"Trío Richard Mühlfeld" Mª Dolores García, clarinete Blanca López, violoncello Andrea García, piano
» L. van BEETHOVEN (1770-1827) Trío nº 4, en si bemol mayor (op. 11)
I. Allegro con brio
II. Adagio
III. Tema: Pria ch'io l'impegno. Allegretto – Allegro
Trío Opus 40 Laura Balboa, violín Antonio Lagares, trompa Manuel López, piano
» J. BRAHMS (1833-1897) Trío para piano, violín e trompa, en mi bemol maior, op. 40
I. Andante – Poco più animato
II. Scherzo. Allegro
III. Adagio mesto
IV. Finale: Allegro con brio
L. van BEETHOVEN (1770-1827) Trío nº 4, en si bemol mayor (op. 11)
Foi escrito orixinariamente para piano, clarinete e violoncello; despois o violín viño a substituír ao instrumento de vento; pero a partitura pódese tocar nas dúas formacións. Foi composta en 1798, dedicada á condesa Von Thun, interpretada en sesión privada (data indeterminada) en casa do conde de Fries e, finalmente, publicada en outubro de 1798 pola casa Mollo de Viena. Á propósito dunha audición deste Trío, en marzo de 1799 o crítico do Allgemeine Musikalische Zeitung puido estimar que Beethoven podería "dar moitas boas cousas" se aceptaba escribir "con máis naturalidade que rebuscamento". A obra presenta tres movementos: se omite o scherzo.
I. Allegro con brio (10:01)
Tras un Allegro con brio virtuisístico e patético, vén un Adagio con espressione cuxo único tema é conducido polo violoncello, que se move nos límites dun cantabile máis eficaz que verdadeiramente sentido. A buen seguro é o movemento conclusivo o que ofrece maior interese. Trátase dun Tema con variazioni en forma de Allegretto seguido de nove variacións, así como dun pequeno Allegro a xeito de coda. O tema foi tomado por Beethoven da ópera de Joseph Weigl Le Corsaire pour amour, representada en outubro de 1797 en Viena: o pretexto propiamente devandito é un aria pispante ("Pria ch'io l'impegno"), transcrito por Beethoven.
II. Adagio (5:09)
As primeiras variacións constitúen simples elaboracións libres dese tema, pero a novena presenta de repente un interese máis considerable pola súa elaboración canónica: en primeiro lugar co piano nos rexistros soprano e baixo, á oitava; despois o clarinete e o violoncello que acompañan ao piano. O curto Allegro conclusivo divírtese co tema tomado a base de breves motivos fragmentados... Segundo Czerny, Beethoven lamentaría máis tarde non completar a súa partitura cun final encadeado a estas variacións.
III. Tema: Pria ch'io l'impegno. Allegretto - Allegro (7:04)
JOHANNES BRAHMS, Trío para piano, violín y trompa en Mi bemol maior, Op. 40
I. Andante - Poco più animato (7:30)
Á parte da súa inusual combinación instrumental, o Trío para piano, violín y trompa en Mi bemol mayor, Op. 40 de Johannes Brahms (1833-1897) é único dentro das obras de cámara porque non ten un primeiro movemento en forma de sonata. A asociación da trompa co ambiente dos bosques inspirou en Brahms un lirismo meditativo que non se presta á procura do dramático e as dúas primeiras seccións andante comezan e rematan na tonalidade principal –a antítese dos procedementos da sonata-. Estas secciós alternan con partes un pouco máis rápidas na tonalidade menor que, non obstante, non son tan dramáticas como para desequilibrar a meditación pastoral; e o último andante, en contraste co seu conservadurismo anterior, realza o efecto estático comezando cun pianissimo nunha tonalidade afastada –verdadeiramente o eco de un eco, que retorna á “casa” mediante un extenso despregamento de melodía e de modulación- .
II. Scherzo: Allegro - Molto meno Allegro (7:37)
A faceta máis robusta da trompa reflíctese no amplo scherzo, cuxa sección central, moito máis lenta e con sete bemoles, presaxia o extasiado e aflixido movemento lento.
III. Adagio mesto (7:09)
Este á súa vez anuncia, como nunha fanfarria lenta e afastada (compases 59-60) o tema principal do finale, que deixa o campo libre, en compás de 6/8 e nunha ampla forma sonata, aos instintos de caza da trompa.
IV. Finale: Allegro con brio (6:25)
Fontes:
- F.-R. Tranchefort, Guía de la música de cámara p. 115 -Dirixida por Françoix-René Tranchefort, Alianza Dicionarios, Madrid 1995
- Karl Leister, clarinete, Pierre Fournier, violoncello, Wilhelm Kempff, piano – CD DG 453 776-2
- KEYS, I, Brahms: Música de Cámara, BBC Music Guides 2004, Idea Books, S.A.
- Arthur Grumiaux, violín, Francis Orval, trompa, Gyorgy Sebok, piano – CD PHILIPS 438 365-2