POR UNHA MAREA GALEGA


Comeza o segundo curso nas Galescolas con 50 centros máis que o ano pasado

[05/09/08] O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, presidiu esta mañá a apertura do curso escolar para nenos e nenas de 0 a 3 anos na nova Galescola de San Roque, en Santiago de Compostela. Acompañado polo rexedor da cidade, Quintana destacou o incremento do 65% nas prazas públicas en escolas infantís nestes tres anos de lexislatura e ratificou o compromiso de contar con 85 galescolas en 2008.

[ler máis]
Categoría: GALESCOLA - Publicado o 05-09-2008 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
A secretaria xeral da Igualdade visita a Galescola de Cambre, a primeira da comarca de A Coruña

[12/11/07] A secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, sinalou hoxe que a Galescola de Cambre é unha boa mostra do maior reto educativo da década emprendido polo Goberno galego para estender a educación infantil de 0 a 3 anos a todo o país. Durante unha visita ao novo centro, que abriu as súas portas o pasado 5 de novembro, Adán asegurou que as galescolas son a "expresión do compromiso estratéxico da Vicepresidencia para garantir, en condicións de igualdade de oportunidades, o acceso a unha educación infantil de calidade".


A nova escola infantil de Cambre, a primeira de titularidade pública que se abre neste concello e a primeira galescola da comarca, conta con seis unidades e ten capacidade para 82 prazas para nenas e nenos de 0 a 3 anos. A Vicepresidencia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, investiu un total de 438.879 euros para a construción e equipamento do edificio.

Segundo dixo na súa intervención a secretaria xeral da Igualdade, o centro supón un importante paso para incrementar a feble oferta de prazas públicas na educación 0-3 existente na comarca e no concello. Coa posta en marcha da galescola, as prazas públicas no municipio pasan dunha taxa de cobertura do 0 ao 11,24%, e se se ten en conta tanto as prazas públicas como as sostidas con fondos públicos, pásase dun índice de cobertura do 6,5 ao 17,83%.

Un total de dezaseis profesionais de diferente perfil conforman o equipo da galescola: 4 mestras, 10 educadoras e 2 persoas para servizos xerais. O centro abre as súas portas de 7.30 a 21.30 horas, para garantir a máxima flexibilidade aos usuarios e facilitar a conciliación.

O novo centro de Cambre forma parte da Rede Galescola que a Vicepresidencia e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar están a impulsar por todo o país e que contará, ao final da lexislatura, con 121 escolas infantís.

Rede Galescola

A secretaria xeral da Igualdade explicou, na súa visita á galescola de Cambre, que a Rede de Galescola supón "a transformación educativa de maior calado emprendida pola Xunta de Galicia", marcándose dous obxectivos básicos: a ampliación das taxas de cobertura, solucionando o déficit de prazas públicas herdado, e a superación dos déficit na súa distribución territorial. Dentro da mellora das coberturas de prazas públicas, Carme Adán lembrou que entre 2006 e 2007 se crearon 47 novas escolas infantís e máis de 1.800 prazas, que en 2008 se porán en marcha 2.300 prazas máis, e en 2009 outras 1.800 novas prazas.

A secretaria xeral indicou que esta Rede Galega de Escolas Infantís supón a ampliación dun sistema educativo público e de calidade, un compromiso que se apoia cun esforzo investidor continuado por parte da Xunta de Galicia. Recordou que así, en 2008, destínanse máis de 17 millóns de euros ao desenvolvemento da Rede Galescola, un incremento superior ao 36% respecto a 2007.

Calidade

Carme Adán explicou que as galescolas "son sobre todo boas escolas". Trátase, segundo dixo, de centros que apostan pola calidade, pola mellora da oferta educativa e pedagóxica, vertebrándose arredor de dous elementos fundamentais: a redución do número de alumnas e alumnos por educador, a través da parella educativa, e a formación continua. Ademais, destacou a importancia de que se trata dun proxecto para todo o país "con escolas que traballan por primeira vez en rede con criterios e obxectivos compartidos". Son, por tanto, un servizo público e un proxecto de calidade, que supera o concepto de garda e custodia dos nenos e potencia a educación, en galego, na tolerancia, no respecto, na identidade e no compromiso co país.

Igualdade


Á parte de ser un servizo educativo, Adán afirmou que a nova galescola de Cambre é tamén un instrumento a favor das políticas de igualdade e conciliación. Asegurou que as galescola son un "piar esencial da nosa política de apoio ás familias, un servizo de proximidade para que todos os membros da familia teñan mellores condicións para conciliar a vida persoal, familiar e laboral".

Ver fotos (+)
Fotos da galescola de Cambre
Categoría: GALESCOLA - Publicado o 12-11-2007 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
Anxo Quintana sinala a posta en marcha da Rede Galescola como
[07/09/07] O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e a secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, abriron esta mañá en Vilaboa o curso 2007-2008 da Rede Galega de Escolas Infantís, postas en marcha pola Vicepresidencia da Xunta e xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Con esta nova rede arredor de 3.000 nenos e nenas galegos comezan a encher de vida un proxecto que bota a andar con 48 centros en todo o país. As 23 novas galescolas que abren por primeira vez as súas portas neste trimestre supoñen a creación de 1.000 novas prazas na educación infantil pública de 0 a 3 anos, uns centros aos que hai que engadir as 25 escolas infantís que xa xestionaba a Vicepresidencia e que dan cabida a 2.079 cativos.(+)
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
galescolas.net
Comentario (0) - Categoría: GALESCOLA - Publicado o 07-09-2007 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
A resposta da Concelleira socialista é un cúmulo de falsedades por desinformación ou mala fé
O único certo é que asume que foi ela quen decidíu que os cidadáns non podan facer trámites polas tardes.

30 de agosto 07.- O Portavoz nacionalista en Cambre, Xabier Iglesias, manifestou a súa sorpresa pola resposta da responsable socialista de Servizos Sociais. “De todas as afirmacións feitas a única certa e a única que lles interesa aos usuarios é a súa confirmación de que, efectivamente, ela deu as ordes de que non se atendera polas tardes ás familias usuarias da Galescola. “Seguro que nais e pais que traballan polas mañás estarán encantados coa medida, desde logo algúns xa nos manifestaron a súa contrariedade”. Iglesias recomendóulle que se informe primeiro antes de falar e que acompañé, se é posíbel, as súas actuacións dun algo de sensibilidade. Pregúntase como casa está decisión cos plans que o pasado goberno tiña de establecer horarios de tarde algun día da semana para facilitar as tramitacións administrativas. Era o Servizo de Atención Cidadá (SAC) previsto para comezar no último periodo deste ano. “Se cadra o novo goberno socialista decide abandonar esta proposta porqué, como dice a concelleira: hai tiempo más que suficiente en horario de mañana”. É o colmo, manifestou, que se afirme que antes non se facían actividades pola tarde cando, precisamente a maioría eran nese horario.

Recomendóulle, ademais, que documente as suas opinións antes de facelas públicas. Referíase, o portavoz do BNG, a que non é a Xunta, como afirma a concelleira, quen tramita as inscripcións. É o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e o concello de Cambre forma parte do Consorcio. ´”Quizais a concelleira ten pensado abandonar esta Institución e tirar pola borda o esforzo de dos últimos anos”.

Diante da acusación de irresponsabilidade feitas pola concelleira Iglesias recomendóulle novamente que se informe. Que averigüe primeiro cantas escolas infantis públicas había en Cambre en 2003 e de quen foi, precisamente a responsabilidade da existencia da Galescola. É certo, dixo, que a obra tivo un grande retraso, pero animóuna a comprobar todo o expediente da obra para comprobar onde están as incidencias. “Non foron precisamente responsabilidade da área de cultura e Benestar que dirixín, seguro que os seus compañeiros de goberno e de partido podenna ilustrar sobre isto”.

Respeito da acusación de que non se fixo nada pola terceira idade, sinala, só se pode manter esta afirmación desde a mala fé ou desde a ignorancia. Recordoulle que desde o ano 2005 levanse facendo miles de horas en actividades sociais ocupadas fundamentalmente polo colectivo dos maiores, que se colaborou na creación dun centro de día e dunha mini residencia, ambos privados, e que se rematou a lexislatura cun acordo coa Vicepresidencia da Xunta para construir o primeiro centro de día público. “Calquera vé que queda moito por facer pero o camiño está marcado e agora está este asunto baixo a súa responsabilidade, terá que demostrar que sabe e que quere seguir esa liña de melloras no benestar”. O responsábel nacionalista comentou, tamén, que agarda que non se confunda á hora de actuar: “as políticas para a terceira edade non son só festas e fastos, iso está ben pero non abonda. Agardo que teña forza para negociar no seu grupo partidas económicas suficientes para investimentos en Benestar e que teña a capacidade de traballo e de relación institucional dialogante para traer investimentos a Cambre”

Artigo relacionado (resposta da Concelleira socialista):
O goberno local culpa ao BNG do atraso na apertura da galescola
Comentario (0) - Categoría: GALESCOLA - Publicado o 01-09-2007 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
O goberno actual de Cambre é capaz de convertir as solucións en problemas
Procedimentos de xestión que promoven a conciliación laboral e familiar son impedidos polos gobernantes cambreses

Cambre, 28 de agosto de 2007. A punto de comenzar o proceso de matriculación dos usuarios da Galescola de Cambre, os actuais gobernantes impiden que o persoal administrativo contratado polo Consorcio poida desenvolver as súas tarefas administrativas polas tardes, co conseguinte perxuizo para moitas familias.

Así llo manifestaron ao BNG familias con nenos e nenas pre-inscritas, que se encontraron con que os trámites que inicialmente se podían facer de mañá ou de tarde, por decisión unilateral e non xustificada da Área de Servizos Sociais Municipal, quedaron restrinxidos ao horario matutino.

O Portavoz municipal do BNG, Xabier Iglesias, manifestou que “é do máis sorprendente comprobar como uns responsabeis políticos son capaces de convertir solucións en problemas”, referíndose a que unha medida estelar nas políticas de igualdade e conciliación laboral e familiar como é a creación da Galescola de Cambre, acabaselle poñendo todo tipo de atrancos, precisamente en tramitacións que deberían ser exemplares de boas prácticas nese campo.

Sorprende máis ainda, comentou, cando ao inicio do proceso de solicitudes, o administrativo habilitado polo Consorcio de Igualdade e Benestar, desenvolvia o seu traballo durante toda a xornada, o que estaba sendo moi ben acollido por moitas familias que, precisamente por iso, por traballar polas mañás, agradecían poder tramitar os documentos ás tardes.

Desde hai uns días a concelleira responsábel de Servizos Sociais prohibiu o uso das instalacións municipais polas tardes causando un perxuizo a moitas familias e sen dar nengún tipo de explicacións. Precisamente cando está a punto de abrirse o prazo de matriculación.

Iglesias recordou que a Galescola é o fruto do traballo do BNG no goberno anterior e, dixo, que o que lles moveu foi precisamente facer políticas para o beneficio da xente, politicas de igualdade e conciliación inexistentes en Cambre até ese momento. Recordóulles aos actuais gobernantes a súa responsabilidade en que esas políticas iniciadas non se trunquen e que a organización da administración ten que facerse en funcións dos intereses dos veciños e veciñas e non no dos caprichos de gobernantes. “Os gobernantes están para dar solucións e eliminar problemas, non para crealos”.
Comentario (0) - Categoría: GALESCOLA - Publicado o 28-08-2007 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Selección de persoal laboral para a Galescola de Cambre


Estado do trámite [...]


Calificacións das probas de oposición [...]



Convocatoria de Cambre


Selección de persoal


Cambre, 27 de abril de 2007

Solicitudes presentadas á selección de persoal da Galescola de Cambre:

- 96 Mestres/as
- 65 Educadores/as
- 65 Servizos Xerais


Cambre, 9 de abril de 2007

O DOGA de hoxe convoca o proceso de selección mediante concurso oposición de persoal laboral temporal para a Galescola de Cambre:

- Mestres/as 3
- Educadores/as 9
- Servizos Xerais 2

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES: Do 12 ao 23 de abril

Información no 981 554 978

BASES XERAIS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL
TEMPORAL DA GALESCOLA DE CAMBRE


CONVOCATORIA D.O.G. 9 de abril de 2007

BASES XERAIS CONVOCATORIA

Selección de persoal
GALESCOLAS
Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
Selección de persoal
Comentario (6) - Categoría: GALESCOLA - Publicado o 09-04-2007 15:39
# Ligazón permanente a este artigo
Quintana visita as tres primeiras «galescolas»
17 de marzo 07.

O vicepresidente da Xunta asegura que constitúen o «buque insignia» do departamento que dirixe

Quintana define as galescolas como "o buque insignia da revolución tranquila do benestar"
O vicepresidente da Xunta visitou os tres primeiros centros deste tipo creados no país.

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, realizou unha visita ás Galescolas de Boiro, Rianxo e Portas, as tres primeiras escolas que forman parte da rede que está a por en marcha a Vicepresidencia.

Trátase dunha visita, dixo Quintana, coa que se materializa, sobre o terreo, o compromiso que asumiu a Vicepresidencia de por en marcha unha auténtica rede galega de escolas infantís que favoreza a igualdade e o benestar dos galegos e galegas.

Quintana: "Hoxe fretamos o buque insignia da Vicepresidencia, as Galescolas, que navegan a velocidade de cruceiro seguindo o norte da calidade, a identidade e o compromiso de país"
Categoría: GALESCOLA - Publicado o 17-03-2007 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre dentro da Rede Galega de Escolas Infantís
Co novo ano bota a andar a Rede Galega de Escolas Infantís

BASES XERAIS CONVOCATORIA PRAZAS PERSOAL LABORAL TEMPORAL


O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar estrea no 2007 a Rede Galega de Escolas Infantís, un dos seus proxectos fundamentais para o primeiro ano de traballo da entidade. A rede de galescolas bota a andar con seis centros na provincia da Coruña, dous en Lugo, sete en Pontevedra e catro en Ourense, polo que nun período breve de tempo se iniciará o proceso de selección de persoal e se abrirá a matrícula para os nenos e nenas.

Nunha primeira fase está previsto que se abran un total de 16 galescolas e se deixen 7 para abrir durante o segundo trimestre do ano. O número de prazas que se ofertan superan as 600 e créanse máis dun cento de postos de traballo.

Boiro, Cambre, Ortigueira, Rianxo e Fene son as localidades coruñesas que van contar con galescolas neste primeiro trimestre, igual que Pantón e Taboada en Lugo; Cerdedo, Vilaboa, Covelo, Crecente e Oia en Pontevedra; e Entrimo, Vilariño de Conso e A Rúa, na provincia de Ourense. No segundo trimestre é a quenda das galescolas de Poio, Vila de Cruces, Vigo e Moraña (Pontevedra); Toén e Vilamarín (Ourense); e Ponteceso.

Un total de 23 centros que ofertan, no seu conxunto, máis de 600 prazas e dan lugar a máis dun cento de postos de traballo e que botan a andar en dúas quendas. Unha primeira durante o primeiro trimestre do ano e unha segunda que abrangue o segundo trimestre.

Escolas de apertura no primeiro trimestre

* Boiro: Seis unidades, 94 prazas, comedor e cociña.
* Cambre: Seis unidades, 82 prazas, comedor e cociña.
* Ortigueira: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
* Rianxo: Cinco unidades, 74 prazas, comedor e cociña.
* Fene: Catro unidades, 61 prazas, comedor e cociña.
* Portas: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
* Pantón: Unitaria (dúas aulas), 20 prazas.
* Cerdedo: PAI en funcionamento.
* Vilaboa: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
* Covelo: Unitaria (dúas aulas), 40 prazas.
* Crecente: Unitaria, 20 prazas.
* Oia: Unitaria (dúas aulas), 40 prazas.
* Taboada: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
* Entrimo: Unitaria, 20 prazas.
* Vilariño de Conso: Unitaria, 20 prazas.
* A Rúa: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.


Escolas de apertura no segundo trimestre do ano

* Poio: Seis unidades, 74 prazas, comedor e cociña.
* Vigo
* Toén: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
* Ponteceso
* Moraña: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña. Convenio de equipamentos
* Vilamarín: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
* Vila de Cruces

Que son?

As Galescolas son os centros educativos da Rede Galega de Escolas Infantis de 0 a 3 anos xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Trátase dun servizo público de atención á infancia con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, educativo asistencial, que busca adaptarse ao concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral e persoal da cidadanía galega ao tempo que facilita a súa inserción no mercado laboral.

As galescolas son un proxecto que potencia a educación en galego e na tolerancia e no respecto, superador do concepto de garda e custodia, consciente da necesidade de transmitir valores e habilidades sociais que tradicionalmente se inculcaban no ámbito familiar, onde case sempre as mulleres eran as encargadas da tarefa.

********************************************************************

'En defensa do mandilón', un artigo de Manuel Bragado

Este artigo viu a luz por vez primeira en Xornal.com



Galescolas
Área Igualdade
Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
Categoría: GALESCOLA - Publicado o 26-01-2007 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal