Morgadans


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadans
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadans,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Torreiro de San Roque de Morgadans
Eccehomo-Eis o home





Churrasqueira no Torreiro de San Roque de Morgadáns..

E público e notorio que pola Presidencia da Entidade Local Menor de Morgadans veñense realizando unha serie de actuacions,obxetivables unhas e presuntas outras que están en notoria contradicción, co bo facer e goberno de esa Entidade,semella en todo caso un funcionamento patrimonial e no seu caso delictivo,contrario a lei.

Como sabemos todos estase executando, en distintos períodos ao longo varios meses,unha obra no Torreiro das Festas de San Roque,de apreciable valor económico,estimados uns 30.000 euros de vellón.

A estimación está efectuada en base a o volumen da obra executada, aprouximadamente 130 metros cadrados-obra maior- e o tipo de materiais empregados,a mais do custo da man de obra alí empregada.

Obra de mais que dubidosa necesidade no tempo e no espazo,”un churrasco con bar incorporado”,todos sabemos que a vinte metros exactos está o bar da asociación de veciños, dentro da mesma contorna, e a menos de 100 metros outro bar con nome propio das películas do oeste,que da abasto sobrado e do que me consta que ten boa cociñeira,alén doutras actividades.

Notable demérito patrimonial do entorno histórico,tal churrasqueira,está ubicada a 15 metros na perpendicular coa fachada principal da Igrexa de San Roque de Morgadans, da que como parroquiano distante excuso de dar gabas para que non se me tache de parciario ou arbitrario.

Outros 15 metros separan a churrascaria do Cruceiro de San Roque, que igualmente excuso de louvar polas mesmas razons anteriores.

Todo elo nunha carballeira desas que non e posible incendiar por ninguén e que custou moitos anos a natureza formar.

Pois ben este conxunto histórico estaba contemplado como protexido no Plano Xeral de 1997,do Concello de Gondomar.

Alén diso foi empregado na construcción da churrasqueira medios humans e mercantís con claro incumplimento de outras normativas laborais, de seguridade social ,fiscais e administrativas aplicabeis ao caso.

Pois ben polo Presidente da Entidade Local de Morgadans,excedendo das atribucions que a todas luces presenta o caso, e ocupando os distintos papeis que cito neste blogue,como munidor,artífice e promotor do asunto,non se lle ocurreu outra cousa que “modificar artísticamente o panorama descrito”,dado que había para as festas unha instalación portátil de uralita, e “non cheghaba”.

Unha vez feito pública esta desfeita, que non acaba mais que comezar, a este home -militante convicto e confeso do Partido Popular-, ocorreuselle meter no mesmo saco nun totum revolum a todo o que puido.

“Os veciños decidiron construir un asador porque está prohibido facer lume ao ar libre no vran,usarase para as festas da zona e para calquer familia que o necesite” sic...

Vaia por deus,merecía toda unha tese de doutoramento o estudo desta afirmación,pola súa profundeza.

O asador caso de ser preciso, podía ter sido feito no interior do bar existente na propia Asociación de Veciños, de San Roque-desta falarei outro día-,co que se eliminaba calquer tipo de problema e dabaselle vida ao bar da mesma precisamente nas festas.

Até o mais pobre de Morgadáns ten unha churrasqueira na súa casa,donde facer as súas refaicions.

Nunha festa o que mais o que menos come organizadamente donde pode, e desde logo na contorna hai establecimentos con bos cociñeiros/ras para dar abasto a calquer pedimento culinario.

A miña pregunta é Quenes son os veciños?.Cita este home nos seus alegatos como co-munidores a Asociación de Veciños,a Comisión de Festas,e a Comisión da Capela.-estas dúas úyltimas sen persoalidade xurídica e con un funcionamento moi puntual.

Pensando en alto, quero recordar que hai menos de un ano,fixose unha reunión extraordinaria da Asociación de Veciños,que está económicamente falida,para que alguén se fixera cárrego da mesma .???.

E público e notorio os graves problemas anuais da Comisión de Festas, para cadrar as contas,comisión que está falida -creba-por definición anualmente.

E a Comisión da Capela, mixta igrexa-colaboradores,da que tive o involuntario pracer de asistir por despiste o pasado ano a súa dación de contas, tivo un superhabit de entrega económica ao crego da parroquia de 846 euros se a memoria non me falla.???

Con ese "Potencial económico”,estes colectivos, fixeron unha obra de 30.000 euros???,menos mal que non sabemos razonar, e creemos o que nos parece.

Diante de esto xurdenme a voz de pronto as seguintes preguntas ao Sr. Presidente da Entidade Local Menor de Morgadans.

-Está dentro das competencias do Presidente da Entidade Local Menor de Morgadans,a promoción,de calquer tipo de obra ilegal.?

-Está dentro das competencias do Presidente da Entidade Local Menor de Morgadans,a execución,de calquer tipo de obra ilegal.?

-Está dentro das competencias do Presidente da Entidade Local Menor de Morgadans,a subvención,de calquer tipo de obra ilegal.?

-Está exento o Presidente da Entidade Local Menor de Morgadans,na execución de obras de esa magnitude da solicitude das licencias oportunas,por quen e a quen corresponda.?

-Está exento o Presidente da Entidade Local Menor de Morgadans,na execución de obras de esa magnitude da aprobación das licencias oportunas,por quen e a quen corresponda.?

-Pode o Presidente da ELM de Morgadans,realizar obras en terreos que non son seus, e en todo caso suxeitos a propiedade e uso de entidades suxeitas a un convenio internacional tal cal é un Concordato como e a igrexa?.

-Houbo por parte de esa presidencia algún tipo de negociacions previas,documentos ou permisos coa Igrexa?.

-Tomouse algún acordo previo no órgano competente da ELM de Morgadans,para realizar tal obra?.

-En base a que orzamento está executandose esa obra,partidas concretas etc.

-Con que arquitecto ou profesional titulado se concertou tal obra.?

-Que procedimento de adxudicación da obra se utilizou por esa Presidencia?

-Que outras empresas,alén das executantes,acudiron ao procedimento?

-En que data se solicitaron os informes previos a Direción Xeral de Patrimonio ?

-En que data foron concedidos a esa Presidencia,as autorizacions pertinentes para tal obra pola D.X.de Patrimonio?.

-E consciente a Presidencia de esa entidade de que hai outras obras no entorno próximo,que está paralizadas ou tiveron que facer modificacions urbanísticas,por razón da proximidade a igrexa, ao cruceiro e mesmo polo valor da carballeira.?


-E consciente esa Presidencia de que a Lei existe ?

-E consciente a Presidencia de que as entidades públicas están para defender a legalidade e non para pasar por enriba delas. ?

-E consciente a Presidencia de que o velar pola xustiza e cumplimento da Lei tamén está nos Tribunais ?

-E consciente esa Presidencia de que os Tribunais son lentos pero imparten xustiza. ?

-E consciente que o termo “responsabilidade política”, e un termo ambiguo e difuso ?

-E consciente esa Presidencia que existen OUTRAS necesidades sociais,e competencias propias da ELM de Morgadans donde investir con maior eficiencia os recursos,dilapidados. ?

Morgadans a os 31 dias de xullo do ano 2013



Comentarios (2) - Categoría: Ecce Homo-Eis o home - Publicado o 31-07-2013 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal