A Partir da Música de Cámara



musicadecamara
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 LISTADO DE ARTIGOS

Creado o Consello Superior de Ensinanzas Artísticas
O venres 16 de marzo, o Consello de Ministros aprobou un Real Decreto polo que se regula o Consello Superior de Ensinanzas Artísticas, cuxa creación establece a Lei Orgánica de Educación. O novo Consello será o órgano consultivo do Estado e de participación en relación con estes ensinos.

O Consello terá unha participación significativa na definición da estrutura e o contido básicos dos diferentes estudos das ensinanzas artísticas superiores, de xeito similar a como o Consello de Coordinación Universitaria, con quen se coordinará, actúa no ámbito do ensino universitario. Os ensinos artísticos superiores teñen, segundo a Lei Orgánica de Educación, o seu espazo propio no noso sistema educativo, situado ao mesmo nivel que os ensinos universitarios e diferenciado da educación básica e secundaria.

O novo Consello estará presidido pola Ministra de Educación e Ciencia e nel participarán, ademais de representantes deste Ministerio, e dous representantes do Ministerio de Cultura; un de cada unha das Comunidades Autónomas; doce dos profesores de ensinos artísticos; dezaoito dos centros onde se imparten ensinanzas artísticas superiores, tres dos alumnos e dous propostos pola Federación Española de Municipios e Provincias. Tamén formarán parte do Consello dez personalidades de recoñecido prestixio do ámbito dos ensinos artísticos designadas polo Ministerio de Educación e Ciencia, consultadas as Comunidades Autónomas.

O Consello Superior de Ensinanzas Artísticas funcionará en Pleno ou en Comisión Permanente e tamén poderá establecer outras comisións específicas. O mandato dos conselleiros será de catro anos.

Entre as funcións do Consello destaca elaborar propostas en relación co ensino, a investigación, a información e a proxección social dos ensinos artísticos, así como coa promoción dos profesionais relacionados con elas. Por outra banda, tamén informará, con carácter preceptivo, as normas que definan a estrutura e o contido básico dos diferentes estudos de ensinanzas artísticas superiores, a súa avaliación e a regulación das condicións para a oferta de estudos de posgrado nos centros de ensinanzas artísticas superiores. Tamén efectuará un informe anual sobre o estado e situación das ensinanzas artísticas.

» Ler o acordo na referencia do Consello de Ministros do 16 de marzo de 2007
» Nova na prensa
[Enviar o artigo por email][Contactar co autor]

Ler o artigo orixinal na bitácora do aula de música de cámara da Coruña:
Blogalaxia Tags:
Categoría: Novas - Publicado o 20-03-2007 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal