POR UNHA MAREA GALEGA


25 DE XULLO. DÍA DA MATRIA
Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-07-2015 16:26
# Ligazón permanente a este artigo

Marchas Dignidade

id

Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-03-2015 21:34
# Ligazón permanente a este artigo

Día da Patria Galega

Anova-In convoca un acto sociopolítico o Día da Patria Galega, na Praza 8 de Marzo, ás 13:00 horas con posterior convivio no Parque de Belvís.



Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-07-2014 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
O proxecto de lei electoral do PP é un atraco ao electorado e un asalto á democracia

O PP quere cambiar as reglas de xogo da representación democrática en Galiza cun debate "de trámite" no Parlamento de Galiza.

Alternativa Galega de Esquerda, como indicou Xosé Manuel Beiras, non vai participar de dita farsa, que supón disfrazar de democracia o que é xa case dictadura. O proxecto de lei electoral do PP é un "atraco ao electorado e un asalto alevoso á institución parlamentar". O que pretenden, en verbas do portavoz de Anova, é "decapitar o corpo institucional dun país desangrado polas políticas que aplican vostedes (o PP) mandados polos poderes que obedecen".

Dende Alternativa Galega de Esquerda proponse unha lei electoral proporcional e que inclúa mecanismos de participación cidadá.
Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2014 17:08
# Ligazón permanente a este artigo

id
Categoría: Xeral - Publicado o 30-04-2013 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Xoves, 31 Xaneiro 2013 16:44
id
ANOVA-Irmandade Nacionalista, ante a situación indescritíbel, ante unha sociedade civil atónita e indignada ante a tamaña proliferación de casos de corrución e da desvergoña dos gobernantes do PP solicita: (Máis)
Categoría: Xeral - Publicado o 01-02-2013 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados en Cambre e outros concellos
Eleccións Xerais 2011

20 de novembro

Resultados en Cambre
Ler...

Resultados no ano 2008.
Ler...
Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2011 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
O cruceiro de San Roque, esnaquizado polo ciclón Klaus, rexorde en Santa María de Vigo
O monumento foi feito cachizas polo ciclón e o Concello incluíu a súa recuperación no fondo estatal


O cruceiro de San Roque, esnaquizado fai máis dun ano e medio polo paso do ciclón Klaus, volve lucir no seu lugar orixinal en Santa María de Vigo. Naquel entón, o forte vento fixo cachizas a cruz e mesmo rompeu parte do capitel. Hai meses, o goberno local descubriu que os veciños gardaran a peza e a concelleira de Turismo e Patrimonio Artístico e Natural, Gumersinda Becerra, púxose ao choio para recuperar o cruceiro.

Desde hai días, o cruceiro de San Roque volve erixirse en Santa María de Vigo, unha vez que se completaron os traballos de recuperación do elemento e de recolocación emprendidos polo Concello de Cambre.

O goberno municipal incluíu o proxecto no Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local aprobado a principios de febreiro polo pleno da corporación. A actuación foi adxudicada a unha empresa especializada, que se encargou tanto da elaboración do proxecto de restauración como da propia intervención para devolver o cruceiro a Santa María de Vigo.

Ao tratarse dun elemento catalogado, a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta tivo que autorizar a intervención, tanto no sentido dos materiais a empregar ou á técnica que se empregou.

Becerra explica que os traballos consistiron na recomposición dos anacos da cruz e na súa posterior ensamblaxe ao capitel. A intervención só requiriu 4.872 euros do fondo estatal.

A concelleira de Turismo explica que un dos obxectivos do departamento que dirixe céntrase na posta en valor de elementos como os cruceiros “que forman parte da historia fundamental de Cambre”. Así, a concelleira aposta por realizar labores de mantemento que os conserven en bo estado e pola retirada de elementos doutra índole que poidan interferir na súa posición.








Categoría: Xeral - Publicado o 19-12-2010 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
SOBRE A BRUTAL SUBA DO RECIBO DA LUZ DECIDIDA POLO GOBERNO DO PSOE, A MAIOR DOS ÚLTIMOS 28 ANOS

1. O Goberno do PSOE continúa despregando a súa política antisocial, ditada pola grande banca e, neste caso, polas grandes eléctricas

A decisión de subir un 9,8 por cento o recibo da luz é un duro golpe para as economías máis modestas, isto é, para aqueles sectores sociais que xa están a sofrer as peores consecuencias da crise.

Outravolta os que non tiveron nen arte nen parte na xeración da crise son os que pagan as súas consecuencias e isto a mans dun Goberno, o
Goberno PSOE, que prometeu por activa e por pasiva que a factura da crise non a pagaría a maioría social.

Hai que ter en conta que a suba do recibo da luz máis que cuadruplica o incremento do custo da vida, do IPC. É unha medida antisocial e, portanto, antieconómica: deprimirá aínda máis a
capacidade de consumo da maioría social e, por tanto, retrasará a saída da crise.

2.Unha medida especialmente lesiva para Galiza

A medida é especialmente lesiva para Galiza porque, á marxe de termos menores salarios e pensións que no promedio do Estado, o 30 por cento do incremento da suba se debe (tal e como recoñeceu o propio Goberno PSOE)á entrada en vigor do Decreto do Carbón. Ou sexa: que non só o Decreto do Carbón vai representar a parálise das
centrais térmicas galegas e a destrución de miles de postos de traballo, senón que aínda por enriba os consumidores galegos terán que financiar, vía
incremento do prezo da electricidade, as perdas que esa parálise van producir ás empresas eléctricas.

Somos así dobremente paganos.

Paganos porque pagamos a electricidade máis cara e paganos porque as nosas centrais deixarán de producir por unha decisión política do Goberno
PSOE que, máis unha vez, antepón os intereses das concas mineiras de Asturias e León aos de Galiza.
Unha decisión política do Goberno PSOE que en nengún caso foi debidamente contestada polo PP (lembremos que recentemente PP e PSOE votaron no
Senado contra unha iniciativa do BNG para modificar o Decreto do Carbón).

3.O problema non está no déficit tarifario, senón nunha lexislación irracional que beneficia as grandes eléctricas


O Goberno PSOE xustifica a necesidade da medida na existencia dun déficit tarifario, isto é, no feito de que o recibo da luz supostamente non cubriría os custos de produción. Este déficit tarifario non é tal, é simplesmente o resultado da aplicación dunha Lei Eléctrica irracional que só beneficia as grandes eléctricas.
O problema está en que coa actual Lei Eléctrica o prezo da enerxía non reflicte o custo real de produción de cada tecnoloxía (hidráulica,
nuclear, gas natural, fuel, etc), senón o custo máis caro de cada kilovatio que entra no sistema. Dito doutro xeito, na subhasta para a compra de
enerxía, é o kilovatio máis caro o que marca o prezo de todos os kilovatios con independencia de canto custara a produción de cada un
deles (é máis barata a produción hidráulica que a de gas natural, etc).

En definitiva, o déficit existe porque o Estado paga máis do que debería pagar pola enerxía (paga o kilovatio-hidráulico tan caro como o kilovatio-fuel aínda que a produción de aquel sexa máis barata que a produción deste).
O déficit existe por unha lexislación que fai un uso ineficiente dos recursos ao servizo non dos intereses da maioría social, senón do sector privado de xeración eléctrica.

De feito, os beneficios das grandes eléctricas son hoxe maiores que cando se ligaba o prezo da enerxía ao custo real de produción de cada unha das tecnoloxías. Isto é o que explica que o prezo da electricidade sexa máis caro no Estado español que en Estados da UE máis desenvolvidos, tales como Franza, Finlandia ou o Reino Unido.

A actual Lei Eléctrica data de 1997 e foi promovida por un Goberno do PP. O Goberno do PSOE non só non a modificou, senón que a está levando até as súas últimas consecuencias.

4.As alternativas do BNG

É premente actuar nunha dupla dirección:

a) modificar o Decreto do Carbón.

b) reformar a Lei Eléctrica para que o prezo da enerxía se ligue necesariamente ao custo real de produción de cada tecnoloxía produtora de
electricidade.
Categoría: Xeral - Publicado o 14-12-2010 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
Carta de Xabier P. Docampo ao Presidente da Xunta


Señor Presidente: En anterior carta xa lle dicía que non había ser aquela a única que lle tería que escribir, así que aquí andamos outra vez e non porque eu o desexe, senón que acabo de ler as súas declaracións verbo do feito de que a RAG presentase un recurso en contra do chamado Decreto de Plurilingüismo.

Abráiase de que se teña producido tal recurso e recrimina o feito. Señor Feijóo, non cre vostede que calquera galego, se considera que nese decreto hai elementos de ilegalidade, o que debe facer é poñer os medios para que se impida a súa posta en funcionamento? Eu confiaba en que vostede actuara así sempre que osme que algo vai en contra das leis, pero polo visto non hai tal, e cre que se deben pasar por alto certas falcatruadas. Por que? Porque as fai vostede e non outro? Di vostede que a RAG non recorreu os decretos de Fraga, pois se neles advertiu algunha materia de ilegalidade e non actuou, mal feito.

Ademais, por que lle parece mal que os tribunais digan se o que decretou é conforme á lei ou non? Non quererá dicir que sabe que o Decreto ten cousas que non son totalmente acaíadas ao dereito? Se é así iso chámase prevaricación, ben o sabe. E se non é así pois estea tranquilo que non haberá lixo.

Tamén deduzo que non lle gusta o presidente da RAG (como tal presidente quero dicir, que lle supoño respecto para as persoas), pero aí teño que lle lembrar que foi democraticamente elixido polos académicos, que son os que teñen que facer tal cousa. Elixírono a maioría deles (como a vostede o elixiron case a maioría dos galegos), e agora o señor Méndez Ferrín é o presidente da Academia con plena lexitimidade e legalidade.

Tan é así que até aqueles que escribían artigos denigratorios para el como candidato a presidente, agora, en raposeira manobra, prémiano e gábano. O cinismo non lle ten cancelas!

Afirma que os seus compromisos electorais están por enriba das institucións. Teña coidado coa soberbia, que pode botalo a perder a vostede. As institucións públicas, señor Feijóo, pódense mudar e, mesmo, suprimir sempre que se faga por medios democráticos, pero están por enriba de calquera de nós mentres existan, do contrario isto sería a casa de tócame Roque.

Pero, no tocante á Academia, a súa soberbia é un pinchacarneiro inútil: vostede pasará, ninguén o lembrará e a RAG seguirá aí, farturenta ou en precario, mais prevalecerá. Xa sobreviviu a outros máis bravos ca vostede.

Eu ben sei que di estas cousas porque despreza a todos cantos non o votamos. Nunca quixo ser presidente dos galegos, só quería e quere dar satisfacción aos que o votaron. E nin sequera a todos, porque tamén despreza a cantos non comparten ese compromiso que adquiriu, vostede saberá con quen, de baleirar Galicia de calquera signo de identidade diferenciada que puidese haber.

A súa disposición a converter Galicia nunha “región de España” coma outra calquera (e digo isto sen menosprezo ningún para as comunidades autónomas que veñen definidas como tales rexións) e a iso é ao que lle mete máis dedicación de todo canto fai.

A lingua é o máis claro e querido signo de identidade diferenciada de Galicia, ben que o sabe, e a Academia ten que protexelo de calquera acción que poña en perigo a súa supervivencia e neste caso o perigo vén de vostede e do seu goberno. Non presentar o recurso sería unha grave irresponsabilidade por parte da RAG.
Categoría: Xeral - Publicado o 09-08-2010 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Party cambRED

5, 6 e 7 de Marzo de 2010

Pavillón Polideportivo de Cambre

Prazo de inscrición:
a partir do 8 de Febreiro de 2010




Máis información :

id


Categoría: Xeral - Publicado o 06-02-2010 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello reclamará formalmente a Audasa que repare os peches da AP-9 en mal estado


letra capital


O primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Xabier Iglesias, percorreu xunto á asociación de veciños da parroquia de Pravio, a que asume en Cambre a maior parte de quilómetros da autoestrada, o estado dos peches. O edil comprobou que nalgúns dos puntos “a rede está totalmente rota e son perfectamente accesíbeis para animais e persoas”.

letra capital

O nacionalista recorda os incidentes ocorridos nos últimos tempos como a falta de limpeza que provocou a propagación de incendios ou os accidentes por placas de xeo sucedidos hai dous anos.

Ademais do deficiente estado do valado, Iglesias denuncia a existencia de maleza que invade a contorna da AP-9. Así mesmo, algúns dos tramos que lindan con camiños locais, a reixa está reforzada con arame de espiños completamente oxidado, o que podería danar a calquera
viandante. “O que hai que facer é manter a autoestrada en bo estado e coidada, limpa de maleza e cos valados enteiros. O que non se pode consentir é que se recorra a arames de espiño”, expresa.






Iglesias percorreu cos veciños de Pravio a contorna da autoestrada e achou unha ducia de puntos co valo roto

Cambre, 15 de decembro de 2009.-

O Concello de Cambre esixirá á concesionaria da autoestrada AP-9 a reparación inmediata dos puntos onde o peche presenta danos. O goberno local toma a decisión unha vez que na mañá de hoxe a existencia dunha ducia de lugares co valo roto, por onde os animais dispoñen dunha entrada libre á calzada.

O concelleiro de Medio Ambiente, Obras e Servizos, alerta do perigo de non garantir o acceso controlado á estrada, como o demostra o accidente provocado polas vacas que entraron na madrugada do domingo por un dos lugares rotos do valo. Por iso, o goberno local cambrés trasladará ao Ministerio de Fomento a solicitude formal que se remitirá a Audasa para que actúe en todo o tramo municipal da AP-9 e nas dúas marxes. “Mañá mesmo encargarei a redacción dá reclamación”, anuncia.

Iglesias mostrouse “indignado” por que a concesionaria do servizo tratase de culpar ao propietario dos animais do incidente. “Como puiden comprobar, esta persoa tiña arranxado tramos do valado de Audasa que lindan cos seus prados”, revela.

Para o concelleiro, a responsabilidade reside unicamente na empresa. “Esta situación só é imputábel á falta de mantemento da concesionaria. Teñen unha explotación económica rendíbel dun servizo público fundamental e non dedican o necesario ao seu coidado”, lamenta.

letra capital


Categoría: Xeral - Publicado o 16-12-2009 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG demanda xenerosidade para levar adiante o novo Consorcio comarcal coa integración da Coruña
letra capital

A Coruña, 25 de novembro de 2009.-

A portavoz comarcal do BNG, Silvia Seixas, acompañada de Abel López Soto, alcalde de Sada, Xabier Iglesias, primeiro tenente de alcalde de Cambre, e de Henrique Tello, primeiro tenente de alcalde da Coruña, presentou esta mañá en rolda de prensa a posición dos nacionalistas sobre a ampliación do Consorcio das Mariñas.

Os portavoces nacionalistas insistiron no positivo do camiño que se está a iniciar, coincidente coas reivindicacións históricas do BNG na Comarca da Coruña, que debe permitir resolver grandes problemas e retos que ten diante a área metropolitana da Coruña, como a mobilidade, a ordenación territorial ou o tratamento do lixo, dixeron

Anuncian que para o BNG será válida calquera solución que sexa válida para todos


Xabier Iglesias participou con outros dirixentes nacionalistas da comarca coruñesa explicando a posición do BNG sobre a ampliación do Consorcio das Mariñas



Os comparecentes explicaron que o BNG demanda, do conxunto das institucións implicadas na ampliación do Consorcio comarcal, xenerosidade á hora de levar adiante o proceso de integración da Coruña. Neste sentido, salientaron que “a solución que sexa válida para o conxunto das administracións implicadas será válida para o BNG, sempre e cando non lesione os dereitos nin os intereses de ninguén”.

Insistiron ademais en que a cidadanía está expectante e que agarda dos concellos que se poñan de acordo na solución dos problemas que son comúns a todos. O BNG está nesa liña, dixeron, e centrará todos os seus esforzos en promover os acordos e o consenso.

Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2009 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello recupera as sendas de “O Bosque Animado”


id id


Cambre, 25 de setembro de 2009.-

O Concello de Cambre acaba de iniciar os traballos de recuperación de varios camiños, situados na parroquia de Cecebre, que serviron de escenario para os personaxes da obra “O bosque animado” de Wenceslao Fernández Flórez. En total, trátase de sete sendas que se atopan nun estado que impide o tránsito normal de viandantes.

Os camiños onde actuará o Concello, en virtude a unha axuda da Consellaría de Medio Ambiente, abarcan desde o río Mero até a Fundación Wenceslao Fernández Flórez e desde esta até o lugar de Canle. Co proxecto, a Concellaría de Xuventude que dirixe a nacionalista Laura Fernández, limpará e rozará os camiños, que son todos de titularidade municipal, coa finalidade de abrilos para o uso do público.

A maioría dos carreiros atópanse pechados pola invasión que sufriron da maleza.
Nalgúns casos, parte dos tramos foron até absorbidos polas leiras lindeiras.

“O obxectivo principal deste traballo é dar os primeiros pasos para converter estes antigos camiños nun percorrido que conxugue cultura, medioambiente e benestar”, establece a concelleira. A idea do goberno local é que o acondicionamento das vías sirva tanto para a creación dun espazo de lecer como para mellorar a comunicación dos veciños dos núcleos da parroquia de Cecebre.

No primeiro caso, os camiños servirán para o paseo, como complemento aos percorridos que brindan os carreiros que discorren polas beiras do río Mero, desde a presa até a urbanización da Barcala. O equipo de goberno efectuará, así mesmo, unha referencia á obra de Fernández Flórez: “Terá usos como itinerario cultural seguindo os pasos de personaxes dá obra O Bosque Animado”, sinala Fernández.
En segundo lugar, coa actuación recuperaranse antigas formas de comunicar as parroquias.

En concreto, a mellora de tres dos camiños facilitará o enlace desde Canle ata Pravio, moi utilizado no seu día polos residentes da zona.

Ademais, o Concello estuda a instalación de elementos de sinalización polos carreiros e dalgún tipo de mobiliario que permita o descanso dos usuarios. A acción enmárcase nos obxectivos do goberno local de pór en valor o patrimonio natural e etnográfico que conserva o municipio.






Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2009 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: Xeral - Publicado o 10-08-2009 20:51
# Ligazón permanente a este artigo


Teresa Táboas pede ao PP que deixe "a demagoxia e axilice as tramitacións da Lei de Dependencia"
Categoría: Xeral - Publicado o 10-08-2009 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
id
Categoría: Xeral - Publicado o 07-08-2009 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Tres novas farmacias para Cambre
Xa era hora!

A Consellería de Sanidade ven de aprobar tres farmacias para Cambre...máis

Resolución farmacias
Categoría: Xeral - Publicado o 06-03-2009 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
A FAO estuda exportar o Bantegal a outros países
O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, salientou o interese que está a espertar o Bantegal na UE durante a clausura do sétimo encontro da FAO sobre tenencia de terra e concentración parcelaria que se celebra dende o luns en Santiago...máis
Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2009 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza será a gañadora do concurso eólico


Fernando Blanco, subliña que "quen adxudica no concurso eólico é a Consellaría de Innovación e Industria" e salienta que "quen saiu gañando foi Galiza"
El BNG resiste y gana
INNOVACIÓN E INDUSTRIA ADMITE A TRÁMITE 2.290,7 MW DE POTENCIA EÓLICA
Categoría: Xeral - Publicado o 27-12-2008 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal