POR UNHA MAREA GALEGA


Categoría: Xuventude - Publicado o 03-05-2011 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: Xuventude - Publicado o 14-04-2011 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Sementeira para Peques


Banda de Música
Sementeira

dirixida por:

Fco. Javier Vidal Súarez

9 de abril de 2011 ás 20:30 h
Local de cine e teatro
“La Juventud de Cecebre"


Categoría: Xuventude - Publicado o 05-04-2011 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
Dende a Casa da Xuvetude seguimos traballando coa mocidade




INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Dende o martes 8 ó xoves 10 ás 14.00 horas.

-OMIX Tel:981 613 170
omix@cambre.org
infoxuvenil@cambre.org

-PMIX- Casa da Xuventude-Palmeiras
Tel: 981 650 269
pixtemple@cambre.org


DATA DA ACTIVIDADE:
Venres 11 de febreiro de 18.00 a 20.00 horas.

No caso de que se presenten modificacións nos poñeremos en contacto cos inscritos.

DESTINATARIOS:
Preferentemente moz@s de 12 a 30 anos.





Nº PLAZAS:
O número máximo de prazas é 15 e un mínimo de 6 para realizar o obradoiro.

Se non se cumple o número mínimo de participantes o obradoiro será cancelado.

No caso de que se anoten maís de 15 participantes realizarase un sorteo o xoves 10 ás 14.00 horas.

Contactar o xoves a partir das 18.00 para confirmar plaza.
Categoría: Xuventude - Publicado o 09-02-2011 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Aberto o prazo de inscrición para a viaxe aos Pirineos que organiza a Concellaría de Xuventude

Cambre, 31 de enero de 2011
A Concellaría de Xuventude de Cambre, que dirixe a nacionalista Laura Fernández, abriu o prazo de inscrición para a viaxe á neve que realizará aos Pirineos desde o 20 ao 25 de febreiro próximos. O Concello oferta 50 prazas para mozos e mozas de entre 14 e 30 anos, que gozarán na súa estancia de clases de esquí ou snowboard.

O período para apuntarse á actividade concluirá o vindeiro venres, 4 de febreiro, ás 2 da tarde. O programa da viaxe é o seguinte: o domingo 20 terá lugar a viaxe e a instalación nos Pirineos; do luns 21 ao venres 25, os participantes acudirán a dúas horas de clase diarias de esquí ou snow e de tempos de esquí libre; o venres 25 será o regreso.

O prezo, para persoas empadroadas, será de 257,54 euros. Os parados e membros do voluntariado de Cambre pagarán 180,28 euros, mentres que os que dispoñan do carné novo ou formen parte de asociacións xuvenís do municipio terán que abonar a cota reducida de 128,77 euros.



A inscrición inclúe o aloxamento en hotel, o desprazamento en avión, os traslados de hotel a pista, a manutención, as clases, o aluguer de material de esquí, o forfait para 5 días, o seguro de accidentes e os monitores.

En caso de rexistrarse máis solicitudes que prazas celebrarase un sorteo no que terán preferencia os empadroados que non acudisen noutras ocasións.

Máis información
Folla de inscrición
Categoría: Xuventude - Publicado o 02-02-2011 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre dispón por primeira vez dunha Casa da Xuventude, trátase do remodelado edificio das Palmeiras no Temple
Neste marco presentouse a programación xuvenil municipal de 2011

Cambre, 29 de enero de 2011
A concelleira de Xuventude, a nacionalista Laura Fernández, presentou o novo carné da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) que se porá en marcha tras a súa aprobación no pleno ordinario celebrado o pasado xoves. O carné irá destinado aos mozos cambreses de entre 7 e 30 anos e servirá para obter importantes descontos nas actividades que organiza tanto a Concellaría de Xuventude como outras áreas do Concello, así como para facilitar o proceso de inscrición nas mesmas.

Sobre as actividades en si, Fernandez comentou a aposta por continuar, tanto as que levan realizando desde hai anos como as de nova creación en 2010, dado o éxito e boa acollida que tiveron. Como puntos a destacar, que se engade un taller de emancipación que versará sobre mecánica a petición dos usuarios e que o programa "Vente de marcha" realizarase este ano en bosques clásicos galegos, para conmemorar o Ano Internacional dos Bosques.





Pola súa banda, o primeiro tenente de alcalde, Xabier Iglesias, explicou a reforma efectuada na Casa das Palmeiras, que agora acaba de converterse na nova Casa da Xuventude. O concelleiro nacionalista destacou a gran acollida que tivo a nova dependencia (800 usuarios desde que se abriu en novembro) e que agora serve como punto de reunión dos rapaces, que ademais das actividades programadas pasan o tempo xugando ao ping-pong, futbolín, videoxogos ou simplemente charlando. A obra de reforma, de 94.000 euros, consistiu no acondicionamento do inmoble e a eliminación de barreiras coa instalación dunha plataforma elevadora, servizos adaptados e a eliminación de puntos complicados no exterior. "Estamos a dar uso a un edificio que practicamente non o tiña", apuntou.

Iglesias asegurou que coa posta en marcha da Casa dá Xuventude deuse un gran paso na conseción dun dos obxectivos de goberno, referidos á promoción de xuventude, definidos polo Bloque Nacionalista Goberno na súa entrada no equipo de goberno en xullo de 2009.

Categoría: Xuventude - Publicado o 29-01-2011 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre consolida a emblemática Casa das Palmeiras como centro xuvenil do Concello
O primeiro programa municipal que acolleu a dependencia durante as festas superou os 200 participantes

Cambre, 13 xaneiro 2011.
A emblemática Casa das Palmeiras consolídase como a Casa da Xuventude do Concello de Cambre. Tras a reforma acometida no inmoble situado no Temple durante os últimos meses, o goberno local logrou unha asistencia masiva dos mozos cambreses no primeiro programa xuvenil que acollía oficialmente a nova Casa da Xuventude.

Tratouse da iniciativa “Kedadas nas Palmeiras”, coa que a Concellaría de Xuventude promoveu unha forma de lecer saudable durante as pasadas festas aos maiores de 12 anos mediante a celebración de diferentes obradoiros e xogos. A cifra de participantes alcanzou os 229, o que supón unha media de 28 en cada unha das xornadas que incluíu a programación municipal.

Os participantes conviviron e compartiron o espazo e as diferentes actividades propostas, nalgúns casos por eles mesmos e noutros planificadas desde o departamento de Xuventude que dirixe a nacionalista Laura Fernández. Así, puideron gozar de competicións de ping pong, xogos de mesa ou videoxogos, tanto de Wii como de Playstation, así como de proxeccións de películas e da realización de diferentes talleres.






A concelleira mostrouse “moi satisfeita” polo resultado do primeiro programa que se organiza a súa área na Casa da Xuventude. “Ademais de ofrecer unha actividade xuvenil no período vacacional de Nadal, achegouse o espazo da Casa das Palmeiras como Casa da Xuventude á mocidade do Concello”, apunta. Fernández lembra que a creación dun espazo aberto para a mocidade cambresa era un dos compromisos adquiridos polo BNG na formación do pacto de goberno.

Ademais de gozar das actividades realizadas, os mozos tamén se animaron a formular propostas de alternativas para o futuro. Entre elas nomearon a posibilidade de organizar torneos de fútbol 3x3 e obradoiros de tatuaxes de henna.



Obras

Os traballos acometidos na Casa das Palmeiras consistiron en diversas modificacións para favorecer o acceso ás persoas con mobilidade reducida. Unha das tarefas que incluíu o proxecto foi a instalación dunha plataforma mecánica xunto á varanda para permitir a subida a persoas con discapacidade ao andar superior.
Neste mesmo sentido, modificouse a rampla exterior que se atopa xunto á entrada dado que anteriormente resultaba demasiado pronunciada. Así mesmo, rehabilitáronse os aseos para permitir o seu uso ás persoas con mobilidade reducida. A actuación requiriu un investimento de 90.000 euros, procedentes do Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local.
Categoría: Xuventude - Publicado o 14-01-2011 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre estrea a nova Casa dá Xuventude cunha programación continuada para mozos en Nadal
Cine, talleres, xogos de mesa ou videoxogos serán algunhas das alternativas que gozarán os maiores de 12 anos no período vacacional

Cambre, 25 Decembro 2010
Tras a celebración do “Freak in Cambre” que organizaron varias asociacións hai 15 días, o Concello de Cambre aproveitará o período vacacional do Nadal para estrear as dependencias da nova Casa dá Xuventude, que alberga a recentemente reformada Casa das Palmeiras de O Temple. Baixo a denominación de “Kedadas nas Palmeiras”, a Concellaría de Xuventude que dirixe a nacionalista Laura Fernández propón aos maiores de 12 anos que pasen o tempo de ocio na instalación municipal mediante a celebración de diferentes talleres e xogos.

O programa comezará o luns 27 e estenderase até o venres 7 de xaneiro, coa excepción dos días 31, e 5 e 6 de xaneiro. A Casa dá Xuventude abrirá polas mañás, de 10.00 a 14.00 horas, para acoller as chamadas actividades “KDAT”, un acceso libre para gozar de competicións de ping pong, xogos de mesa ou videoxogos, tanto de Wii como de Playstation.

Polas tardes, de 18.00 a 21.00 horas, prográmanse alternativamente proxeccións de películas e a realización de diferentes talleres, suxeitos á asistencia dun mínimo de participantes, que complementarán ás mencionadas actividades “KDAT”.


Ademais, a concellaría sinala que a conexión inalámbrica a internet estará dispoñible en todo o inmoble. Tamén se anuncia que os asistentes vivirán “sorpresas”. Máis información
Categoría: Xuventude - Publicado o 28-12-2010 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
Venres 3, a partir das 18 h.

Casa da xuventude de Cambre
(Casa das Palmeiras

Categoría: Xuventude - Publicado o 01-12-2010 14:05
# Ligazón permanente a este artigo

DESTINATARIOS:

Mozas e mozos de 16 a 30 anos.

INSCRICIÓNS:

Do venres 19 ó xoves 25 de novembro.

Na OMIX de 10-14 h/18.00 a 20.00h.
Tel: 981 613 170

Na Casa da Xuventude
(PIX Casa das Palmeiras)
Tel: 981 612 103

No PIX da Barcala de 18.00 a 20.00.h Tel: 981 654 814

PREZO: Gratuito


Solicitude de INSCRICIÓN-emprego e vivenda

Categoría: Xuventude - Publicado o 22-11-2010 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIROS DE EMANCIPACIÓN


Data: 16 de outubro de 10 a 14 horas

Prazo de inscrición: do 4 ao 8 de outubro

Prazas: 15

De 16 a 30 anos

Contido:

- A Compra

- Preparación de alimentos

- Técnicas básicas de cociña

- Recetas básicas

- Directorio web para iniciarse en cociña

- Degustación

Solicitude de INSCRICIÓN-cociña
letra capital
Categoría: Xuventude - Publicado o 04-10-2010 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
A concelleira de Xuventude mantén un encontro cos colectivos xuvenís para o deseño da pista de “skate” que se construirá no vindeiro ano
letra capital

Cambre, 20 de novembro de 2009.-

A concelleira explicou o punto no que se atopan as xestións para sacar adiante este proxecto, que está incluído dentro do programa “ARUME” e que constituíu unha das propostas do programa electoral do BNG nas pasadas eleccións municipais.

A concelleira de Xuventude explicou na xuntanza o estado actual dos traballos. Indicou que até este momento centraron os esforzos na localización das parcelas máis axeitadas e que dispuxeran de todas as condicións para a instalación deste equipamento. Manifestou que unha vez localizadas e contando co acordo dos colectivos xuvenís, pasarán a desenvolver todos os procedementos técnicos e orzamentarios para que a pista sexa unha realidade o vindeiro ano. De entre os mozos xurdiron novas propostas de localización da pista que a concelleira comprometeuse a estudar. Indicou que calquera que se elixa debe contar con dúas condicións: que sexa de titularidade municipal e que teña viabilidade urbanística.


A concelleira do BNG, Laura Fernández, titular da área de Xuventude e Igualdade, mantivo na tarde de onte unha xuntanza con mozos e mozas de distintas asociacións xuvenís de Cambre co fin de expoñer o proxecto de construción dunha pista de “skate” municipal.


Neste encontro participaron afeccionados ás diferentes modalidades de usuarios deste tipo de instalacións, “skaters, bikers e rollers”, cos que a concelleira quixo iniciar a toma de contacto. “Eles serán os usuarios e debemos contar coa súa opinión”, dixo. Ademais foron convidados representantes das organizacións xuvenís dos partidos con representación municipal. Fernández indicou que quería lograr o máximo de participación e transparencia nas políticas para a mocidade.

letra capital

Na xuntanza acordouse, así mesmo, manter novos encontros en próximas datas para achegar propostas de deseño sobre as instalacións.
Categoría: Xuventude - Publicado o 21-11-2009 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello anuncia que habilitará un local de ensaio en 2010 e esixe á Xunta que adquira os equipos necesarios

id


O baixo situarase na urbanización da Barcala e financiarase a cargo do novo Fondo Estatal de Investimento Local

Cambre, 5 de novembro de 2011.-

O Concello de Cambre farase cargo das obras necesarias para crear un local de ensaio que utilizarán os grupos musicais do municipio. O anuncio prodúcese logo da reunión mantida onte entre a concelleira de Mocidade, Laura Fernández, e o edil de Participación Cidadá e Solidariedade, Antón Otero, co director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro. Os responsables cambreses trasladaron ao autonómico a petición que a Xunta executase a
actuación en 2010, pero recibiron unha resposta negativa debido á carencia dos fondos necesarios.

Por iso, o primeiro tenente de alcalde, Xabier Iglesias, asegura que o goberno local incluirá a reforma dun dos baixos que dispón o Concello na urbanización da Barcala para convertelo nun local de ensaio no novo Fondo Estatal de Investimento Local. “O Concello disporá do local a finais de 2010 e logo corresponderalle á Xunta asumir a compra do equipamento”, establece.

Así, o equipo de goberno esixe á Dirección Xeral de Xuventude que se comprometa a financiar en 2011 a adquisición dos equipos que necesitará o local de ensaio para
continuar co compromiso verbal logrado na anterior lexislatura. O Concello xa iniciou os traballos de elaboración do proxecto de reforma do baixo da Barcala, que necesitará un investimento de ao redor de 150.000 euros. “Trátase dunha cantidade moi superior á que terá que achegar a Xunta”, indica o primeiro tenente de alcalde. O local disporá de dous ou tres salas de ensaio e dunha cabina de gravación, ademais dun almacén e unha oficina. Os 174 metros cadrados de superficie contarán cun sistema de illamento acústico.

Coa actuación, o goberno local pretende “garantir o acceso dous grupos musicais de Cambre, especialmente dos compostos por xente nova, a un recinto coas condicións óptimas para o desenvolvemento do seu talento”, sostén Iglesias. En total, estímase que no municipio están radicados en torno a vinte grupos, con maior ou menor estabilidade.

Doutra banda, na reunión con Xuventude, a edil Laura Fernández entregoulle un dossier coas actividades realizadas na Oficina Municipal de Información Xuvenil e cos proxectos nos que se traballa. O dirixente autonómico asegurou que a OMIX de Cambre, un dos que máis subvencións recibe en Galicia, manterá as axudas por parte da Xunta no próximo ano.


Categoría: Xuventude - Publicado o 07-11-2009 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
A Concellaría de Xuventude escoita as propostas dos mozos e asociacións xuvenís de Cambre

id

Laura Fernández iniciou tamén o contacto cos representantes xuvenís dos partidos políticos


Cambre, 27/10/09

A Concellería de Xuventude comeza o curso dando voz aos protagonistas das actividades que impulsa. Os mozos e representantes de distintas agrupacións xuvenís de Cambre participaron o pasado fin de semana no chamado “Finde Xuvenil”, que lles ofreceu un marco idóneo para se involucrar no futuro do programa municipal.

A concelleira responsable, Laura Fernández, tomou nota de todas as opinións dos mozos. Os participantes avaliaron tanto o programa desenvolvido ata o de agora como elevaron suxestións de cara as actividades de 2010. O Concello promoveu esta iniciativa cando se inicia a confección dos vindeiros orzamentos.

Os mozos amosáronse conformes coa meirande parte dos programas impulsados pola concellería. Por exemplo, apostaron pola continuidade de iniciativas como CambRED ou Noites Morcegas. Ademais, están a ultimar os detalles do magosto que terá lugar en novembro.

Fernández explica que outra das propostas foi a creación de perfís nas redes sociais de internet con máis afluencia dos mozos. Os técnicos municipais formalizaron onte a constitución e xa moitos internautas cambreses contactaron coa concellería.

Por outra parte, a concelleira comezou tamén a establecer contacto coas agrupacións xuvenís dos partidos políticos. Fernández convocou aos representantes a unha reunión específica onde presentou as liñas que levará o seu departamento e onde anotou as iniciativas que ofreceron. Moitas das propostas competían a outras áreas, pero a edil comprometeuse a trasladalas.





Categoría: Xuventude - Publicado o 29-10-2009 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Axudas para a contratación por conta allea de mozos e mozas


Orde do 26 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.


Beneficiarios.

As empresas, autónomos e as sociedades civís e as comunidades de bens.

Prazos.
As axudas previstas nos diferentes programas desta orde solicitaranse nos dous meses seguintes á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido.


O prazo para a presentación das solicitudes de axudas finalizará o 15 de setembro de 2008 aínda que nesta data non transcorresen dous meses desde a data de alta no correspondente réxime da Seguridade Social do traballador ou traballadora contratado/a polo que se solicite subvención.
Orde
Categoría: Xuventude - Publicado o 24-02-2008 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
As axudas para a adquisición de portátiles ascenden a 200 euros
As tres universidades galegas e a Consellaría de Innovación poñen en marcha unha nova edición do programa Uniporta


O programa Uniporta para este curso achegará ós universitarios 200 euros para a compra dun portátil

Comentario (0) - Categoría: Xuventude - Publicado o 06-08-2007 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
Demandamos do goberno local locais de ensaio
Locais de ensaio na rede de locais de ensaio

No Pleno Ordinario de xullo de 2007, solicitamos do novo goberno local que se dirixa á Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da xunta de Galicia a fin de continuar as xestións comezadas no final da pasada lexislatura para que os grupos de músicos aficionados de Cambre poidan dispor de locais de ensaio gratuitos.
Comentario (0) - Categoría: Xuventude - Publicado o 26-07-2007 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Becas e axudas
Axudas para cursos de lingua extranxeira

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

Orde do 13 de febreiro de 2008 pola que se establecen as bases que rexen as axudas a mozos para a realización de cursos de idiomas en calquera dos estados membros da Unión Europea

Destinatarios
1. Poderán solicitar as axudas todas as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
b) Ter fixada a súa residencia en Galicia.
c) Realizar un curso de idiomas en calquera dos estados membros da Unión Europea…
d) Non estar matriculado no curso académico 2007/2008 en ningún centro universitario...

Prazo até 27 de marzo de 2008.


MINISTERIO DE EDUCACIÓN E CIENCIA

Orde ECI/394/2008, de 1 de febreiro, pola que se convocan axudas para cursos de lingua alemá ou francesa no extranxeiro durante o verán de 2008, para alumnos universitarios e de ensinanzas artísticas superiores

Orde ECI/395/2008, de 4 de febreiro, pola que se convocan axudas para cursos de lingua inglesa, durante o verán de 2008, destinadas a xoves de entre 18 e 30 anos


Becas, axudas e premios
Comentario (0) - Categoría: Xuventude - Publicado o 18-07-2007 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Convocatoria Rede Galega de Música ao Vivo
A convocatoria para A Rede Galega de Música ao Vivo 2008 suprime a selección previa e a distinción en categorías

O prazo de apuntarse á Rede Galega de Música ao Vivo 2008 xa está aberto para as salas e músicos desde o día 5 de xullo ata o 3 de agosto a través da páxina web de Galescena. As bases deste programa do IGAEM destinado a favorecer unha programación de concertos en salas privadas estable e de calidade traen numerosos cambios respecto ao vixente ano. Desaparecen nesta convocatoria dous elementos que suscitaron numerosas controversias anteriormente como foron as dúas categorías nas que se dividía aos artistas e a fase de selección previa por parte dunha comisión designada. A convocatoria do 2008 deixa liberdade para fixar o caché aos artistas, impondo un máximo de 800 euros por actuación e un mínimo de seis concertos para estar na rede, o programa inclúe tamén actuacións no mes de setembro. As salas asumirán o 15 % dos cachés e a recadación que supere a inversión repartirase a partes iguais entre músicos e salas.
galescena.info
Comentario (0) - Categoría: Xuventude - Publicado o 10-07-2007 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
Interesante WEB de información xuvenil e o programa Naturalmente Galiza

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

Poñemos aquí o enlace desta web de informacón xuvenil, que está mantida polo Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar). Parécenos unha páxina interesante como vía de información para a Xuventude.


E se queres senderismo...

Xuventude pon en marcha o programa Naturalmente Galiza para coñecer o país a través de rutas de fin de semana
Organízanse saídas de fin de semana que inclúen rutas de sendeirismo, en kaiak, en bicicleta e actividades de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico

O director xeral de Xuventude e Solidariedade presentou esta iniciativa que pretende fomentar o coidado do ambiente, amais de gozar da paisaxe e do contacto coa natureza.

_______________________________________

XUVENTUDE.NET

O mellor portal de información [...]
REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL
XUVENTUDE.NET
Comentario (0) - Categoría: Xuventude - Publicado o 19-04-2007 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal