Mostra de Teatro Afeccionado do Condado



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Adeus Blogoteca, Ola Blogger!!
Cambiamos, por motivos varios, entre eles a posibilidade de ver vídeos dende o blog.

Este é o novo enderezo que a partir de hoxe é o que actualizaremos.

http://www.mostradeteatroafeccionadodocondado.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-08-2008 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Baixamos o telón
En realidade, como ben sabedes os que vos acercastes nalgunha ocasión ás Fraguiñas, non temos telón, pero outro ano máis, a Mostra bota o candado.

Pero non vos preocupedes, xa queda menos para a VIII edición!!!

Dende a organización o que queremos é agradecer fondamente a todos os que nos botaron unha man durante estes días, para recoller ou montar parte do material, comprando unha camiseta, asistindo ás sesións, difundindo e publicitando, a través do "boca a boca" a nosa actividades, aos periodistas que se acercaron e comentaron a Mostra, aos grupos por participar e divertirnos, a vós por asistir, ...

Estamos xa traballando na próxima, aínda que primeiro haxa que rematar de recoller o material.

Non desesperedes que o teatro continúa e Móstrate'09 está cerca!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-08-2008 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Fóra presión, comezamos
Público na Mostra 08
Os últimos retoques sempre son máis dos que un pensa. E sempre ocupan máis tempo do que un desexa. Pero, ao fin, como estaba previsto, nunha noite fresca de máis para o tempo no que estamos, levantamos o telón. É unha frase feita porque nen telón hai...

O que si hai son ganas de teatro. Estaban onte á noite moitos amigos que xa viñeron nos anos anteriores, outra xente nova, nenos, maiores, ...máis de 350 persoas!!!

O grupo fantástico, diante e detrás. Xente con ganas de divertirse e divertir, que é o que máis importante e fan moi agradable todo.

E logo, no último acto, os pinchiños e os comentarios, coa entrega de recordos,...

Unha boa noite de teatro, que segue hoxe, mañá e pasado.

Deixa a tele e ven ao teatro!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-07-2008 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Hoxe comezamos e mañá seguimos...
Hoxe levantamos o telón da VII Mostra, con teatro, con ganas de pasalo ben, con boas obras e fantásticos actores e actrices, ...

E mañá seguimos con máis teatro.

Todo, como sempre, ás 22:30h con entrada libre e gratuita.

Vémonos na Mostra!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-07-2008 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
E na Internet tamén está a Mostra
En moitas páxinas, pero, por exemplo, podedes atopar referencias en:

Vieiros.com: http://www.vieiros.com/nova/68003/ribadavia-si-teatro-afeccionado-tamen

Ou en teatroaficionado.blogspot.com

http://teatroaficionado.blogspot.com/2008/07/vii-muestra-de-teatro-aficionado-del.html
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-07-2008 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Mañá levantamos o telón
O Grupo Tarantela, coa obra "Vostede ten ollos de muller fatal", será o encargado de levantar o telón da VII Mostra.

Ás 22:30h, nas Fraguiñas, en Fornelos, contamos contigo. Entrada, como sempre, libre e gratuita.

Tarantela Teatro naceu xa hai máis de cinco anos en Beade, Vigo, grazas á iniciativa dun grupo de mulleres que querían facer algo en conxunto, concluíndo no teatro, como alternativa ideal para desfrutar do tempo libre. Tarantela estreouse o 17 de Xuño de 2000, representando a obra Mórdeme, de Inma Souto. Continuando coa súa andaina, e baixo a dirección de Eva Vila, actual directora, estrearon dende entón outras obras, de autores como Carlos Casares, Blanco-Amor ou Castelao.

“Vostede ten ollos de muller fatal”, a obra que representarán na Carballeira das Fraguiñas, é de Enrique Jardiel Poncela e narra as vivencias dun “don Juan”, conquistador de mulleres ás que cambia de cando en cando, con inxeniosos diálogos e situacións divertidas. Unha oportunidade para desfrutar na butaca.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-07-2008 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Estamos a piques de comezar
Queda moito menos, os últimos retoques para levantar o telón da VII Mostra.
Para chegar tedes un post anterior coas indicacións precisas (é sinxelo).

As últimas cuestións a ultimar e, entre elas, ti. Faltas ti e os que ti coñeces, para pasar unha noite agradable deste verán, que por fin parece que chegou.

Vémonos na Mostra!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-07-2008 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Este é o cartel deste ano
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-07-2008 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Quedan 6 días para levantar o telón
Aproxímase a data na que levantaremos o telón da VII Mostra de Teatro Afeccionado. Estamos cos últimos retoques, cos últimos asuntos que resolver, ...

Ide facendo sitio nas vosas axendas para asistir ao espectáculo teatral ao aire libre da Mostra deste ano, con espectáculos variados e interesantes.

Vémonos na Mostra!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-07-2008 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Aquí está o cartel da Mostra deste ano
Como anunciamos en datas pasadas, a VII Mostra de Teatro Afeccionado do Condado, Móstrate, celebrarase os próximos 23, 24, 25 e 26 de Xullo.

E este é o cartel:

MÉRCORES 23, ás 22:30h:
TARANTELA TEATRO, de Vigo, coa obra:
Vostede ten ollos de muller fatal

XOVES 24, ás 22:30h:
ATURUXO DE MELPÓMENE, de Narón, coa obra:
Cometa, cometa, ...

VENRES 25, ás 22:30h:
SAL-MONELA TEATRO, de A Coruña, coa obra:
A cea dos idiotas

SÁBADO 26, ás 22:30h:
AVRESNO TEATRO, de Moaña, coa obra:
Historias íntimas do paraíso

Fai un oco na túa axenda e reserva os días para o teatro afeccionado ao aire libre.
Vémonos na Mostra.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-07-2008 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3]
© by Abertal