Morgadans


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadans
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadans,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LIBRATE DO QUE NUNCA MANDOU
Se cadra o acontecimento de salientar a mais no que vai de mes en Morgadans,e a ausencia total de fogos no monte.Morgadans de todas as parroquias de Gondomar e a que ten mais superficie arborizada-ou eucaliptada- non o sei,mas o que si e certo que en anos anteriores nesta altura, xa estaban os montes a arder onde quer.

Ollado isto ven a nosa cabeza, os lumes,certamente provocados, no veciño Portugal -a Galiza do sur vamos para entendermonos-tanto no continente,como na Madeira.
Xa falei noutra parte do blogue, da solidariedade.

Pois ben aquí ven a conto o tema da solidariedade,con Portugal,nesta materia de loita contra o lume.E sabido que hai nese pais un poderosisimo sistema de bombeiros, con unha organización, espirito e medios, forxado ao longo de muitos anos ,en vila tras vila.
Porén con todo iso,non foron quen de abater a vaga de queimas ,incluso coa extrema profesionalidade a adicación moi valente do factor humán,os bombeiros voluntarios.E muita a dívida que todas as xentes do pais teñen con eles.

Neste ponto ven a conto que cando Portugal tiña lume -e está a arder- por todos lados,manifestouse quen e de que maneira estaba con o pais,só acudiron meios aéreos, de Marrocos,España,Italia e Rusia con dous potentisimos avions anfibios Be-200 enviados para este fin.

A pregunta e non está Portugal na Union Europeia ?,apenas dous paises desta organización, Italia e España cos seus canadians,acudiron ao sinistro,o resto voltaron de costas.

O laio a queixa de Portugal chegou tan alta, que a os poucos,hai escasamente unha semán,o xefe do estado maior da OTAN,saiu con certa vergoña, a prensa a decir que se Portugal pedira axuda, a OTAN, esta tiña medios e equipa para combater os fogos ???? (Será que non soportan que Marrocos e Rusia veñan de prestala sen outra contrapartida?).

Alén diso a cousa non e tan simples,porque polo exército portugués,en particular o exército do ar, expresou públicamente o seu malestar e desencontro,coa politica do governo portugués, en canto a que contrata a empresas privadas para o controlo dos incendios prescindindo das forzas propias.???

Entendese isto nun pais governado polo Partido Socialista portugués,-PSP-co suportado este polo Bloco de Esquerda -BE- e do Partido Comunista portugués-PCP-.

Como decía a miña avó para estas situacions,"librate do que nunca mandou",dito doutro xeito hai determinados vicios difíceis de correxir.
Comentarios (0) - Categoría: Agosto 2016 - Publicado o 31-08-2016 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal