A Partir da Música de Cámara



musicadecamara
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 LISTADO DE ARTIGOS

Catarse
Onte quería atopar unha das revistas politicamente correctas en canto ao mundo da música clásica nun dos kioscos que frecuento habitualmente, e na súa falta tiven a oportunidade de ter entre as miñas mans o último exemplar da revista “go mag”. Son presa fácil do marketing empresarial e máis concretamente do editorial, e a citada revista incluía un cd obsequio (“go series 37”) co para min suxestivo título de “Strings of life” - Encontros entre música clásica e electrónica. Logo de abrir o envoltorio e descuberto o contido, o meu interese non deixou de ser continuamente estimulado. Nos comentarios aos cortes incluídos no cd obsequio podíanse ler termos tan suxestivos e inquietantes como electrónica de cámara, neo e post-clasicismo electrónico, ou post-rock de cámara, con comentarios moi habituais nos columnistas do ámbito como « Escoitar as cordas reiterativas e lacrimóxenas de “Sunlight” cos ollos pechados é imaxinar un travelling lento sobre unha praia deserta nun día gris », ou « “White lake” é un vals en cámara lenta, espido e en perpetua caída, que cala no alma daquel que o escoita, conxelándoa coa súa delicada e suxestiva tristeza ». Non só de música clásica vive o home...

Escoitala non deixou tampouco de estimularme especulativamente e ademais de provocar a edición deste post nun día como o de onte, as súas melodías ás veces hipnóticas, pouco proteicas e pseudo-ambientais non deixaron de exercer sobre min unha influencia que me recordou o que Aristóteles propuxo na súa Política sobre as propiedades catárticas da música.

Murcof 'Recuerdos'
Murcof "Recuerdos"



Si, dalgunha forma quizais tamén alopática, a escoita deste cd coas súas características ben definidas empezoume a axudar para liberarme dun estado case hipnótico e letárxico no que había recentemente sucumbido. Grazas, moitas grazas, electrónica de cámara. Apuntemos a etiqueta.

Enderezos:
» go-mag.com
» Lo que bailaban Platón y Aristóteles
» La postura aristotélica
» «Catarsis» en la Poética de Aristóteles - documento pdf

[Enviar o artigo por email][Contactar co autor]

Ler o artigo orixinal na bitácora do aula de música de cámara da Coruña:

Blogalaxia Tags:
» Leer el artículo en castellano
Categoría: Sen clasificar - Publicado o 30-03-2007 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal