POR UNHA MAREA GALEGA


O Concello de Cambre solicita de novo por escrito unha entrevista co presidente de Augas de Galicia para reclamar que asuma “xa” o mantemento do paseo do río Mero
A senda, usada a diario por decenas de persoas, permanece rodeada de maleza e con numerosos desperfectos sen que a Xunta, titular do espazo, faga nada

O Concello de Cambre solicitou por escrito unha entrevista co presidente de Augas de Galicia para abordar a situación do paseo do río Mero, competencia da Xunta pero que a pesar das reiteradas reclamacións do goberno local segue sen asumir.

O Concello mostrará ao responsable de Augas de Galicia o estado actual que presenta un dos espazos verdes e naturais con maior afluencia de veciños de Cambre e da comarca calquera día da semana. Especialmente nótase a ambos os dous lados da senda, invadida en moitos tramos pola maleza e a herba alta.

Desde que a Xunta entregou a obra nunca volveu investir no río, a pesar de que no momento da devandita entrega fixouse que o organismo Augas de Galicia asumiría o mantemento. En 2008 e 2009, ante a falta de roza da senda, foi o Concello de Cambre quen decidiu gastar fondos propios e efectuou os traballos. En 2010, o Concello instou reiteradamente á Xunta a que o acometese, sen éxito, o que leva ao equipo de goberno a pedir a reunión.






O alcalde, Antonio Varela, entende que Augas de Galicia debe proceder "xa" a acometer o acondicionamento. Varela móstrase convencido de que os centos de usuarios do espazo "merecen" un coidado adecuado da zona e que a Xunta non permita o seu abandono. "Temos un espazo privilexiado para o descanso, o paseo e a práctica deportiva e non se pode consentir o seu deterioro", asegura.

Pero non só a falta de desbroce centrará o encontro que pide o Concello con Augas de Galicia. O nacionalista Xabier Iglesias, primeiro tenente de alcalde e responsable de Medio Ambiente, xa remitiu un dossier completo a Augas de Galicia coas deficiencias que presenta o paseo co obxectivo de que as emenden "de forma inmediata". O edil explica que as peticións do Concello céntranse tanto na limpeza da maleza como na reparación de elementos instalados, como carteis, sinais, ou varandas como a colocada na contorna da Marisqueira, que non presentan o estado axeitado polo paso do tempo.

Categoría: Río Mero - Publicado o 07-01-2011 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre recibe un investimento estatal para eliminar as inundacións do núcleo do Caneiro


id
O proxecto contempla a construción dunha rede de recollida de pluviais que canalice a auga da choiva cara ao río Mero

Cambre, 10 de outubro de 2009.-

O pequeno núcleo do Caneiro librarase das inundacións producidas en épocas de fortes choivas. O Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño acaba de confirmar ao Concello de Cambre que nas próximos datas adxudicarase a obra de construción do sistema de recollida de pluviais que erradicará as inundacións.

O proxecto inclúe a instalación dunha rede para recoller a auga da choiva a un pozo de bombeo que a derive cara á o río Mero, que discorre xunto ás vivendas do Caneiro. “Desta forma evitarase que auga quede acumulada nos terreos e rúas do núcleo”, explica o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Obras e Servizos, Xabier Iglesias.

O problema do lugar, sinala o edil, consistía en que se atopa nun val a nivel do Mero. Fai anos, a Confederación Hidrográfica levantou as motas para impedir que as crecidas do caudal puidesen afectar ás casas. A partir dese momento, o problema aparecía coas fortes precipitacións. “A choiva recollida no Caneiro non podía chegar ao río”, apunta Iglesias.

Iglesias mostrou a súa satisfacción por que se acometa esta intervención que, lembrou, xa fora acordada hai tempo en negociacións entre o goberno local e a confederación. No seu momento, dixo, dixemos que o máis adecuado era que a intervención da Confederación se dirixira á expropiación da zona habitada máis próxima ao río. Explicou que o proceso de urbanización nesta zona foi totalmente irracional por canto se ocuparon terreos para uso residencial nunha zona inundábel do río. Pero, aclarou, unha vez que se opta pola permanencia das vivendas débense acometer todas as intervencións necesarias para protexer ás persoas e aos bens.

Fontes e sinalización

Por outro lado Iglesias explicou que unha parte das intervencións que realizará a Confederación con este proxecto apunto de adxudicar, consistirán en amañar a Fonte da Telleira, perto de Meixigo, e completar a rede de sinalización en todos os tramos dos sendeiros fluviais.




Categoría: Río Mero - Publicado o 13-10-2009 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG denuncia ilegalidades no paseo fluvial
O BNG puxo en coñecemento Augas de Galicia, consellaría de Medio Ambiente,
Confederación Hidrográfica del Norte, Ministerio de Medio Ambiente,Servicio de protección de la Naturaleza, Guardia Civil e Concello de Cambre a través dun escrito de denuncia obras ilegais no paseo fluial.

Ver escrito denuncia e resposta da Confederación Hidrográfica do Norte

Escrito denuncia
Categoría: Río Mero - Publicado o 25-04-2008 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Ocupación do espazo público no Caneiro
Nas fotos que podedes consultar desde aquí amosan a ocupación do espazo público por parte dalgúns "privilexiados", mentres outros saben respetar espazo que deixou a obra. Non sabemos se por consentemento,pero si seguro por deixadez ,dos dirixentes locais.
ver fotos.

ver fotos
Categoría: Río Mero - Publicado o 01-04-2008 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
O remate dos traballos no Mero deixa atrás perigos para a xente
O GM do BNG insta á súa eliminación inmediata



O remate das obras no Río Mero deixou atrás zonas mal executadas ou inacabadas. Algunhas delas con perigos para as persoas.

Grupos de rapaces, que volven a disfrutar os espazos de lecer do río, informaron ao noso Grupo Municipal de elementos perigosos nalgún dos lugares. Froito desa denuncia, os concelleiros do BNG, Laura Fernández e Xabier Iglesias, cursaron onte, domingo 15, unha visita de comprobación á zona do antigo merendeiro de Cecebre.

No que era un dos lugares de baño máis frecuentado e que agora volve a ser usado por xóvenes, pódese observar como os traballos de demolición do merendeiro deixaron ao descuberto boa cantidade de ferros que, de baixa altura e case invisíbeis, son unha auténtica ameaza para os paseantes. Sobre todo se pensamos en rapaces e rapazas que frecuentan a zona como lugar de xogo.

Os ferros son restos do peche perimetral do merendeiro que, ancorados nos cimentos do muro, poden causar accidentes graves.

Os concelleiros do BNG anunciaron que continuarán coa súas comprobacións destas obras e, neste caso, que transmitirán urxentemente este aviso para que se tomén as medidas adecuadas.

Preguntará no vindeiro Pleno municipal sobre cal foi o traballo de control que desde os Servizos Municipais se fixo da marcha e remate das obras e, para que translade á Confederación Hidrográfica estas denuncias e se resolvan de inmediato as deficiencias. Instará ao Goberno Local para que, cos seus medios, sinalice o perigo e se eviten accidentes que haxa que lamentar.

Cambre, 16 de xullo de 2007
Comentario (2) - Categoría: Río Mero - Publicado o 18-07-2007 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Un volta polo paseo do Río Mero
A Confederación Hidrográfica do Norte dou por rematado o seu traballo na súa actuación sobre o rí­o Mero, pero deixa un paseo con algunhas eivas que deben correxir. Para que o vexas por ti, mellor é descargar o arquivo que nos pasou un veciño de Cambre, o seu traballo merece a pena velo.

Descarga arquivo [...]
Comentario (0) - Categoría: Río Mero - Publicado o 07-07-2007 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal