Morgadans


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadans
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadans,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante
contador de visitas blogger



A subela do Xabarda
morgadans@sapo.pt
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Memorias fotográficas de Morgadans
Cartaz
Viña eu matinando sobre un acto cultural de Morgadans en activo, recente, o certame Victoriano Taibo,que foi esponsorizado pola Entidade Local de Morgadans cando me atopei con Margarita e decíame : Xabarda ¿Sabias que as memorias individuais son esenciais para a conformación da nosa identidade,como indiviuduos,pero cando parte de esas memorias foron rexistradas a traveso da fotografía tamén axudan a comparar a nosa situación actual coa do feito reflectido?,eu perante esa afirmación filosófica tan fonda quedei abraiado.

Dixen ¡Sigue ,sigue Margarita que te escoito!.

Pois nada xabarda que ,alén diso si todas esas memorias individuais son recollidas e simplesmente expostas a terceiros xa nos dan un criterio moi colectivo dun pobo, dunha localización xeográfica,de unha socioloxía determinada e mais outras perspectivas desde logo irrefutaveis.

Por estas ideas e moitas mais ese fato de homes e mulleres da Asociación Cultural San Roque de Morgadans tivo a acertadísima idea de poñer en valor todo ese feixe gráfico en forma de fotos, de distintas persoas e familias de Morgadans que o aportaron.

Por elo organizan para todos nós unha exposta pública de todo este material recollido,organizado, e sobre todo de alto impacto visual,porque o que conteñen só cada quen o sabe,esta posta visual terá lugar entre os días 12,13,19, e 20 de xullo nos locais da Asociación no Adro de San Roque,cun horario moi escollido para que ninguén poida faltar a este acontecemento.

¡Ah moi ben ! xa me enterei do asunto,hai unha exposición fotográfica en Morgadans para o mes de xullo,pois perfecto alí me terás coma un mais.

Todos nos estamos seguros que imonos sentir identificados ainda que a foto non seña nosa,porque sempre hai un pouco de nós en cada imáxe-quen queira ver que vexa-.

¿Sabedes cal e para nos a diferencia desta manifestación etnográfica con respecto de outras? moi simples, ninguén de nós lembrase de nada ou moi pouco da música que se tocou ou baillou o ano pasado,pero estou seguro de que ninguén vai a quedar indiferente desta mostra fotográfica, na que TODOS somos suxeitos dela, ¡así era Morgadans !. ¡que acerto con esta mostra!,os nosos apoios por apostar tan claramente polas persoas.Ide pensando en recoller nun libro ou nun video no só estas fotos senón o novo material videográfico que vai a sair a de ser posible as innumerabeis e verdadeiras historias que alí hai.


Maio para xuño do ano 2008
Instituto de estudos miñoranos
Comentarios (2) - Categoría: Xuño2008 - Publicado o 22-06-2008 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal