» Leer la entrada en castellano Non por anunciada e previsible, a crónica da desaparición da Aula de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña déixanos menos sorprendidos e desamparados. Foi unha loita en contra da inercia orixinada nas últimas reformas do ensino musical nos conservatorios. A pesar de haber demostrado que o espazo que representaba esta Aula tiña a súa razón de ser e xustificaba a súa existencia, os nosos superiores parece que viron nela só ese canto do cisne que non fixo máis que demorar unha forma de entender o ensino desta disciplina dentro dos conservatorios de música, tanto de grao medio como superiores. Existen outras realidades da música de cámara, e esta era, foi, outra forma de vida máis alá das formalidades e arbitrariedades das nosas normativas e dos nosos superiores.
» Deixar un comentario
» Tema do foro
[Enviar o artigo por email]
|