A Partir da Música de Cámara



musicadecamara
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 LISTADO DE ARTIGOS

Concerto do grupo “Proxecto Cámara 2.07” en Valladolid. Sábado 23 de xuño ás 20:00 horas.
» Leer la entrada en castellano
Quinteto de soprosO próximo 23 de xuño celebrarase un concerto en colaboración coas asociacións FIDAH (Fundación Internacional para a Difusión das Artes e Humanidades) e o MACUF (Museo de Arte Contemporánea Unión FENOSA) a cargo do quinteto de sopros Proxecto Cámara 2.07 integrado por Patricia González Moreira (frauta e frauta en sol), Isabel Pérez Reduello (óboe e corno inglés), David Ballester (clarinete e clarinete baixo), Aída Lozano Beceiro (trompa) e Graciela López Varela (fagot), alumnos do Conservatorio Superior de Música da Coruña, na Sala de Caja España sita na Plaza de España da cidade castelá de Valladolid.

Datos do concerto:
Concerto: Quinteto de sopros "Proxecto Cámara 2.07"

"Proxecto Cámara 2.07" é un proxecto que xorde neste ano 2007, froito da colaboración desinteresada do Aula de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña, da Fundación FIDAH (Fundación Internacional para a Difusión das Artes e Humanidades) e do MACUF (Museo de Arte Contemporánea Unión FENOSA), todos eles coordinados polo compositor Rubén L. Someso.

Epta-España quixo unirse ao proxecto colaborando como organizador do mesmo e cuxo obxectivo é o de promocionar a música da nova xeración de compositores contemporáneos. Para iso, confíase en cinco músicos do Conservatorio Superior de Música da Coruña, que traballan baixo a supervisión de Jesús Coello, profesor de cámara do mesmo conservatorio.

Sábado, 23 de xuño ás 20,00 h.
Lugar: Salón de actos de Caja España (Plaza de España)
ENTRADA LIBRE
Valladolid

Programa

Scherzo *............................................Federico Mosquera
Quinteto de sopros nº 1 *..................Rubén L. Someso
Eye *...................................................Ángel Senovilla
Marea..................................................Julián Ávila
RCC45 *...............................................Jaime Guitierrez

* Estrea absoluta

Enlaces relacionados:
» EPTA-ESPAÑA
» Información do concerto na páxina de EPTA_ESPAÑA
» Curriculums
» MACUF
» Leer la entrada en castellano
[Enviar o artigo por email][Contactar co autor]

Blogalaxia Tags:

Technorati Tags:

Categoría: Concertos - Publicado o 21-06-2007 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal