A Partir da Música de Cámara



musicadecamara
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 LISTADO DE ARTIGOS

Novas colaboracións, novos concertos
» Leer la entrada en castellano
Nesta última semana do primeiro trimestre do presente curso escolar 2007/2008 celebraranse dous concertos que inician dúas novas colaboracións con entidades da cidade herculina.

Nun primeiro caso trátase do Centro Asociado da UNED con motivo do XXV aniversario da localización do centro na cidade, co que se celebrará un concerto no salón de actos do propio centro o xoves 20 ás 20:30 horas. Nel intervirán dúas formacións camerísticas integradas por alumnas do Conservatorio Superior de Música da Coruña: un dúo de frauta e percusión con Aída López Sucunza e Mª Isabel Diego Calviño respectivamente e o Quinteto “Bagatela” integrado polas alumnas Patricia González Moreira, frauta, Isabel Pérez Reduello, óboe, Paula Bereijo López, clarinete, Aída Lozano Beceiro, trompa e Graciela López Varela, fagot.

O venres día 21 ás 13:30 o dúo de frauta e percusión repetirá intervención no Hall de ingreso ao emblemático edificio coruñés “Torre de Cristal” como inicio dunha colaboración que permita realizar actividades concertísticas das formacións do Aula de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña nun ámbito diferente aos espazos habituais de concertos, con público e ambiente marcadamente diferentes.

» Centro Asociado UNED A Coruña
» Torre de Cristal - C/Enrique Mariñas 36 (Matogrande)» Calendario de Actividades
» Canle de Noticias - Aula de Música de Cámara

[Enviar o artigo por email]

Blogalaxia Tags:


Technorati Tags:

Categoría: Concertos - Publicado o 16-12-2007 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal