Está dispoñible unha nova canle de información sobre actividades do Aula de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña en formato RSS (Really Simple Syndication). Este fluxo de noticias engádese aos xa existentes propios das bitácoras do Aula que se poden usar cun sinxelo programa para ler estes contidos (agregador), pero que neste caso permite coñecer de forma máis específica as actividades xeradas polo Aula, aquelas que teñen lugar principalmente na Coruña en torno ao mundo da música de cámara e informacións sobre cursos e concursos a nivel estatal.