POR UNHA MAREA GALEGA


As persoas usuarias do 065 siguen a denunciar as deficiencias no funcionamento do transporte adaptado.


- Pregúntanse onde van as promesas pre-electorais do alcalde cando dícia que ía que completar o servizo onde a Xunta non chegara


Cambre, 24 de abrilde 2012.

As persoas usuarias dos servizos de Transporte Adaptado da Xunta (065) en Cambre, remítennos un comunicado no que denuncian a precariedade do servizo, o seu mal funcionamento e a falla de resposta das autoridades autonómicas. Ou que cando a hai é despreciativa e insultante.

- Anuncian unha concentración ás portas do Pleno deste xoves, 26 de abril





Así mesmo lembran a utilización partidista que fixo o PP de Cambre en campaña electoral (hai un ano) cando se comprometeu publicamente a complementar os servizos que a Xunta non cubrira. "Foi gañar a alcaldía e esquencernos", comentaron.

Os Nacionalistas de Cambre queremos amosar a nosa solidariedade con este colectivo e manifestamos o noso apoio a todas as súas reclamacións. Queremos lembrar que en Cambre fomos pioneiros neste servizo, que se creo durante a nosa responsibilidade á fronte dos Servizos Sociais Municipais e que seguimos a considerar que é un servizo fundamental para garantir a mobilidade e igualdade das persoas con mobilidade reducida.

Velaí o comunicado íntegro:

COMUNICADO USUARIOS DEL 065
Categoría: Benestar - Publicado o 24-04-2012 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
Masivo respaldo cidadán á manifestación en defensa da sanidade e contra a política privatizadora do PP


Despilfarro e peor servizo para a cidadanía, con máis listas de espera

Santiago de Compostela, 21 Novembro 2010

Guillerme denuncia que `"a politica sanitaria do PP consiste en privatización, estrago de fondos públicos e peor servizo para os galegos e galegas" [...]

Categoría: Benestar - Publicado o 21-11-2010 22:16
# Ligazón permanente a este artigo


Alcaldes e alcaldesas do BNG denuncian que a privatización dos centros de día suporá unha merma na calidade do servizo


Santiago de Compostela,5 Decembro 09

Alcaldes e alcaldesas do BNG, através deste comunicado de imprensa, denuncian a privatización dos centros de día que pertencen ao Consorcio Galego de Servizos Sociais e Benestar por supor unha merma na calidade do servizo para a cidadanía.[+]

Categoría: Benestar - Publicado o 10-12-2009 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello comeza un plan de eliminación de barreiras arquitectónicas na Barcala


O proxecto remodelará os accesos ao paseo da urbanización para permitir o seu uso a persoas con mobilidade reducida

Con esta obra dan comezo as intervencións comprometidas para a mellora e mantemento do barrio no acordo de orzamentos e goberno que promoveu o BNG

Cambre, 10 de novembro de 2009.-

O Concello de Cambre iniciará nas próximas semanas un plan de eliminación de barreiras arquitectónicas na urbanización da Barcala, un dos núcleos con maior poboación do municipio. O primeiro tenente de alcalde, Xabier Iglesias, anuncia que a actuación persegue facer do barrio “un espazo totalmente adaptado e accesible para as persoas con mobilidade reducida”.

Por iso, a intervención municipal consistirá na construción dunha gran rampla que comunique dunha forma accesible as beirarrúas da rúa do río Barcés co paseo. “Trátase dunha vía idónea para o paseo e o lecer, ademais de constituír no camiño de entrada a diferentes equipamentos municipais, e desde o Concello debemos garantir o acceso para todas as persoas”, razoa Igrexas.



En total, o goberno local destinará un montante de 55.000 euros para a primeira das fases. O proxecto xa foi adxudicado de forma provisional, e as obras comezarán nas próximas semanas. O prazo de execución previsto ascende a un mes.

A remodelación urbanística da Barcala constituíu unha das actuacións adiantada polo edil nacionalista e o alcalde, Antonio Varela, nunha visita que realizaron fai meses ao núcleo e que serviu de base para a negociación dos orzamentos municipais, e constituíu unha das propostas do BNG para incluír no plano de investimentos municipal.



O concelleiro de Medio Ambiente, Obras e Servizos, avanza que a primeira fase do proxecto centrarase en mellorar o acceso ao paseo da Barcala, que discorre en paralelo á vía do tren, no extremo da urbanización. Actualmente, para acceder desde a rúa do río Barcés, onde se sitúa o centro sociocultural, cara ao mencionado paseo, os transeúntes vense obrigados a atravesar distintos tramos de escaleiras.

No punto onde finalizará a rampla emprázase unha pista polideportiva, un parque infantil, os reformados locais do Concello que se destinarán a usos múltiples, e a futura sala de ensaio, que construirá Cambre a cargo do novo Fondo Estatal de Investimento Local. “Hai que garantir a utilización dos equipamentos públicos por parte de todos os veciños e veciñas que ou desexen”, reitera o concelleiro.

Coa obra, o Concello tamén propiciará o acceso de vehículos se servizo ás instalacións municipais para realizar tarefas de transporte de materiais e de mantemento das instalacións municipais.

Segunda fase

A construción da rampla só constitúe a primeira parte das actuacións que prepara a Concellaría de Obras para a urbanización cambresa. Iglesias anuncia que nas próximas datas realizarase unha segunda fase, que redundará na mellora do acceso ao paseo. “No extremo da escola infantil, a entrada se fixo en distintos puntos con escaleiras que tamén imos eliminar”, avanza.

O portavoz do BNG reiterou, así mesmo, que estas obras son parte do plan de obras para a Barcala que se ten marcado como obxectivo nos próximos meses. Explicou que xa está en marcha a contratación dunha brigada especial de obras que acometerá diferentes traballos de mantemento e mellora no barrio. Comentou que a contratación esta en curso marcha e que confía que comece o seu labor a finais deste mes.






Categoría: Benestar - Publicado o 11-11-2009 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
dignidade I + B
Categoría: Benestar - Publicado o 07-11-2009 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG DENUNCIA O DETERIORO DO SERVIZO 065




O BNG DENUNCIA O DETERIORO DO SERVIZO 065 NO CONCELLO DE CAMBRE DURANTE AS ÚLTIMAS SEMANAS




Santiago de Compostela, 3 novembro 09.-

Os deputados do BNG no Parlamento Galego pola comarca da Coruña, Ana Luisa Bouza e Carlos Aymerich, veñen de presentar unha iniciativa na que denuncian o deterioro do servizo 065, dependente da Xunta de Galiza, no concello de Cambre.

Os parlamentarios nacionalistas lembran que o Servizo Galego de Transporte Adaptado (Servizo 065), que atende ás persoas con discapacidade e dependentes, foi instaurado en toda Galiza pola Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar na pasada lexislatura.

No caso do concello de Cambre, subliñan que até o ano 2009, o transporte adaptado corría a conta do concello. O servizo púxose ne marcha a finais do ano 2005, en virtude a unha colaboración acordada coa entón Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar e o concello, de maneira temporal en canto non se puxera en marcha o servizo da Xunta.
“O concello -salientan- fixo un esforzo importante naquel momento, cunha forte dotación económica que fixo de Cambre un dos concellos poineiros en prestar estes servizos”.

Queixas porque a Xunta cancela as citas


Porén, advierten de que “o Goberno local de Cambre ten denunciado nos últimos días que usuarios do servizo se teñen posto en contacto co concello para protestar polas deficiencias do 065, manifestando que os responsábeis autonómicos cancelan as citas concertadas para efectuar o transporte o día anterior a pesar de térense fixado até cunha semana de antelación”.

Ante esta situación, os deputados do BNG pregúntanlle á Xunta de Galiza polos servizos de transporte adaptado que foron solicitados e se realizaron efectivamente polo 065 no concello de Cambre durante os últimos meses.

Asemade, Carlos Aymerich e Ana Luisa Bouza esíxenlle ao Goberno do PP que adopte medidas para solucionar as eivas do 065 no concello de Cambre.
Categoría: Benestar - Publicado o 03-11-2009 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello esixe á Xunta que mellore o servizo do 065 ante as queixas efectuadas por numerosos veciños

id


Cambre comezou a suprimir o transporte adaptado municipal ante o anuncio do goberno autonómico de que asumiría a competencia



Cambre, 30 de outubro de 2009.-

O goberno local de Cambre reclama á Xunta unha mellora inmediata do servizo de transporte adaptado que está ofrecendo aos veciños do municipio. Os usuarios puxéronse en contacto cos responsables locais para protestar polas deficiencias do 065. Algúns manifestaron que os responsables autonómicos cancelan as citas concertadas para efectuar o transporte o día anterior a pesar de térense fixado até cunha semana de antelación.

O Alcalde anunciou que enviará unha carta ao Presidente da Xunta para pedirlle que mellore rapidamente o servizo e engadiu que o transporte adaptado é un servizo fundamental para as persoas con dificultades de mobilidade. Agradeceu, ademais, que os veciños notifiquen estas queixas ao concello para que se poidan formular as protestas e reclamacións necesarias ao Goberno Galego.

Neste mesmo sentido explicouse o primeiro tenente de alcalde, Xabier Iglesias, quen denunciou a “mala calidade” do 065 da Xunta e comprende a situación das persoas usuarias. “Se o que se concerta non se cumpre, comezan os problemas” afirma. Insistiu en que non se pode consentir que se dean pasos atrás en servizos de igualdade básicos como este.

Transporte municipal

Ata este ano, o transporte adaptado corría a conta do Concello. A finais de 2005, iniciouse o servizo municipal en virtude a unha colaboración acordada coa entón Vicepresidencia de Igualdade e Benestar autonómica. “Concibiuse como unha ponte mentres non se puxera en marcha o servizo da Xunta”, relata o primeiro tenente de alcalde.

O concello, lembrou Iglesias, fixo un esforzo importante naquel momento, cunha forte dotación económica. Referíase a que Cambre foi un dos concellos pioneiros en prestar estes servizos e, segundo explicou, debeuse en boa medida á decidida aposta do anterior goberno municipal por impulsar as políticas de igualdade e benestar. Lembrou que foron precisamente os concelleiros do BNG, á fronte da Área de Servizos Sociais Municipais, quen pularon pola creación destes servizos.
“Comprendemos perfectamente a indignación das persoas usuarias”, afirmou, e declarou a súa solidariedade e compromiso de apoiar as reclamacións e solucionar o problema creado pola rebaixa na calidade das políticas de benestar que está a provocar a xestión popular na Xunta, dixo.

O anuncio da Xunta de rematar o vindeiro 31 de decembro coas subvencións ao servizo municipal de transporte adaptado ao quedar Cambre cuberto polo 065 da Xunta, fixo saltar todas as alarmas, dada a mala xestión que está a realizar.

Iglesias insistiu en que o goberno de Cambre despregara diversas iniciativas para reclamar que se corrixa a situación e, afirmou, que se poñerán en contacto co grupo parlamentar nacionalista no Hórreo, para que se denuncie no Parlamento o mal funcionamento do servizo de transporte adaptado e se poñan solucións.





Categoría: Benestar - Publicado o 31-10-2009 01:24
# Ligazón permanente a este artigo
Extracto do debate no Pleno ordinario de xullo sobre a "Situación do Voluntariado de Cambre"
Pregunta feito no Pleno Ordinario. Formulada desde o noso grupo municipal diante da constatación do deterioro que está a sofrer o voluntaiado do noso concello

- O voluntariado de Cambre chegou a ser exemplar entre o voluntariado municipal en Galiza. Cal é a situación actual do voluntariado de Cambre?

...máis (debate extraído da acta do pleno)
Categoría: Benestar - Publicado o 20-11-2008 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
O Alcalde e o Portavoz Municipal do BNG visitan o Consorcio de Igualdade e Benestar

O Consorcio estuda a construcción dunha nova Galescola en Cambre e dun Centro de Día para maiores

[04/09/2008] O alcalde de Cambre, Antonio Varela, e mailo voceiro do grupo municipal do BNG, Xabier Iglesias, reuníronse esta mañá en Santiago co xerente do Consorcio, Lois Pérez Castrillo, para propor a cesión dunha parcela na zona do Temple para a construcción dunha Galescola e dun Centro de Día.


O terreo previsto para a cesión conta cunha superficie de preto de 2.000 metros cadrados e se sitúa na parroquia máis poboada deste municipio coruñes, a do Temple, con máis de 8.000 habitantes. Tanto o rexedor, Antonio Varela, coma o voceiro nacionalista, Xabier Iglesias, expuxeron ante a Xerencia do Consorcio a idoneidade da parcela, na que planifican a construcción dun Centro de Día para persoas maiores e dunha nova Galescola, que complementaría á que xa existe en Cambre, que conta con capacidade para 82 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos e que, neste curso, xa ten completada a matrícula.

O xerente, pola súa parte, emprazou aos representantes municipais de Cambre a estudar, con técnicos do Consorcio, a viabilidade da parcela para que a cesión se poida materializar canto antes.
Categoría: Benestar - Publicado o 05-09-2008 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Anteproxecto de da Lei de servizos sociais de Galiza
Na Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar iniciouse a tramitación do anteproxecto da Lei de servizos sociais de Galicia. A demanda social e a incidencia do seu contido aconsellan a maior difusión para que sexan tidas en conta as opinións e alegacións achegadas polos interesados.

Resolución do 25 de xaneiro de 2008, da Secretaría Xeral da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, pola que se anuncia a apertura do trámite de información pública do anteproxecto da Lei de servizos sociais de Galiza

Prazo:sábado, 16 de febreiro de 2008


O texto íntegro do anteproxecto está publicado na páxina web da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar

http://vicepresidencia.xunta.es/index.php?id=128
Vicepresidencia
Categoría: Benestar - Publicado o 04-02-2008 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
O anteproxecto de lei de Servizos Sociais de Galiza deixa atrás o modelo asistencialista e aposta pola xestión innovadora e integral



O Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, presentou en Santiago o anteproxecto de Lei de Servizos Sociais de Galiza, o novo marco normativo e conceptual a partir do que se vai desenvolver o Sistema Galego de Benestar. Para o Vicepresidente este anteproxecto de lei supón "un gran paso adiante de Galiza na produción lexislativa de carácter social ao tempo que abre unha nova etapa para o impulso dunha política propia fundada nas capacidades do autogoberno e comprometida coa mellora da calidade de vida e o benestar de todos os galegos e galegas". [...]
Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
Artigo completo
Categoría: Benestar - Publicado o 20-01-2008 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
Rede Galega de Centros de Día
O Consorcio habilita un número de información sobre a Rede Galega de Centros de Día

O 902 304 200 está operativo coa finalidade de facilitar información a todos os interesados en solicitar unha praza nos primeiros centros da rede pública impulsada pola Vicepresidencia da Xunta e xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. (...)

O Consorcio é o primeiro organismo do Estado que adapta as tarifas para os Centros de Día aos criterios do Consello Territorial da Lei de Dependencia

O transporte adaptado comeza a funcionar en toda Galicia e dará servizo aos Centros de Día xestionados polo Consorcio
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Categoría: Benestar - Publicado o 28-12-2007 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
ACCESO AOS CENTROS DE DÍA
Comeza o proceso de admisión de usuarios na Rede Galega de Centros de Día

[30/11/2007] As persoas maiores interesadas en acceder a un destes centros xa poden presentar as súas solicitudes. O proceso estará aberto de xeito permanente, e os potenciais usuarios e usuarias admitidos recibirán atención terapéutica integral e plural durante o día, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no contorno habitual. Todo a cargo dun equipo de profesionais especializados na atención aos maiores e coordinados mediante a xestión do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
ACCESO AOS CENTROS DE DÍA
Categoría: Benestar - Publicado o 02-12-2007 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
A construcción do Sistema Galego de Benestar
Os profesionais dos Centros de Día terán un papel protagonista na posta en marcha dun "gran reto" para Galicia: a construcción do Sistema Galego de Benestar

[27/11/07] O xerente do Consorcio e mailo vicepresidente da Xunta abriron esta mañá as I xornadas de formación do persoal dos 15 primeiros Centros de Día da rede pública galega. Ámbolos dous destacaron o papel destes profesionais como protagonistas dunha "revolución aínda maior que a posta en marcha dos sistemas sanitario e educativo públicos", en palabras de Anxo Quintana. En total, un plantel de 130 persoas que entre hoxe e mañá compartirán charlas e mesas redondas co obxectivo, segundo o xerente, de "sentirse parte dunha rede: a Rede Galega de Centros de Día, de Atención á Dependencia e do Sistema Galego de Benestar".

Quintana sinala que o servizo galego de transporte adaptado, pioneiro e referente no Estado, sitúa a Galiza na vangarda das políticas de benestar

[28/12/07] Esta primeira fase contará cunha flota de 44 vehículos cos que se dará cobertura a 130 concellos. Entre todos eles suman unha poboación potencial usuaria deste servizo que supera as 22.000 persoas (...)
Consorcio Galego de Benestar e Igualdade
Categoría: Benestar - Publicado o 27-11-2007 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Sistema Galego de Benestar do Bloque Nacionalista Galego

Novas políticas sociais para Galiza

A construción do Sistema Galego de Benestar é un proxecto central da acción de goberno do Bloque Nacionalista Galego. O nasa obxectivo estratéxico é crear un marco galego de politicas de benestar como parte substancial do nasa autogoberno nacional. En mans do BNG, o autogoberno convértese así nun instrumento fundamental para garantir o benestar e a mellara na calidade de vida de todos os galegos e galegas. Os nosos esforzos van dirixidos a crear un sistema público e nacional de benestar, equiparable no seu grao de cobertura territorial e na universalización dos seus programas e prestacións aos actuais servizos públicos sanitarios ou educativos.

1. Un sistema público de benestar. Os gobernos do Partido Popular reduciron o papel da Xunta de Galicia a ser unha mera xestoría de fondos públicos que se canalizaban cara ás empresas privadas que se ocupaban da prestación de servizos e da xestións dos equipamentos sociais. A nasa política confírelle as funcións de dirección, planificación e xestión dos programas, servizos e infraestruturas do benestar á iniciativa pública a través da súa xestión directa por parte da administración galega ou de entidades participadas polo goberno galego (Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar...). O Sistema Galego de Benestar é a res posta da iniciativa pública fronte ás políticas de privatización dos servizos sociais do benestar.

2. Un sistema nacional. O Sistema Galego de Benestar ten unha dimensión nacional, o seu obxectivo é reforzar a cohesión social, o desenvolvemento comunitario e o reequilibrio demográfico e territorial de Galiza. O naso obxectivo é artellar a sociedade galega como un espazo social cohesionado, igualitario e favorecedor da autonomía persoal, a integración e a participación sociocomunitaria. Para acadar este obxectivo é imprescíndible contar cun dispositivo nacional que nos permita achegar os recursos, servizos e prestacións con estándares de calidade equiparables en todo o territorio de Galiza. O Sistema Galego de Benestar é un instrumento impulsor de políticas sociais para a construción nacional de Galiza.

3. Un modelo propio. O Sistema Galego do Benestar non é un sistema de políticas sociais supeditadas ás que promove o Goberno do Estado. Galiza conta con competencias plenas en materia de servizos sociais; na construción do benestar o autogoberno pode conducirse soberanamente. O noso modelo de políticas de benestar non se fundamenta, logo, na trasposición legal das normativas estatais, senón na creación dun marco de políticas propio, innovando os programas de intervención e a súa xestión para adaptalas ás necesidades e especificidades demográficas, sociais e territoriais do noso país. Así, por exemplo, o Servizo Galego de Atención á Dependencia, integrado no Sistema Galego de Benestar, non é unha clonación da Lei de Dependencia, é unha política propia que vai moito máis alá: integra unha rede propia para a valoración das situacións de dependencia, sostén
programas de prevención e de achega de recursos aos coidadores
(Coidanet), dispón diversos servizos -como o de transporte adaptado, teleasistencia , fornece de prazas residencias e centros de día de xestión pública, ou promove programas de promoción social dos maiores ou dos discapacitados. O Sistema Galego de Benestar define políticas propias para a sociedade do benestar en Galiza.

4. Un sistema de colaboración interinstitucional. O Sistema Galego de Benestar constrúese en rede e mediante a cooperación entre o Goberno e a administración autonómica e as corporacións locais a traves de políticas conveniadas. O noso modelo non é o baleiramento das iniciativas do Goberno galego en beneficio da xestión directa dos recursos do benestar por parte dos concellos. A través do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar definimos un novo marco de colaboración interadministrativa coas corporacións locais para a coxestión e cofinanciamento de equipamentos (Centros de Día...) e o desenvolvemento territorializado de plans especiais de acción social (Plan de Inclusión...). O Sistema Galego de Benestar, baseado na colaboración interinstitucional, quere estender os seus programas e servizos por todo o país superando as visións localistas.

5. Un sistema participativo e transformador. Sostemos que a iniciativa pública debe ser o centro reitor do impulso e desenvolvemento das políticas de benestar abríndoas á participación cidadá e propiciando un marco de colaboración coas organización sociais e comunitarias para o desenvolvemento de actuación sociais complementarias ás desenvolvidas desde a rede pública do benestar. Ás políticas sociais impulsadas polo Partido Popular foron un instrumento clientelar empregado para fomentar a pasividade e a dependencia social. O Sistema Galego de Benestar ten como obxectivo estratéxico promover o artellamento comunitario e a participación dos axentes sociais para garantir un major impacto transformador das súas accións. A nosa política de benestar é unha política para as persoas, aberta á participación das persoas.

17 de Novembro de 2007

Artigos relacionados:

Quintana aposta polo Sistema Galego de Benestar como ferramenta para construír “un país máis forte e cohesionado socialmente”
Categoría: Benestar - Publicado o 17-11-2007 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
O Sistema Galego de Benestar

Introdución

O Sistema Galego de Benestar organiza as infraestruturas, recursos, servizos e prestacións coas que a Vicepresidencia da Xunta quere asegurar institucionalmente a cohesión social, promover a autonomía das persoas e construír participativamente unha sociedade do benestar accesible a todos os galegos e galegas.

O Sistema Galego de Benestar baséase no protagonismo das institucións do autogoberno na planificación, dirección e xestión dos programas, servizos e infraestruturas. A iniciativa pública é o principal axente para o impulso e desenvolvemento das políticas de benestar en Galiza e, desde esa posición reitora, procura novos marcos de colaboración e de actuación complementaria coas iniciativas sociais e comunitarias.

O Sistema Galego de Benestar responde a un modelo propio, de país, para impulsar novas políticas sociais facendo do autogoberno galego o garante fundamental dun réxime de dereitos sociais e a construción dun espazo social baseado nos principios da solidariedade, a igualdade de oportunidades, a equidade, e a cohesión social e territorial.

Definición do Sistema Galego de Benestar

O Sistema Galego de Benestar é un sistema público galego de infraestruturas, recursos, servizos e prestacións de benestar que, con carácter universal, teñen por obxectivo:

~ Reforzar a cohesión social e comunitaria.
~ Favorecer a autonomía persoal.
~ Promover a inclusión social.
~ Favorecer a normalización social.

Ao mesmo tempo, é un instrumento para impulsar a participación e a
corresponsabilidade sociocomunitaria, garantir a igualdade de oportunidades e actuar sobre as orixes de desavantaxe social.

Criterios reitores do Sistema Galego de Benestar


~ Universalidade: é un sistema de recursos dirixido a toda a cidadanía, tanto no eido preventivo como asistencial, establecéndose os dereitos de acceso aos servizos en función das situacións concretas e das necesidades valoradas.

~ Planificación e sostenibilidade. Atende ao diagnóstico de necesidades sociais cartografiado no Mapa de Servizos Sociais para establecer as súas actuacións ao curto, medio e longo prazo co obxectivo de achegar os recursos, servizos e prestacións de xeito sostible e con estándares de calidade equiparables en todo o territorio de Galiza.

~ Transparencia e eficacia para garantir a dispoñibilidade e acceso aos seus servizos e prestacións públicas mediante a regulación e achega dos medios humanos, técnicos e financeiros e dos equipamentos necesarios.

~ Preventivo: As súas políticas de servizos sociais teñen vocación preventiva, para abordar de xeito anticipador os problemas sociocomunitarios, paliando e corrixindo de xeito temperá as súas manifestacións.

~ Profesionalidade e interdisciplinaridade: as intervencións nos programas e servizos do Sistema Galego de Benestar farase atendendo á conformación de equipos profesionais interdisciplinares.

~ Participación: promoverase a implicación e protagonismos dos usuarios, dos seus familiares e das organizacións da sociedade civil no deseño, programación e xestión dos servizos e prestacións.

Piares nos que se sustenta o Sistema Galego de Benestar

Os piares do Sistema Galego de Benestar son dúas áreas de intervención transversais a todos os colectivos:

~ Área de Autonomla Persoal

~ Área de Inclusión Social

Area de Autonomla Persoal: grande área de actuación que ten como obxectivo a atención e promoción social das persoas en situación de dependencia, tanto maiores como menores de 65 anos. Trabállase, por primeira vez, cun enfoque preventivo e de participación social dos maiores, así como na visibilización das persoas con discapacidade.

~ Servizo de Valoración da Dependencia conformando un ha rede propia con catorce equipos nas sete grandes cidades e 104 profesionais nos demais concellos para a atención e valoración a domicilio das situacións de dependencia.

~ Servizo de Prevención da Dependencia:

.Coidanet, portal telemático para achegar servizos e recursos (autocoidado, axuda mútua, programas de respiro...) aos coidadores de persoas en situación de dependencia.
.Programas de sensibilización e promoción social de maiores. .Unidade de estimulación en todos os centros de
Vicepresidencia.
.Xantar na casa.
.Lavandería.
.Podoloxía

~ Servizo de atención á Dependencia:
.Residencias
.Centros de día
.Libranza de servizos sociais
.Libranza de asistentes persoais e libranza de coidados no
contorno
.Axuda no fogar
.Servizo de transporte adaptado e apoio á mobilidade
.Teleasistencia

~ Plan de atención ás persoas con discapacidade.

Área de Inclusión Social: área desde a que se traballan os procesos de integración social e normalización das condicións de vida das persoas socialmente máis desfavorecidas. Aténdense as problemáticas específicas de minorías étnicas, persoas con escasos niveis de renda, menores en situación de desprotección, persoas sen fogar, etc.

As principais actuacións son:

~ Políticas de rendas mínimas.

~ Plan de Inclusión Social.

~ Plan de actuación coa colectividade xitana.

~ Pensións non contributivas.

~ Plan Estratéxico da Infancia e da Adolescencia.

Instrmentos de xestión

Para o desenvolvemento destas grandes áreas de actuación a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Benestar, ocúpase da xestión directa de equipamentos, prestacións económicas, axudas e subvencións, e de programas e servizos do benestar, pero a maiores cóntase con instrumentos de xestión específica como o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, SOGASERSO e FUNGA.

O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar é un mecanismo de colaboración interadministrativa para achegar á relación institucional cos concellos un novo escenario de diálogo, financiamento e cooperación para a provisión de equipamentos de educación infantil (Galescolas) e de proximidade na área de Autonomía persoal como son os Centros de Día, ademais de posibilitar un enfoque territorial izado de acción social no desenvolvemento de plans especiais (Plan de Apoio ás Familias, Inclusión Social...). Actualmente está integrados no Consorcio máis de 200 concellos.

Desde a SOGASERSO conseguimos unificar esforzos nun proxecto común para aumentar o número de prazas residenciais e diúrnas da Administración autonómica co retorno á sociedade de parte dos beneficios das dúas grandes caixas de aforro de Galiza a través das súas obras sociais. A finais da lexislatura poderemos dispor de 1.340 prazas residenciais públicas adicionais e 275 diúrnas.

O reto de desenvolvemento do Servizo Galego de Autonomía Persoal vese reforzado co cambio que desde Vicepresidencia se promoveu para converter a FUNGA, ata daquela só con competencias na tutela de adultos, nunha Fundación para o estímulo e promoción da autonomía persoal, unha entidade, cunha misión máis ampla e mellor dotada, que viu triplicado o seu orza mento e que xestiona programas para a implementación de prestacións básicas deste servizo como son o Transporte Adaptado e o Programa de Asistente Persoal.

Alén da xestión directa da Secretaría Xeral de Benestar e destes instrumentos específicos, a Vicepresidencia sostén un Plan Concertado para a provisión de recursos humanos, programas e mantemento de servizos sociais de atención primaria por parte das corporacións locais.

Por último, a Secretaría Xeral de Benestar conta cunha arde de subvencións no ámbito de maiores, menores, discapacidade e inclusión social; esta convocatoria única permite ordenar os recursos e as achegas que, con carácter xeral, se destinan ás entidades de iniciativa social para financiar actuación s complementarias da iniciativa pública por parte do terceiro sector.

Finaciamento do Sistema Galego de Benestar

O Sistema Galego de Benestar, na súa condición de servizo público, financiase cos ingresos achegados polo pagamento dos impostos por parte dos contribuíntes galegos, segundo a participación financeira da Xunta nos impostos do Estado.

A construción do Sistema Galego de Benestar comporta unha nova estrutura orzamentaria da Xunta de Galicia para acrecentar substancialmente os investimentos en materia de benestar. Desde que as competencias de servizos sociais recaen na Vicepresidencia, o orzamento dispoñible aumentou un 51%, o que subliña o seu interese por situar as políticas sociais en primeira liña do esforzo orzamentario.

A suficiencia de recursos para soster as novas políticas sociais esixe ademais reclamar do Estado un financiamento adicional para paliar o déficit de investimentos en materia social que padeceu historicamente Galiza. Así, como consecuencia das negociacións desenvolvidas poi a Vicepresidencia, o Estado español admitiu a existencia dunha débeda co noso país e asinouse un convenio para achegar fondos adicionais destinados á construción do Servizo Galego
de Autonomía Persoal.

Por último, procúrase tamén dotar dunha major sostenibilidade fnanceira ao Sistema Galego de Benestar da buscando alianzas estratéxicas coas forzas sociais e económicas para incorporar nun proxecto común as sinerxías dos seus investimentos no ámbito social.

Categoría: Benestar - Publicado o 17-11-2007 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
Os orzamentos da Vicepresidencia para o 2008 ascenden a 494 millóns de euros, case un 22% máis que o ano anterior

[23/10/07] O 74% do presuposto investirase na área de Acción Social, que atende ás persoas con dependencia, maiores, menores e persoas con discapacidade. A implantación do Sistema Galego de Benestar eleva o orzamento nun 27,4% con respecto ás contas do 2007. Dende o 2005, o orzamento destinado ao Benestar e á Igualdade incrementouse nun 51%, o que demostra o compromiso do Goberno coas "políticas para a xente". (+)
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Comentario (0) - Categoría: Benestar - Publicado o 24-10-2007 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
Vicepresidencia porá en marcha máis de 30 centros de día grazas ao convenio asinado hoxe en Madrid entre Quintana e Caldera

[22/10/07] O vicepresidente da Xunta e o ministro de traballo asinaron hoxe a primeira partida dos 60 millóns de euros adicionais comprometidos polo Estado para saldar a débeda histórica con Galiza en materia de servizos sociais. Nove millóns de euros para 2007 que permitirán a creación de 1.000 novas prazas en Centros de Día. (+)
Comentario (0) - Categoría: Benestar - Publicado o 22-10-2007 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
Vicepresidencia implantará en Galiza o servizo galego de apoio á mobilidade persoal

Vicepresidencia implantará en Galiza o servizo galego de apoio á mobilidade persoal, o 065 social, destinado a persoas dependentes ou con discapacidade



O Consello da Xunta deulle hoxe luz verde a este servizo público de carácter social que facilitará o desprazamento ás persoas con problemas de mobilidade


13 Setembro 07.-O Consello da Xunta autorizou na súa xuntanza de hoxe o proxecto de decreto polo que se regula o Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal, destinado para as persoas dependentes e/ou con discapacidade. Este novo servizo público de carácter social promovido pola Vicepresidencia da Xunta facilitará o desprazamento programado e non urxente das persoas con problemas de mobilidade, sempre baixo condicións de máxima seguridade, cos medios precisos e co apoio de persoal de acompañamento durante o traslado ( + )
Vicepresidencia
Comentario (0) - Categoría: Benestar - Publicado o 17-09-2007 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
Quintana presenta o 065 social do transporte adapatado na estación de tren de Cambre

Quintana pon a creación dun servizo de transporte adaptado para a terceira idade e as persoas dependentes como un exemplo das "propostas sociais en positivo que está a realizar o BNG"

O portavoz nacional do BNG lembra en Cambre a “importancia da colaboración institucional cos concellos” para a posta en marcha deste servizo que ten como posíbeis beneficiarios ás case 600.000 persoas maiores de 65 anos e aos 90.000 dependentes que hai en Galiza

Cambre, 18 Maio 07
. O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, asegurou esta mañá en Cambre que o servizo de transporte adaptado, o 065 social, que está a poñer en marcha o BNG dende a Xunta de Galiza en colaboración cos concellos “é unha das porpostas sociais en positivo que está a realizar o BNG para mellorar a vida da xente”.

Quintana estivo acompañado no acto de presentación polo candidato do BNG á alcadía da Coruña, Henrique Tello, e por Xabier Iglesias, candidato nacionalista á alcaldía de Cambre, un concello no que, grazas á colaboración das concellalías gobernadas polo BNG, puídose poñer en marcha esta iniciativa de transporte adaptado.

“Queremos que Cambre sexa noticia por estas cousas e non por outras menos edificantes”

Neste sentido, o portavoz nacional do BNG asegurou que “se trata dunha proposta de gran calado social e unha mostra de que os concellos deben de facer unha política para a xente”.

“Queremos que Cambre sexa noticia por estas cousas e non por outras menos edificantes”, subliñou o líder nacionalista.

Só mediante a colaboración institucional entre a Xunta de Galiza e os concellos se poderá poñer en marcha este servizo

Quintana lembrou que a Lei de Dependencia “está moi ben porque recoñece dereitos, pero o importante é a súa posta en marcha, e iso é o que está a facer o BNG dende a Xunta de Galiza”.

Nesta liña, salientou que unha das medidas que está a poñer en marcha o BNG para garantir a autonomía persoal, e en definitiva, unha mellor calidade de vida das persoas maiores, é o 065 social, un servizo de transporte adaptado “necesario para completar o estado do benestar”.

“Partindo de que Galiza ten 35.000 núcleos de poboación, é necesario este servizo para achegar á xente aos centros de día, tamén aos servizos sanitarios que non son de urxencias, ou mesmo para a chegar ás persoas que o necesiten a facer trámites administrativos”, explicou Quintana.

O portavoz nacional do BNG afirmou que o servizo estará formado por entorno a 300 autobuses de entre 38 e 12 prazas, coordinados desde un servizo central, o 065. Os posíbeis beneficiarios serían as case 600.000 persoas maiores de 65 anos e as 90.000 persoas dependentes que hai en Galiza. Destas últimas, “os primeiros en beneficiarse destas medidas serán os 17.000 grandes dependentes”.

Ademais, engadiu que “toda a sociedade se beneficiará deste servizo” porque creará 1.200 postos de traballo.

Pero para que a posta en funcionamento deste servizo sexa posíbel, Anxo Quintana subliñou que “é necesaria a colaboración institucional entre o Goberno de Galiza e os concellos”.
Noticia na web BNG
Comentario (0) - Categoría: Benestar - Publicado o 19-05-2007 00:50
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal