonas onde levan a cabo traballos de canalización de abastecemento de auga e saneamento que obrigaron a abrir gabias na calzada.
Coa actuación, mellorarase sensiblemente a seguridade viaria tanto para os condutores como para os peóns.
|
|
|
|
|
|
| Quintana logra a desblocaxe das transferencias e que o Estado liquide o segundo prazo da débeda social |
|
 Quintana fai valer o modelo da 'cooperación esixente e intelixente' e logra 'un bon acordo político' entre Galiza e o Estado [...] |
|
|
|
|
|
|
| |
|
| | | | | | |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|