 Morgadans Morgadans
Conteúdo partilhado com: Público
25 de xullo Dia da Patria Galega-Post pandémico.
------------------2022-----------------------------
A pandemia orixinou un travón en todo tipo de actividades,persoais,familiares,sociais,e económicas ao menos,alén das frustracions de todo tipo,pola morte de moitos dos nosos seres queridos próximos e non tan prouximos,moitos deles en situacions dramáticas nas residencias onde esperaban chegar ao seu fin tranquilamente,aspecto este no que embora muito barullo mediático moito me temo que a eisixencia de responsabilidades vai ficar en nada,nen en reparacions nen en modificacions para o futuro.
No que nos atinxe en todo o Val Miñor,non se puido celebrar o acto do Dia da Patria Galega,como era habitual nesa data ,como un elemento mais de convivio social.
Esa data para nós ten un significado especial,que non podemos deixar a unha beira,forma parte do noso ser como pobo,a pesares dos furibundos ataques que a diario ten,por exemplo nas manifestacions linguisticas-Sanjenjo-Morgadanes-El gallego no es para el verano-etc.etc.etc.
Alén diso hai outros motivos económicos e de todo orden que atacan o noso eido económico,ventoíñas a esgalla, e por calquer lugar,en mans de intereses alleos a Galiza,e cando menos sen contrapartida algunha.
Que decir da actuación pública da Xunta de Galicia,promovendo e loitando contra sentenzas que determinan a ilegal planta de celulosas de Lourizan en Pontevedra;ou do mesmo xeito,superando con muito o límite nas plantacions de eucaliptos que eles se “impuxeron”.
Todo isto e mais,está presente en Manifesto Miñor,militantes,simpatizantes e coñecidos,demócratas todos,por elo queremos invitar a todos eles a un convivio o venres día 22 de xullo,as 21 horas,no Pazo da Escola,como en anos anteriores.
Arranxaremos un xeneroso tente en pé,para alegrar a xornada.
Contaremos coa presenza de Xina Vega,Camiño Noia, e Lois Vilar,que coa facilidad comunicativa que os caracteriza,daranlle o contido cultural,de esta data e para todos nós.
Animádevos antes de que veña a recesión económica que se nos anuncia,e suban mais de prezo todolos productos.
A confraternización pide un aporte de 10 euros de vellón por confraternizante.
|