Alternativa Galega de Esquerda



DIRIXIDAS A

2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, BACHARELATO
FORMACION PROFESIONAL, EDUCACION SECUNDARIA DE ADULTOS



QUEDAN EXCLUÍDOS

EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA, EDUCACIÓN ESPECIAL


Máis Información - Folla de solicitude
Categoría: Educación - Publicado o 13-09-2011 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
O pleno de Cambre aproba unha proposta nacionalista que aboga polo consenso nas políticas de normalización lingüística


Cambre, 3 de febreiro de 2010.-


O pleno da corporación aprobou unha moción na que insta a Xunta de Galicia á retirada do borrador de decreto do Galego e a volver ao consenso lingüístico. Despois de non acadar os votos suficientes para a súa declaración de urxencia no pleno anterior, o goberno municipal decidiu incorporar esta proposta dentro da orde do día do pleno extraordinario celebrado o martes, día 2. Desta vez o manifesto foi aprobado ao contar co apoio de todo o goberno (Psoe-Bng) e co respaldo dos dous concelleiros de IU-EU.

Durante o debate, o portavoz nacionalista e primeiro tenente de Alcalde, Xabier Iglesias, agradeceu o apoio dos concelleiros de IU e resaltou a sorpresa polo non apoio do único representante do Partido Galeguista. "Coma sempre, manifesto o meu respecto polas súas opinións e recollo o que significa que o representante dunhas siglas que fundaron Bóveda e Castelao, teña tales posicións sobre o noso idioma", concluiu Iglesias en resposta á intervención do PG.




Na súa intervención de defensa da proposta, Iglesias, sinalou que tiña esperanzas de que a posición do PP en Cambre estiver na liña doutros representantes populares, en referencia ao recente apoio do goberno popular de Vilar de Santos a unha moción similar, ou do activo posicionamento de destacados persoeiros do partido como Xosé Cuíña, desmarcándose da liña imposta por Feijoo. Insistiu en que o único conflicto que existe sobre a língoa é o que promove o PP, apartándose do consenso e introducindo unha crispación falsa na sociedade e nas escolas.
Categoría: Educación - Publicado o 06-02-2010 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
O próximo martes o pleno debatera o pronunciamento da corporación contra o "decretazo" do Galego

Cambre, 29 de xaneiro de 2010.-

Despois de que no pleno ordinario de onte non obtivera os votos necesarios para a súa declaración de urxencia, a moción contra o borrador de decreto do Galego será novamente debatida en Pleno, pero esta vez como un punto da orde do día e como unha proposta do goberno local.

Así o explicou o portavoz do BNG no concello, e primeiro tenente de Alcalde, Xabier Iglesias, que lamentou a deriva política da que algúns grupos da oposición están impregnando a política cambresa. Explicou que independentemente da posición de cada grupo na votación final das mocións, viña sendo práctica acostumada que todos votasen a "urxencia" das propostas para permitir o seu debate. Da falta de "modales democráticos" do PP manifestou non sentirse extrañado, pero sí consternado pola actitude do único representante do Partido Galeguista, quen ao non apoiar a declaración de urxencia imposibilitou o seu debate. "É lamentábel que o que representa a unhas siglas históricas, as do partido fundado por Bóveda e Castelao, non apoie unha declaración contra a maior agresión que se tenta contra a nosa língoa no que levamos de democracia", dixo.

Iglesias aclarou que Cambre se pronunciará contra o "decretazo de Feijoo e Galicia Bilingüe", e será o vindeiro martes durante un pleno extraordinario que xa está convocado. Desta vez, informou o Tenente de Alcalde, non será como moción senón que irá incluída dentro da orde do día da sesión como unha proposta ao Pleno do goberno municipal.

PROPOSTA DO GOBERNO MUNICIPAL DE CAMBRE SOBRE O BORRADOR DE DECRETO DE GALEGO NO ENSINO:

Categoría: Educación - Publicado o 29-01-2010 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
Moción sobre a educaión en Cambre


id












Exposición de motivos:

No pleno ordinario de setembro do pasado ano, esta Corporación aprobou por unanimidade unha moción, presentada polo Grupo Municipal do BNG, sobre a situación dos equipamentos e recursos educativos no noso Concello.

Os acordos adoptados naquel momento foron os seguintes:

1.-Instar á Consellería de Educación ao comezo inmediato das obras de ampliación do CEIP do Graxal que garantan a súa plena operatividade no comezo do curso 2009-2010.

2.-Instar á Consellaría de Educación a resolver satisfactoriamente a demanda de prazas de comedor escolar nos centros do noso concello. A que solucione con urxencia para este curso o problema das familias que quedaron inicialmente sen o servizo e que, adopte as decisións necesarias que garantan que a situación non se volva a repetir no vindeiro curso.

3.-Ofrecer toda a colaboración necesaria do Concello de Cambre dentro das súas competencias para axudar a resolver esta situación.

Un ano despois repítense algunhas das circunstancias e de novo son moitas as familias que non teñen solucionados satisfactoriamente servizos complementarios na educación. Problemas que exclusivamente dependen da vontade política e da orde de prioridades que marquen os responsábeis da política educativa na Xunta de Galicia.

Si o pasado ano, con boa vontade, conseguiuse ampliar a cobertura do servizo de comedor escolar aos nenos que inicialmente quedaban fora en Sigrás, Portofaro e Graxal e, mesmo, acomodar algún máis no comedor do Colexio de Cambre, este ano a negativa das autoridades educativas é rotunda: Nin un euro máis para os colexios de Cambre.

E non valen desculpas técnicas sobre a capacidade dos espazos nos colexios. Ese é o caso de Cambre, pero no resto dos colexios hai prazas libres, só se necesita que a consellaría estea disposta a aumentar o gasto. E no caso de Cambre a solución ven da man da colaboración posíbel entre a Xunta e o Concello. O Concello de Cambre está disposto –como acordou este Pleno hai un ano- a colaborar coa Consellaría, técnica e economicamente, para adaptar as instalacións do CEIP Wenceslao FF e poder acoller así a todos os nenos que quedan sen servizo.

No caso dos profesores de apoio volvemos a comprobar por onde van as liñas de actuación da administración educativa. A educación considerada como un dereito universal, incluídos os alumnos con necesidades especiais educativas e de coidado, non pode estar en entredito cada comezo de curso.
Os escolares que están nesta situación, e tamén as súas familias, teñen o dereito a ser escolarizados no seu contorno e coa atención debida. Estamos a falar de igualdade de dereitos, de igualdade ao fin. Non podemos admitir que os dereitos sexan só para os máis fortes ou para os que xa dispoñen de medios. Non se pode consentir que a asignación de profesorado e persoal de apoio estea sometida ao regateo ou á presión.

Desde a Corporación Municipal de Cambre declarámonos defensores da educación pública, cos medios e servizos necesarios para favorecer a igualdade de trato e a igualdade de oportunidades. Declaramos, así mesmo, a nosa vontade de colaboración coa administración educativa. Manifestamos a nosa desconformidade coa discriminación e co recorte de servizos educativos e, esiximos que se lle dean resposta ás reclamacións que desde os colexios e desde as familias se están a facer á Consellaría de Educación. Reclamacións e esixencias que este concello fai súas.

No ano 2008 este concello puxo á disposición da Consellaría os terreos necesarios para a ampliación do Colexio do Graxal. Desta maneira o colexio estará funcionando en pouco tempo. Tamén, e froito dos acordos políticos acadados nesta corporación o pasado ano tense iniciado o proceso de expropiación para obter os terreos necesarios fronte á Barcala para un novo colexio. O proceso está en marcha e antes de que remate o ano este Pleno terá a ocasión de acordar unha nova cesión de solo público para a educación. A partir de aí será responsabilidade de Consellaría axilizar e tomar as decisións oportunas para que o novo colexio sexa unha realidade en pouco tempo.

Esa é a liña de colaboración e de traballo que a cidadanía reclama dos responsábeis político.

Pero as previsións para o futuro non nos poden facer esquecer os problemas e carencias de hoxe. É necesario dar solución ao déficit actual de prazas de comedor e de profesorado de apoio.

Os datos en Cambre son elocuentes:

- faltan 57 prazas de comedor no Ceip de Cambre
- faltan 22 prazas de comedor no CEIP Portofaro
- faltan 32 prazas de comedor no CEIP do Graxal
-
por outra banda, neste momento está aínda sen cubrir unha das prazas de persoal de apoio para escolares con necesidades especiais no colexio Portofaro.

Por estes motivos o Pleno da Corporación municipal de Cambre acorda:

1.- Esixir da Consellaría de Educación a dotación das prazas de comedor escolar nos colexios de infantil e primaria.

2.- Esixir da Consellaría de educación a dotación de profesorado e persoal de apoio para escolares con necesidades especiais.

3.- Reiterar o ofrecemento de colaboración e diálogo do Concello de Cambre coa Consellaría para a solución dos problemas citados, dentro do marco de competencias de cada administración.






Cambre, 14 de setembro de 2009



Categoría: Educación - Publicado o 18-09-2009 10:54
# Ligazón permanente a este artigo


id


id

Guillerme Vázquez acusa a Feijóo de liderar "un ataque ao ensino público sen precedentes no noso País"

O portavoz nacional cualifica o goberno do PP de "ineficaz" e acúsao de "tentar tapar a súa ineficacia con campañas publicitarias"



Categoría: Educación - Publicado o 14-09-2009 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
O ULTIMO RECORTE DE PERSOAL DOCENTE DEIXA OS ALUMNOS/AS DO MUNICIPIO DE CAMBRE SEN PROFESORES DE APOIO.



Categoría: Educación - Publicado o 11-09-2009 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello de Cambre pedirá á Xunta que garanta a gratuidade dos libros de texto





A medida foi aprobada no último pleno municipal logo dunha moción presentada polo BNG






O Concello de Cambre instará á Xunta de Galicia a garantir a gratuidade universal dos libros de texto e o material escolar nos centros de ensino sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos. Esta iniciativa tomarase a instancias da moción presentada polo BNG no último pleno municipal.

O portavoz nacionalista, Xabier Igrexas, afirmou que a decisión da actual Consellaría de eliminar o programa de prestamos gratuítos é un intento de desmantelar os logros acadados na etapa anterior. Iglesias asegurou que a decisión da Xunta atenta contra principios constitucionais básicos: “ao esixir este esforzo económico ás familias, non se cumpre co precepto constitucional, nin se garante a igualdade de oportunidades de todos e todas á educación”.

Ademais destes argumentos, o primeiro tenente de alcalde cambrés destacou que o programa de prestamos tamén inculca “valores de solidariedade, conservación do material para a súa reutilización por outras persoas e coidado do ben colectivo”. Fronte a isto, Igrexas lamentou que unha das primeiras medidas anunciadas polo actual executivo autonómico sexa esta e denunciou que o actual contexto económico póidase esgrimir para defender a medida: “Esta medida non pode ser a resposta do Goberno aos problemas económicos na actual situación, tal e como argumentou o conselleiro. De feito, nun contexto económico precario, o Goberno debe manter a gratuidade dos libros de texto para favorecer a economía das familias, e non usar a crise como pretexto para artellar discrecionalmente calquera tipo de política, mesmo aquelas que supoñen un ataque frontal ás garantías fundamentais polas que ou Goberno debe velar. Esta política supón un paso atrás non plano educativo e social”.



Categoría: Educación - Publicado o 01-08-2009 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
A Consellería de Educación deixa fóra da solución do comedor ao colexio de Cambre
O BNG de Cambre móstrase moderadamente satisfeito pola decisión da Consellería de cubrir a demanda de comedor nos colexios de O Graxal, Portofaro e Sigrás, pero denuncia que non se dea solución ás familias no caso do CEIP de Cambre. Din non entender, neste caso, a razóns que levaron ao organismo autonómico a deixar fora aos máis de 50 alumnos do colexio Wesceslao Fernández Flórez. O voceiro do BNG, Xabier Iglesias, explicou hoxe que, como xa anunciou fai uns días, a súa formación política presentará unha moción sobre o servizo do comedor escolar e sobre a amplición do colexio de O Graxal, preguntando tamén ao concelleiro de Educación, Jaime Lisnier, pola non inclusión do colexio de Cambre (Wesceslao Fernández Flórez) na relación de centros onde se vai a ampliar o servizo de comedor.

[ler máis]
Categoría: Educación - Publicado o 24-09-2008 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG de Cambre mostra a súa preocupación polos máis de 150 rapaces que quedan sen servizo de comedor e insta a Educación a poñer solucións
O BNG de Cambre presentará unha iniciativa no próximo pleno para que dende o Concello se inste á Consellería de Educación a dar solución aos problemas de falta de prazas de comedor escolar que existe nos colexios do municipio. Segundo os datos dos que dispón o voceiro nacionalista, Xabier Iglesias, os nenos que quedarán sen servizo de comedor o próximo curso serán máis de 150 entre todos os centros escolares de Cambre o que vai repercutir de forma negativa en moitas familias do municipio.

[ler máis]
Categoría: Educación - Publicado o 09-09-2008 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Carta aberta ao Club Financiero de Vigo

Xabier P. Docampo naceu en Rábade en 1946. Mestre e escritor. Foi mestre durante moitos anos no CEIP Emilio González López de Brexo, no Concello de Cambre.

Publicada en www.vieiros.com


Categoría: Educación - Publicado o 08-09-2008 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG presenta iniciativa no Parlamento sobre o CEIP do Graxal

O BNG de Cambre leva ao Parlamento a ampliación do colexio do Graxal e a situación do comedor do colexio

[ler máis]

Categoría: Educación - Publicado o 08-09-2008 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
Nenos sen colexio, nais sen traballo

As nais e pais ven como os seus fillos e fillas fican sen praza nas escolas da parroquia do Temple.

[ler artigo]
artigo
Categoría: Educación - Publicado o 22-06-2008 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG exixe o arranxo urxente da escola infantil de Cecebre


O BNG exixe ao goberno local o arranxo urxente do patio e do cerremento da escola infantil de Cecebre



O cerramento foi destruido por un accidente de coche, o que impede o uso normal do patio escolar



Cambre, 10 de setembro 07.- Na madrugada do pasado 16 de agoso, un coche perdou o control e destruiu o cerramento da escola infantil, deixando inservíbel o patio da escola para os xogos e o recreo.

Esta solicitude xa a fixo o GM do BNG de Cambre no pasado pleno ordinario de agosto, onde demandamos o arranxo urxente do cerramento da escola para que estive lista para o inicio do curso 2007-2008 que comenza este próximo mércores.

Para a nosa sorpresa, a día de hoxe, o patio está como estaba, co cerramento roto, o que supón un grave risco e perigo para os nenos e nenas da escola, que está ao pé dunha estrada de intenso tráfico e, por outra parte, os nenos quedan sen o disfrute do patio, onde xogan e pasan o recreo.

O GM do BNG de Cambre considera lamentábel a falta de sensibilidade do goberno local de Cambre cos nenos da escola infantil de Cecebre que comezarán o próximo curso nunha situación en precario, o que consideramos inadmisíbel porque o goberno local tivo tempo de abando para arreglar os desperfectos causados polo accidente.

Máis fotos (+)
Fotos
Comentario (0) - Categoría: Educación - Publicado o 10-09-2007 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
A penetración das TIC nos centros de ensino non universitario galegos está entre as peores do estado


Os datos sobre o número de ordenadores por estudante ou a conexión á Rede dos centros educativos non universitarios amosan unha situación moi dispar segundo a comunidade autónoma da que esteamos a falar. (+)
Comentario (0) - Categoría: Educación - Publicado o 14-08-2007 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
Programas de garantía social en centros públicos para o curso 2007-2008
Se queres consultar a oferta de programas de garantía social que van a ofrecer nos institutos de cambre, aquí tes o enlace para ver os distintos programas. Para ver os de Cambre, vai ás páxinas 3 e 4 do documento.

Resolución do 12 de xuño de 2007, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se autorizan os programas de garantía social en centros públicos para o curso 2007-2008.
Resolución
Comentario (0) - Categoría: Educación - Publicado o 11-07-2007 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
O novo decreto do galego no ensino

O Observatorio de Dereitos Lingüísticos apoia o decreto de galeguización do ensino como un "instrumento máis" para a "normalización" da lingua [...]

O BNG di que o PP asumíu unha liña 'suicida' en Galiza ao afastarse do consenso no decreto da lingua e 'supeditar a súa autonomía ás directrices de Madrid' [...]

O novo decreto do galego no ensino [no blog de Bieito Lobeira]


28/08/07. Apróbase o Decreto de promoción do galego no ensino [máis información en Vieiros]

O novo decreto no Consello da Xunta, na páxina 11.


Decreto do Galego no Ensino

________________________________________________________________

Outras sobre a lingua...
________________________________________________________________


Golfiño, primeiro corrector gramatical na nosa lingua [...]

O galego é a primeira lingua do Estado cun corrector gramatical [...]

Descargao en mancomun.org
Decreto
LOE
Comentario (0) - Categoría: Educación - Publicado o 28-06-2007 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
O programa

O prazo inscrición será do 15 de xuño ata o 15 de xullo para os cinco colexios públicos do municipio: Cambre, Sigrás, Portofaro, O Graxal, e Brexo Lema.



O programa "Mañanceiro", segundo explicou o concelleiro en funcións de Benestar Social e Cultura e Portavoz do Grupo Municiapal do BNG de Cambre, Xabier Igresias, ten como obxectivo principal responder ás necesidades familiares derivadas do desfase existente entre os horarios escolares e laborais, garantindo a atención dos nenos por persoas debidamente cualificadas que lles ofrezan actividades encamiñadas a fomentar a súa creatividade.

O servizo está financiado polo Concello sobre o cincuenta por cento. Ademais, sobre o prezo establecido en cada escola, están previstas bonificacións se o solicitante cumpre unha serie de requirimentos (familia numerosa, familia monoparental ou, entre outras, dependendo da renda per cápita familiar). Tamén se creou unha cota de prazas con tarifa cero para casos determinados en función dos informes do departamento de Servizos Sociais.

Antes do Xantar

Durante este mes púxose en marcha o programa "Antes de xantar", pensado para o mes de xuño polo peche do comedor escolar e para que os nenos e nenas continúen coa mesmas xornada escolar.
Concello
Programa Mañanceiro
Comentario (0) - Categoría: Educación - Publicado o 12-06-2007 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG advirte da necesidade de crear novas prazas escolares no Temple


O candidato do BNG en Cambre advirte da necesidade de crear novas prazas escolares no Temple

Cambre. 20 de abril07. Expropiar os terreos necesarios que permita levar a cabo a ampliación do colexio do Graxal. Esa será unha das primeiras medidas que tome o candidato do BNG, Xabier Iglesias, a súa chegada a alcaldía de Cambre despoís das eleccións do 27 de maio.

O candidato nacionalista amosou a súa preocupación polo retraso na negociación cos propietarios de esta parcela que está levando a cabo o alcalde, Antonio Varela, unha negociación que chega a perto dun ano. Esta negociación está a dilatar que se poida levar a cabo o proxecto de ampliación do colexio que foi acordado polo responsable de Benestar Social e Cultura e candidato a alcaldía de Cambre, Xabier Iglesias, coa consellería de Educación.

O candidato recordou que esta ampliación é necesaria para atender a demanda de prazas escolares que se vai producir no municipio e en especial nunha zona como a do Graxal-O Temple, que experimentou un importante crecemento de poaboación durante estos últimos anos. Insistiu en que este ano, para atender as solicitudes que houbo, o Concello tivo que habilitar unha nova aula de Educación Infantil, acondicionando una parte do colexio para elo.

A expropiación de estes terreos é un claro exemplo dunha política urbanística onde debe primar os intereses xerais por riba de intereses particulares. Xabier Iglesias afirmou que este será o prinicipio que mova a política urbanística a partires do 27 de maio unha vez que o BNG obteña a alcadía de Cambre.
Comentario (0) - Categoría: Educación - Publicado o 21-04-2007 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
Acordos con representantes de nais e pais do Ceip Portofaro (O Temple)

Cambre, 26 de marzo 07.

Hoxe celebrouse unha reunións con nais e pais representantes do ceip Portofaro con Concello para falar sobre da futura instalación deportiva para o colexio. Os acordos acadados foron os seguintes:

1º) O Concello financiará nunha proporción do 33% xunto co outras administracións públicas coas que hai que negociar (Consellería de Educacón e Deputación da Coruña).

2º) Manter entrevistas, no prazo máis breve posible, co Delegado de Educación e coa Deputación da Coruña.

3º) Xestionar a autorizacións coa autoestrada A-9 e a estrada provincial.

4º) Elaborar un informe técnico para buscar o deseño e ubicación da instalación deportiva que mellor se adapte ao espazo do patio.

Comentario (0) - Categoría: Educación - Publicado o 26-03-2007 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
Os colexios de Cambre sen barreiras arquitetónicas

Cambre, 23 de marzo de 2007.

Continuando coa nosa politica de eliminación de barreiras arquitetónicas, a día de hoxe os todos os colexios do Concello de Cambre non teñen barreiras arquitetónicas.

Hoxe fica instalada o elevador no Ceip de Brexo, en poucos días rematan co elevador do colexio de Sigrás.

Os colexios de Cambre, Portofaro e Graxal xa levan tempo funcionando se barreira arquitetónica.
Comentario (0) - Categoría: Educación - Publicado o 23-03-2007 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
Non somos un pobo durmido
id

foronacionalistadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos

Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis





© by Abertal