Morrocantando


XA QUE CHORANDO NACÍN
O folque, os libros, o jazz, o baile, a tradición, o que a min me gusta, en galego, segundo me pete... por que me peta!!

MORROCANTANDO...

"Todolos que cantan ben
cantan unha vez ó ano
eu como canto normale
pásome a vida cantando..."





Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Esta web está en contra do peche de Aduaneiros sem Fronteiras



ESCOITA A MIÑA MÚSICA!



 ESTOXOS
 IMAXES
 O CAMIÑO DA ARAÑA
 CAN DE PALLEIRO
 ARQUIVO
 ARTIGOS

O meme do trasteo en Morrocantando
A cousa está ben: Senda ven de convidarme dende a súa Antesala a parcipar mo meme do trasteo que comeza no blogue de L&M, onde podedes ver o funcionamento. Como vou negarme se o seu producto é unha caixa de volandeiras!!!!

A cousa é así (tomado do blog L&M): "Ser "trasteador" consiste em experimentar um produto e postea-lo pasando a información ós coñecidos. [...]
1. Recibes o meme (doutro blog) e engades o produto da tua zona que vas a sortear no teu blog.
2. Envia-lo a tres persoas
3. O dia 28 de febreiro realizas o sorteo e envias o produto ao gañador (pagado do teu peto).

Como se entra no sorteo? pois só tes que deixar un comentário no blogue que te interese, no artigo do meme de trasteo".

Así que recollo a invitación de meme dende a Antesala e deixo aquí o meu meme:

1. lista de produtos: pois unha botelliña de Albariño, non pode ser doutro xeito sendo da Arousa, e como este viño bébese para acompañar unha comida, pois unha bolsa de mexillóns da ría.



2. As miñas invitacións: Henrique (a ver que me sacas), Magüey (algo rico seguro que nos ofrece) e O Ghaiteiro de Lapamán (veña, meu, sorpréndenos con algo da riveira de Bueu).

Así queda a cousa: visitantes de Morrocantando, deixade os vosos comentarios neste artigo e o día 28 de febreiro participaredes no sorteo dunha botella de albariño que poderedes tomar cunha bolsa de mexillóns que vos enviarei a casa. No blog L&M tendes o listado de memes por si vos queredes apuntar a outro sorteo.

Un apuntamento, que me esquencía falar dos productos: o albariño é da casa, sen etiquetar, que está máis bo, pero como non me lembro da bodega ei falar del noutro artigo.

Unha aperta!!!
E ti que dis? (10) - Estoxos: Xeral - Publicado o 30-01-2009 16:33
Link permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
10 E ti que dis?
1 Dame número para este sorteo, caghonatós.
(E ti se queres optar a un panciño de Antas c#blgtk08#on un queixo da Ulloa...ven polo teu número ó meu bló)
Apertas folkeiras dende a Chousa
Deixou dito... Chousa da Alcandra (30-01-2009 18:10)
2 Pois xa tes o número 1 e non te preocu#blgtk08#pes que xa paso pla chousa!!!!
Deixou dito... Edu (30-01-2009 20:02)
3 e eu o dous!!!!! que isto tem uma pi#blgtk08#nta que mi madrinha!!!
beijos
Deixou dito... l&m (31-01-2009 00:37)
4 Xenial, o tres é o meu número favorito!!
e digo eu (abusando da confianza), que aínda que non me toque podías convid#blgtk08#arme a compartir unha botella desas... eu xa sabes que me ofrecín fai tempo... como parella de baile!!
Unha aperta
Deixou dito... Senda (31-01-2009 18:00)
5 Ahi co que me gusta a min o albariño e os mexilóns. A min se me das o catro vouche ben conten#blgtk08#to porque creo que é o que a tocar. Si che gusta a carne ao caldeiro visitame.
Saudos
Deixou dito... Barreira (02-02-2009 03:13)
6 Albariño e mexillóns! Vale, val#blgtk08#e, número tamén para min, meu.
Deixou dito... Raposo (12-02-2009 02:00)
7 ...e que número teño eu??

Unha forte aperta!! Estase vendo que en Galiza#blgtk08# nada somos sen gastronomía eh?

Por certo: alguén quere empanada?
Deixou dito... Manuel L. Rodrigues (14-02-2009 15:54)
8 Poucas cousas axundan tanto a cantar como unha botella de albariño... ¡ois, se quese vir probar o albariño que temos n#blgtk08#o concello de Vila de Cruces , tes que pasar pola minha cova.:-)
Dame lume, perdón, quería decir dame número...
Deixou dito... Paco Penas (17-02-2009 00:22)
9 Cajonodemo, eu tamén quero un número. E si ti que#blgtk08#res un para uns percebiños, vai ó meu curruncho.
Deixou dito... Ninsesabe (23-02-2009 15:09)
10 Pois eu apúntome, que eso de poder degustar bos productos da terra, sempre e moi doado e agradecido o paladar.
U#blgtk08#n abrazo e adiante con repetir a idea pero con mais tempo de preparación, que coido que e moi boa idea!
Saudiños
Deixou dito... Ignacio C.J. (27-02-2009 23:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non se ve)
URL: (Se non lle pos http:// non vale...)
Ti dirás!:
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal
EMacC





















































widget









Contador Gratis