Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante

contador visitas

A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O traxe non rompeu pola costura.
O traxe non rompeu pola costura.

Acabamos e pasar unha vez mais tres procesos eleitorais deseguido,mas en particular para o tema quye trae e o de elccions a deputados no parlamento europeu,UE.

O resultado está a vista,en Portugal,con unha brutal abstención, o 26 de maio, gañou o PS portugués,no estado español con unha participacióin realmente elevada gañou o Partido Socialista,"gañaron ????? ".

O certo e que nas mesas que me tocou participar que foron varias,comprobei unha vez mais o voto teledirixido,hacia os maiores,idosos,entre os que me atopo,supostamente votaron libremente,mas o certo e que en certos aspectos deron o voto ao demo,vou xustificar o meu aserto,na parte que considero mais importante neste pacote de votacions.

No ano 2015,febreiro posibelmente os fundos PRIVADOS BLACKROCK ,(https://es.wikipedia.org/wiki/BlackRock ),dirixironse a Unión Europea,ao órgano de Goberno,Comisión,para a creación en toda a UE,de un fundo de pensións privado.

Esta proposta tería como telón de fondo,que os paises,convirtan,totalmente,parcialmente ou a saber o seu sistema de pensións,pasando da situación actual,en cada pais,a un sistema de xerencia privada!!!!.

A proposta cuio contido completo e alcance realmente descoñecemos na súa magnitude, foi levada ao parlamento da UE,no ano 2017, por un tal Dombrovskis (ollo a este nome),que ocupaba unha das vicepresidencias da Comisión dentro da UE.

Os parlamentarios do espectro de dereitas,votaron a prol (PP incluído),o PSOE,abstivose,e só houbo unha mención espectacular en contra,por parte de Bélxica.

O significado disto está a vista,dun xeito ou doutro,mas moito me temo que o traxe que nos están a preparar non vai romper pola costura,sen a defensa clara dos social demócratas PSOE incluído,non vai ser posible parar ese embate,antes ben,posiblemente se acelere.

Pensan vostedes que o conxelamento deliberado,do PP das pensións,e o incumplimento manifesto via revocación das subidas anuais,son soio un problema de magnituide de escala....?.

As fakes-noticias falsas interesadas-nos invaden a diario,as pensions non chegan, o sistema de pensions vai rebentar,a solidariedade e un concepto antigo,os sistema privado e mellor,vamos a ter agora pensions europeias campaña odiosa de continuo en medios de comunicación....?(https://www.lasexta.com/programas/al-rojo-vivo/entrevistas/las-claves-de-la-alerta-del-banco-de-espana-sobre-las-pensiones-va-ser-dificil-que-este-sistema-sea-viable-video_201905295cee614f0cf22ed9c59d7ee1.html)

Embora isto,non seña todo o aparente,real e virtual,hai que sinalar quen ,e o raposo que vai por tras da galiña.

BlackRock e (Blackstone),son o maior fundo xestor do mundo,xere 6,1 billons de dolares,mais que o PBI da Francia e Alemaña xuntas,con presenza en mais de 30 paises do mundo,orixinario dos EEUU,controla as axencias de calificación mais grandes e influintes do mundo-Moodys-en España e Portugal, practicamente non hai banco ou entidade de crédito que non esteña controlado ou accionado por eles,sonalles Santander,Bilbao ou Telefónica.Por acaso pensamos que determinadas cadeias de TV,periodísticas en xeral,están fora de control de Blackrock ?

Isto dará mais que falar,por iso,non sei se a papeleta que levaban os idosos na man en Morgadans, era do demo,ou dese traxe que se nos vai a por que certamente non romperá pola costura.

Sempre tive curiosidade por saber o indice de suicidos dos idosos,e un tema que se sabe perfectamente nestes ámbitos, pero que non se publica obviamente.Saben que pasou coas pensions en Arxentina e Chile,iso o deixo para mais adiante.

Comentarios (0) - Categoría: Maio 2019 - Publicado o 31-05-2019 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal