|
|
|
|
|
|
MUDÁMONOS A...
http://mrpatrimonio.blogspot.com/
Podes ir directamente pinchando aquí abaixo, onde di: NOVO ALOXAMENTO
|
|
|
|
|
| SALVEMOS O CASTRO DA ATALAIA |
|

O próximo venres, 27 de xuño, temos unha boa ocasión de poñer en claro que está a pasar en San Cibrao con respecto ao Castro da Atalaia.
As partes implicadas neste bochornoso asunto -Concello de Cervo, Consellería de Cultura- terán ocasión de expor os seus puntos de vista, coa participación, a xeito de contrapunto, das asociacións que se veñen persoando neste tema como ADEGA ou LugoPatrimonio
MariñaPatrimonio tenta con este acto, ademais de clarificar os feitos, que se poidan extraer conclusións en positivo; que se aporten vías de solución a un conflicto que pon en perigo un ben patrimonial de valor recoñecido hoxe por todas as partes implicadas: un xacemento arqueolóxico pertencente a un poboado castrexo de tamaño moi considerable que se pode equiparar a algúns dos grandes conxuntos castrexos que hoxe están postos en valor no país.
Convidamos a toda a cidadanía a participar neste acto, para coñecer os diferentes puntos de vista e para demostrar aos nosos representantes políticos que os cidadáns valoramos realmente o noso patrimonio, non só como algo testimonial, senón como un activo cultural e un ben de valor económico e social. |
|
|
|
|
| Programación 2º semestre de 2008 |
|
Xuño 2008:
Sábado, 21: Presentación de MARIÑA PATRIMONIO
Casa da Administración de Sargadelos
12:30 horas
Venres, 27: Mesa Redonda sobre o Castro da
Atalaia.
20:00 horas
Agosto 2008:
Domingo, 3: Roteiro arqueolóxico no Valadouro
guiado por Isaac Ferreira
Mañá, comida e sobremesa.
Outubro 2008:
10, 11, 24, 25 e 31: I Xornadas de Patrimonio:
"A arqueoloxía industrial na Mariña Luguesa"
|
|
|
|
|
| Roteiro arqueolóxico no Valadouro |
|
3 de agosto de 2008
Mañá:
Roteiro polos montes de Sto. Tomé
Prado das chantas, dolme de St. Tomé,...
Mediodía:
Xantar de grupo
Acto cultural de sobremesa |
|
|
|
|
| Mesa redonda informativa sobre o Castro da Atalaia de San Cibrao |
|

venres, 27 de xuño de 2008
ás 20:00 horas, na Casa do Mar
Participan representantes de:
- Consellería de Cultura
- Concello de Cervo
- ADEGA
- Lugo Patrimonio
- Mariña Patrimonio
|
|
|
|
|
| I XORNADAS DE PATRIMONIO. A arqueoloxía industrial na Mariña Luguesa |
|
 Cervo, A Pontenova e Viveiro
Outubro de 2008
-Venres día 10 de outubro:
-Inauguración en Cervo da exposición itinerante
“O patrimonio industrial na Mariña Luguesa”
Convidado: don Isaac Diaz Pardo.
-Proxección de documentais sobre a Historia e Patrimonio Industrial
-Sábado día11 de outubro:
-Conferencia de Xoán Carmona Badía
“Historia do patrimonio industrial de Galiza”
-Xantar
-Visita guiada a Sargadelos
-Venres día 24 de outubro:
-Inauguración en A Pontenova da exposición itinerante
-Proxección de documentais
-Sábado día 25 de outubro:
-Conferencia de Xavier Rodríguez Lombardero
“Achegamento a historia das minas de Vilaoudriz”
-Xantar
-Visita guiada á zona de traballo tradicional do ferro.
-Venres día 31 de outubro:
-Inauguración en Viveiro da exposición itinerante
-Proxección de documentais |
|
|
|
|
| NACE MARIÑAPATRIMONIO |
|

Froito da iniciativa dun grupo de mariñáns, nace en Sargadelos, enclave de referencia do noso patrimonio, a Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio, que ten como fins principais os que seguen:
- Defensa do patrimonio cultural, material e inmaterial recollido este no seu sentido máis amplo dentro do territorio da comunidade autónoma de Galiza.
- Defensa do patrimonio natural.
- Defensa, promoción e uso do idioma galego no camiño da súa normalización, pois representa a maior riqueza patrimonial creada polo pobo galego. A este fin, o idioma galego é a expresión propia e oficial usada en todos os ámbitos da Asociación.
- Promoción e realización de actividades e proxectos de todo tipo encamiñados á súa divulgación e xeral coñecemento.
e.-Edición e propagación de traballos que o popularicen.
- Cantas outras actividades lícitas que sexan da conveniencia e dos intereses comúns dos asociados e asociadas.
Os beneficios que se obteñan por calquer concepto destinaranse exclusivamente ao cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nen outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo. |
|
|
|
|