Morrocantando


XA QUE CHORANDO NACÍN
O folque, os libros, o jazz, o baile, a tradición, o que a min me gusta, en galego (e ás veces en castelán), segundo me pete... por que me peta!!

MORROCANTANDO...

"Todolos que cantan ben
cantan unha vez ó ano
eu como canto normale
pásome a vida cantando..."





Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Esta web está en contra do peche de Aduaneiros sem Fronteiras



ESCOITA A MIÑA MÚSICA!



 ESTOXOS
 IMAXES
 O CAMIÑO DA ARAÑA
 CAN DE PALLEIRO
 ARQUIVO
 ARTIGOS

O novo sol nos seus ollos XIV
Parte 14 – Morte

Non está seguro pero lle parece que alí diante hai unha luz. Si, si que é unha luz. Por fin. Será a saída? Segue avanzando aos poucos, un paso tras outro, as mans apoiadas na parede. Ten que ter coidado. Cada vez hai máis pedras caídas no chan e non sempre as percibe a tempo.
Ten que seguir recordando e avanzando sen tropezar.

Volve estar no bosque de novo. El é a esquina dun triángulo. As outras dúas son dous recrutas, dous compañeiros, dous inimigos, ós que terá que matar ou
ser matado por eles.
Míranse. Non hai palabras entre eles, só miradas, non hai pensamentos, bloquearon a súa mente, para que os outros non dispoñan da vantaxe de saber o primeiro movemento.
Á súa esquerda atópase o membro do grupo que estaba seguindo que fora ferido. Apenas pode manterse en pé e sabedor de que non poderá aguantar moito máis, decide dar o primeiro paso, e lánzase contra o outro membro do grupo, o traidor, que está á súa dereita.
El sabe que ese é o seu momento. Tamén o ataca. Entre os dous poderían acabar co traidor. Pero este deféndese de forma brutal. Nun só movemento para ó ferido, arrincándolle o brazo dun golpe. Salta a un lado e déixao pasar para empuxalo contra unha árbore. O ferido cae ó chan, inmóbil.
El chega nese momento... salta sobre o traidor e crávalle as pinzas nos ollos... o berro que golpea a súa mente case o fai perder a conciencia. Sopórtao con dificultade encerrándose por completo, cortando todos os fíos co exterior. A súa mente está completamente soa e o seu corpo está cheo de adrenalina.
Sóltase, agarra unha rama e golpea a cabeza do seu inimigo, faio caer ó chan. Non lle dá ningunha oportunidade pois é case o dobre de grande que el, pode ver o ancho dos seus brazos, dos arteixos, que ocultan seguramente unha poderosa musculatura. Golpéao sen compaixón, unha e outra vez, unha e outra vez, primeiro na cabeza, ata que deixa de moverse, e logo no tórax, ata que abre unha fenda na coroza e só entón para e déixase caer sobre o chan, coas súas catro pernas dobradas baixo o abdome.
Volve sentilo: como a mente daquel ser marchaba, como unha chama á que se lle acababa o combustible e íase apagando aos poucos, entón morría e o sentía un terrible horror, sentía a dor e a amargura daquela morte, e a súa propia mente empezaba a gritar e expandíase buscando a colectividade da súa comunidade... durante uns microgrados, que pareceron soles enteiros, perdeuse a si mesmo, abandonou o seu corpo que permaneceu case baleiro no medio dun bosque de árbores inmensas, sacras, apoiado no seu abdome, e á beira do corpo dun conxénere, un corpo esnaquizado, coa cabeza transformada nunha masa esponxosa mesturada con anacos de coroza, e co caparazón que fora aberto polos golpes en varias partes polas que saían os preciosos fluídos corporais.
Non ten un recordo claro dese momento: a súa mente era súa, pero ó mesmo tempo xa case non era el, case non se sentía a se mesmo, estábase perdendo por completo, pero entón apareceron o medo e a vergoña, todo fora culpa súa, el arrincara unha vida, e volvía a el mesmo, e escondíase, encerrábase por completo, cubría a súa mente con capas e máis capas sobre outras capas, encartábaa unha vez, e outra, e outra, ata que só era un puntiño no fondo da súa cabeza... tal era a vergoña e o medo que sentía ante a súa propia comunidade.

Iso sucedera varios centos de ciclos atrás... e agora no presente decatábase de que descubrira algo case sen querer... por dúas veces, durante a pelexa, illara a súa mente de todo o demais, podía protexerse do baleiro que lle rodeaba... só tiña que encoller a súa mente... un pouco, só un pouco... dobrala sobre si mesma un pouco. Só tiña que concentrarse na súa propia mente.
Estaba pensando no seu descubrimento cando se deu conta de que chegara á abertura no túnel. O teito derrubárase. Pola apertura entraban pingas. Fóra, estaba chovendo de novo.



Se o queredes ler en castelán, pulsade aquí.



Parte 13 – Escuridade
Parte 12 – Construcción
Parte 11 – Ruinas
Parte 10 – Soidade
O camiño
Primeira proba
E ti que dis? (0) - Estoxos: Contos ou contiños - Publicado o 14-05-2008 12:42
Link permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Retranca nº 7
Hoxe é 13 de maio, o mes florido. Atrás quedan os días de choiva, de frío... do inverno, e case no medio do mes, uns poucos días despois do día de San Isidro, labrador, xa temos o Día das Letras Galegas... e con elas... tachán!!!!! o número 7 de Retranca!!!, un especial para celebrar o día no que se celebra que temos lingua, aínda que parece que a algún lla cortaron... Claro que outros teñen lingua bilíngüe, que é peor. Imaxinades, galegos con dúas linguas, ou se cadra con lingua "bífida"?
Seica agora o galego está a asoballar ó castelán... pero que non teñan medo que algún día podería chegar a ser así... o Daviciño, o fillo do cachirulo, que colleu o seu sacho e lle deu unha malleira ó Gollanes, o tipo ese que traballa no banco e que seu pai era dos que andaban na ribeira e que sempre falou galego pero que agora renega, porque ten coche de marca, reloxo de marca, casa de marca (e catro traballos para paga-la hipoteca) e leva ós fillos ó "Sek"... ese que de pequeno apañaba ameixas na finca dos viciños...
Así que xa sabedes, se non tendes a lingua bífida, se tendes a vosa lingua no seu sitio, e queredes defender o que é voso... lede Retranca, unha revista que sabe cal é a súa fala!!!
Lembrade: en realidade temos 365 días das letras galegas!!

Retranca nº 6
Imaxen tomada da promoción do nº 7 aparecida no blog Retranca, propiedade de Kiko da Silva.



Sintoo, Henri, desta volta... cheguei eu antes... jejejeje
E ti que dis? (1) - Estoxos: Cómics que disfrutei - Publicado o 13-05-2008 11:34
Link permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O novo sol nos seus ollos XIII
Parte 13 – Escuridade

O corredor parece interminable. Percorréndoo xa atopou varias habitacións similares á primeira, sen saída, e fai un bo intre que perdeu a conta das voltas. Está cansado, asustado, e non pode deixar de pensar noutra cousa que non sexan os seus recordo.
Xa repasou a súa segunda muda que é a primeira que recorda. As dores que pasou e o pánico a non saír que lle fixo empuxar con forzas que descoñecía estivesen dentro do. Pensou que nunca máis sería tan terrible, pero se equivocaba. Cada vez era igual de terrible, coma se o corpo deixase atrás, ca baleira cáscara, o
recordo do mal momento. Claro que realmente non era así, porque no fondo, en certo xeito, ós poucos, con cada nova muda, resultáballe máis fácil soportar aquela dor terrible. Ou sería que cada vez tiña máis confianza en que lograría saír? Seguramente a explicación correcta sería iso e que o tempo pasado desde a anterior muda facía que a dor perdese importancia.
Xa repasou todos e cada un dos momentos da primeira proba, da sementeira na ofrenda a Gaia e da festa da recolección. E repasou, con especial detalle, a súa primeira morte.
Ós poucos soles de empezar a proba tivera un encontro con outros dous recrutas e tivera que fuxir deixando todas as súas cousas... entre elas os seus alimentos. Non era difícil atopar que comer no bosque dos Grandes Anciáns pero era algo que che expoñía demasiado ós adversarios. A súa única oportunidade era conseguir os alimentos doutros.
Así que leva varias horas axexando a un grupo de recrutas que decidiron xuntarse. O sabe que é boa idea a curto prazo. Axuda a sobrevivir pero inevitablemente chega un momento no que é necesario enfrontarte ós teus compañeiros: as perspicacias de que exista un traidor corrompen lentamente o grupo ata que estala o conflito. Esa é unha opción: a outra é acordar un punto da proba para dispersarse.
Está escondido esperando ese momento, seguíndoos sen ser visto. Esa era a súa gran vantaxe, pasar desapercibido e saber esconderse, e por iso decidira actuar a soas.
O grupo está formado por cinco individuos, pero descoñece a que acordo chegaron. Sabe que eles, antes ou despois serán vistos, que son demasiados e que pronto se atoparán con outro grupo ou se pelexarán entre eles: un en especial parece bastante impaciente. É un individuo especialmente grande, ten catro patas poderosas, e dous grandes brazos con pinzas desproporcionadas. Na cabeza, case tan grandes como as pinzas, sobresaen un par de mandíbulas que ocultan o resto dos apéndices bucais. A coroza ten un brillo azulado, nótase que é grosa.
Só ten que esperar a súa oportunidade... e non tivo que agarda moito.
O individuo número catro, así é como os identifica, o grande, ten garda esa noite. Eles fíanse, e el, pasada a medianoite, silencioso, implacable, empeza a asasinalos, un a un, mentres dormen, pero non contaba cun detalle, que un deles, o que deixou para o final, tamén quedou esperto toda a noite. Resultou que non todos fiábanse.
El observa os acontecementos esperando o seu momento. Ve como asasina ós dous primeiros sen ningún problema, cravándolles unha lámina afiada de madeira entre a cabeza e o tórax, no punto exacto da liña de ecdisis. Tamén ve como está a piques de matar ó terceiro cando escoita un ruído. O último dos seus compañeiros está esperto e lánzase furioso contra el. Rapidamente termina o seu traballo e apártase da traxectoria do outro. Tropezan o un co outro e volven lanzarse facendo estralar con furia as súas mandíbulas e maxilares. Fan chocar os seus coirazas mentres intentan desesperadamente cravar as súas pinzas na pleura do outro, arrincar un membro, unha antena, lograr unha vantaxe para dar o golpe final.
Pero o traidor é máis grande e probablemente ten menos escrúpulos que o outro, e cun hábil movemento apóiase no chan e empuxa fortemente, coma se quixese lanzarse encima, pero logo, no último momento, virando o abdome, déixase caer, mentres que co seu segundo par de extremidades golpea as do seu adversario, que se desequilibra, e tira do cos seus brazos, facendo que salga despedido contra o tronco dunha árbore por encima súa. O traidor, dándose a volta, levántase rapidamente e, agarrando unha pedra entre as súas mans, golpéalle a cabeza, unha e outra vez, ata que non queda máis unha casca esnaquizada, o contido vertido sobre o brión.
Mentres todo isto sucede el está gozando da súa propia festa. Sae das matogueiras entre as que se ocultaba, coa impaciencia do que se coñece vencedor por pura vantaxe, á vez que non quita os ollos da pelexa. Non lle custa atopar os víveres, pero no preciso momento en que se dispón a marcharse dáse conta do seu erro. O terceiro membro do grupo só fora ferido, e estase levantando diante del, fai un ruído, e o traidor que xa é vencedor, óeo, vírase e entón veo a el tamén.
Dáse conta de que a situación acaba de cambiar. Xa non se trata de conseguir comida, agora tamén terá que loitar.



Se o queredes ler en castelán, pulsade aquí.



Parte 14 – Morte
Parte 12 – Construcción
Parte 11 – Ruinas
Parte 10 – Soidade
O camiño
Primeira proba
E ti que dis? (1) - Estoxos: Contos ou contiños - Publicado o 13-05-2008 09:22
Link permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O Gaélico: lingua de prestixio... e de futuro

O próximo sábado é o día das letras galegas, e apetecíame escribir algo sobre o galego. Xa escribín o artiguo anterior pero o outro día atopei un artigo na Voz de Galicia sobre o renacemento do gaélico en Irlanda e pareceume moi interesante...



O gaélico renace en Irlanda como lingua de prestixio


Chega aos medios de comunicación, e o Goberno promove escolas específicas

Autor: Judith Mora
Data de publicación: 10/5/2008

Con paz e prosperidade, o gaélico, derivado dun dos idiomas máis antigos de Europa -o celta-, volve estar de moda na República de Irlanda, onde durante anos foi considerado a lingua do campo e un lastre para o progreso. A culminación do proceso de paz en Irlanda do Norte, que creou un novo espazo para o nacionalismo, e o auxe económico da república na última década favoreceron un renacemento do irlandés, relegado a un segundo plano desde que os británicos impuxeron a súa soberanía no século XIX.

Segundo datos do Goberno, dunha poboación de 4,2 millóns de habitantes, un 5% dos adultos (unhas 80.000 persoas) falan gaélico a diario (fronte a un 1% a finais do XIX), un 43% din coñecelo e un 90% consideran que é importante e forma parte da súa herdanza cultural.

O ministro para Asuntos da Comunidade, Rurais e do Gaélico, Éamon Ó Cuív, neto do ex xefe do Estado Éamon de Valera, lidera os esforzos para a recuperación do idioma, baseados na súa promoción nas escolas, na empresa e nos medios de comunicación. Ó Cuív, que preparou un plan de actuación a vinte anos para revitalizar a lingua ancestral dos seus antepasados, revela cal é a súa meta: «Se en dous decenios temos 250.000 persoas que falan irlandés a diario, a marea reverteuse e contaremos cunha comunidade parlante o suficientemente sólida para asegurar un futuro de crecemento do idioma».

Ó Cuív non nega que parte do resurgimiento do gaélico débese ao recente interese das clases medias, sobre todo en Dublín, que agora envían aos seus fillos ás Gaelscoileanna -escolas irlandesas- e a pasar os veráns nas Gaeltacht, as rexións do oeste do país onde o irlandés é a lingua nativa.

«Antes, o irlandés asociábase coa lingua dos campesiños, mentres que o inglés era a que abría as portas tanto en Irlanda como para os emigrantes que ían buscar fortuna en Estados Unidos ou Canadá», explica.

Agora, con todo, falar irlandés «percíbese como unha vantaxe máis que como un lastre», sobre todo despois de que no 2005 o idioma fose recoñecido como lingua oficial pola Unión Europea.

Os irlandeses viaxan e danse conta de que os europeos falan máis dun idioma, de que o mundo non se reduce ao inglés, e senten orgullosos da súa lingua, que ten unha literatura vernácula que data do século V, a máis antiga de Europa. Neste momento, falar gaélico queda moderno.

En televisión

Un dos responsables desa tendencia é o humorista e presentador televisivo Hector Ó hEochagáin, que o popularizou co seu programa de viaxes Amú, en TG4, a única canle totalmente nesa lingua (con subtítulos en inglés). «O lanzamento en 1996 de TG4, con bos documentais, noticias e programas de entretemento, foi fundamental para dar unha imaxe de lingua viva e actual», sinala Ó hEochagáin, que fala tamén español tras pasar catro anos no País Vasco.

O presentador, que aprendeu o idioma de adolescente na rexión de onde procede a súa nai, rexeita que o interese polo irlandés sexa pasaxeiro ou un capricho da clase media, e recorda «a guerra que desde fai anos levan librando as Gaelscoileanna».

Mícheál Ó Broin, presidente da asociación de escolas irlandesas, recoñece que houbo un aumento no seu número (de 16 primarias en 1972, fóra das Gaeltacht, a 184 na actualidade), pero lamenta que a maioría delas carezan de financiamento adecuado e moitas atópense en edificios provisionais.

A pesar de todo, o sistema de inmersión lingüística funciona e «a clave é presentar o irlandés como lingua viva e vibrante, falada, en lugar da imposición» que sufriron as xeracións anteriores, afirma. Ante quen cren que o retorno do gaélico é unha medida forzada, Hector Ó hEochagáin, que recorda que ata os inmigrantes apúntanse agora a aprendelo, mantén que a lingua dos celtas está aquí para quedar: «Levámolo no sangue», asegura o presentador que logrou facer un oco ao gaélico nos medios de masas.



Para cando algo así en Galiza? Cando imos querernos tanto os galegos e cando imos terlle tanto aprecio á nosa terra, ó noso idioma?
E ti que dis? (0) - Estoxos: Xeral - Publicado o 12-05-2008 15:54
Link permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Que lle den á RAE
Co gaio do día das letras galegas recibo un correo electrónico dun tema que eu xa coñecía. O asunto é que o dicionario da RAE segue a insultar ó galego, ós galegos e a Galiza, e en especial ós galegofalantes (eu aínda estou aprendendo a selo). Nese dicionario aparecen as seguintes acepcións para o termo “Gallego”:
Gallego, ga. (Do lat. Gallaecus)
  1. adj. Natural de Galicia. U. t. c.s.
  2. adj. Pertencente ou relativo a esta comunidade autónoma de España.
  3. adj. En Castela, dise do vento “cauro” ou noroeste, que vén da parte de Galicia. U. t. c. s.
  4. adj. Ant., Arg., Col. e Ur. Dito dunha persoa: Nacida en España ou de ascendencia española. U. t. c. s.
  5. adj. C.Rica. “tonto” (= falto de entendemento ou razón).
  6. adj. O Salv. tartamudo.
  7. m. Lingua dos galegos.
A lista de aldraxes que aparecen no dicionario da R.A.E., tanto ten que sexa a edición impresa como a de internet, en contra dos galegos, de Galiza e do seu idioma é, esaxerando, interminable.
Primeiro, creo que a máis importante, o feito de que, por debaixo doutras acepcións, que a de “lingua dos galegos” sexa a sétima. Unha lingua é menos importante que un vento, o nome que se lle da ós españois en Sudamérica? Non existía o galego antes de que se descubrira América? Iso danos unha idea da importancia que lle dan á nosa lingua os académicos españois.

En certo programa que antes botaban en Telecinco e que agora van botar ou botan na Sexta, Caigaquiencaiga, preguntóuselle á embaixadora de Costa Rica en España sobre o termo número 5, iso de que no seu pais lle din gallego ós bobos, e a embaixadora, que ben debe coñecer o seu pais, afirmou que iso non era certo.
Pregúntome como lles sentaría en outras comunidades se utilizaramos os xentilicios como acepcións de insultos, como no caso do termino galego. Por exemplo, Madrileño = Chulo, Catalán = Agarrado, Vasco = Terrorista, Andaluz = lacazán... seguro que non lles ía sentar ben.
A persoa que escribiu o artigo que me enviaron no correo, di que lle picou a curiosidade e que consultou o termo “catalán” no dicionario da R.A.E., atopándose co seguinte:
Catalán, na:
  1. adj. Natural de Cataluña. U. t. c. s.
  2. adj. Pertencente ou relativo a este antigo principado, hoxe comunidade autónoma de España.
  3. m. Lingua romance vernácula que se fala en Cataluña e noutros dominios da antiga Coroa de Aragón.
Temos aquí máis motivos para agarrarse un bo cabreo.
Non só un ten que aguantar que insulten ó seu idioma e a súa condición de galego na propia definición, senón que ademais, temos que aguantar unha aldraxe comparativa como esta. Di o R.A.E. que catalán e quen “Pertence ou do que é relativo a este antigo principado, hoxe comunidade autónoma de España”. De galego só di que “Pertencente ou relativo a esta comunidade autónoma de España”. Non sei si a miña memoria estará a errar, pero cando era novo e estaba a estudar historia de España, eu lembro que Galiza era REINO. É dicir, que o R.A.E. fai mención de que Cataluña foi principado, pero nada de que Galiza foi Reino!!!!
Outro insulto máis do R.A.E.: o catalán é “lingua romance vernácula”, mentres que o galego tan so é a “lingua dos galegos”. O galego non é “lingua romance vernácula”? Analicemos isto con coidado.
Veamos a wikipedia. Do latín, nos territorios que nalgún momento formaron o Imperio Romano, naceron as linguas romances. Resulta, que entre o Francés, o Italiano, o Español, o Catalán, o Portugués... está o galego que si que é unha lingua romance, e das clasificadas como "iberico-románicas". No século IX, aparece, no noroeste da península (no mesmo século que o español e dous séculos antes que o catalán) o GALEGOPORTUGUÉS, ilustre língua na que escribiría Alfonso X, o sabio, as súas Cantigas de Santa María. Do galegoportugués, naceron o galego e o portugués, que é un dos idiomas más fermosos e máis falados do mundo: países enteiros como Brasil, Portugal, Angola falan esa lingua. Para a R.A.E. non é importante mencionar todo iso pero si que o catalán fálase en “Cataluña e noutros dominios da antiga Coroa de Aragón”.
Por outro lado, segundo a wikipedia, a palabra vernáculo significa propio do lugar ou país de nacemento dun, nativo, especialmente cando se refire á linguaxe. Así, para a maioría dos usuarios desta enciclopedia, o idioma vernáculo é o castelán ou español. A palabra provén do latín “vernaculus”, que significa nacido na casa dun, proveniente de “vern”, un escravo nacido na casa do amo.
O galego non é entón a lingua de nacemento dos galegos? Cal é, o español? Por desgraza si que o é, pero iso non impide, que, por sorte, aínda moitos galegos teñan por lingua de nacemento o galego.
Ademais, digo eu, os galegos que falan castelán tamén están a falar galego?
Non teño nada en contra dos cataláns, pero si en contra do DICIONARIO DA REAL ACADEMIA ESPAÑOLA, e se non o credes, ide a súa páxina e comprobádeo.
Agora só me queda dicir unha cousa.... Sres. Membros da Real Academia Española: que lles metan todos os volumes do Dicionario da R.A.E. polo seu vernáculo e académico CU!!! Galegos e galegas, se queredes a vosa terra, xa vai sendo hora de que levantedes o cu do asento e fagades algo: o día 18 todos a Santiago a ensinarlle a todo o mundo que queremos vivir a nosa vida en galego!! Na Galiza, en GALEGO!!!
E ti que dis? (0) - Estoxos: Xeral - Publicado o 12-05-2008 15:08
Link permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Un pouco de humanidade

Onte lin un libro. Si xa o sei, resulta que ás veces o fago e todo. Pois desta volta votei parte da noite lendo. Era un contiño. Empecei a lelo, pensando que sería cortiño e non o era e cando me din conta pasaban as páxinas unha detrás de outra e ó mesmo tempo pasaban as horas, unha detrás de outra.

Foi unha noite... máxica? Non é ese o adxectivo, pero é que non se me ocorre outro... aínda que sei que hai outro... pero agora non me sae. Tanto ten. Eu metido na miña lectura, como si nada máis importase e o meu carón, durmindo, como si non houbese nada máis, sen decatarse, Lu.

O conto... qué tiña o conto que tanto me atrapou? Falaba da xente. Do que nos diferenza do resto dos seres vivos, do que nos fai humanos...

Qué é o que nos fai de nos humanos? É dicir, somos animais, non? Descendemos dos monos e o noso corpo funciona xusto como os dos demais seres vivos. Temos os nosos xenes que son igualiños nun 96% ós dos chimpancés que codifican as encimas e todo iso dentro de células con núcleos e ribosomas, e retículo endoplasmático (rugoso e liso). Ata temos centriolos e como o resto das células dos demais animais.

Pero, non somo algo máis? E qué é ese “algo máis”?

Que os humanos nos organizamos en comunidades e creamos historias, cancións, tradicións, lendas, costumes, para sentirnos máis apegados a esa comunidade... e así os traballos dos membros da comunidade se transforman en traballos de todos. Os relatos, as historias, as ferramentas que construímos son o espello do ser humano, a súa conciencia.

Os outros seres vivos tamén se unen a comunidades pero só o fan porque así llo ordenan os seus xenes. Non legan nada ás xeracións que veñen despois nin comparten nada, agás aquilo que a supervivencia fai que quede impreso no seu ADN.

Nos tamén funcionamos así, pero somos quen de superar esa barreira do coñecemento entre unhas persoas e outras, e así cando decidimos unirnos a unha ou outra comunidade, seguindo os nosos gustos, os nosos desexos, creamos historias, lendas, cancións... e así pasamos as nosas experiencias de ti ó meu e do meu a ti. Esas cousas son as que definen a unha comunidade e que nos ensinan como funciona o mundo, como o entendemos, como organizamos as nosas comunidades... “Temos atopado o xeito de estender a xestación máis alá do ventre, un xeito de dar a cada fillo dez mil pais que el nunca coñecerá persoalmente”. Dez mil pais e vinte mil irmás e irmáns e corenta mil fillos.

Persoas

Como resultado, a xente dunha comunidade únese como unha soa mente, moito máis sabia, pola súa intuición acumulada, porque estando xuntos as cousas que facemos son maiores, máis grandes que cando as facemos sos.

Cada parella que se forma, cada familia é unha pequena comunidade que tamén comparte coñecementos, linguaxes, rituais, parte dos que son legados ós fillos, pero tamén formamos parte de outras comunidades, os nosos amigos, os noso traballos, os nosos gustos, as nosas paixóns, e cando formamos parte deses outros grupos levamos con nos a esas persoas que queremos, e no canto de perdernos, eles gañan aquilo do que formarmos parte. A trama do tecido ó que pertencemos por estar nunha comunidade.

Iso é o que nos fai humanos. A invención do mundo que nos rodea polos nosos ollos. Os soños.

Acabo de me lembrar doutro libro que fala de todo isto. Un que se chama “Tempos de Arroz e Sal”. Hai un capítulo no que se fala das comunidades de indíxenas norteamericanos, das sete comunidades da zona dos grandes lagos que organizan un sistema que liga ós individuos á súa tribo pero tamén a un clan transversal, creando uns lazos máis fortes que os das familias ou os da propia tribo.

Penso, despois de reler todo o que veño de escribir, que esta sociedade na que só importa o individuo, na que a xente deixa de lado as súas tradicións, o respecto ós seus maiores, as historias, as lendas, os soños, estamos deixando de lado o que nos fai humanos e polo tanto vai sendo hora de ir pensando en unha nova forma de nos relacionar, nun novo xeito de ser humanos, pero pensando que é o que nos fai humanos e sen esquecer que no fondo somos seres vivos.

E ti que dis? (2) - Estoxos: Xeral - Publicado o 01-05-2008 16:46
Link permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O novo sol nos seus ollos XII
Parte 12 – Construcción

Está cansado da escuridade. Non pode avanzar con rapidez pois ten medo de atoparse outro buraco no chan. Ademais ten que concentrarse nos seus recordos, non pode deixarse levar polo baleiro outra vez. Recordos, debe recordar.
Non pode máis. Necesita saber máis daquilo, saber o seu uso, que é, quén o construíu? Sente que a excitación e a curiosidade percorren o seu corpo. Non é capaz de controlala. Decide buscar outra entrada: diante del, o espazo rectangular atópase pechado por unha construción case derruida por completo. Por alí
non pode pasar? aínda que si, posiblemente si. Pegado á construción grande da esquerda hai unha especie de túnel medio derrubado que pasa por baixo e que apenas está cheo por uns poucos cascallos. Quizais poida pasar por alí.
Con bastante dificultade consegue atravesar as pedras caídas no túnel.
Do outro lado descobre que estaba equivocado ó pensar que xa non podía asombrarse máis.
O túnel ábrese a un espazo rectangular moitísimo maior que o que deixara atrás, totalmente cuberto de pedras rectangulares perfectamente colocadas. En cada un dos lados que entran no seu campo de visión hai unha construción, aínda que ningunha das tres atópase en bo estado. Pode observar que a parede da que ten en fronte, alén da superficie de pedra, sostense sobre varias decenas de troncos de pedra, de forma que por detrás dos troncos queda un espazo no que, onde non hai cascallos, ábrense varias entradas... avanza para botar unha ollada ós troncos, e entón sente algo estraño, sente que ten que virarse á esquerda, que o que hai nese lado é moito máis interesante e incrible aínda.
Non é capaz de saír do seu asombro nin de entender o que ve. Obsérvao durante varios graos antes de empezar a asimilalo coa súa mente. A construción é alta, moi alta, tanto como os troncos dos grandes anciáns. É como un pequeno outeiro de pedra que tivese as súas paredes lisas e que rematase con dous bloques de pedra a cada lado. Claro que tampouco é realmente lisa, xa que está chea de troncos de árbores talladas na pedra e de ocos, e doutras estruturas que son como plataformas... similares ós diferentes niveis das cavernas dos criadeiros de ovos. Recorda, cando era máis pequeno, aínda non pasara a cuarta muda, estar nunha desas covas e que o chan esborrallárase en varios niveis. Coidadosamente e sen que non o vise ningún adulto, asomouse ó oco que quedara, e viu os pisos que formaban a caverna de cría. O pozo era bastante ancho e as cavernas que antes habían estado pechadas e que eran independentes, abríanse a el, quedando ás veces, como pequenos saíntes sobre o oco do derrube, restos do que antes era o chan. Algo así podía ver naquela construción.
Dáse conta de que a estrutura está bastante deteriorada aínda que pensa que a maior parte aínda se conserva en pé. En moitas partes abríronse grandes fendas e hai sitios nos que se observa que faltan anacos. Noutros lados ós troncos de pedra fáltanlles partes ou simplemente caéronse enteiros. “Pasaron moitos máis anos dos que podo imaxinar desde que construíron isto. O seu aspecto entón debía ser diferente”. Desexa entrar.
Achégase lentamente, e, observando onde se acumulan os cascallos, dáse conta de que a entrada está elevada, por encima del. Ten que salvar un pequeno desnivel por unhas ramplas de pedra e bloques de pedra acumulados antes de poder entrar. Por todos lados crece vexetación pero non o suficiente como para impedirlle o paso.
Por detrás da entrada hai outra entrada formada por dous grosos troncos de pedra ós lados e outro máis fino no medio. Parte caeuse ó chan. Xa non lle estraña. Sobre un dos troncos hai unha figura de pedra.. parece... un mono... pero... só ten pelo no alto da cabeza? E que é o que cubre o seu corpo? Parece estar collendo unha especie de instrumento. Nas partes desa segunda entrada que aínda quedan en pé parecen faltar figuras como esa.
Non pode facerse máis preguntas, o interior daquela construción chama a súa atención. Nunca viu unha caverna tan grande como aquela. Calquera cova ou ata as habitacións das construcións que o seu pobo levantaba para gorecerse eran moitísimo máis pequenas que aquilo. O teito está tan elevado como un pequeno gran ancián e algúns dos bosques nos que tiña estado podían crecer naquel espazo e aínda así pasarían decenas de anos antes de que chegasen ó máis alto.
Por todos lados hai troncos de árbores de pedra que o sosteñen, aínda que moitos faltan, e cascallos e partes caídas. O teito falta case na súa totalidade e a parte máis afastada daquela construción atópase completamente destruída. Naquel lado ata empezou a crecer un pequeno bosque. “Que enxeño pode levantar aquelas paredes e aquel teito sobre troncos e paredes feitos de pedra?” A súa comunidade ás veces usaba troncos de árbores para soster a parte central das habitacións ou ata as cavernas das covas de incubación... pero construír troncos de pedra? Iso nunca se lle ocorreu a ninguén antes. “Canto enxeño e habilidade foran depositadas naquela estrutura”.
Avanza, tratando de esquivar os cascallos mentres non deixa de mirar ao carón e ao outro... e entón... o chan afúndese baixo os seus pés.
A súa mente volve á caverna, desde varios centos ou miles, non pode sabelo, de graos atrás. Nese momento atopa un oco na parede. Unha abertura. Debe conducir á saída da caverna, pero nun principio non é máis que un estreito corredor.



Xa queda pouco, xa queda pouco. Por certo, se o queredes ler en castelán, pulsade aquí.



Parte 14 – Morte
Parte 13 – Escuridade
Parte 11 – Ruinas
Parte 10 – Soidade
O camiño
Primeira proba
E ti que dis? (0) - Estoxos: Contos ou contiños - Publicado o 30-04-2008 11:21
Link permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Dark Knight Returns

Unha das historias do cómic que máis me teñen impresionado é “O Retorno do Cabaleiro Escuro” do máis que coñecido Frank Miller.

Ah! Que non sabedes quen é Frank Miller? E si vos falo por exemplo da película “300” ou de “Sin City” e vos digo que é a persoa que creou os cómics nos que se basearon esas dúas pelis? Ou si vos digo que a segunda delas foi co-dirixida por Frank Miller e Robert Rodríguez (ca axuda de Tarantino)?

Seguramente vos quedaredes igual. Tanto ten.

Xa vos conto un pouco eu.

Dark Knight Returns

Frank Miller é un dos guionistas e debuxantes de cómics máis famosos do planeta, o que é raro no mundo das altas esferas do cómic, no que normalmente ou es debuxante ou guionista, pero non as dúas cousas á vez. Miller, nacido un 27 de xaneiro de 1957 en Maryland, fíxose famoso cando entre finais dos setenta e os oitenta se fixo cargo da serie de Márvel “Daredevil”. Non tardou en destacar e pronto editou a súa primeira serie orixinal, “Ronin”, debuxado e guionizado por el mesmo.

Claro que cando máis destacou foi cando fixo, xunto ós debuxos de David Mazzucchelli o cómic “Daredevil: Born Again” entre os números 223 e 227 da serie regular. Era o ano 1986 e Miller xa era unha estrela. Nesa historia na que se conta a caída e resurrección de Daredevil, Miller demostra que non só controla tódolos secretos da creación de guións, senón que ademais domina perfectamente a escenografía dos cómics, usando á perfección as viñetas para contar a historia.

Portada de Dark Knight Returns

Pero se con “Born Again” sorprendeu ós aficionados cando creou “Dark Knight Returns” todos quedaron ca boca aberta e revolucionou ó mundo do cómic.

O Retorno do Cabaleiro Escuro” é unha historia contada en catro números e debuxada e guionizada maxistralmente polo mesmo Miller.

Bruce Wayne, Batman, é un home xa maduro, ten cincuenta anos, e fai dez anos que colgou o traxe de morcego da xustiza.

E é un home baleiro que se divirte conducindo a toda velocidade o seu deportivo e que bota en falta os vellos tempos.

Pero a situación pola que pasa Gotham City fai que, a pesar dos seus anos, se decida a volver á acción. Claro que el non é o mesmo: agora é máis escuro, máis obsesionado, máis violento. Os anos pasados, os erros, atorméntano e como consecuencia agora usa solucións máis drásticas ós problemas que se lle presentan. Así se enfronta a Two Faces, a unha panda que ten atemorizada á cidade, ó Joker e á mesma sociedade pervertida e suicida de Gotham. Iso lévao ó enfrontamento final: Superman... A loita á morte definitiva. Un decrépito e canso Batman contra un Superman pletórico polo que non pasan os anos. Será acaso esta a historia da morte de Batman? Se o queredes saber... deberedes ler o cómic, e se o facedes tendes a miña garantía de que non vos defraudará.

Escena de Dark Knight Returns

Está considerada a mellor historia de Batman xamais contada. Miller fala de Batman usando elementos innovadores dentro do mundo do cómic. O narrador é en moitos casos unha cámara de televisión, e ás escenas de acción mestúranse con estrafalarias escenas de tertulias televisivas e noticieros. O debuxo é sinxelo, case brutal, apoiando así a dureza deste novo Batman, que xa non é un heroe no sentido clásico das historias dos superheroes dos cómics. Está por riba do ben e do mal, aplicándo a brutalidade cando é necesario, e sendo tamén compasivo. Sabe que moitas veces fai as cousas mal. É unha forza do ben que sabe que en moitos casos non é mellor que os seus enemigos. O heroe nin é tan boa persoa nin os malos son tan malos.

O cómic fala ó mesmo tempo das obsesións, da ruindade da xente e da xenerosidade, da loucura e da lucidez, da valentía e da épica.

Dark Knight Returns”, xunto con “Watchmen”, do que xa falei noutra ocasión, revolucionou ó mundo dos cómics. As cousas nunca volverían a ser as mesmas. O cómic xa tiña un novo referente.

A pelexa final: Batman vs Superman
Dark Knight Returns en Wikipedia
Frank Miller en Wikipedia
E ti que dis? (0) - Estoxos: Cómics que disfrutei - Publicado o 29-04-2008 18:16
Link permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O novo sol nos seus ollos XI
Parte 11 – Ruinas

Intenta facer memoria e concentrándose con gran esforzo consegue levar á súa mente ao momento en que se afastou do seu compañeiro, mentras, palpando a parede da caverna, busca unha saída.
Camiña polo bosque dando pequenos rodeos para esquivar as zonas de matogueiras que se alternan entre as árbores, ata que se atopa cunha zona do bosque na que ó longo dunha franxa de terreo non crecen árbores, tan só, ós lados, irregularmente, as matogueiras. A franxa de terreo esténdese diante del, coma se fose un camiño e non pode observar o seu fin.
Ós lados, como grandes e inmóbiles vixiantes, hai dúas elevacións similares ás que estiveron atopando nos últimos soles, só que agora, cando entra no camiño descobre que son alargadas e que seguen, paralelamente, ó camiño.
Ás veces desaparecen nun dos lados, ou ata nos dous á vez, fanse máis baixas ou máis altas, pero sempre están cubertas de vexetación: árbores frondosas e matogueiras impenetrables.
“É estraño”, pensa. “Que proceso orixinaría isto? Non parece moi natural”. Sen inmutarse afasta da súa mente á curiosidade. Sabe que non vai atopar respostas quedándose alí.
As súas pinzas atopan unha esquina na parede da caverna. Segue palpando e á vez fai avanzar os seus recordos rapidamente. O estraño camiño terminouse e atopa, tras unha baixada, que o terreo ascende lixeiramente. Agora as elevacións son máis abundantes e moitísimo máis grandes. Xa non está tan marcada unha ruta pola que avanzar.
Segue camiñando. De súpeto, tras pasar entre dúas zonas de matogueira tan xuntas que estreitaban ata case facer desaparecer o camiño atópase cunha paisaxe que xamais vira na súa vida. Durante uns microgrados queda paralizado intentando comprender o que ve. Busca a mente da súa Luz, que aínda a sente alá, pequeniña, de lonxe, e pregúntalle, pero está pechada, non lle permite pasar.
Que é todo aquilo? Nunca antes vira nada igual. Por máis que se o pregunta non atopa respostas.
Recupera a imaxe. O camiño ata entón foi de terra cuberta de herba, pero agora a herba deixa paso a uns bloques de pedra, planos, colocados no chan, formando unha superficie continua. E ós lados, coma se fose a parede dunha pequena montaña, hai unhas estruturas de pedras apiladas. Observa que en bastantes sitios desprendéronse co paso do tempo apilándose sobre o camiño. Dalgún modo sabe que eran construcións... pero... quén era o construtor? Por qué se atopaban nun estado tan ruinoso?
As preguntas apíñanse na súa mente ata que se decata dun detalle que tiña unha certa importancia: en moitas partes, sobre todo onde había pedras caídas, acumulábase a terra traída polo vento e sobre ela crecía vexetación. Ese debía ser a orixe, polo tanto das estrañas elevacións que atoparan no camiño. Debaixo das árbores, das matogueiras, debaixo dos sedimentos sobre os que crecía a vexetación e que foran acumulados polo paso dos anos, debían haber, enterradas, estruturas similares a estas.
“Que raro? Se iso era así, por qué estas non estaban completamente enterradas? Podería ser que alguén quitase os sedimentos nesta zona? Por qué motivo? Definitivamente, creo que atopei o fin do meu camiño”.
Recorda pensar todas esas cousas e moitas máis. Tamén recorda seguir o camiño un bo intre máis mentres este subía e subía, ata chegar a un espazo libre máis ou menos circular, do que saían dous camiños. Decide seguir polo da dereita, que ten unha lixeira pendente descendente. Agora as construcións son maiores pero non menos ruinosas. Apenas se manteñen unhas cantas paredes en pé e en todas partes as pedras acumúlanse en pequenas montañas sobre as que crecen as matogueiras e a herba.
Un pouco máis abaixo, á súa esquerda atópase cun espazo entre as ruínas bastante amplo. Alí hai unha construción que aínda se conservaba nun relativo bo estado. Na parede pódense observar aqueles pequenos ocos que xa observara noutras ruínas. Decátase que non se orixinaron pola caída de pedras: estaban demasiado ben feitos, tiñan unha certa forma rectangular. Que eran parte, polo tanto, da estrutura. Cal sería a súa función? Seica servirían para introducir a luz do sol nas construcións? Quere entrar pero as pedras caídas bloquean o acceso.
Segue o seu camiño, decidido a descubrilo máis adiante. A pendente condúceo a un espazo maior. Se traba dunha superficie moi grande. Na metade dereita hai un pequeno bosque e, a ámbolos dous lados, á dereita e á esquerda, dúas construcións pechan o espazo, as construcións mellor conservadas e máis grandes de todas as que se atopou ata entón e nas que ademais había algo diferente. Ata agora, atopouse polo camiño restos máis ou menos iguais, paredes lisas, con aqueles ocos para que pasase a luz ao interior, pero estas dúas? tiñan moitísimos máis ocos e algúns moitos máis grandes e outras formas, como copas de árbores moi estilizadas e partes elevadas...
Foi a da esquerda a que levou toda a súa atención. Na parede, apoiados, había troncos de pedra. Entre os troncos, víanse aberturas de formas redondeadas e rectangulares, aínda que en algures a parede derrubouse e as pedras acumulábanse impedindo que puidese achegarse. Levantou a mirada e deuse conta de que a estrutura era moito máis grande do que se observaba desde alí abaixo. Por encima da parede podía verse unha elevación, como un cerro, pero feito de pedra, aínda se apreciaba a súa forma redondeada a pesar de que a metade derrumbárase... e unhas construcións alargadas, xemelgas, moi altas? Parecían estruturas para observar desde o alto.
As súas mans chocaron contra outra parede.



Sei que cada parte é moi longa, pero agora non o podo correxir. É o que hai. Aínda así espero que vos guste. Por certo, se o queredes ler en castelán, pulsade aquí.



Parte 14 – Morte
Parte 13 – Escuridade
Parte 12 - Construcción
Parte 10 – Soidade
O camiño
Primeira proba
E ti que dis? (0) - Estoxos: Contos ou contiños - Publicado o 28-04-2008 17:06
Link permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Retranca... xa ten un premio!!!
Acabo de mirar a nova no blog de Retranca: "a revista Retranca recibiu no Saló Internacional do Cómic de Barcelona o Premio do Público á Mellor Revista do ano 2007".
Di o ilmo Sr. D. Kiko Da Silva que "A Redacción de Retranca quérevos agradecer a todos/as que nos votachedes, xa que sabemos que esta revista só pode existir se vos queredes que siga coa andaina de facer rir en galego. Moitas gracias por esta demostración de apoio e agarimo d@s nos@s lectores e fans (que son lexión, iso nos dixeron os organizadores do Saló que tiveron que contar os votos). Nestes intres, queridos lectores, nos embarga a emoción e só podemos dicir: HEI CARBALLEIRA!!!".
Kiko Da Silva co premio
Pois sinceiramente, que as gracias non se merecen. Veño de mirar os meus correos vellos e si, é certo, lembraba telo feito e quedou confirmado: eu votei por Retranca, para que fora escollida como a mellor revista no Saló Internacional do Cómic de Barcelona. Jejejeje, un deses votos lexionarios foi meu!!!
Dígovos unha cousa: é un pracer ter axudado a que un producto da terra, que ademais é bo teña gañado ese premio. En serio.
Ah!! E como non, parabéns, todos os do mundo, para todos os que traballan a reo en Retranca!!! Sodes os mellores!!! e... que así sexa por moito tempo!!!
Agora só queda agardar polo seguinte número... xa non queda nada!!!
E ti que dis? (0) - Estoxos: Cómics que disfrutei - Publicado o 28-04-2008 11:02
Link permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O novo sol nos seus ollos X
Segunda proba
Parte 10 – Soidade


Agora enténdeo. Non hai cousa peor que a soidade. O certo é que nunca estivo só desde a súa eclosión, fai xa cinco anos. En todo ese tempo só tiña que estender un pouquiño a súa mente para poder tocar a colectividade da súa comunidade. Ás veces ata lle parecía que a súa mente non a abandonaba do todo coma se un anaquiño estivese permanentemente formando parte dela... e en certo xeito era así. A colectividade non eran as mentes dos membros da comunidade pero nacía delas ou polo menos de parte delas e como resultado se creaba unha especie de mente superior incorpórea coa súa propia memoria e as súas propias ideas...
Pero agora, perdido no medio de sabe Gaia onde, estaba completamente só por primeira vez na súa vida pois por moito que estendese a súa mente, era incapaz de tocar ningunha colectividade, ningunha mente individual. E por ese motivo, o baleiro que lle rodeaba succionaba a súa mente e enchía o seu ser dunha inquietude descoñecida por el ata o momento.
Estiveran camiñando durante uns vinte ciclos desde que retomaron o camiño cando o seu Guía parouse. Os soles foran pasando sen máis dificultade que a de poder seguir unha ruta máis ou menos determinada polo subir e baixar das montañas, alternándose a choiva co sol, achegándose ós poucos ó final do camiño. De cando en vez atopábanse unhas estrañas elevacións, non moi altas, seica unhas 10 medidas, cubertas por árbores e matogueiras. ás veces atopaban varias aliñadas.
Aquela mañá, tras subir por unha ladeira bastante pronunciada, chegaron a unha zona de bosque relativamente chaira. Entón o seu compañeiro apoiouse nunha pedra e díxolle que a partir de aí debería seguir el só, que debería avanzar ata que soubese que chegara ó seu destino e entón debería buscar algo co que regresar ó seu carón. El esperaríao alí mesmo, e á súa volta, se regresaba con vida, explicaríalle unhas cantas cousas.
“Pero... Luz do meu Camiño, como saberei que cheguei ó meu destino se non sei onde debo ir? Como podo saber algo que descoñezo?”
“Saberalo, asegúroche que o saberás... e agora, debo calar. Se non logras ter éxito, esta será entón a última vez que ti e máis eu falemos. Tan só quédame desexarche sorte, ou mellor dito, desexarche sabedoría. Farache falta”.
Iso sucedeu fai varios centos de graos. Xa se puxo o sol unha vez desde entón e sabe que aínda pasarán varios centos de graos máis antes de que salga de novo, aínda que... quizais xa tiña saído de novo... cómo sabelo no medio desta densa escuridade?
Levántase sobre os seus membros inferiores e pensa que todo sería máis sinxelo si se atopase ó aire libre, entre as árbores, como na súa primeira proba. Pero agora? onde se atopa? Non pode ver as estrelas polo tanto debe estar no interior de algo... a menos que o ceo estea cuberto de nubes... non, non pode ser, pois ten a vaga sensación de ver o sol saír por detrás dun monte ese mesmo ciclo. Claro que, pensándoo ben, tampouco sabe de certo cantos soles pasaron desde que abandonara ó seu Guía. Un? Dous? Cinco? Non podían ter pasado moitos posto que non tiña sensación de fame...
Tiña que esforzarse un pouco. Recordar. Recordar... pero é que lle resultaba tan difícil naquela escuridade... só podía pensar que estendía a súa mente e non atopaba nada, tan só un poderoso baleiro que tiraba dela e que lle producía un terror atroz... Quería escapar del, buscar unha colectividade na que refuxiarse, pero non había nada de nada e cada vez estaba máis canso, máis canso e máis desesperado. Non estaba seguro, pero, seica aquel baleiro non lle parecía agora menos aterrador? Tiraba e tiraba da súa mente e ás veces preguntábase se non sería mellor deixarse levar... máis sinxelo... total, estaba só, completamente só.
Un forte medo, unha incontida sensación de frío percorreu o seu corpo. Non quería mirar fóra del, pero era imposible que estivese só. Ten que buscar, nalgún sitio haberá outra mente, pero cada vez que o intenta sente unha forza que tira del, e un terrible pánico a separarse do seu corpo por completo obrígalle a regresar. Está aterrado, paralizado. Pero... non, non pode esperar así, quedar encerrado conduciríalle á tolemia e saír... a aquel baleiro. Encerrado na súa propia mente, só, completamente só, empeza a recoñecer a cor amarga do medo máis absoluto, da desesperación total, empeza a sentir coa súa mente, como se achega a tolemia.
Decide intentalo unha vez máis, pois algo tiña que facer. Estende un tentáculo da súa mente e en tan só uns microgrados despois sente o tirón do baleiro, da soidade, quere ofrecer algún tipo de resistencia pero non pode máis, déixase ir. A súa mente empeza a fluír fóra do seu corpo, e o seu corpo berra, un acto de reflexa desesperación. Unha convulsión percorre o seu tórax, o seu abdome, e as súas catro extremidades inferiores perden momentaneamente a forza, dóbranse. Cae. Instintivamente estira os seus dous brazos, pero se golpea cun chan duro, húmido, de pedra. Sente unha forte dor, intensa, que permanece como un eco en algures na súa man. É o tarso que lle creceu novo tra-la muda. Aínda lle doe cando o golpea ou o dobra de certa forma, pero agora a dor é un pequeno agasallo que o trae de volta ó mundo dos sentidos. A súa mente percíbeo como un fulgor, un brillo que fai retroceder o baleiro, agárrase con forza... conseguiu resistir, pero por pouco. Qué podía facer? Antes ou despois acabaría tolo polo terror que sentía a abrir a súa mente ou acabaría perdido totalmente, un corpo baleiro.
Estaba descubrindo cal era o lugar máis aterrador do seu mundo: a soidade, a ausencia doutra mente compañeira, ou dunha colectividade á que tocar e entendeu que iso era parte da proba. Conseguir dominar o medo a ser unha mente única, sen contacto algún con outras mentes. Agora sabe o que é a soidade para a súa especie: non é estar só fisicamente, xa que sempre había unha mente que tocar. Para eles estar só era a falta dese contacto mental, e iso facía a soidade máis terrible que para o resto dos seres vivos.
Debía concentrarse no que lle rodeaba. Entre os tremores que o sacoden, o recordo do medo, debía descubrir onde estaba. Non ve nada, así que proba co olfacto. Durante un bo intre non percibe nada pero logo, ós poucos... Alí cheiraba a humidade, a sitio pechado, como as cámaras de incubación que deixaban de usarse... estaba nun sitio baixo terra, ou polo menos nun espazo pechado, quizais nunha caverna. Si, estaba nunha especie de caverna.
Empeza a palpar o chan ata que as súas mans tropezan co que parecía ser a parede. Apoia as mans e ponse en pé.
“Que estraña caverna”, pensa. “Esta parede é practicamente lisa e con todo, dunha forma regular, percórrena unhas fisuras completamente rectas e verticais e outras similares pero horizontais... Un momento, isto non é unha caverna natural... esta é unha construción, como as nosas vivendas”.
A súa mente é invadida por unha rápida secuencia de imaxes. Pasea por unha paisaxe de construcións de pedra en ruínas, está sorprendido pois nunca antes vira algo igual, cando de súpeto escoita un ruído e o chan achégase a el, transformando a luz en escuridade. Cae. Agora sabe que está baixo terra, que as pedras sobre as que camiñaba cederon ó seu paso e que tras caer a unha cámara subterránea ou algo así, quedou sepultado. Ten sorte de estar aínda vivo. Pero, que máis ten, pois, canto tempo pasará antes de que perda a razón?



Xa vai o final deste conto tan raro meu. Sei que vos parece estraño pero ó mellor a cousa mellora agora. Esta é a primeira parte de catro, pero non estou moi seguro. Por certo, se o queredes ler en castelán, pulsade aquí.



Parte 14 – Morte
Parte 13 – Escuridade
Parte 12 - Construcción
Parte 11 - Ruínas
O camiño
Primeira proba
E ti que dis? (2) - Estoxos: Contos ou contiños - Publicado o 23-04-2008 07:12
Link permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A man da Terra
Dende fai uns días veño facendo estes debuxos de Terra-man ou Terra-puño que eran ó principio. Por qué? A cousa empezou para min como un diversión. Non sei si o sabedes pero ás veces paso o tempo morto practicando co photoshop. E así, practicando, saiu o primeiro dos debuxos, a terra con forma de puño visto de lado, como de enfado, e logo o segundo, que era tamén o puño pero visto de frente, como si estivese movéndose para golpear.
Logo unha cousa levou a outra, e pensei que a terra empezaría por nos dar a man, e entón saiu unha terra con forma de man saudando e outra esperando un bo apretón... de mans. Pensei que ós homes somos tan parvos que no canto de facer o que é necesario, sempre facemos o que non o é, e si nos dan a man, nos damos unha labazada e entón pensei que o seguinte paso sería a Terra-man, esperando a nosa aceptación pero que o que recibe é un corte, e logo, xa por último, a terra en forma de man que di, ai vos fodan!!
Agora xunto todos os debuxos para podelos ver cun certo orde lóxico a ver que tal queda, e a ver si serve para que algúns pensemos que a terra no fondo é a nosa casa.
Así, a terra tenderíanos a súa man, tería unha certa esperanza mentras agardaba pola nosa resposta, que non sería outra que mancala, e entón enfadaríase e golpearíanos, para por último, mandarnos á merda.
E ti que dis? (0) - Estoxos: Planeta no que vivimos - Publicado o 23-04-2008 06:55
Link permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Terra-man número 4
Terra man 04
Últimas novas, noticiero extraordinario: a Terra está ata os collóns e mándanos ó carallo. É o que hai.
E ti que dis? (1) - Estoxos: Planeta no que vivimos - Publicado o 23-04-2008 03:19
Link permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O trovador que levo en min...

Non sempre as cousas van como un quere. Eu esperaba que este fora un apartado no que falar das miñas grandes eleccións musicais, das miñas grandes paixóns, do jazz (Pat Metheny, Miles Davis, Art Bakley, etc) ou do folk (xa falarei de Berrogüetto cando saquen o novo disco, de Capercaillie...) e logo vai e resulta que só falo das pequenas paixóns, de cousas como da que vou falar hoxe ás sete da mañá (acabo de chegar a casa de traballar y sei que si me meto en cama non me vai dar o sono así que aguantarei ata caer sobre o teclado).

Estes días collín para escoitar no coche un disco que se chama simplemente "Silvio". Como xa teredes imaxinado é do cantautor cubano Silvio Rodríguez.

Fai anos, xa dezaseis, Silvio editou tres álbumes por así decilo, adicados. "Silvio", "Rodríguez" y "Domínguez". Se mal non me lembro, os dous últimos estaban adicados ó seu pai e á súa nai respectivamente e o primeiro a el mesmo.

Dos tres, a min o que máis me gusta é "Silvio" e logo moi de preto "Rodríguez", do que sempre me quedarei con esa frase da canción "Escaramujo": "Si saber no es un derecho entonces será un izquierdo".

Pero eu quería compartir con vos un par de temas de "Silvio" que son os que desantan as miñas paixóns: "Compañera" e "Abracadabra". Tamén podería incluir "El necio", toda unha declaración de principios, e "Quien fuera", a canción de amor que non é canción de amor.

Vou por a letra de "Compañera":

La canción es la amiga
que me arropa
y después me desabriga:
la más clara y oscura,
la más verde y madura,
la más íntima,
la más indiscreta.
La canción me da todo
aunque no me respeta:
se me entrega feliz
cuando me viola.
La canción es la ola
que me eleva y me hunde,
que me fragua
lo mismo que me funde.
La canción compañera,
virginal y ramera,
la canción.

Comenzamos un día
en los tiempos
de siempre y todavía:
comenzamos felices
a juntar cicatrices,
como buenas
señales de los años,
y, peldaño a peldaño,
levantamos paisaje
sin excusa, sin ruego
y sin ultraje.
¿Quién se atreve a decirme
que debo arrepentirme
de la esperma quemante
que me trajo?
Porque sangra de abajo,
yo no vendo ni rajo
mi pasión.

Entre drama y comedia,
he llegado trovando
a la edad media;
torpe, pero sincero,
aún no soy caballero
(y que el cielo
me libre de cordura).
No me embriaga la altura
ni me aburren los sueños:
no es por moda que estallo
y que me empeño.
El amor sigue en brete
y el camino a machete,
mas no lloro por tal
ni me amilano
si conservo mis manos,
mi sudor y el humano
corazón.

Di Silvio desta canción: "Partiendo de que es una canción a mis canciones, podría pensarse que el título debería ser HIJAS, o algo así. Pero, en mi caso, calificar de simple y llana paternidad la relación con mis canciones, más que injusto hubiera resultado estafa. Es cierto que, por mi culpa, mis canciones han ve