POR UNHA MAREA GALEGA


Presentación do Candidato do BNG á Alcaldía de Cambre
Intervención de Iglesias
Presentación do Candidato do BNG á Alcaldía de Cambre

Máis de 200 persoas, acompañaron o pasado venres día 30 de marzo a Xabier Iglesias Oviedo, na súa presentación como Candidato á Alcaldía de Cambre, polo BNG, nun acto celebrado no complexo hostaleiro “ O Bosque” de Bribes.

Na súa presentación, o candidato Xabier Iglesias, estivo acompañado de diversas autoridades da Xunta de Galiza, así como de varios dirixentes do BNG. Logo da presentación feita pola actriz Flor Maceiras, proxectouse un video sobre Cambre para deseguida, iniciar un turno de intervencións no que falaron: a Diretora do Servizo Galego de Igualdade, Ana Luisa Bouza, e os candidatos ás Alcaldías de Sada, e A Coruña, Abel López Soto e Xosé Henrique Tello León, respectivamente. Finalmente, intervíu o candidato á Alcaldía de Cambre, Xabier Iglesias, que na súa intervención, logo de agradecerlle aos numerosos asistentes a súa presenza e apoio, fixo unha exposición da xestión realizada nas áreas da súa responsabilidade, dentro do goberno municipal. Enumerou tamén, en ocasións con detalle, as novidades realizadas polo seu equipo, así coma as melloras experimentadas dentro dos servizos que dirixe, onde destacou a política de igualdade e conciliación da vida familiar e laboral, con programas como mañanceiro, programas en periodo de vacacións escolar, o programa de teleasistencia, comedor sobre rodas, transporte adaptado, acobouse coa listas de espera en servizos sociais, ..., e en servizos sociais triplicouse os orzamentos desde que chegamos ao goberno, e estos programas son irreversibeis e os feitos están aí, como a escola infantil, a contratación da escola de música e a próxima construción do centro de día na parroquia do Temple . Recordou tamén, que aínda que sempré foi coidadoso coa estabilidade do goberno municipal -evitando criticar a xestión dos seus socios de goberno- é conscente de que hubo luces e sombras e que quedaron cousas por facer, coma o Plan Xeral, pero serán outros os que lle terán que explicar aos veciños e veciñas de Cambre porqué non fixeron os deberes. Rematou, recordándolle aos asistentes que nestas eleccións o BNG aspira a Alcaldía e que está nunha excelente situación para conseguila. Así, se obtemos o goberno local, este basearase nos seguintes pilares, continuar coa política de igualdade, dedicar especial atención á mocidade, a conseguir equipamento social e facilitar o acceso á vivenda a través de reserva de solo para vivendas de proteción oficial. Para todo isto será necesario contar cun Plan Xeral de Urbanismo, en que se consegue o goberno, se compromete a aprobar o Plan Xeral no periodo de tempo máis breve posible.

Ao final do acto servíuse un viño aos asistentes, tendo o candidato a oportunidade de saludar e falar -un por un- con todos e todas as asistentes ao acto.

Video Candidato de Cambre 2007
Programa electoral
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 01-04-2007 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Candidato á Alcaldía de Cambre, venres 30 de marzo
Programa electoral
Comentario (1) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 20-03-2007 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
Anxo Quintana, loubou hoxe na Bola o traballo do nacionalismo nos concellos
Quintana afirma que o BNG traballa para pór os concellos ao servizo dos seus lexítimos donos, os veciños e as veciñas
A Bola, 18 Marzo 07. O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, loubou hoxe na Bola o traballo do nacionalismo nos concellos “porque é un traballo para todos” e animou “á xente” a continuar na mesma liña para situar Galiza “no lugar que lle corresponde, [...]
Bloque Nacionalista Galego
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 19-03-2007 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Convención Electoral Nacional

Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 14-03-2007 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Consulta o programa marco do BNG para as vindeiras eleccións municipais
Santiago de Compostela, 14 Marzo 07. "Construíndo a nación desde os concellos"; "afondando na mellora da calidade de vida" e "rexenerando a política e afondando na democracia participativa". Baixo estes tres epígrafes está estruturado o Programa marco[...]
BNG
Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 14-03-2007 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
O Programa Marco para as municipais 07
O Consello Nacional aproba por práctica unanimidade o Programa Marco para as municipais 07

"Trátase de construír o país desde os concellos", afirma Anxo Quintana en rolda de imprensa


PROGRAMA MARCO
B N G
Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 11-03-2007 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Pacto de goberno 2003/2007







O 25 de maio de 2003 os cidadáns e decidiron co seu voto que o goberno do Concello de Cambre se sustentase nunha maioría plural, ó non outorgar a maioría absoluta a ningunha das candidaturas concorrentes.

Esta vontade expresada polos cidadáns nas urnas esixe das forzas políticas de progreso un esforzo de diálogo e entendemento para respectar a vontade popular e contribuír responsablemente á estabilidade e a gobernabilidade da corporación , promovendo e impulsando unha maioría alternativa, ao Partido Popular, de orientación progresista.

Este sentido da responsabilidade institucional é o compromiso mutuo de impulsar desde o concello políticas positivas de mellora das condicións de vida dos seus cidadáns é o que anima ó PSdeG-PSOE e ó BNG a establecer as bases do presente acordo de gobernación.

COMPROMISOS PROGRAMÁTICOS

O PSdeG–PSOE e o BNG subscriben o presente acordo de gobernación, para a presente lexislatura comprometéndose a impulsar na acción municipal:

Un goberno cimentado na proximidade aos cidadáns e aos seus problemas, no compromiso inequívoco co noso país, con Galicia e os seus intereses, e tamén na solidariedade, na procura dun maior nivel de benestar e cohesión social, cun horizonte de igualdade cos territorios e os sectores sociais máis necesitados.

Un Concello forte para ofrecer un maior nivel de benestar. Comprometémonos a reclamar para o concello un modelo de financiamento capaz de garantir suficiencia e dinámica bastante para xestionar as súas competencias.

Un Concello que traballe pola mellora da calidade de vida dos cidadáns impulsando políticas activas de benestar social que garantan o acceso da poboación ás infraestructuras básicas, ós servicios educativos, sanitarios, sociais, culturais e deportivos, universais e de calidade. Un Concello que faga do acceso a unha vivenda digna un dereito real e efectivo para todos os seus cidadáns.

A garantía do goberno de coalición PSdeG-PSOE/BNG en Cambre leva consigo a responsabilidade da transformación política do concello. Valoramos o ámbito local como un espacio de privilexio para o compromiso cidadán e a participación social. Impulsaremos unha política de participación democrática, transparente e eficaz, fomentando a organización social e a participación popular na conformación da vontade política; xestionando a administración municipal con eficacia, axilidade e modernidade.

Un Concello comprometido coa vertebración política de Galicia e a promoción e potenciacións dos seus sinais de identidade colectivos. Potenciaremos o súo do galego en todas as actividades públicas e sociais, cumprindo rigorosamente coa lei de Normalización Lingüística e contribuiremos á difusión e posta en valor da cultura galega, ao coñecemento da nosa historia e a recuperación do noso patrimonio colectivo. Entendemos a nosa identidade cultural e lingüística como un factor de enriquecemento colectivo.

Un Concello comprometido co medio ambiente, co desenvolvemento rural e co equilibrio do territorio. Apostando por un modelo de crecemento sustentable respectuoso co medio e coas persoas.

Facer do concello un espacio máis habitable e solidario, incidir nunha transformación progresiva e sostida, dar resposta efectiva ás demandas dos veciños. Apostar pola posta en valor do noso patrimonio urbanístico e por unha planificación do espacio municipal no que as necesidades e o protagonismo das persoas estean por riba de calquera outra consideración.
Impulsar políticas de promoción económica e de fomento do emprego, que actúen como axentes dinamizadores do desenvolvemento socioeconómico.

E, para o desenvolvemento destes plantexamentos programáticos, ambas formacións DECLARAN:

1.O goberno basearase na corresponsabilidade efectiva, solidaria e leal de ambas as dúas forzas na acción de Goberno, así como na concepción de Goberno como órgano unitario.

2.Os acordos subscrito polo PSdeG-PSOE e o BNG fundaméntanse nunha concepción da relación entre ambas forzas como unha relación en pé de igualdade baseada no respecto á autonomía de cada organización.

3.O reparto das tarefas e responsabilidades nos distintos ámbitos institucionais estará en relación coa representatividade acadada por cada unha das forzas políticas acordantes.

4.As direccións locais do PSdeG–PSOE e BNG constitúense en garantes destes acordos en Cambre. Estabelecendo a tal fin unha comisión paritária de seguimento deste acordo, e que mediarán na interpretación do pacto e na solución de diverxéncias e/ou disfuncións.

É por esto que, na procura e defensa dos fins citados e en concordancia cos compromisos adquiridos, acadamos os seguintes ACORDOS:

1.Estimular a participación social na vida política e a democratización da sociedade.

2.Impulsar os valores éticos no exercicio da política.

3.Mellorar os indicadores sociais e as condicións de vida dos cidadáns e cidadás.

4.Conservar, protexer e poñer en valor os recursos naturais do noso Concello.

5.Fomentar a transparencia como principio de actuación en tódolos ámbitos da xestión municipal. Este principio será de aplicación:
a.Transparencia na provisión de postos de traballo.
b.Transparencia na concesión de subvencións.
c.Transparencia na contratación de servicios e suministros.

6.Impulsar o desenvolvemento económico e o fomento do emprego.

7.Impulsar e comprometerse nas políticcas metropolitanas.

8.Fomentar a participación dos cidadáns na vida política, social e cultural.

9.Promover a cultura e a identidade propias de Galicia, con especial énfase nas políticas de normalización lingüística.

ACORDOS ORGANIZATIVOS

Presidencia.

A Alcaldia será ostentada polo PsdeG-PsPSOE

Comisión de Goberno.

A Comisión de Goberno estará formada polo Alcalde-Presidente, e cinco concelleiros, dos que tres serán do PSdeG-PSOE e dous do BNG.
Tenencias de alcaldia que corresponderán ao PsdeG-PSOE a 1ª, 3ª,4ª
Tenencias de alcaldia que corresponderán ao BNG a 2ª e a 5ª.

A Comisión de goberno ostentará, por delegación, as competencias da alcaldia, excepto aquelas delegadas nos concelleiros responsábles de área e as propias atribuidas por lei o alcalde.
Comisións informativas permanentes e especiais
Constituiránse catro comisións informativas permanentes máis a Comisión especial de contas.

Todas elas manteran unha composición equilibrada, segun a proporción resultante das eleccións, que é a seguinte: tres membros do PsdeG-PSOE, dous membros do BNG e dous membros do PP.

A presidéncia e competéncias das comisións é como sigue:

COMISIÓN INFORMATIVA DE PARTICIPACIÓN E COMUNICACIÓN- DEPORTES E XUVENTUDE.......PsdeG-PSOE.
COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO- FACENDA- REXIME INTERIOR ...............PsdeG-PSOE
COMISIÓN INFORMATIVA DE INFRAESTRUTURAS-SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIVIL E TRANSPORTES......PsdeG-PSOE
COMISIÓN INFORMATIVA DE CULTURA-DESENVOLVIMENTO LOCAL E PROMOCIÓN ECONÓMICA- FORMACIÓN E EMPREGO- SERVICIOS SOCIAIS-MULLER-SANIDADE-EDUCACIÓN..........BNG.
COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS. Igual que a de facenda.

Áreas de Goberno.

Para a xestión e funcionamento da administración local propoñemos a sua división en tres grandes áreas de xestión, baixo a dirección dun teniente de alcalde coa capacidade de xestión, dirección e sinatura para actos administrativos, tal como comtempla os artigos 48 e 52 c) do ROM.

Dependeran de Alcaldía as concejalías de Participación Ciudada, Comuncación Social, Xuventude e Deportes.

1.Urbanismo e medioambiente, Facenda, Réxime interior, Patrimonio e Contratación, dirixida por D.Andrés López Arcay (PsdeG-PSOE)

2.Infraestruturas, Seguridade cidadá e protección civil, transportes, dirixida por D. Augusto Rey Moreno (PsdeG-PSOE)

3.Cultura, Desenvolvimento local-promoción económica-formación e emprego, servicios sociais, sanidade, educación, muller, dirixida por D. Xabier Iglesias Oviedo (BNG).

Estas Areas de Goberno estarán dotadas de medios persoais e orzamentarios para o desenvolvemento da súa xestión. Dentro deste acordo está tamén o compromiso da dotación da plantilla de persoal vacante nas respeitivas áreas.

Na preparación do Orzamento xeral do Concello para o ano 2004, a partir de setembro, debaterase e definirase a dotación económica das distintas áreas en función dos obxectivos políticos programáticos do goberno municipal.
Dotación de médios de xestión.

Observando princípios de moderación e austeridade no gasto, xunto coa necesária racionalidade nos médios do goberno para xestionar os intereses públicos acórdase:

1-Conxelar o importe das retribucións que en concepto de dedicacións (total ou parcial) ou de indemnizacións por asisténcia efectiva a órganos colexiados estaban vixentes até o momento no orzamento.
2-As dedicacións exclusivas estarán asumidas polo Alcalde máis os tres concelleiros responsábeis de área.
3-Cada área de xestión poderá, asi mesmo contar cunha média dedicación.
4-Cada área de xestión poderá contratar tamén unha persoa eventual de gabinete.
5-Continuará vixente a Xunta de Coordenación como órgano municipal formado polos componentes dos dous grupos políticos asinantes, con reunións periódicas, para o debate e coordenación das políticas municipais.

Cambre, a 26 de Junio de 2003.
Comentario (1) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 31-01-2007 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal