A Partir da Música de Cámara



musicadecamara
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 LISTADO DE ARTIGOS

Dos concertos de hoxe aos concertos do futuro
» Leer la entrada en castellano
Aproximadamente fai un mes celebráronse dous concertos que, baixo o epígrafe de “Concertos de Mediodía - Proposta de Escoita”, a fagotista Patricia Castro e o clarinetista Darío Mariño brindáronnos e que tiveron lugar por iniciativa do Aula de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña e grazas á colaboración do Museo de Belas Artes da cidade herculina.

» Ver cartel e programa xeral dos concertos.

Ambos os concertos déronnos cumprida mostra do nivel alcanzado por estes novos músicos que ou pasaron polas nosas aulas como é o caso de Patricia ou que están a piques de finalizar os seus estudos no conservatorio coruñés como é o caso de Darío.

Por unha banda Patricia conseguiu aglutinar ao seu redor músicos galegos de xa unha dilatada carreira profesional (Genaro Fernández e Joaquín Meijide) que puidemos disfrutar na esmerada interpretación da obra camerística do programa -o Trío en re menor opus 3 de A. von Zemlimsky- e que formaría parte do programa do recital de fin de carreira que a fagotista interpretaría con sobresaliente éxito máis tarde na súa proba no Musikene donostiarra. Tivemos así mesmo oportunidade de coñecer en concerto unha versión controlada e lixeira dun dos últimos descubrimentos musicolóxicos que tiveron ao fagot como obxecto; referímonos ao concerto para fagot do compositor de Pesaro G. Rossini. E. Bozza e W. Osborne, de quen traemos aquí a interpretación que da súa Rhapsody Patricia realizou, completaron o programa que tivo lugar o pasado 17 de maio.
W. Osborne - Rhapsody (4:58)

Desde as primeiras notas que do seu instrumento saíron, púidose percibir o estimable control e madurez musical que o clarinetista Darío Mariño atesoura. Este novo músico conseguiu rodearse de integrantes da Orquestra Sinfónica de Galicia e de compañeiros de estudos de gran proxección que puxeron de manifesto o dinamismo e empuxe que reúnen. Aquí achegamos mostra desta realidade coa interpretación que Darío, Rafael, Helena, Jeffrey e Blanca realizaron da extraordinaria obra camerística que o xenio de Salzburgo legounos. Presenza e calidade sonora, personalidade e convicción nas súas ideas musicais están aquí presentes, reflexo da realidade dun talento que seguirá dando mostras diso e que de seguro se farán eco fontes de maior proxección mediática nun non moi distante momento.
W. A. Mozart: Quinteto K. 581
I. Allegro (12:26)


Esta iniciativa que estivo xestándose ao longo de todo o curso académico 2006/2007 e que finalmente se concretou neste pequeno pero ambicioso ciclo, esperamos que poida ter continuidade no tempo, e no futuro próximo teña réplica na celebración dun segundo ciclo, con outros alumnos ou intérpretes que estean relacionados co Conservatorio Superior de Música da Coruña, todo iso sempre en torno ao mundo da música de cámara e da realidade dos nosos novos músicos.

Enlaces relacionados:
» Concertos de Mediodía - 'Proposta de Escoita'
» Concertos de Mediodía - 'Proposta de Escoita' a cargo de Patricia Castro
» Concertos de Mediodía- 'Proposta de Escoita' a cargo de Darío Mariño
» Notas ao programa de 'Proposta de Escoita' de Darío Mariño
» Audio de 'Proposta de Escoita' de Darío Mariño
[Enviar o artigo por email]
» Leer la entrada en castellano
Blogalaxia Tags:

Technorati Tags:

Categoría: Opinión - Publicado o 30-06-2007 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal