Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!






Calendario








Visitante

contador visitas

A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os esgotos non venden eleitoralmente
OS ESGOTOS NON VENDEN.

Dislocabame pola estrada das once lombas,entre Gondomar e Morgadans,e o chegar a altura da ZAPA en Chaín,reparei que pendurado dun eucalipto,-deses que arden- e dun poste eléctrico,por riba dunha caseta por onde os buses non pasan como deberan, unha pancarta.

Feitiña a man,en orixinal,nun lenzol, xenuina como debe ser,coa leienda de "queremos ser como os demais,saneamento xa.",parei o meu carro e tireille unha foto,polo seu contido reivindicativo.

Piden obviamente algo necesario ,básico, como é o saneamento para a Zapa,de aqueles veciños que non o teñen;o que me fixo pensar e a locución comparativa,"como os demais",debo entender que non se refire a os que non teñen saneamento senón precisamente,a os que disfrutan dél e doutras comodidades.

En liña recta ortogonalmente para os profanos,a ZAPA,está a menos de 900 metros da Praza da Paradela,hoxe reformada e prestes a ser inaugurada eleitoralmente ,entre bombos ,fanfarrias,fotos e videos do Alcalde de Gondomar,único responsabel de que a ZAPA non teña saneamento,simplesmente NON VENDEN os esgotos eleitoralmente.

Foi moi criticada a inversión destes recursos na Praza,que sin reparar en gastos,foi desviada unha subvención,en principio destiñada ao saneamento,e non precisamente da Zapa senón do Barrio da Pedra de Morgadans.

E preciso lembrar que existe un acordo municipal aprobado por unanimidade en pleno para incorporar esta partida para esta obra ,no exercicio que remataba ano 2018.Lonxe diso o Alcalde Francisco Ferreira,eludiu este mandato corporativo,non realizando os orzamentos de este ano- e dos tres anteriores por certo-,e sen incorporar tal partida.

A conclusión e clara,entre outras cousas,e preferible facer un mal chamado PIPI-CAN,para que os cans poidan facer chi-chi e cocó,sen dificultade algunha no centro de Gondomar, que solucionar este problema a os veciños.

Mas ¿terei Eu percibido mal,a leitura da pancarta,posiblemente os veciños de Chain-Zapa,necesiten un PIPI-CAN,e non o saneamento???,a miña mente e tan curta que non da para mais.
Comentarios (0) - Categoría: Abril 2019 - Publicado o 06-04-2019 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal