Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Chato sempre e chato....
Poda da ELM_MorgadansA VOLTAS CAS TESOURAS.
Lembrome hai algún tempo,e no correr dunha viaxe que facíamos, un prezado amigo,espetoume :veñote ollando e concluio que Ti non lees a prensa Ti estudala!...

Resposteille de súpeto:certo e que cando vomito após leela quero saber o que vomito para saber o que me fai mal!, ahí quedou a cousa mais hoxe sego a facer o mesmo.

Pois ben agora lembreime novamente do problema existencial que temos en Morgadans,xa que hai case un ano escribía un artigo neste mesmo blogue co titulo de POLÍTICA ECONÓMICA E DÉFICIT DEMOCRÁTICO,donde expoñia de un xeito moi breve a miña posición sobre a Entidade Local Menor de Morgadans,con argumentos defendendo en esencia a súa pervivencia, alén de quen a gobernara.

Houbo feitos novos, aquel Anteproxecto de Lei,foi xa aprobado polo Consello de Ministros do Estado Español .

Foi presentado o 21 de maio do ano 2013 a Comisión Nacional da Administración Local,e a estas alturas recollendo algunhas das observacions/aportacions da Fegamp/FEMP,e outros.

Posiblemente no momento de redactar este artigo de opinión,esté xa de camiño ao Consello de Estado para seu informe preceptivo.

Se ben no tema das Entidades Locais Menores,tal cal a de Morgadans,na disposición transitoria terceira.”Disolución das entidades de ámbeto territorial inferior ao municipio”,fai de entrada unha aseveración sobre a permanencia de estas entidades,o que ven despois,non e para estar optimista sobre este ponto.

Dito doutro xeito está dando o camiño, de cómo extinguir/eliminar estas entidades.

Expresions como,dación de contas,prazo de tres meses, avaliación dos servizos,organización desconcentrada,persoal etc.

De seguir así e aplicar isto a Morgadans,-razonamento poñendonos no peor dos casos,xa que non hai motivo para non facelo- teriamos pontos de frición,Gondomar non e neste ponto un goberno “amigo”,e por suposto moi guloso co orzamento de Morgadans,e a extensión territorial da entidade.

Por parte da Xunta previsiblemente o meter no mesmo saco as distintas entidades,como a a de Morgadans con 1600 habitantes ou a de Bembrive, superioren poboación,e outras de 92 habitantes,non estarían moi seguras,e avaliación que se pretende , non ía a ser moi favorable.

E utilizando argumentos “ad intra”,a mesma dinámica de funcionamento na propia Entidade Local de Morgadans ,non se atendeu para nada ao aviso de “ahí ven o lobo”.

Seguense extamente sendo válida a mesma diagnose que platexei naquel artigo,que transcribo en parte.”… Si e certo que até agora o grave problema de Morgadans, sempre foi a falla total de claridade e transparencia nas contas,ausencia de orzamentos, de todo tipo, dación de contas tipo “contas do Gran Capitán”,amiguismo,trato de favor,falla total de criterio político nas actuacions da Entidade…”.

Na altura de elaborar este artigo, a Entidade Local segue co seudo-orzamento do ano anterior-aprobado en “orsai”,por usar termos futbolisticos.

Non hai contas de ese mesmo ano,o prazo para elo pechouse hai moito tempo.

Non se convoca unha Xunta de Goberno,desde o mes novembro do ano 2012,para qué? Digo eu.

Todo eso ten nomes e apelidos,e partido político que rexe ,ao menos formalmente.

Da pena cando ves a os rexedores sentados nos tribunais,tentando defender o indefendible.
Posiblemente se cadra todo e comezar a facelo,poque todo ten un límite.

Aplicable a todos eles e a propia ELMM,e ,en termos físicos,lembrome de un vello dito da miña avó, que decía que o chato e chato sempre porque e chato-non teño que lembrar a ninguén este significado tanto polas connotacions físicas, como de comportamento que se lle atribuien,todos temos un coñecido apodado o chato.-.

Mais hoxe a cousa vai de tesouras non/si?.

Comentarios (0) - Categoría: A voltas cas tesouras - Publicado o 30-06-2013 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal