POR UNHA MAREA GALEGA


id

Anova-Irmandade Nacionalista que forma parte da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, apoia a manifestación nacional convocada por esta para o domingo, día 16 de xuño, en Compostela.

Saída da estación de comboios ás 17 horas.


id
Categoría: IGUALDADE - Publicado o 14-06-2013 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
Seminario Técnico
Igualdade de oportunidades
no apoio ás familias con persoas maiores ao seu cargo


Cambre, 4 e 5 de maio de 2011


Inscrición gratuíta


Prazo de Inscricción:

Do 25 de Abril ao 2 de Maio de 2011

Máis información:

981 61 31 28 ext. 117 - igualdade@cambre.org

Programa. ------------- Formulario de inscripción.
Categoría: IGUALDADE - Publicado o 18-04-2011 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello de Cambre acaba de tramitar a cesión dun baixo municipal á asociación de persoas con discapacidade e familiares Arela.
O acto levouse a cabo despois de que a administración procedese a reformar o baixo en cuestión.

Cambre, 30 de marzo de 2011.-
A cesión do local municipal recoñece o labor da asociación de discapacitados Arela

O espazo está emprazado na rúa de Río Miño, na urbanización da Barcala. Trátase dun local onde os socios da entidade poderán desenvolver diferentes actividades e programas de atención de diversas modalidades, tanto físicas como sensoriais, como explican desde a administración local.


O goberno local fixo efectiva a cesión deste baixo logo de levar a cabo distintos traballos de acondicionamento, a cargo do Fondo Estatal para o Emprego e Sustentabilidade Local.

Nun acto festivo, a dependencia foi entregada de xeito oficial onte ás sete da
tarde, nun acto inaugural ao que acudiu o concelleiro de Patrimonio, José Francisco Parcero e o primeiro tenente de alcalde, Xabier Iglesias. Ademais da representación municipal, tamén acudiron ao evento un bo número de socios da asociación Arela, que mostraron a súa gratitude cos concelleiros por esta actuación.





O local está dividido en dúas grandes zonas.

Nunha delas, sitúase un espazo habilitado para a realización de exercicios físicos, con distinto equipamento apropiado. A segunda das áreas está destinada a atencións médicas e prácticas de fisioterapia e logopedia.

A asociación Arela promove diferentes accións de integración social para este colectivo coa finalidade de mellorar a súa calidade de vida. A entidade, que desenvolve os seus traballos no municipio, solicitou ao Concello un local para establecerse e mellorar as súas condicións e servizos.

Un reto que foi aceptado “de bo agrado” polo goberno local, coa finalidade de apoiar uns programas “moi necesarios para as persoas con discapacidade”, tal e como sinalaron os concelleiros.

Fonte-www.elidealgallego.com


Categoría: IGUALDADE - Publicado o 30-03-2011 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre participa no proxecto europeo “Mellora da planificación e xestión das Redes de cidades irmandadas” (NTT Plus)

Ana Miranda, deputada no parlamento europeo, Margarida Vázquez, deputada provincial, Manuel Ferro, tenente alcalde de Toques e Laura Fernández, concelleira de igualdade e xuventude de Cambre


A Deputación da Coruña participa como socia nun proxecto europeo titulado “Mellora da planificación e xestión das Redes de cidades irmandadas” (NTT Plus), enmarcado no programa “Europeo para os cidadáns” (Acción 1, medida 2.2), sendo os seus obxectivos principais:

- Mellorar o traballo dos traballadores e traballadoras municipais para iniciar, revitalizar e desenvolver as relacións de irmandamento de cidades.

- Fomentar o compromiso dos xestores municipais responsables das actividades de irmandamento a nivel local

- O desenvolvemenro de proxectos de redes temáticas de alta calidade entre os participantes

O coordinador do proxecto é o SERN (Agrupación de concellos e provincias Suecas e Italianas – Provincia de Emilia Romagna). Os socios do proxecto son: a Deputación da Coruña, a Asociación de concellos da provincia de Norbotten (Suecia), Asociación de concellos e provincias de Finlandia.

As actividades do proxecto van dirixidas fundamentalmente aos traballadores e traballadoras municipais cuxas tarefas se relacionan coas temáticas que se van abordar, e inclúen a participación de cargos electos.

Os temas a tratar e sobre os que se poderán presentar novos proxectos en rede, escolleranse entre os seguintes: Xuventude e desenvolvemento sostible; Igualdade de xénero; Empresas de economía social; Integración e inmigración; Accións de apoio ás familias; Enerxías renovables ou Emprego para grupos de exclusión.

As actividades do proxecto son:

1. Cursos intensivos de formación

A concelleira de Igualdade e Xuventude Laura Fernández Martínez participou no seminario celebrado na Coruña os pasados 6 e 7 de abril do 2010. No seminario (impartido integramente en Inglés) formouse un grupo de traballo de traballadores e traballadoras municipais e cargos electos para dotalos de ferramentas metodolóxicas e de os coñecementos precisos para participar en redes de traballo temáticas e para a elaboración e presentación de diferentes proxectos ao Programa “Europa cos cidadáns”.

A temática escollida foi a de Igualdade de xénero.


Ao mesmo tempo en Suecia (Lulea), Italia (Bologna) e mais Finlandia (Helsinki) tamén se celebraron seminarios dirixidos aos traballadores e traballadoras dos concellos das entidades participantes de cada país.


2. Unha vez rematados os seminarios, se realizaron os Encontros Transnacionais

A mediados do mes de xuño realizouse un Encontro Transnacional en Rimini, Italia, ao que asistiron algúns dos participantes nos seminarios de cada país socio no proxecto. Este encontro, de 3 días de duración tivo como obxectivo desenvolver ideas para novas redes. Houbo sesións de grupo moderadas por expertos e representantes das entidades sociais e obradoiros específicos con especialistas en calidade e xestión da construción de redes. O idioma do encontro volveu a ser o inglés.

A Deputación da Coruña seleccionou finalmente á concelleira Laura Fernández para a súa participación neste Encontro Transnacional.


3. Evento Final en Bruselas

Os días 18 e 19 de novembro, realizouse a presentación dos resultados finais do proxecto en Bruselas.

O día 18 realizouse unha xornada dirixida aos socios do proxecto mentras que o día 19 foi unha xornada aberta ao público e con representación da Comisión Europea, cun debate entre os participantes dos 4 países e unha reflexión sobre as distintas cuestións relacionadas co programa "Europa cos cidadáns". O idioma do encontro foi novamente o inglés.



Como parte da viaxe, realizouse unha visita ao Parlamento Europeo acompañados por Ana Miranda, portavoz do BNG no Parlamento Europeo.
Categoría: IGUALDADE - Publicado o 26-11-2010 20:03
# Ligazón permanente a este artigo

DEIXATE DE CONTOS PDF


Información de interese

Datos de violencia machista no concello de Cambre:

- Denuncias 2009 46 casos
- Denuncias 2010 35 casos

- Ordes de protección en vigor:

· 34 por violencia xénero
· 7 por violencia doméstica de fillos a pais e nais
Campaña de prevención da violencia de xénero 2010
Categoría: IGUALDADE - Publicado o 15-11-2010 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
"Día Internacional da Muller Traballadora"


Categoría: IGUALDADE - Publicado o 03-03-2010 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre acolleu un acto cívico institucional contra a violencia de xénero


A concelleira de Igualdade, Laura Fernández, deu lectura ao manifesto aprobado polo Pleno da corporación


A Coruña, 25 de novembro de 2009.-

Numerosas persoas se concentraron esta mañá diante da Casa Consistorial na celebración dun acto cívico convocado desde o concello de Cambre en conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia Machista. Neste acto participaron representantes dos grupos municipais da corporación e contou coa presenza das forzas de seguridade que operan na localidade, Guardia civil e Policía Local. Representantes de distintas asociacións de Cambre e de cidadáns e cidadás, que a título individual, quixeron manifestar o seu activismo contra a violencia e a súa solidariedade coas vítimas.

Ao remate da concentración, Fernández, lembrou que en Cambre existe unha partida específica nos orzamentos para axudar ás mulleres agredidas, e que se creou precisamente por unha iniciativa do BNG no pasado ano, apoiada por todos os grupos. Insistiu en que, desde a súa concellaría, continuará o labor de concienciación e difusión das ideas da solidariedade e da igualdade que contribúan a poñerlle cerco á violencia machista. Manifestou, ademais, que boa parte dos esforzos se centraran na coordinación e reforzo dos medios de prevención e axuda.
letra capital


Foi a concelleira de Igualdade e Xuventude, a nacionalista Laura Fernández, a encargada de ler o manifesto institucional que, recentemente aprobou o Pleno da corporación municipal por unanimidade. Este manifesto insta á unidade social e institucional na loita contra a violencia machista e avoga polo necesario de cambio de roles para chegar a igualdade efectiva entre homes e mulleres. Tras a lectura do manifesto, a concelleira, pediu un minuto de silencio en lembranza das mulleres vítimas de agresións.


id



Categoría: IGUALDADE - Publicado o 25-11-2009 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
Marcha Solidaria Contra a Violencia de Xénero


Categoría: IGUALDADE - Publicado o 12-11-2009 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
Declaración contra a violencia de xénero

id

O Concello de Cambre aproba unha declaración contra a violencia de xénero



Cambre, 30 de outubro de 2009.-

A concelleira de Igualdade e Xuventude, Laura Fernández, presentou aos distintos grupos municipais unha proposta de moción institucional en contra da violencia machista.

A concelleira nacionalista explicou que esta declaración esta enmarcada no conxunto de actividades que teñen como centro o 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero. Aclarou que o motivo de presentala neste Pleno debíase ao interese en que a declaración institucional tivese lugar antes do 25 de novembro. “Van ser unha serie de actividades de difusión e concienciación que se centrarán na segunda quincena de novembro”, dixo, e insistiu en que a declaración institucional era unha peza fundamental ao amosar a unanimidade da representación política municipal contra esta forma de terrorismo. Fernández quixo agradecer en nome do goberno local cambrés o apoio de todos os grupos e, afirmou, que esa unanimidade ten unha grande importancia polo exemplo que supón para a sociedade, deixando claro que a violencia machista non ten espazos de impunidade nin de cobertura.

A votación da moción no Pleno ordinario celebrado onte foi unánime, resultou aprobada cos votos favorábeis dos 19 concelleiros e concelleiras presentes.

Texto da Moción contra a violencia machista:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Concello de Cambre quere manifestar a súa máis enérxica repulsa á violencia machista. No que vai de ano xa son 46 as mulleres asasinadas en todo o estado das cales 3 foron asasinadas na Galiza.

A violencia de xénero constitúe unha vulneración dos dereitos fundamentais das mulleres. É a manifestación máis clara da desigualdade, un indicador de que queda moito traballo para erradicar a discriminación e subordinación das mulleres e acadar unha sociedade igualitaria.

A Lei Integral parte da existencia dun modelo de relación entre homes e mulleres que, forxado desde un sistema patriarcal de interacción entre os sexos, debe ser cuestionado para dar paso a outro paradigma de identidade e de relación que se adecúe de xeito máis preciso ao noso sistema de convivencia democrática e veña a corresponderse en base aos dereitos humanos.

Os paradigmas que teñen que cuestionarse para facer visibles as dimensións da violencia contra as mulleres son aqueles que lexitiman a situación de desigualdade, a subordinación ou a inexistencia simbólica das mulleres ( violencia cultural). Así, se terá que producir un cambio na mentalidade e nos supostos patriarcais que sustentan o mantemento desta violencia, o que esixe conquistar unha nova lóxica que presida os modelos de relación e valoración de identidades que veñan a terminar cos estereotipos sobre que é “ser home” e o que significa “ser muller”. Só así é posible entrar nunha lóxica común a ambos sexos que substitúa o actual predominio dunha lóxica androcéntrica.

Para iso, a necesaria sensibilización contra a violencia machista pasa non só por esixir unha decidida vontade política que permita acabar con esta tremenda realidade social, senón por xerar un estado de opinión que rexeite de forma aberta calquera tipo de agresión tanto física como psicolóxica contra a identidade das mulleres, e non só das mulleres do noso país, senón de todas as mulleres que en calquera parte do mundo están a sufrir explotación sexual, violencia económica, violacións de dereitos fundamentais, fundamentalismos baseados en sociedades patriarcais,...

Por iso requírese unha maior coordinación de todos os poderes públicos e axentes sociais na erradicación da violencia machista, e nos sumamos aos esforzos por acadala.

Por todo isto, propoñémoslle ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO

1. Instamos á Xunta de Galiza a que realice unha política educativa e de sensibilización en igualdade mediante campañas de sensibilización contra a violencia de xénero, a formación da totalidade das e dos profesionais e a formación formal no ámbito educativo

2. Instamos á Xunta de Galiza a que realice unha axeitada planificación para a efectividade das previsións contidas na Lei 11/2007 que están pendentes do seu desenvolvemento, en concreto a creación do Observatorio Galego da Violencia de Xénero e a posta en marcha do centro de recuperación integral e garantir o dereito á atención psicolóxica no ámbito sanitario público tamén recollido na Lei.

3. Dar traslado deste acordo ao presidente da Xunta de Galiza, así como aos grupos parlamentarios do Parlamento de Galiza





Categoría: IGUALDADE - Publicado o 31-10-2009 01:14
# Ligazón permanente a este artigo
Mudega, a loita pola igualdade tamén chega ao deporte
...máis
Categoría: IGUALDADE - Publicado o 16-10-2008 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFESTO CONXUNTO DOS GRUPOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE CAMBRE, CON MOTIVO DO 8 DE MARZO “DIA INTERNACIONAL DA MULLER”
+ IGUALDADADE - DISCRIMINACIÓN

Todos os grupos municipais do concello de Cambre asinaron o seguinte

manifesto

Categoría: IGUALDADE - Publicado o 18-03-2008 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Es corresponsábel?

Avalíate con este test

QUEN FAI ESTAS TAREFAS NO TEU FOGAR?
test
Categoría: IGUALDADE - Publicado o 14-03-2008 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
E ti, que opinas dos malos tratos ás mulleres?


Afirma a Organización das Nacións Unidas que «a violencia de xénero é probablemente a máis vergoñenta violación dos dereitos humanos. Mentres continúe, non poderemos afirmar que esteamos a lograr progresos reais cara á igualdade, o desenvolvemento e a paz».

Afirma a lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, no seu artigo primeiro, que «se entende por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria de liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada».

Afirman as mulleres que sofren violencia de xénero coas súas denuncias que non están dispostas a tolerar máis esta situación. Afirman os homes pola igualdade que non queren ser cómplices da violencia machista. Afirman as Administracións mediante plans e accións de prevención e intervención o seu compromiso cunha tarefa de longo percorrido. Demasiado longo cando volvemos a vista e vemos todos os esforzos feitos polos colectivos de mulleres para visibilizar un problema que ten múltiples causas. Unha e fundamental son as relacións asimétricas que se establecen entre homes e mulleres nunha sociedade que distribúe desigualmente poder, recursos, espazos e tempos. Polo tanto, a realización plena do principio de igualdade é o mellor antídoto contra a violencia de xénero.

Sen embargo, mentres tanto, necesitamos seguir a fortalecer o sistema de protección das mulleres que sofren a violencia, desenvolver programas como o salario da liberdade do que se beneficiaron xa 542 mulleres, mellorar a formación dos profesionais implicados e fortalecer as redes sociais de apoio e acompañamento das mulleres. Necesitamos que a sociedade galega non soamente hoxe, 25 de novembro, mostre a súa repulsa. Necesitamos que todas e todos poñamos todos os sentidos para ver, oír e falar da violencia de xénero. Que os medios de comunicación, as escolas e as familias asuman o seu papel socializador fundamental e sexan axentes activos para unha educación contra a violencia.

Necesitamos un compromiso firme de cada muller e home para vivir en igualdade.

Artigo da nosa compañeira Carme Adán, Secretaria xeral da Igualdade, publicado na Voz de Galicia o 25 de Novembro de 2007
CAMPAÑA: E ti, que opinas dos malos tratos ás mulleres?
Categoría: IGUALDADE - Publicado o 25-11-2007 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
Carta para ler por televisión

Svetlana, ¿qué pasaría se naquel programa da tele lle dixeses ao teu asasino que volverías con el? Seguramente tardaría algo máis en matarte. Quizais te degolaría uns días máis tarde, ou ao mellor aturaba uns meses, regodeándose nos praceres inconfesábeis da súa loucura. Se volveses con el o día que che dixo «Sen ti morro» cun fato de morbosos amoreados diante da pantalla, aínda lle darías máis tempo para encherche o corpo e a alma de feridas. Feridas, Svetlana, coma se pisases os cristais dunha televisión rota.

Pero agora xa estás morta. Matoute porque eras súa, non dos que gustan de comer o lixo que lles ofrecen en horario infantil. Matoute, Svetlana, porque el non é de ninguén. Matoute porque, sen que o imaxinases, se sentiu humillado. Coma se para humillar, facer arrastrar a un maltratador e bicar o chan por onde pisas, Svetlana, fixese falla que te matase e deixar só o teu fillo. Nin sequera precisabamos velo pola tele.

¿Necesitabamos que nos amosasen, coma se fose nun teatro, que as mulleres morren ás mans duns verdugos que poñen aos ombros unha pel de año para imaxinaren mellor cómo cae o gume frío da guillotina sobre colos coma o teu? ¿Foi así, Svetlana? Estarán agora as túas cinzas de emigrante revolvéndose contra os paradoxos que ten a vida e o mundo e o amor, cando todo vira do revés.

Non só es a muller número 68 neste ano, Svetlana, que morre ás mans de quen di amarte. Ti es o nome, a cara e os ollos que, por televisión, nos demostraron que, neste país de machos, todos e todas somos un pouco verdugos. Velaí o teu medo televisado, gardado agora nos arquivos dalgún almacén cheo de xornalistas, para amosar que non hai inocentes na túa morte, Svetlana.

Por Inma López Silva

Publicado en La Voz de Galicia o vernes 23 de novembro de 2007
Categoría: IGUALDADE - Publicado o 23-11-2007 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Entra en vigor a nova lei de igualdade
24/03/2007


Este venres publicouse no Boletín Oficial do Estado a Lei Orgánica para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes, logo de ser aprobada no Congreso o pasado día 15 co apoio de todos os partidos a excepción do PP.

A lei fixa un permiso de paternidade de 15 días, a paridade nas listas electorais e nos consellos de administración das empresas.

Resumo da Lei de Igualdade

______________________________________________

Servizo Público de Emprego
B O E
Comentario (0) - Categoría: IGUALDADE - Publicado o 24-03-2007 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O BNG aposta por avanzar nas políticas de transformación dos ‘valores sexistas’ asentados na sociedade

As nacionalistas queren estender as políticas de igualdade tamén aos concellos

Santiago de Compostela, 7 Marzo 07. O Bloque Nacionalista Galego fixo hoxe pública a súa aposta por avanzar nas políticas de transformación dos “valores sexistas” asentados na sociedade coa leitura dunha Declaración Institucional co motivo do Día Internacional das Mulleres.[...]

____________________________________________________

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Unha celebración universal que, sobre todo, é unha reivindicación social. No Álbum de Mulleres achegamos documentos de traballo para coñecer a traxectoria do movemento feminista organizado ao longo da democracia en Galicia e para situarmos nun dos grandes eixos do debate actual: as condicións da incorporación e presenza da muller ao ámbito laboral...
[http://www.culturagalega.org/album]

________________________________________________________


Repensando o feminismo
O movemento feminista galego vive unha etapa de transición mentres segue a rebelarse, desde unha estrutura diversificada e plural, contra o patriarcado

Concello de Cambre
Categoría: IGUALDADE - Publicado o 06-03-2007 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal