A Partir da Música de Cámara



musicadecamara
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 LISTADO DE ARTIGOS

Concertos do Aula de Cámara
Durante o mes de maio celebraranse unha serie de eventos dos que O aula de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña ten unha substancial intervención. Nalgúns casos é o propio Aula que coordina esas actividades e noutros colabora con outra entidade ou persoa organizadora de concertos.
Algún dos concertos programados encádrase en ciclos que xa teñen certa continuidade no tempo (“Música de Cámara no Forum”, na súa xa quinta tempada) e outros son inicio de ciclo de actividades que pretenden ter así mesmo vocación de continuidade.

Así temos o 2 de maio un concerto organizado polo Aula de Música da Universidade da Coruña no que intervirán dúas formacións de cámara dependentes do Aula de Música de Cámara do conservatorio.
» Máis información

Dentro do ciclo xa mencionado de Música de Cámara no Forum, este mes hai actividade concertística os días 7 e 28. No primeiro caso dous grupos finalistas este ano en senllos concursos de cámara a nivel nacional interpretarán obras de Beethoven e Brahms.
Descargar o programa en formato pdf
O seguinte concerto estará consagrado a agrupacións camerísticas do Conservatorio Profesional.

Doutra banda os sábados 12 e 26 en horario de tarde, celebraranse no auditorio do MACUF dous concertos, organizados baixo o epígrafe de “O Oído Contemporáneo”, nos que participarán alumnos do conservatorio.
Descargar o programa en formato pdf

E para pechar este listado de actividades coa Música de Cámara e o Aula de Música de Cámara do Conservatorio como denominadores comúns, efectuaranse no Museo de Belas Artes dous concertos dunha gran relevancia artística e organizativa. O día 19 teremos a oportunidade de escoitar a Patricia Castro, unha ex alumna do noso conservatorio, actualmente alumna do “Musikene” donostiarra, que nos propoñerá un programa con obras de Bozza, Rossini, Osborne e Zemlimsky, para continuar o ciclo coa presenza dun dos alumnos máis brillantes dos últimos anos do conservatorio, Darío Mariño, quen coa colaboración de músicos de gran prestixio profesional propoñeranos un interesantísimo programa de música de cámara co Quinteto con clarinete de Mozart e co non menos famoso Septimino de Beethoven. Isto último acaecerá o día 26, sempre dentro do ciclo de concertos designado “Concertos de Mediodía - Proposta de Escoita”, organizado polo Aula de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña, en colaboración co Museo de Belas Artes da Coruña.
Descargar o programa

Enderezos de interese:
» Web Aula de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña
» Auditorio Forum Metropolitano
» Extension - Universidade da Coruña - Extensión Universitaria
» Museo de Belas Artes
» MACUF - Museo de Arte Contemporaneo UNION FENOSA
[Enviar o artigo por email][Contactar co autor]

Categoría: Concertos - Publicado o 02-05-2007 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal