A Partir da Música de Cámara


Espazo destinado a dar a coñecer dunha forma dinámica informacións, opinións e documentación sobre o mundo da música de cámara.

Sobre o autor
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 LISTADO DE ARTIGOS

Ciclo de Concertos de Primavera – Ano I, Nº 6
» Leer la entrada en castellano
Ciclo de concertos que a Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns fundada en 1847 –de acordo coa súa dedicación na promoción da cultura en xeral e da música en particular– organiza en colaboración co Aula de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

El Trío Opus 40 integrado por Laura Balboa García (violín), Antonio Lagares Abeal, (trompa) e Manuel López Jorge (piano) cun programa composto por obras de L.Berkeley e J. Brahms será o grupo que celebrará o sexto concerto deste ciclo o próximo día 18 de maio no Salón de Actos do Circo de Artesáns da Coruña, sito na rúa San Andrés, 36, ás 12:30 horas.

  • Concertos de Primavera, Ano I, Nº 6
    Domingo 18 de maio, 12:30 horas
    Trío Opus 40
    Lugar: Salón de Actos do Circo de Artesáns - R/ San Andrés, 36

    » Descargar o programa



  • [Enviar o artigo por email]


    Comentarios (0) - Categoría: Audicións - Publicado o 15-05-2008 17:21
    # Ligazón permanente a este artigo
    Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
    Audición Música de Cámara - Curso 07/08, Nº IX
    Programa VIII- Página 1O venres día 16 terá lugar a primeira audición do segundo periodo do presente curso 2007/2008. Será a ocasión de escoitar alumnos das clases dos profesores Javier Lópes, Sergio Sieiro e Xulio Varela no Auditorio do conservatorio ás 12:00 horas.

    pdfDescargar o programa en formato pdf



    [Enviar o artigo por email]



    Comentarios (0) - Categoría: Audicións - Publicado o 14-05-2008 19:40
    # Ligazón permanente a este artigo
    Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
    Audicións 2º Periodo - Curso Académico 2007/2008
    Os días 16 de mañá, 19 de mañá, 21 de mañá e tarde, 22 pola mañá e día 27 pola mañá realizaranse as audicións de clase correspondentes ao segundo período académico do curso 2007/2008. A información sobre estas audicións estará permanentemente actualizada na páxina correspondente do sitio do Aula de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Tamén iranse publicando os programas individualmente en respectivas entradas desta bitácora ou tamén pódese obter información a través dos fluxos RSS do sitio web do Aula.

    Ligazóns:
    WEB:
    » http://musicadecamara.com.es/audiciones.html

    CANAIS:
    » http://www.blogoteca.com/musicadecamara/rss.php
    » http://musicadecamara.com.es/tinc?key=PQsptneo


    [Enviar o artigo por email]


    Comentarios (0) - Categoría: Audicións - Publicado o 13-05-2008 22:13
    # Ligazón permanente a este artigo
    Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
    O Oído Contemporáneo - Quinteto 'Bagatela'
    » Leer la entrada en castellano
    Dentro do ciclo que organiza o Museo de Arte Contemporáneo UNIÓN FENOSA (MACUF) o domingo día 12 de maio será a ocasión de escoitar ao quinteto de vento “Bagatela” integrado por cinco alumnas do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Trátase da frautista Patricia González Moreira, a oboísta Isabel Pérez Reduello, a clarinetista Paula Bereijo López, a trompista Aída Lozano Beceiro e a fagotista Graciela López Varela. No programa en concordancia coa orientación do ciclo inclúense ao lado dunha obra do repertorio “clásico” do século XX (as Seis Bagatelas do compositor György Ligeti) dúas obras de novos autores: trátase do Quinteto de vento do compositor e coordinador do presente ciclo, Rubén Luís Someso e “Marsanan” da compositora viguesa Gloria Rodríguez. Todo na sala Picasso do museo herculino ás 12:30 horas do domingo 12 de maio.

    Direccións de interese:
    » MACUF - Música
    » Programa "O Oído Contemporáneo"
    » MACUF - Avenida de Arteixo 171, (A Grela-Bens)
    15007 A Coruña
    Aparcamiento gratuito. Autobús urbano nº 11
    » G. LIGETI: Seis Bagatelas para quinteto de vientos - Estudio & Audio
    [Enviar o artigo por email]
    Blogalaxia Tags:
    Technorati Tags:
    Comentarios (0) - Categoría: Concertos - Publicado o 08-05-2008 18:23
    # Ligazón permanente a este artigo
    Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
    Notas ó Programa de 'Proposta de Escoita' a cargo do ensemble s21
    » Leer la entrada en castellano
    "Proposta de Escoita" a cargo do ensemble s21
    Salón de Actos do Museo de Belas Artes da Coruña
    Sábado 10 de maio de 2008
    12:00 horas

    ensemble s21

    » Descargar o programa

    ensemble s21
    Jorge Montes, violín
    Carlos García Amigo, violoncello
    Vicente López, clarinete
    Julio Mourenza, piano.

    Carlos Álvarez-Ossorio, narración.
    Paco Yáñez, presentación.

    » Anton Webern (1883-1945). Drei kleine stücke op.11 (1914) para violoncello e piano
    As Tres pequenas pezas para violoncello e piano, op. 11 (1914) responden perfectamente ao modelo de aforismo musical bosquexado por Webern nesta etapa da súa vida; e a pesar dos seus apenas dous minutos de duración, Webern dicía requirían a atención que lle prestariamos a unha composición dunha hora. Reducidas a 9 (Mässig), 13 (Sehr bewegt) e 10 (Ausserst ruhig) compases respectivamente, estas tres pezas esixen unha enorme concentración por parte de instrumentistas e público para comprender a súa calibración entre o explícito e o implícito, entre o que interpretan os músicos e o que debe resoar nos silencios interiores de cada ouvinte. Anton Webern, cellista el mesmo, explora a tímbrica do cello en recursos técnicos moi variados de arco, pizzicato, sordina, harmónicos sul ponticello, sul tasto, etc.; creando un universo de breves pinceladas de cor, con gran tensión de dinámicas, ataques, alturas e silencios; conformando un verdadero haiku sonoro, en palabras de Pierre Boulez. O desafío do timbre como vía para expresar o que outros parámetros da música non chegan a comunicar, é unha constante na obra de Webern desde este opus 11, e será un tema central na obra de boa parte dos compositores vangardistas da contemporaneidade á que el da entrada.

    » Luciano Berio (1925-2003). Sequenza IXa (1980) para clarinete
    A Sequenza IXa para clarinete só foi escrita no 1980 e estreada nese mesmo ano por Michel Arrignon. Orixinariamente, a Sequenza IXa incluía filtros dixitais na súa interpretación, foito dos traballos de Berio no IRCAM co procesador dixital 4X, e como derivación do material de Chemins V (1976-80) para clarinete e ensemble. Berio fálanos desta peza como unha longa melodía que “como case todas as melodías implica redundancia, simetrías, transformacións e retornos”, o cal non fai máis que situar a obra no continuo avance da transformación da melodía ao longo da historia. Segundo o seu creador, a Sequenza IXa “desenvolve unha transformación constante entre dous diferentes campos de notas: un de sete notas (Fa sostido, Do, Re sostido, Mi, Sol, Si bemol e Si), que tende a permanecer a maior parte do tempo fixo no mesmo rexistro, e outro de cinco notas que se atopan en varios rexistros. Este último bloque de sons comenta, penetra e modifica as funcións harmónicas do primeiro campo”.

    » Canco López (1964). Añoram I (2001) para violín
    Añoram I foi composta para violín só en agosto do 2001 e está dedicada ao pintor Miguel Ferrer. Son, precisamente, os óleos de Ferrer os que inspiran esta peza, nunha música que, segundo López, “quíxose identificar coas paisaxes e coa realidade do estatismo da meseta e que quere recrear os cambios de enfoque que ten esa profundidade de visión, gobernada polo capricho do ollo”. Isto depara “pequenas densidades que se pechan para volver aparecer. Cambios de alturas entre oitavas que prefixan a proximidade ou a distancia. Sons ponticellos que queren semellar a luz agresiva do Sol do mediodía”; un Sol que López transforma en música a través de “estruturas que se comen a si mesmas (como a nosa sociedade), que se envolven e perden; canons invertidos que non se resolven, pero que o tentan unha e outra vez...” Añoram I, como boa parte da obra para violín só de López, foi estreada por Elsa Ferrer, compañeira na vida e na arte do compositor de Sarria.

    » Olivier Messiaen (1908-1992). Quatuor pour la Fin du Temps (1940-41) para violín, violoncello, clarinete e piano
    I. Liturgie de cristal - Ensemble Walter Boeykens
    Obra escrita durante o cativerio do propio Messiaen no Stalag VIII A de Görlitz -prisión nazi na rexión de Silesia-, a súa instrumentación respóndelles aos músicos dos que dispuña Messiaen no propio cárcere; lugar no que recibiu unha estrea na cal o mesmo compositor interpretou a parte para piano, o 15 de xaneiro do 1941 ás seis da tarde, arrodeados de neve; baixo un frío que o invadía todo, e que Messiaen dicía era o que máis lembraba daquel lugar sinistro.

    Nunhas condicións inhumanas como as que se daban nestas prisións, a espiritualidade foi un refuxio íntimo para un compositor tan católico como Messiaen, que neste Quatuor crea un auténtico acto de fe e unha pregaria persoal na que chama pola liberdade a través de símbolos doadamente recoñecibles nun cuarteto de corte case programático, como sinala o propio compositor na partitura da obra. A temática deste inusual cuarteto está inspirada na seguinte cita do capítulo X do Apocalipse segundo San Xoán: “Vin un anxo cheo de forza descendendo do ceo revestido dunha nube e cun arco da vella sobre a súa testa. O seu rostro era como o Sol, as súas pernas como columnas de lume. Pousou o seu pé dereito sobre o mar, o seu pé esquerdo sobre a terra e, de pé sobre o mar e sobre a terra, elevou a man cara ao Ceo e xurou por quen vive polos séculos dos séculos, dicindo: xa non haberá tempo!; senón que no día no que se escoite a trompeta do sétimo anxo, o misterio de Deus consumarase”. Esta pasaxe vai marcar, co seu contido, mesmo a técnica da composición musical e os seus modos rítmicos; sentando as bases do que tres anos despois Messiaen teorizaría no seu tratado Técnica da miña linguaxe musical (1944). Para o francés, isto depara unha musica “esencialmente inmaterial, espiritual, católica. Os modos, levando a cabo melódica e harmonicamente unha especie de localización tonal múltiple, aproximan o ouvinte á eternidade no espazo infinito. Os ritmos especiais, fóra de calquera compás, contribúen poderosamente a afastar o temporal”. Toda esta conceptualización de Messiaen tradúcese, a nivel práctico, no prefacio da partitura, na súa Pequena teoría da linguaxe rítmica, onde analiza os procedementos rítmicos de valor engadido, aumento ou diminución, os ritmos non retrogradables ou os ritmos independentes de pedal; todo iso con exemplos moi detallados dos distintos valores aos que dan lugar.
    II. Vocalise, pour l'Ange qui annonce la Fin du Temps - Ensemble s21

    O propio Messiaen, neste prefacio, explícanos o porqué da división da obra en oito movementos, representando este número a chegada á eternidade, coa súa luz e paz inalterables. Deste xeito, o primeiro movemento tería lugar entre as 3 e as 4 da madrugada, co espertar dos paxaros, que entoan os seus trinos desde o alto das árbores, en modos polifónicos. No seu clima sereno deberiamos escoitar aínda o silencio harmonioso do ceo. O segundo movemento evoca nas súas seccións primeira e terceira o poder do anxo resvestido de nubes e coroado polo arco da vella, coas súas harmonías intanxibles do ceo; asociadas a cascadas de cores azul-laranxa a través dos acordes do piano. Lembremos que Messiaen tiña unha percepción sinestésica entre cor e son, o cal repercute nun cromatismo moi marcado da súa música. O terceiro movemento, para clarinete só, que foi o primeiro composto por Messiaen, e representa a confrontación entre o ‘abismo’, que representa ao tempo, coa súa tristura e lentitude, e os ‘paxaros’, que representan o desexo de luz, vida e xúbilo, nos seus fraseos áxiles. O trío de corda e clarinete do ‘Intermedio’ -segundo composto por Messiaen en orde-, ten carácter de scherzo e enlázase co resto dos movementos a través das súas reminiscencias melódicas. O quinto movemento identifica a Xesús co Verbo Divino e formúlase como unha longa e lenta frase de violoncello con amor e reverencia cara á eternidade do Verbo, na que se perde a música. O frenético sexto movemento é o máis característico ritmicamente do cuarteto. A conxunción de todo o ensemble crea unha sonoridade de síntese semellante á do timbre dunha trompeta, cunha fusión na que Messiaen aplica todos os modelos rítmicos antes descritos, a partir de figuras de 5, 7, 11 e 13 sons. Para Messiaen é música terrible que anuncia as catástrofes da fin do tempo, expresada de xeito pétreo e monolitico. O sétimo movemento retoma pasaxes do segundo, a partir dos cromatismos xa sinalados, como símbolo de paz, que se van desdobrando en múltiples tons en función das cores do arco da vella, proliferando cromatismos que dotan de enorme heteroxeneidade musical ao conxunto, case como nun soño exposto en sete seccións. Por último, o oitavo movemento volve retomar a figura de Xesús, ao que se loa a través da súa identificación como home no momento da resurrección e reencontro co Pai, a través dunha música que di o propio Messiaen pretende ser “todo amor”.

    Paco Yáñez
    Director artístico
    ensemble s21
    Temas relacionados:
    » Concertos de Mediodía- "Propuesta de Escoita" - Ano II
    » O. MESSIAEN: Cuarteto para el Fin de los Tiempos
    » Olivier Messiaen | Quatuor pour la fin du Temps (II) - Ensemble s21

    [Enviar o artigo por email]


    Comentarios (0) - Categoría: Concertos - Publicado o 07-05-2008 20:28
    # Ligazón permanente a este artigo
    Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
    © by Abertal
    Add to Technorati FavoritesBlogarama - The Blog Directory

    BloGalaxia

    © Jesús Coello | Aula de Música de Cámara | Mediateca do Aula de Cámara | Voltar arriba